ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/05/07_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-05-07_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/05/07_Ordinaria

  • Data(s) 2004-05-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 7 de maio de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día sete de maio do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado, D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12081.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de abril de 2004. ------ Folla: 2.12082.- SOLICITUDE DUNHA SEGUNDA PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS-2003 Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Vilanova de Arousa e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha segunda prórroga, ata o 30 de xullo do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para "Acondicionamento e sinalización dos espacios naturais de Monte Lobeira e Muíños de Currás", incluída nas axudas para praias fluviais, espacios naturais e áreas recreativas, por importe de tres mil euros (3.000,00). ------ Folla: 3.12083.- PRÓRROGA SOLICITADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL EL UNICORNIO AZUL (CIF: G-36.454.973), BENEFICIARIA DAS AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2003, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Julio Vilches Peña, Presidente da Asociación Cultural El Unicornio Azul, onde solicita unha prórroga para xustificar a axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, na contía de tres mil seiscentos sesenta e seis euros con sesenta e oito euros (3.666,68). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 4.12084.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MARINEROS ARTESANALES Y DEPORTIVOS SAN MIGUEL DE BOUZAS (CIF: G-36.799.651) PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA LANCHA DO XEITO Vista a solicitude formulada por D. Ángel Torres García, Presidente da Asociación de Marineros Artesanales y Deportivos San Miguel de Bouzas, onde solicita un cambio de aplicación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, para a construcción dunha lancha do xeito, na contía de catro mil novecentos sesenta e sete euros con setenta e dous céntimos (4.977,72). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da axuda concedida no seu día, para destinar o importe íntegro da mesma á construcción dunha lancha xeiteira-racú (1ª fase). ------ Folla: 5.12085.- PRÓRROGA FORMULADA POR D. ANTONIO GARRIDO POUSA, BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Antonio Garrido Pousa, beneficiario das axudas á pesca costeira artesanal 2003, onde solicita prórroga para xustificar a axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003 para a adquisición dunha reductora, na contía de mil seiscentos oitenta e seis euros con noventa céntimos (1.686,90). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 6.12086.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. DARÍO PÉREZ PÉREZ, BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN OBXECTO DA AXUDA Vista a solicitude formulada por D. Darío Pérez Pérez, beneficiario das axudas á pesca costeira artesanal 2003, onde solicita prórroga para xustificar a axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003 para a adquisición dun GPS, na contía de catrocentos trinta e seis euros con noventa céntimos (436,90). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 7.12087.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SILLEDA PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "AUDITORIO DE BANDEIRA", INCLUÍDA NO PAM 2002 Apróbase por unanimidade a solicitude do Concello de Silleda, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/02, co núm. 157/1014, denominada "AUDITORIO DE BANDEIRA", subvencionada con 115.900,80 euros, pola Comisión de Goberno de 09-01-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31-12-04, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.12088.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ADAPTACIÓN DO CONSERVATORIO MUNICIPAL", DO CONCELLO DE PONTEAREAS, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Ponteareas unha subvención por importe de noventa e tres mil setecentos setenta e un euros con corenta e tres céntimos (93.771,43), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar la obra: "Adaptación do Conservatorio Municipal", co núm. 208/202 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 9.12089.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA DE AUTORIZACIÓN PARA LEVAR A CABO POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA NÚM. 14, "CEMENTERIO DE A CAÑIZA", INCLUÍDA NO PPC/04 Acórdase aprobar por unanimidade a solicitude do Concello de A Cañiza, pola que interesa a autorización para levar a cabo polo sistema de administración a obra núm. 14 "Cementerio de A Cañiza", por importe de 30.000,00 euros, incluída no PPC/04, dado que cumpre os requisitos establecidos no artigo 152 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de Contratos das Administracións Públicas. ------ Folla: 10.12090.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ FIGUEROA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO QUILÓMETRO 1.100 DA ESTRADA LOS VALOS-PEINADOR Dada conta que con data de Rexistro 10-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Purificación Rodríguez Figueroa, con enderezo a efectos de notificacións na Oficina D.A.S. Internacional, S.A., sita en Vigo, Rúa de López de Neira, 22-1º, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Opel Corsa e matrícula 1097-BDZ, no quilómetro 1.100 da estrada Los Valos-Peinador, o día 10 de decembro de 2003, e que individualiza economicamente en 227,82 euros. Resultando.- Que con data 12 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 18-03-04 co seguinte contido: " La carretera Los Valos - Peinador es provincial. Tenemos constancia de que por la fecha que indican se estuvo procediendo a la instalación de una tubería para abastecimiento de agua del Concello sin que podamos asegurar si precisamente el día del accidente (10/12/03) la zanja ofrecía peligro, pero si podemos confirmar que, además de la fianza que se exigió al Contratista, se mantiene un control habitual de las obras, recomendándole continuamente el correcto mantenimiento de la calzada. Significar, por otra parte, que en el atestado instruido por la Guardia Civil de Tráfico, se dice claramente que la zanja fue producida por una obra municipal". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o atestado da Garda Civil, redactado en termos concisos pero claros, concretamente no seu apartado de observacións, di que ". . . el lugar se sitúa una zanja que cruza la calzada, producida por la colocación del saneamiento municipal". Considerando.- Que, a maiores, tamén o informe de Vías e Obras redunda no anterior extremo, obra de competencia municipal, garantida con fianza e control habitual das obras. Considerando.- Que o artigo 25.2 "l" da Lei 7/85 Reguladora das Bases do Réxime Local establece que ". . . el Municipio ejercerá en todo caso, competencias, en los términos de la legislación del Estado y de las Comunidades Autónomas en las siguientes materias (...) alcantarillado". Considerando.- Que nese mesmo lugar e datas non se ten constancia de ningún outro accidente polas causas invocadas, o que fai pensar ou remite a unha velocidade inadecuada pola banda da conductora, con incumprimento manifesto do descrito nos artigos 19 da Lei de Tráfico e 43 do Regulamento Xeral de Circulación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 11.12091.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ÁNGELA NORMA TABOAS PINZAS, POR DANOS SUFRIDOS NO SEU VEHÍCULO PARTICULAR NO CAMIÑO QUE SUBE "O XOGO DOS BOLOS", EN BELESAR, BAIONA Dada conta que con data de Rexistro 24-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ángela Norma Taboas Pinzas, veciña de Baiona, R/ Civida, nº12, Media-Aldea. Belesar; por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, no camiño que sube "O Xogo dos Bolos", en Belesar, no Concello de Baiona o día 14 de febreiro de 2004, e que individualiza economicamente en 100,72 euros. Resultando.- Que con data 26 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 05-04-04 co seguinte contido: "... El camino de acceso a "O Xogo dos Bolos"no es de la Diputación". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 12.12092.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada a Xunta de Goberno de remisión por parte do Excmo. Concello de Pontevedra (rexistro de entrada número 016526, de data 03-05-04), de certificación de acordo plenario do día 23 de abril de 2004 e relativo á colaboración do Concello de Pontevedra na promoción e xestión de solo para usos industriais nos Concellos de Barro e Meis. ------ Folla: 13.12093.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 14.12094.- DAR CONTA DO AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO NÚM. 2 DE PONTEVEDRA RECAÍDO EN RECURSO ABREVIADO 43/ 2004 Resultando que con data 23 de febreiro de 2004 tivo entrada nesta Deputación Providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, de 18 de febreiro de 2004, sobre admisión a trámite de recurso contencioso interposto por Dª María José Mougán Barreiro contra resolución negativa por silencio administrativo da Deputación Provincial fronte á reclamación de responsabilidade patrimonial presentado o 26 de maio de 2003. Resultando que con data de rexistro de saída de 8 de marzo de 2004 e mediante escrito da Presidencia, remitiuse ó Xulgado o expediente administrativo relativo á reclamación presentada e poñendo en coñecemento do Xulgado, mediante outrosí, o erro en que incorre a demandante ó interpoñer o recurso alegando "resolución negativa de la Diputación por silencio administrativo" toda vez que, segundo consta no expediente, dita reclamación foi obxecto de acordo pola Comisión de Goberno de 3 de xullo de 2003, sendo notificado á interesada o día 21 de xullo seguinte, segundo aviso de recibo de Correos que obra no expediente, asinado por D. Eugenio Mougán Barreiro, habéndose resolto dita reclamación nun prazo dun mes e seis días, sensiblemente inferior ó máximo de seis meses, establecido polo R.D. 429/93, de 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento en materia de responsabilidade das Administracións Públicas. Resultando que con data 26 de marzo de 2004 recíbese na Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica fax do Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra mediante o que se da traslado de Dilixencia pola que se acorda suspender a vista sinalada para o día 31 de marzo de 2004, acompañando copia de escrito presentado pola Procuradora Dª Rosario Castro Cabezas, en representación de Dª María José Mougán Barreiro, polo que se ven a desistir da demanda interposta. Resultando que con data de rexistro de 20 de abril de 2004 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, de 13 de abril de 2004, declarando ter por desistida á parte recorrente e ordenando o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. ------ Folla: 15.12095.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN INTRODUCIDA NAS CLÁUSULAS PRIMEIRA E SEGUNDA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS Acórdase por unanimidade aprobar a modificación introducida nas cláusulas primeira e segunda do convenio a subscribir pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo sobre cooperación económica, para o financiamento de diversas obras, con cargo á partida 04/911.911.66200 do vixente orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles excede a dotación consignada. O convenio a subscribir queda redactado definitivamente tal e com consta en borrador adxunto, consistindo a variación nos importes da última obra que figura na cláusula primeira que ascende a 240.156,00 euros, así como na consignación total que supón 1.996.664,53 euros. Polo que respecta á cláusula segunda, a modificación consiste na consignación total existente na partida, que ascende a 1.996.664,53 euros, en vez de 1.8000.000,00 euros que figuraban anteriormente. ------ Folla: 16.12096.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos remitidos polo Servicio de Vías e Obras para a súa tramitación, e que máis adiante se detallan; e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial, acórdase por unanimidade aproba-los seguintes proxectos: 1.- "Renovación de rodadura EP Meixueiro-CUVI (Vigo)", por importe de 137.000,00 euros IVE incluído. 2.- "Mellora de pavimento e dotación de servicios EP Calvario-A Garrida (tramo Beade-Carneiras) (Vigo)", por importe de 515.442,50 euros, IVE incluído, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 498.680,14 euros, e honorarios de redacción de proxecto por importe de 16.762,36 euros. 3.- "Mellora de pavimento e dotación de servicios EP Calvario-A Garrida (tramo Camiño Presas-Iglesia de Beade) (Vigo)", por importe de 402.490,88 euros, IVE incluído, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 389.401,74 euros, e honorarios de redacción de proxecto por importe de 13.089,14 euros. 4.- "Mellora de pavimento e dotación de servicios EP Calvario-A Garrida (tramo Martínez Garrido-Antiga CN-120) (Vigo)", por importe de 432.330,81 euros, IVE incluído, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 418.271,27 euros, e honorarios de redacción de proxecto por importe de 14.059,54 euros. ------ Folla: 17.12097.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE REDONDELA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN DA EP ACCESO A AREALONGA (AVDA. DE SAN TELMO) (REDONDELA)" Dada conta do convenio de colaboración subscrito pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Redondela para a execución da obra "Urbanización da EP acceso a Arealonga (Avda. de San Telmo) (Redondela)", acórdase por unanimidade ratificar o convenio de referencia que a continuación se transcribe literalmente: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE REDONDELA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN DA EP ACCESO A AREALONGA (AVDA. DE SAN TELMO) (REDONDELA)" En Pontevedra, a seis de maio de dous mil catro. Co fin de acometer as obras de "URBANIZACIÓN DA EP ACCESO A AREALONGA (AVDA. DE SAN TELMO) (REDONDELA)", preténdese a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Redondela, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, o Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Redondela, D. Xaime Rey Barreiro, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As dúas partes, na calidade en que cada unha delas intervén, recoñécense reciprocamente, capacidade legal para obrigarse e outorgar o presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras, a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto a urbanización da EP acceso a Arealonga (Avda. de San Telmo)" mediante a dotación de rede de sumidoiro, abastecemento de auga, redes eléctricas, de gas e comunicacións, así como a explanación, pavimentado e construccións de beirarrúas, cun orzamento de 301.348,35 euros. 2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 210.940,08 euros, e do Ilmo. Concello de Redondela, por importe de 90.408,27 euros. A achega do Ilmo. Concello de Redondela ingresarase na Deputación Provincial previamente á licitación da obra. A achega da Deputación Provincial será con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. 3ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a asumir a contratación e execución da referida obra, correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 4ª.- O Ilmo. Concello de Redondela comprométese polo presente convenio, a por a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter a concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución. 5ª.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o orzamento inicial da obra, asumirase polo Concello de Redondela. 6ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, desde a data da súa subscrición ata o remate das obras. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. O ALCALDE-PRESIDENTE DO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE ILMO. CONCELLO DE REDONDELA PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Xaime Rey Barreiro ------ Folla: 18.12098.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE REDONDELA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS EP REDONDELA-CATAPEIXE (REDONDELA)" Dada conta do convenio de colaboración subscrito pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Redondela para a execución da obra "Mellora de Pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)", acórdase por unanimidade ratificar o convenio de referencia que a continuación se transcribe literalmente: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE REDONDELA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS EP REDONDELA-CATAPEIXE (REDONDELA)" En Pontevedra, a seis de maio de dous mil catro. Co fin de acometer as obras de "MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS EP REDONDELA-CATAPEIXE (REDONDELA)", preténdese a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Redondela, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, o Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Redondela, D. Xaime Rey Barreiro, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As dúas partes, na calidade en que cada unha delas intervén, recoñécense reciprocamente, capacidade legal para obrigarse e outorgar o presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras, a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto a dotación de servizos de rede de sumidoiro, abastecemento de auga, redes eléctricas e comunicacións, así como a explanación, pavimentado e construccións de beirarrúas, cun orzamento para coñecemento da administración de 649.141,30 euros. 2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 370.554,64 euros, e do Ilmo. Concello de Redondela, por importe de 278.586,66 euros. A achega do Ilmo. Concello de Redondela ingresarase na Deputación Provincial previamente á licitación da obra. A achega da Deputación Provincial será con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. 3ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a asumir a contratación e execución da referida obra, correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 4ª.- O Ilmo. Concello de Redondela comprométese polo presente convenio, a por a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter a concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución. 5ª.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o orzamento inicial da obra, asumirase polo Concello de Redondela. 6ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, desde a súa subscrición ata o remate das obras. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. O ALCALDE-PRESIDENTE DO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE ILMO. CONCELLO DE REDONDELA PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Xaime Rey Barreiro ------ Folla: 19.12099.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "EP 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS)" (PPC 2004) Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis)" (PPC 2004); visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., a obra "EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis)" (PPC 2004) na suma de 381.870,96 euros, IVE incluído, que se compromete a rematar a obra antes do día 28 de maio, oferta melloras valoradas en 104.759,18 euros e un período de mantemento de trinta e dous meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario ingresará na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 249,97 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no do BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 20.12100.- RECTIFICACIÓN DE ERRO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 26-03-04 EN RELACIÓN CO PREMIO "CARMEN FERRO" Advertido erro material en acordo da Xunta de Goberno de 26 de marzo de 2004, no sentido de fixar na convocatoria e bases do premio "Carmen Ferro", a partida 04/313.313.480.05, acórdase por unanimidade rectificar esta sinalando como correcta a 04/313.313.481.07, ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/02 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo. ------ Folla: 21.12101.- BORRADOR DO CONVENIO A SUBSCRIBIR CON DIVERSAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES PARA INVERSIÓN E MATERIAL De conformidade coa proposta do Servicio de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar o borrador do Convenio a subscribir con diversas asociacións e entidades para subvencionar a compra de material, construcción de edificios, renovación de mobiliario, etc., con cargo ás partidas 04/313.313.480.02 e 04/313.313.780.02 e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Os convenios pendentes de sinatura son os seguintes: ASOCIACIÓN CONCELLO ORZAMENT0 (euros) MOTIVO PARTIDA .- Enfermos Pobres Vigo 60.000,00 Renovar instalación calefacción 04/313.313.780.02 .- Alecrín Vigo 12.000,00 Piso de seguridade 04/313.313.780.02 .- Alborada Vigo 18.000,00 Renovar instalación calefacción e electricidade 04/313.313.780.02 .- Hoy por Mañana Vigo 18.000,00 Mantemento 04/313.313.480.02 .- AFAN (asoc. Freixeiro Axuda ó Necesitado) Vigo 6.000,00 04/313.313.480.02 .- Asilo Hermanitas Desamparadas Vigo 18.000,00 04/313.313.780.02 .- San Francisco Vigo 18.000,00 Para os 3 centros 04/313.313.780.02 .- Proyecto Hombre Vigo 120.000,00 04/313.313.780.02 .- BATA Vilagarcía 24.000,00 04/313.313.780.02 .- Amencer Vilagarcía 60.000,00 04/313.313.780.02 .- LAR Vilagarcía 60.000,00 04/313.313.780.02 .- CON ELES Vilagarcía 60.000,00 Edificio novo 04/313.313.780.02 .- Asilo Vilagarcía 30.000,00 Renovar mobiliario 04/313.313.780.02 .- Cáritas interparroquial Vilagarcía 18.000,00 04/313.313.480.02 .- Esclavas Virgen Dolorosa Mos 60.000,00 Reforma + ampliación de edificio 04/313.313.780.02 .- Asilo Tui 24.000,00 Lavadora industrial 04/313.313.780.02 .- Asilo Cambados 24.000,00 Lavadora 04/313.313.780.02 .- Hermanos Desamparados Pontevedra 60.000,00 Neveiras 04/313.313.780.02 .- Comedor San Fancisco Pontevedra 6.000,00 Utensilios cociña 04/313.313.780.02 .- Special Olimpics 18.000,00 04/313.313.480.02 O borrador de dito convenio é como segue: En Pontevedra, a REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Presidente da Entidade , con domicilio social en e CIF núm Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Entidade que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, concede a unha subvención e con cargo á partida , en contía de euros, para , segundo petición formulada e orzamento presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente e recepción final se a certificación é única ou coa última presentada. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. ------ Folla: 22.12102.- ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE 2004 Resultando: a Xunta de Goberno en sesión celebrada o 23 de xaneiro de 2004 aprobou as bases que regulan a concesión dos préstamos sen interese de ata a contía de seis mil euros (6.000,00) para o ano 2004. Resultando: que unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias se cumprimentou o expediente coa aportación por parte dos interesados de toda a documentación esixida nas bases. Considerando: que a Comisión Paritaria Mixta en reunión celebrada o 28 de abril de 2004 informou favorablemente a concesión destes préstamos a aqueles funcionarios que reúnen os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. De conformidade co previsto nos artigos 77 e 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo de 8 de xaneiro do 2001, acórdase por unanimidade conceder o préstamo sen interese de seis mil euros (6.000,00) ó persoal que a continuación se relaciona, debéndoselles aplicar o desconto correspondente a partir da primeira nómina do mes seguinte á data na que se efectúe o ingreso. Apelidos e nome Préstamo Amortización Desconto/mes Pena González, Urbano 6.000,00 ¤ 48 mese 125,00 euros Rodríguez Belmonte, Amparo 6.000,00 ¤ 48 meses 125,00 euros Peláez Pozo, Berta 6.000,00 ¤ 48 meses 125,00 euros TOTAL 18.000,00 euros De acordo co disposto na base III da convocatoria, transcorrido o prazo máximo de seis meses dende a data de adxudicación destes préstamos, deberá presentarse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial, segundo corresponda, a seguinte documentación: a) A factura ou facturas correspondentes nas que figure o IVE e o NIF das empresas que realizan ou subministren a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Xustificante de ter amortizado o préstamo bancario correspondente. c) Documento público de adquisición do garaxe ou licencia municipal no caso de construcción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE e o NIF da empresa que realice a obra. d) Factura de compra do vehículo particular debidamente cumprimentada. Nos casos de construcción ou adquisición de vivenda presentarase documento público ou privado de adquisición ou construcción no prazo de un ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se aportaron as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial descontará en nómina o 30% do salario mensual do/a peticionario/a ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o/a funcionario/a non poderá optar á concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos. Estas cantidades imputaranse á partida 04/122-314-830.07. ------ Folla: 23.12103.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA PARA A SELECCIÓN DO ANTEPROXECTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN COMPLEXO DEPORTIVO NA PARDA (PONTEVEDRA) Acórdase por unanimidade, aproba-lo convenio de colaboración entre a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e a Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a selección do anteproxecto que servirá de base para a redacción do Proxecto Básico e de Execución das Obras de Construcción dun Complexo Deportivo na Parda (Pontevedra), e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO, DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA PARA A SELECCIÓN DO ANTEPROXECTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN COMPLEXO DEPORTIVO NA PARDA (PONTEVEDRA) En Santiago de Compostela, REUNIDOS Dunha parte a Excma. Sra. Pilar Rojo Noguera, actuando en representación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do seu cargo de conselleira, para o que foi nomeada polo Decreto 18/2003, do 18 de xaneiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 29 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, actuando en representación do Excmo. Concello de Pontevedra, en virtude da súa condición de alcalde-presidente da citada corporación, segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 24 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. E doutra, D. José Luis Pichel Fernández, con DNI 35290871Q, Presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio e, a estes efectos EXPOÑEN Primeiro.- Á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, tal e como establece o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a súa estructura orgánica correspóndelle o exercicio das competencias e funcións en materia de familia, infancia e menores, muller, xuventude, deportes e voluntariado, de acordo co establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia, e nos termos sinalados pola Constitución española. De conformidade coa Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral para o deporte de Galicia, a Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia fomentará a construcción e óptima utilización das instalacións deportivas, potenciando o seu carácter polivalente para a obtención da máxima rendibilidade social e posibilitando a práctica xeneralizada da actividade deportiva. Así mesmo, planificará e executará, directamente ou en colaboración con outras administracións, a construcción de instalacións deportivas. Segundo.- Á Deputación provincial de Pontevedra correspóndelle, de conformidade do disposto no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local, exercer competencias na prestación de servicios públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal. Así mesmo e conforme á dita Lei xeral do deporte de Galicia, as deputacións provinciais, no ámbito do seu territorio, participarán na elaboración e execución dos programas xerais da Administración deportiva autonómica que teñan por obxecto a construcción e mellora das instalacións deportivas de uso público. Terceiro.- No que respecta ó Concello de Pontevedra, no marco da lexislación básica do Estado, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, establece que os concellos exercerán, entre outras, competencias en materia de actividades e instalacións culturais deportivas (art. 80.2.h.), podendo establecer coa Xunta de Galicia convenios de colaboración para unha xestión máis eficaz das súas competencias (art. 198). Ademais, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en moi diversas materias, entre as que se contan a realización de actividades en instalacións deportivas (art. 25.2.m) establecéndose con carácter de servicio mínimo obrigatorio, en concellos de máis de 20.000 habitantes, os relativos a instalacións deportivas, ó abeiro do artigo 26.1.c) da precitada Lei. Cuarto.- En canto á Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 7.3 que a Comunidade Autónoma de Galicia poderá subscribir convenios de colaboración cos colexios profesionais para a realización de actividades de interese común e para a promoción de actuacións orientadas á defensa do interese público e, en especial, dos usuarios dos servizos profesionais dos colexiados. Ó abeiro de todo o exposto, no exercicio das funcións que lles son propias, as partes asinantes outorgan o presente convenio de colaboración con base ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, obrígase a convocar un concurso de arquitectura co fin de seleccionar o anteproxecto que servirá de base para a redacción do proxecto básico e de execución das obras de construcción dun complexo deportivo na Parda (Pontevedra), así como, ó abono do primeiro premio do mencionado concurso por importe de 9.000,00 euros (que serán á conta dos honorarios do proxecto), que será abonado con cargo á aplicación presupostaria 14.04.355A.622.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. SEGUNDA A Deputación de Pontevedra obrígase a participar na composición do Xurado que resolverá o concurso para a construcción do mencionado complexo, así como, a pagar un accésit do concurso por importe de 3.000,00 euros. TERCEIRA O Concello de Pontevedra obrígase a a participar na composición do Xurado que resolverá o concurso para a construcción do mencionado complexo, así como, a pagar un accésit do concurso por importe de 3.000,00 euros. CUARTA A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia obrígase en función do presente Convenio a preparar toda a documentación técnica necesaria para o desenvolvemento do concurso de arquitectura para a construcción do complexo deportivo na Parda en Pontevedra e difundir por tódolos medios ó seu alcance a convocatoria do citado concurso entre tódolos colexiados do territorio español, co fin de conquerir a participación do máximo número deles, así como coordinar o asesoramento ós mesmos na redacción das súas respectivas propostas. Igualmente, obrígase a entregar a documentación relacionada co concurso, previo pagamento do custo material da mesma. Así mesmo, obrígase a formar parte do Xurado que resolverá o precitado concurso e abonar os dous accésits por importe de 1.500,00 euros cada un deles. QUINTA O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá vixencia ata o cumprimento da finalidade nel establecida. SEXTA O seguimento da execución do presente convenio encoméndase á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado á que deberá ser remitida toda a documentación relativa ó mesmo. Para a interpretación de cantas dúbidas xurdan na aplicación do convenio, créase unha comisión mixta que estará integrada por un representante de cada unha das partes asinantes deste convenio. En caso de discrepancia, e en última instancia, resolverán os órganos xurisdiccionais competentes. O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio faculta a calquera das partes asinantes para instar, por escrito e cun preaviso mínimo dun mes, a resolución do presente convenio. SÉTIMA O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose, os seus efectos, polo disposto nas cláusulas do mesmo e, no seu defecto, polos principios xerais establecidos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas xunto coas demais disposicións legais vixentes en materia de contratación administrativa. O tribunal competente para resolver as cuestións litixiosas que puideran xurdir, será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano por cuadriplicado exemplar no lugar e data expresados. A CONSELLEIRA DE FAMILIA O ALCALDE-PRESIDENTE DO XUVENTUDE, DEPORTE E CONCELLO DE PONTEVEDRA VOLUNTARIADO Asdo.: Pilar Rojo Noguera Asdo.: Miguel Anxo Fdez. Lores O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O PRESIDENTE DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DE PONTEVEDRA DO COAG Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: José Luis Pichel Fernández Así mesmo, faise constar en acta que na cláusula segunda hai que engadir que dita cantidade, segundo informe de Intervención, finánciase con cargo á partida 04/451.452.489.07. ------ Folla: 24.12104.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA PARA A SELECCIÓN DO ANTEPROXECTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CAMPO DE FÚTBOL EN PASARÓN (PONTEVEDRA) Acórdase por unanimidade, aproba-lo convenio de colaboración entre a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e a Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a selección do anteproxecto que servirá de base para a redacción do Proxecto Básico e de Execución das Obras de Construcción dun Novo Campo de Fútbol en Pasarón (Pontevedra), e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO, DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA PARA A SELECCIÓN DO ANTEPROXECTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CAMPO DE FÚTBOL EN PASARÓN (PONTEVEDRA) En Santiago de Compostela, REUNIDOS Dunha parte a Excma. Sra. Pilar Rojo Noguera, actuando en representación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do seu cargo de conselleira, para o que foi nomeada polo Decreto 18/2003, do 18 de xaneiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 29 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, actuando en representación do Excmo. Concello de Pontevedra, en virtude da súa condición de alcalde-presidente da citada corporación, segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 24 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. E doutra, D. José Luis Pichel Fernández, con DNI 35290871Q, Presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio e, a estes efectos EXPOÑEN Primeiro.- A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, tal e como establece o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a súa estructura orgánica correspóndelle o exercicio das competencias e funcións en materia de familia, infancia e menores, muller, xuventude, deportes e voluntariado, de acordo co establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia, e nos termos sinalados pola Constitución española. De conformidade coa Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral para o deporte de Galicia, a Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia fomentará a construcción e óptima utilización das instalacións deportivas, potenciando o seu carácter polivalente para a obtención da máxima rendibilidade social e posibilitando a práctica xeneralizada da actividade deportiva. Así mesmo, planificará e executará, directamente ou en colaboración con outras administracións, a construcción de instalacións deportivas. Segundo.- Á Deputación provincial de Pontevedra correspóndelle, de conformidade do disposto no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local, exercer competencias na prestación de servicios públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal. Así mesmo e conforme á dita Lei xeral do deporte de Galicia, as deputacións provinciais, no ámbito do seu territorio, participarán na elaboración e execución dos programas xerais da Administración deportiva autonómica que teñen por obxecto a construcción e mellora das instalacións deportivas de uso público. Terceiro.- No que respecta ó Concello de Pontevedra, no marco da lexislación básica do Estado, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, establece que os concellos exercerán, entre outras, competencias en materia de actividades e instalacións culturais deportivas (art. 80.2.h.), podendo establecer coa Xunta de Galicia convenios de colaboración para unha xestión máis eficaz das súas competencias (art. 198). Ademais, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en moi diversas materias, entre as que contan a realización de actividades en instalacións deportivas (art. 25.2.m) establecéndose con carácter de servicio mínimo obrigatorio, en concellos de máis de 20.000 habitantes, os relativos a instalacións deportivas, ó abeiro do artigo 26.1.c) da precitada Lei. Cuarto.- En canto á Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 7.3 que a Comunidade Autónoma de Galicia poderá subscribir convenios de colaboración cos colexios profesionais para a realización de actividades de interese común e para a promoción de actuacións orientadas á defensa do interese público e, en especial, dos usuarios dos servizos profesionais dos colexiados. Ó abeiro de todo o exposto, no exercicio das funcións que lles son propias, as partes asinantes outorgan o presente convenio de colaboración con base ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, obrígase a convocar un concurso de arquitectura co fin de seleccionar o anteproxecto que servirá de base para a redacción do proxecto básico e de execución das obras de construcción do novo campo de fútbol de Pasarón en Pontevedra, así como, ó abono do primeiro premio do mencionado concurso por importe de 15.000,00 euros (que serán á conta dos honorarios do proxecto), que serán abonados con cargo á aplicación presupostaria 14.04.355A.622.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. SEGUNDA O Concello de Pontevedra obrígase a a participar na composición do Xurado que resolverá o concurso para a construcción da mencionada instalación, así como, a pagar o segundo premio do concurso por importe de 6.000,00 euros. TERCEIRA A Deputación de Pontevedra obrígase a participar na composición do Xurado que resolverá o concurso para a construcción da mencionada instalación, así como, a pagar o terceiro premio do concurso por importe de 4.000,00 euros. CUARTA A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia obrígase en función do presente Convenio a preparar toda a documentación técnica necesaria para o desenvolvemento do concurso de arquitectura para a construcción do novo campo de fútbol de Pasarón e difundir por tódolos medios ó seu alcance a convocatoria do citado concurso entre tódolos colexiados do territorio español, co fin de conquerir a participación do máximo número deles, así como coordinar o asesoramento ós mesmos na redacción das súas respectivas propostas. Igualmente, obrígase a entregar a documentación relacionada co concurso, previo pagamento do custo material da mesma. Así mesmo, obrígase a formar parte do Xurado que resolverá o precitado concurso e abonar os dous accésits por importe de 2.000,00 euros cada un deles. QUINTA O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá vixencia ata o cumprimento da finalidade nel establecida. SEXTA O seguimento da execución do presente convenio encoméndase á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado á que deberá ser remitida toda a documentación relativa ó mesmo. Para a interpretación de cantas dúbidas xurdan na aplicación do convenio, créase unha comisión mixta que estará integrada por un representante de cada unha das partes asinantes deste convenio. En caso de discrepancia, e en última instancia, resolverán os órganos xurisdiccionais competentes. O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio faculta a calquera das partes asinantes para instar, por escrito e cun preaviso mínimo dun mes, a resolución do presente convenio. SÉTIMA O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose, os seus efectos, polo disposto nas cláusulas do mesmo e, no seu defecto, polos principios xerais establecidos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas xunto coas demais disposicións legais vixentes en materia de contratación administrativa. O tribunal competente para resolver as cuestións litixiosas que puideran xurdir, será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano por cuadriplicado exemplar no lugar e data expresados. A CONSELLEIRA DE FAMILIA O ALCALDE-PRESIDENTE DO XUVENTUDE, DEPORTE E CONCELLO DE PONTEVEDRA VOLUNTARIADO Asdo.: Pilar Rojo Noguera Asdo.: Miguel Anxo Fdez. Lores O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O PRESIDENTE DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DE PONTEVEDRA DO COAG Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: José Luis Pichel Fernández Así mesmo, faise constar en acta que na cláusula terceira hai que engadir que dita cantidade, segundo informe de Intervención, finánciase con cargo á partida 04/451.452.489.07. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición