Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-08-27_Ordinaria. Acta de sesión 2004/08/27_Ordinaria
Acta de sesión 2004/08/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-08-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/08/27_Ordinaria
Data(s) 2004-08-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 27 de agosto de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vintesete de agosto do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12391.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 20 de agosto de 2004. ------ Folla: 2.12392.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTIÑO DE BUEU PARA A ADQUISICIÓN DUNHA EMBARCACIÓN DE VIXILANCIA E CONTROL Vista a solicitude formulada por D. José M. Rosas Otero, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, onde solicita un cambio de aplicación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, para adquisición dun vehículo de vixilancia, segundo as bases de Axuda ás Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra, na contía de once mil oitocentos corenta euros (11.840,00). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, acórdase por unanimidade o cambio de aplicación da axuda concedida no seu día para destinar o importe íntegro da mesma á adquisición dunha embarcación de vixilancia e control. ------ Folla: 3.12393.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CARLOS CASARES Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa FUNDACIÓN CARLOS CASARES, para financiar a exposición "Os mundos de Carlos Casares" e a "II Edición dos encantos de Mondariz Balneario", mediante a achega de trinta mil euros (30.000,00), e con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CARLOS CASARES Pontevedra, de xullo de 2004 REÚNENSE Dunha parte, o Ilmo. Sr. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con enderezo en Pontevedra, na Avda. de Montero Ríos, s/n, e CIF: P-3600000-H, e actuando en nome e representación desta. Doutra, Dona Kristina Berg, na súa condición de presidenta da Fundación Carlos Casares, con enderezo en Vigo, na rúa Elduayen, 36-2º, con CIF G-36907244, actuando en nome e representación desta entidade, segundo as facultades que lle outorgan os Estatutos da Fundación. Ambas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e MANIFESTAN Que as fundacións e demais entidades culturais sen ánimo de lucro levan a cabo unha importante actividade cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da vida cultural tanto na propia provincia como noutros ámbitos territoriais. Que a Fundación Carlos Casares vén desenvolvendo con continuidade un importante labor de promoción cultural, tanto no ámbito provincial como no galego, en correspondencia cos seus fins estatutarios, contribuíndo a establecer pontes entre a cultura galega e a cultura universal e a difundir socialmente o legado cívico e cultural de Carlos Casares. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, como membro integrante do Padroado da Fundación Carlos Casares, comparte os obxectivos desta. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu ámbito competencial, desenvolve actuacións encamiñadas á promoción, divulgación e difusión da cultura, coa finalidade de achegar esta ó conxunto da sociedade. Que, dados os intereses comúns e fins coincidentes de ambas entidades, asinan o presente convenio de colaboración. OBXECTO O obxecto deste convenio é: * A contribución á realización da II edición dos "Encontros de Mondariz Balneario", que terá lugar no Concello de Mondariz Balneario entre os días 20 e 24 de setembro do ano 2004. * A utilización da biblioteca-salón de actos da sede da Fundación Carlos Casares para presentación de libros e publicacións da Deputación de Pontevedra, así como para calquera outros actos públicos de carácter cultural que a Deputación de Pontevedra desexe realizar no referido local. * A continuidade e itinerancia polos concellos da provincia da exposición "Os mundos de Carlos Casares", elaborada pola Fundación Carlos Casares e a Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a contribuír á realización das actividades obxecto deste convenio coa cantidade de trinta mil euros (30.000,00) con cargo á partida 04/451.451.489.05 do seu presuposto. SEGUNDA.- A Fundación Carlos Casares comprométese a que figure a colaboración e o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade xerada polas súas actividades, tanto impresa, audiovisual ou electrónica. TERCEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra pagará o 50% (15.000,00 euros) á sinatura do presente convenio e outro 50% (15.000,00 euros) restante unha vez xustificado mediante facturas, o gasto efectivamente realizado. CUARTA.- A Fundación Carlos Casares comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto para os que foron concedidos. A Deputación Provincial de Pontevedra poderá comprobar, cando o estime pertinente, a adecuación dos gastos ós fins estipulados neste convenio. QUINTA.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será motivo suficiente para a rescisión deste. SEXTA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse. SÉTIMA.- O período de vixencia deste convenio durará ata o 31 de decembro de 2004. OITAVA.- Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ambas partes ó acordado en todas as estipulacións. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN A PRESIDENTA DA FUNDACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CARLOS CASARES Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Kristina Berg ------ Folla: 4.12394.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 18 de agosto do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, número de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de cento vinteunha facturas, que figuran na referencia 200400000735, por un importe global de cincuenta e nove mil trescentos dez euros con cincuenta e oito céntimos (59.310,58), a primeira das cales é a relativa a Eloy Hernández Santo Domingo por un importe de 487,20 euros, e remata coa correspondente a Vacui Instalaciones Artística, S.L., por un importe de 5.693,22 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de cincuenta e oito mil douscentos setenta euros con setenta e cinco céntimos (58.270,75), correspondendo a cantidade de 1.410,78 euros ó IVE soportado deducible e 370,95 euros ó IRPF. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 5.12395.- APROBACIÓN DO PROXECTO REFORMADO DE "EP 8505 FERREIRÓS-VILAR (VALGA)" (FP 2002) Visto o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión de 17-10-2002, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga)", por importe de 346.222,09 euros, adxudicándose pola Comisión de Goberno de 12-12-2002 a CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L., na suma de 310.000,00 euros; visto o informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da Zona Norte no que manifesta que a obra en cuestión tiña por obxecto o ensanche de dita estrada condicionado á cesión de terreos por parte dos veciños afectados, pero como queira que dita cesión non se desenvolveu segundo as previsións viuse a necesidade de variar o ensanche nalgúns tramos o que motivou a modificación de unidades de obra para o que se redacta un proxecto reformado por importe de 346.222,08 euros que non afecta ó importe do presuposto da obra inicial; e, visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta a súa conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto reformado, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto reformado de "EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga)" por importe de 346.222,08 euros, IVE incluído, toda que non supera o presuposto do proxecto inicial, mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. ------ Folla: 6.12396.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 7.12397.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS DO PPC 2004" Vistos os acordos adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 20 de agosto de 2004, polos que se presta aprobación ó proxecto "EP 0403 Carballedo-Rebordelo (Cotobade)" (PPC 2004) por importe de 170.000,00 euros, con cargo á partida 04/911.511-611.09, e rectifícase o importe do proxecto "EP 2405 Cerquido-Budiño (Porriño)" (PPC 2004), que inicialmente se aprobara por 280.000,00 euros, quedando fixado en 236.000,00 euros; visto o informe do Servizo de Contratación polo que se xustifica dar trámite de urxencia ó expediente de contratación das citadas obras toda vez que de non estar contratadas antes do 1 de outubro próximo perderíase a subvención do MAP; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar ó gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de "Diversas obras do PPC 2004", que a continuación se detallan: 1.- "EP 0403 Carballedo-Rebordelo (Cotobade)" 170.000,00 euros 2.- "EP 2405 Cerquido-Budiño (Porriño)" 236.000,00 euros As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 04/911.511-611.09 do vixente presuposto provincial. Así mesmo expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-adminstrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 8.12398.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 20 DE AGOSTO DE 2004, NÚMERO 10.12382, RELATIVO Á ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A REALIZACIÓN DUN INVENTARIO DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, XEOMÉTRICAS E DE EQUIPAMENTO DA REDE DE ESTRADAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Visto o acordo 10.12382 adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 20 de agosto de 2004, relativo á "Adxudicación do concurso, procedemento aberto, para a realización dun inventario das características físicas, xeométricas e de equipamento da Rede de Estradas da Excma. Deputación Provincial", obsérvase un erro: Onde di: "Adxudicar á empresa GEOCISA, GEOTECNIA Y CIMIENTOS, S.A. (CIF A-28.208.874) a contratación dos AFOROS PARA COÑECER A REALIZACIÓN DUN INVENTARIO DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, XEOMÉTRICAS E DE EQUIPAMENTO DA REDE DE ESTRADAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ...". Debe dicir: "Adxudicar á empresa GEOCISA, GEOTECNIA Y CIMIENTOS, S.A. (CIF A-28.208.874) a contratación da REALIZACIÓN DUN INVENTARIO DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, XEOMÉTRICAS E DE EQUIPAMENTO DA REDE DE ESTRADAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ...". O que se corrixe por unanimidade ó amparo do artigo 105.2 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, permanecendo invariable o resto do texto do acordo citado. ------ Folla: 9.12399.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota