ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/09/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-09-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/09/17_Ordinaria

  • Data(s) 2004-09-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 17 de setembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día dezasete de setembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12428.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de setembro do ano 2004. ------ Folla: 2.12429.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DE DIVERSOS PROXECTOS Visto o escrito do Enxeñeiro Xefe do Servizo de Vías e Obras no que solicita a contratación da Asistencia Técnica para a redacción de diversos proxectos, que máis adiante se detallan, con carácter de urxencia ante a necesidade de dispoñer dos mesmos antes de final de ano, facilitando a actual climatoloxía o labor de toma de datos; vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e corrixidas as omisións que se reflexan no informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, para a contratación da Asistencia Técnica de redacción dos seguintes proxectos: 1.- EP 2102 Nigrán-Vincios (Nigrán-Gondomar) 125.000,00 Euros 2.- EP 4306 Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo) 155.000,00 Euros 3.- EP 5106 Covelo-Barciademera (Covelo) 101.000,00 Euros As asistencias técnicas obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 3.12430.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se detallan e que son obxecto do presente expediente; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras: 1.- Urbanización EP Acceso a Arealonga (Avda. S. Telmo) (Redondela) 291.548,40 Euros 2.- Mellora pavimento e dotación servizos EP Redondela-Catapeixe 628.031,02 Euros 3.- Urbanización e pavimentado Tramo-Mosteiro-Mourelle da EP Calvario-La Garrida 516.502,50 Euros 4.- Urbanización e pavimentado Tramo Colexio-Mosteiro da EP Calvario-La Garrida 117.493,67 Euros 5.- Terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis) 450.337,97 Euros TOTAL 2.003.913,56 Euros As obras nº 1 e 2, a executar mediante convenio co Concello de Redondela financiaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02, aportando a Deputación a suma de 210.940,08 Euros e 498.888,27 Euros, respectivamente, e a aportación municipal por importe de 90.408,27 Euros e 150.253,03 Euros. As obras nº 3 e 4, a executar mediante convenio coa Entidade Local Menor de Bembrive, fiananciaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02, coa aportación da Deputación por importe de 440.270,00 e 94.340,88 Euros respectivamente, e da Entidade Local por importe de 93.593,93 Euros e 26.608,49 Euros. A obra nº 5 financiarase con cargo á partida 04/511.511-612.02. Así mesmo, expóñense ó público o proxecto e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva de forma automática. A formalización do contrato queda supeditada a que polo Concello de Redondela e a Entidade Local Menor de Bembrive ingresen na Deputación Provincial as aportacións que lles corresponden de acordo cos convenios subscritos no seu día. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 4.12431.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DAS OBRAS "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE LEIRADO" E "CONSTRUCCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO COMPLEXO DEPORTIVO DE FONTECARMOA" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 10 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se detallan e que son obxecto do presente expediente; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras: 1.- Acondicionamento entorno do Pavillón Polideportivo de Leirado 90.764,10 Euros 2.- Construcción dun campo de fútbol de herba artificial no Complexo Deportivo de Fontecarmoa 592.844,31 Euros A obra nº 1 financiarase con cargo á partida 04/123.452-622.01. A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 04/123.452-622.01, coas aportacións desta Deputación por importe de 404.959,11 Euros, nas anualidades de 2004 por importe de 100.000,00 Euros, 2005 por importe de 200.000,00 Euros e 2006 por importe de 104.959,11 Euros, e do Concello de Vilagarcía de Arousa por importe de 187.855,20 Euros con cargo ó Programa Operativo Local 2004. Así mesmo, expóñense ó público o proxecto e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 5.12432.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, PARA O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión ordinaria do día 23 de xullo de 2004, polo que se aprobou o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a adquisición dun vehículo contraincendios e salvamento por un importe máximo de 120.000,00 Euros, establecendo que a licitación do vehículo sexa realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra, previa acreditación do compromiso financeiro contraído polas demais administracións e de acordo á normativa que rexe a contratación das administracións públicas. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario de data 15 de setembro de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá na contratación do subministro dun vehículo contraincendios e salvamento e visto así mesmo o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 16 de setembro de 2004. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de un vehículo contraincendios e salvamento, por un tipo máximo de licitación de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 Euros), IVE incluído e co vehículo matriculado, quedando condicionada a adxudicación do mesmo a que se suplemente a partida 04/911.911.662.00 por importe de 8.950,47 Euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda autorizar dito gasto, con cargo á partida 04/911.911.662.00 unha vez que se cumpra a condición de suplementar a mesma en 8.950,47 Euros, así como aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 6.12433.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, acórdase por unanimidade recoñecer ó funcionario D. José Mª Fiestras Pichel, Operario de Servicios Varios, adscrito á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", un ano, dez meses e dezanove días de servizos prestados no Concello de Forcarei, como Conductor, contratado laboral do 26 de agosto de 1992 ó 25 de febreiro de 1993, do 11 de marzo de 1993 ó 10 de marzo de 1994 e do 12 de xullo de 1994 ó 30 de novembro de 1994, fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 21 de agosto de 1994. ------ Folla: 7.12434.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 8.12435.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: 9.12436.- PETICIÓN DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CARRO, SL, DA RESOLUCIÓN DOS CONTRATOS SUSCRITOS COA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Resultando que a Comisión de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 23 de xaneiro de 2003, acordou adxudicar á Empresa Construcciones Carro, SL a execución das obras de "Ensanche e mellora de pavimento PK 17,700 a 19,670 da EP Tomiño-Sabarís" na cantidade de 194.510,00 Euros, e en sesión de 3 de xullo de dito ano as obras de "Mellora e pavimentación do Acceso a Chenlo (Porriño)" por importe de 236.983,00 Euros, IVE incluído. Resultando que con data 27 de febreiro e 23 de outubro de 2003, suscribiu con esta Deputación os oportunos contratos previa a constitución da fianza por un importe de 7.780,40 Euros e 9.479,32 Euros, respectivamente. Resultando que a Empresa solicita a rescisión dos contratos destas obras, sen perda de fianza, fundamentando a súa petición en que o Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Pontevedra, mediante o procedemento nº 283/2004, decretou a suspensión de pagos da empresa e por conseguinte non pode levar a cabo, dada a súa situación actual, a realización destes contratos. Visto o RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e o RD 1098/2000, de 12 de outubro, regulador do Regulamento Xeral de dita Lei e demais disposicións concordantes, e, Considerando que o art. 111.b de dita Lei, establecer como causa de resolución de contrato "a declaración de quebra, de suspensión de pagos, de concurso de acreedores ou de insolvente fallido en calquera procedemento e o acordo de quita e espera" e que corresponde á Administración decidir se se resolve ou non o contrato en base a que o contratista presta as garantías suficientes para a execución do mesmo (apartado 7 de dito artigo), acórdase por unanimidade: 1.- Resolver os contratos suscritos coa Empresa Construcciones Carro, SL relativos ás obras de "Ensanche e mellora de pavimento PK 17,700 a 19,670 da EP Tomiño-Sabarís" e "Mellora e pavimentación do acceso a Chenlo (Porriño)" que foran adxudicadas pola Comisón de Goberno en sesións de 23 de xaneiro e 3 de xullo de 2003 nas cantidades de 194.510,00 Euros e 236.983,00 Euros, IVE incluído, respectivamente, dado que foi a propia empresa a que solicita a rescisión do contrato. 2.- Aprobar a devolución das fianzas definitivas depositadas no seu día pola empresa Construcciones Carro, SL para responder da execución das obras, estimando que non houbo mala fe nin fraudulencia, e que a nova empresa adxudicataria deberá prestar a fianza polo importe do prezo de adxudicación, estando facultada a Administración para tomar a decisión en virtude do disposto no art. 113.5 da Lei de Contratos. En aras da defensa do interese público e coa finalidade de que as obras se leven a cabo coa maior rapidez posible, acórdase así mesmo: 1.- Adxudicar a Construcciones EC Casas, SL a obra "Ensanche e mellora de pavimento PK 17,700 a 19,670 da EP Tomiño-Sabarís", que resultou ser, de conformidade coa valoración efectuada polos Servizos Técnicos sobre as ofertas presentadas ó concurso, a empresa que obtivo maior puntuación despois da adxudicataria, cun orzamento de 193.000,00 Euros e ofrecendo unhas melloras por valor de 13.814,02 Euros para realizala nun período de dous meses. 2.- Adxudicar á UTE ELSAMEX, SA-MODECAR, SA, a obra "Mellora e pavimentación do acceso a Chenlo (Porriño)" que foi a empresa que quedou en segundo lugar no concurso convocado para a contratación da obra, e que licitou por un importe de 238.556,35 Euros, ofrecendo unhas melloras de 18.299,41 Euros e un prazo de execución de catro meses. Os adxudicatarios deben constituir fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición