Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-11-26_Ordinaria. Acta de sesión 2004/11/26_Ordinaria
Acta de sesión 2004/11/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-11-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/11/26_Ordinaria
Data(s) 2004-11-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 26 de novembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e seis de novembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado, D. Ramón Campos Durán, quen escusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12570.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 19 de novembro do ano 2004. ------ Folla: 2.12571.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POR DONA MARÍA LUCILA RODRÍGUEZ FORTES, EN REPRESENTACIÓN DA SOCIEDADE COOPERATIVA AGRARIA SERRA DO SUÍDO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA PARA "REFORMA E CONSTRUCCIÓN DE NAVE ALMACÉN, ASFALTADO ACCESO E PECHE FINCA" Vista a petición formulada por Dona María Lucila Rodríguez Fortes, en representación da Sociedade Cooperativa Agraria Serra do Suído e o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño do ano 2005, para a xustificación da axuda económica concedida para a "Reforma e construcción de nave almacén, asfaltado acceso e peche finca" e aprobada pola Comisión de Goberno do 31 de outubro do 2003, por importe de vinte e un mil douscentos cincuenta e dous euros (21.252,00 ¤). ------ Folla: 3.12572.- PRÓRROGA DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL CONCEDIDA A DONA ERMITA GARRIDO AMOEDO, DO CONCELLO DE Ponte Caldelas De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de prórroga ata o 30 de xuño de 2005, para a xustificación de axuda de Emerxencia Social concedida en Xunta de Goberno de 10/09/04 para "Arranxo de vivenda" e importe de 2.998,60 euros a Dona Ermita Garrido Amoedo de Ponte Caldelas. ------ Folla: 4.12573.- AXUDA DE LIBROS DE TEXTO 2004/2005 A ALEJANDRA SÁNCHEZ SILVA, DO CONCELLO DA ESTRADA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de concesión de axuda para Libros de Texto, curso 2004/2005 e importe de 85,00 euros a Dona Alejandra Sánchez Silva da Estrada, con cargo á partida 04/313.313.462.05, correspondendo 50 ¤ a Deputación e 35 ¤ ó Concello. ------ Folla: 5.12574.- AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO 2004/2005 Ó CONCELLO DE BUEU De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de axuda de Libros de Texto, curso 2004/2005 ó Concello de Bueu por importe total de 822,00 euros ós beneficiarios que seguidamente se relacionan e con cargo á partida 04/313.313.462.05, correspondendo 548 ¤ a Deputación e 274 ¤ ó Concello: Solicitante Alumno Importe axuda sen euros Alejandra Piñeiro Ordóñez Miguel A. Piñeiro Ordóñez 120,00 Pilar Otero Garrido Luis Isaac Gómez Otero 120,00 Cristina González Freire Cristina Pousada González 85,00 Filomena Álvarez Martínez Cristian Álvarez Martínez 85,00 Lucía López Corrredoira Verónica Gómez López 52,00 Alicia González Amoedo Elisabeth Barbosa González 120,00 Mª Inés Calviño Malviño Alba Pedrouso Calviño Tatiana Pedrouso Calviño 240,00 Total 822,00 ------ Folla: 6.12575.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 16 de novembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de dez facturas, que figuran na referencia 200400000956, por un importe global de cinco mil setecentos oitenta e seis euros con trinta e cinco céntimos (5.786,35 ¤), a primeira das cales é a relativa a Laboratorio Fotográfico G. Color por un importe de 412,89 euros, e finaliza coa correspondente a Sarrio Papel y Celulosa, SA, por un importe de 1.052,35 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de cinco mil cincocentos seis euros con trinta e sete céntimos (5.506,37 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 19 de novembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de sesenta e sete facturas, que figuran na referencia 200400000957, por un importe global de vinte e dous mil cincocentos noventa e dous euros con corenta e tres céntimos (22.592,43 ¤), a primeira das cales é a relativa a Spica, S.L. por importe de 2.262,00 euros, e finaliza coa correspondente a Ferretería Malecho - José L. Araujo Portasany, por importe de 766,92 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de vinte e dous mil cincocentos noventa e dous euros con corenta e tres céntimos (22.592,43 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 7.12576.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correpondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: SEÑALIZACIONS Y BALIZAMENTOS DE CALICIA, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución por importe de setecentos euros (700,00 ¤), para responder do "Lote nº 53 do concurso de subministro de materiais do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/03/2003, número de operación 200300022606, sendo indispensable para retirala, a prsentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución por importe de setecentos euros (700,00 ¤), para responder da "Primeira ampliación do lote nº 53 do concurso de subministro de materiais do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2003, número de operación 200300072067, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIÓNS MOSTEIRO, S.L. .- A constituída en metálico por importe de seiscentos vinte e seis euros con noventa e tres céntimos (626,93 ¤), para responder da "Primeira ampliación do lote nº 8 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2003, número de operación 200300000453, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de trescentos oitenta e cinco euros con oitenta céntimos (385,80 ¤), para responder da "Segunda ampliación do lote nº 8 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/10/2003, número de operación 200300072974, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSGALAICA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de mil trescentos corenta e catro euros con setenta e seis céntimos (1.344,76 ¤), para responder da "Prestación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos do Centro de Vacacións A Lanzada, para o verán de 2004", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/07/2004, número de operación 200400047269, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagameto orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.12577.- PROPOSTA DE CONCESIÓNS DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aproba-la proposta de subvencións para actividades culturais ás Asociacións que seguidamente se relacionan, por un total de 21.500,00 ¤, con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/ PETICIONARIO/OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: CAMBADOS Asc. Pens. E Axuda para charlas informativas: Tempo de descanso, Xubilados Casa da Cultura de CastreloTempo de lecer 1.500,00 ESTRADA, A Asociación sociocultural "Coto Manguelo" Axuda ó I Festival de Música Tradicional e Folk 1.500,00 AGOLADA Aso. Cult. Veciñal San Lorenzo de Brántega Axuda ó Concerto de Música Tradicional 2.000,00 LALÍN Asc. Cult. "O Toxo" de Vilatuxe Axuda ó Certame de Bandas 600,00 LALÍN Asc. de Amigos do Museo "Casa do Patrón" Axuda á V Malla tradicional e edición do caderno "Casa do Patrón" 2.400,00 LALÍN Círculo Musical de Lalín Axuda ós concertos de Santa Cecilia e Fin de Ano 5.000,00 LALÍN Grupo de Baile e Música tradicional A Carballeira/ Axuda á divulgación e promoción do folclore galego 1.500,00 PONTEVEDRA Asociacións de Veciños San Roque/ Axuda ó ciclo de conferencias e exposición fotográfica 1.500,00 POIO/ Asociación Cultural Ateneo Corredoira/ Axuda á Festa dos Maios e XXI Semana Cultural "San Roque 04" 2.500,00 VIGO A. C. D. Xestas Axuda á Semana Cultural da A.C.D. Xestas 1.200,00 VIGO Asc. Cultural Asistencial Arte Aberta Axuda ás "II Xornadas Artísticas Arte Aberta" 1.800,00 TOTAL 21.500,00 ------ Folla: 9.12578.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONSERVATORIOS MUNICIPAIS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Conservatorios públicos no dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que seguidamente se relacionan, por un total de 102.200,00 ¤, con cargo á partida 04/451.422.462.04 -RC 200400075478-. En función do disposto na base 24.7 das de execución do vixente orzamento provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello "Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario". PETICIONARIO SUBVENCIÓN CONCELLO DE CANGAS P-3600800ª 10.895,00 ¤ CONCELLO DE CAMBADOS P-3600600E 9.270,00 ¤ CONCELLO DA ESTRADA PO-3601700B 10.895,00 ¤ CONCELLO DA GUARDA P-3602300J 9.270,00 ¤ CONCELLO DE GONDOMAR P-3602100D 6.950,00 ¤ PADROADO CULTURAL DE LALÍN G-36160752 15.533,00 ¤ CONCELLO DE PONTEAREAS P-3604200J 16.219,00 ¤ CONSERVATORIO MUNICIPAL REDONDELA 12.744,00 ¤ G-36062958 CONCELLO DE TUIP-3605500B 10.424,00 ¤ TOTAL 102.200,00 ¤ ------ Folla: 10.12579.- PROPOSTA DE CONCESIÓNS DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA MUNICIPAIS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Escolas de Música Municipais, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que seguidamente se relacionan, por un total de 150.000,00 ¤, con cargo á partida 04/451.422.462.06 -RC 200400075475-. En función do disposto na base 24.7 das de execución do vixente orzamento provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello "Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario". PETICIONARIO SUBVENCIÓN CONCELLO DE AGOLADA P-3602000F 6.075,00 ¤ CONCELLO DE BAIONA P-3600300B 7.590,00 ¤ CONCELLO DE CALDAS P-3600500G 9.015,00 ¤ CONCELLO DE CAMBADOS P-3600600E 8.430,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS P-3600800A 10.965,00 ¤ CONCELLO DE CATOIRA P-3601000G 6.915,00 ¤ CONCELLO DA ESTRADA P-3601700B 10.110,00 ¤ CONCELLO DE MARÍN P-3602600C 8.850,00 ¤ CONCELLO DAS NEVES P-3603400G 8.850,00 ¤ CONCELLO DE PORRIÑO P-3603900F 9.690,00 ¤ CONSERVATORIO MUNICIPAL REDONDELA G-36062958 6.495,00 ¤ ORG. AUT. TERRA DE SANXENXO P-3600021D 8.595,00 ¤ CONCELLO DE SILLEDA P-3605200I 7.590,00 ¤ CONCELLO DE TUI P-3605500B 7.170,00 ¤ CONCELLO DE VALGA P-3605600J 6.330,00 ¤ CONCELLO DE VIGO P-3605700H 10.965,00 ¤ CONCELLO DE VILA DE CRUCES P-3605900D 6.330,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA P-3606000B 10.710,00 ¤ TOTAL 150.000,00 ¤ ------ Folla: 11.12580.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para Escolas de Música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que seguidamente se relacionan, por un total de 50.000,00 ¤, con cargo á partida 04/451.422.489.06 -RC 200400075479-. PETICIONARIO/ SUBVENCIÓN: BANDA CULTURAL DE LALÍNG-36041515 5.145,00 ¤ CENTRO RECRATIVO E CULTURA DE TORROSOG-36028827 5.865,00 ¤ BANDA DE MÚSICA DE RUBIOSG-36109270 4.115,00 ¤ BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE GULÁNSG-36104768 4.630,00 ¤ AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSALG-36027928 6.890,00 ¤ ASOCIACIÓN MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADEG-36033850 4.115,00 ¤ UNIÓN MUSICAL DE CORUXOG-36634137 5.145,00 ¤ SOCIEDADE CULTURAL DEPORTIVA ATLÁNTIDA DE MATAMÁ G-36620854 6.380,00 ¤ BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADEG-36647055 7.715,00 ¤ TOTAL 50.000,00 ¤ ------ Folla: 12.12581.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubes e Entidades Deportivas, que seguidamente se relacionan, por un total de 11.600,00 ¤, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELLO PETICIONARIO OBXECTO SUBVENCIÓN IMPORTE BAIONA Clube de baloncesto Baiona Compra de material de má-quina de pernas 1.000,00 ESTRADA, A Clube de tenis Recreo Cultural Remodelación e pintado de vestiarios 1.500,00 PONTEVEDRA Agrupación cultural deportiva A Seca Adquisición de porterías entrenamento, pizarras tácticas 1.500,00 PONTEVEDRA Clube de fútbol Unión Sampaio Habilitar local destinado a taquillas e almacén 1.500,00 PONTE CALDELAS S.C.D. Ponte Caldelas Compra e instalación de radiadores de baixo consumo 1.500,00 SALCEDA DE CASELAS Club Caselas F.C. Compra de xogos de porterías de fútbol-7 e fútbol-1 1.000,00 VIGO Gran Peña F.C. Compra de vallas, cinta de andar, espaldeira e potro 1.800,00 VILANOVA DE AROUSA Asoc. Deportiva de Corón Melloras de vestiarios e construcción de servizos públicos 1.800,00 TOTAL 11.600,00 ------ Folla: 13.12582.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Asociación Galega de Editores, para a promoción do libro galego, mediante a achega de corenta e oito mil euros (48.000,00 ¤), e con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente orzamento, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES PARA A PROMOCIÓN DO LIBRO GALEGO No Pazo Provincial desta Deputación Provincial de Pontevedra, a de novembro de 2004 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando no seu nome e representación, segundo dispón o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril que regula as bases de Réxime Local, e Don Miguel Anxo Fernán Vello, con DNI núm. 33.840.509-B, en representación da ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES con CIF: G-15.130.594 e domicilio social na rúa Xoaquín Yáñez, 6-E de Vigo. Os comparecentes teñen capacidade plena para obrigarse, que mutuamente se recoñecen e especialmente para subscribir o presente CONVENIO PARA A PROMOCIÓN DO LIBRO GALEGO, e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do valor cultural universal do libro e dende fai uns anos, vén colaborando cos editores desta provincia na promoción do libro galego, para a súa posterior divulgación e entrega nas bibliotecas populares de asociacións culturais, centros docentes, etc., contribuíndo desta maneira a que as principais editoriais conten cun apoio para que non morra o labor tan importante de difusión do noso idioma e dos escritores e autores que utilizan a nosa lingua. Animados por este estímulo de colaboración, establecen as seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra destinará corenta e oito mil euros (48.000,00 ¤), consignados na partida orzamentaria 04/451.451.489.05, para a adquisición de exemplares do Libro Galego ás editoriais desta provincia que así o soliciten e sexan membros da Asociación Galega de Editores, quen presentará a proposta conxunta de títulos editados. 2ª.- Os títulos ofertados contarán cun mínimo de 64 páxinas (agás as publicacións de carácter infantil e xuvenil, que poderán ter menos, dadas as súas especiais características); serán primeiras edicións ou reedicións que leven máis de dez anos descatalogadas, ou acheguen novidades substanciais, e o seu depósito legal terá data dende o 31 de setembro de 2003 ata o 1 de setembro de 2004. 3ª.- Non poderán acollerse a estas axudas os libros de texto, fixándose o tope máximo de 200 exemplares e de 1.500,00 ¤ por cada título (IVE incluído). 4ª.- As obras seleccionadas deberán enviarse á Deputación Provincial coa factura correspondente e o desconto do 15% sobre o prezo de cada unha, sen IVE, no prazo de un mes a contar dende a rúbrica do presente convenio, requisito indispensable para que a Deputación libre os fondos correspondentes. 5ª.- Non poderán acollerse a estas subvencións as editoriais dependentes de organismos públicos. E así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, rubricando o presente documento, por duplicado, no lugar e data do encabezado. Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Miguel Anxo Fernán Vello ------ Folla: 14.12583.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL ESTÉVEZ FARIA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 11-02 MEIRA-FRAGA (CONCELLO DE MOAÑA) Dada conta que con data de Rexistro de 15 de setembro de 2004 tivo entrada nesta Deputación (nº rex. 029012) instancia subscrita por Don Manuel Estévez Faria, con enderezo en Paradela, Broullón nº 115 B (Moaña) sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos padecidos en automóbil da súa propiedade matrícula PO-0561-BS, que individualiza economicamente en 1.001,66 ¤, como consecuencia de accidente de tráfico na estrada e.p. 11-02 que conduce de Meira a Fraga, Concello de Moaña. Resultando que con data 20 de setembro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, sobre os seguintes extremos: a) Se a estrada que conduce de Meira a Fraga, supostamente EP 11-02, é vía provincial. b) Se en datas coincidentes co 4 de xuño de 2004 e á altura do nº 33, existía doblada unha tapa da rede de sumidoiro que ó paso dos turismos se saía do seu sitio, podendo causar danos a estes. c) Calquera outro extremo que considerara de interese. Resultando que con data 24 de setembro seguinte se emitiu o mesmo co seguinte contido: "En contestación a su solicitud de informe, relativo a reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por D. Manuel Estévez Faria, se informa lo siguiente: a) Es vía provincial. b) No tenemos conocimiento c) Los servicios, corresponde su mantenimiento al Ayuntamiento". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto, primeiro, ningún medio de probatorio aporta o reclamante agás o documento ó que se lle chama "certificación" sen selo, pois carece do requisito esencial para a súa catalogación como tal, é dicir, a estampación da fé pública, pola súa intervención, do Secretario da Corporación, segundo preceptúa o artigo 2.e) do RD 1174/87 e, polo tanto, nada proba o citado documento, ó que habería que engadir o feito de que o atestado da Policía Municipal dí que "... puido sufrir danos" (sen aseveralo) e "non se lle puido ver os danos xa que foron nos fondos do mesmo" (sic). Folgan máis consideracións, á marxe de que o bo estado, coidado e mantemento da rede de sumidoiro é competencia necesaria dos Concellos ou, de ser o caso, da concesionaria de tal servizo (artigo 25.2 "l" da Lei 7/85, non modificada neste punto pola 57/2003. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 15.12584.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON AUGUSTO J. MUÍÑOS LÓPEZ, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE BOBYPAL, S.L., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA ARCADE-AMOEDO (CONCELLO DE SOUTOMAIOR) Dada conta que con data de Rexistro de 14 de xuño de 2004 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Augusto J. Muíños López (nº rex. 021028), en nome e representación de BOBYPAL, S.L., con enderezo a efectos de notificacións na rúa República Arxentina nº 20-5º piso, oficina 28, por danos padecidos en automóbil propiedade da segunda, marca Opel Vectra 2.2 e matrícula 8368-BDB, que individualiza economicamente en 4.134,53 ¤, como consecuencia de accidente de tráfico na estrada Arcade-Amoedo, Concello de Soutomaior. Resultando que despois de requerido o interesado para a acreditación da representación, e unha vez cumprimentada esta, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras en data 2 de agosto de 2004, contestándose o 13 de agosto seguinte que era preciso que o reclamante concretara o punto exacto do accidente, para o que se adxuntaba plano a escala 1/5000 da zona, dándoselle traslado do citado plano ó Sr. Muíños López xunto con escrito de 23 de agosto de 2004, extremo que foi cumprimentado polo mesmo con data 20 de setembro de 2004. Resultando que solicitado novo informe ó Servizo de Vías e Obras (arts. 10.1, último parágrafo do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92 e 171 do RD 2568/86) se emite o mesmo con data 24 de setembro de 2004 co seguinte contido: "En relación con la denuncia presentada por D. Augusto Muíños López, sobre accidente en la C.P. Arcade-Amoedo y una vez recibido el croquis de situación que se le solicitó y que indica el lugar del accidente, informamos en primer lugar y como aclaración, que en el punto SEGUNDO de su exposición cita la fecha de 12 de enero de 2003 como la del accidente, en tanto que en su declaración ante la Guardia Civil de Soutomaior efectuada, según el atestado, el 14 de junio de 2003, se habla de 12 de los corrientes, lo que nos induce a pensar que pueda tratarse de un error en la transcripción y no que se denuncie cinco meses después del accidente. Ciñéndonos ya al tema, decir que la Carretera Arcade-Amoedo es de la Diputación Provincial y que en el mes de Junio de 2003 se procedió al riego asfáltico habitual para sujeción de la grava del firme y que, de siempre, se receba con gravilla, de la que, efectivamente, un pequeño porcentaxe queda sin adherirse totalmente al cuerpo del firme. Esto ha sido así toda la vida, pues lo habitual señal de gravilla suelta no se ha inventado ahora. Añadir que la Carretera tenía en cabeza y final del tajo de obra la señalización reglamentaria y complementada en la zona donde se procedía al riego con señal concreta de gravilla suelta. Por tanto, estimamos como inexacta su apreciación de "mal señalizada" y buena prueba de lo que decimos es que el denunciante incluso considera "estando algunas señales dificultando la circulación". Finalmente comentar que la Guardia Civil se ha limitado a levantar atestado de lo que el Sr. Muíños les declaró, pero no consta en el expediente informe de dicho Cuerpo que haga evaluación de la calidad de la señalización que, por otra parte, en ningún momento el denunciante dice que no existía. Durante la ejecución de la obra que, por razones que no hacen el caso, duró más de lo previsto, por el Técnico informante que dirigió la obra, se comprobó en cada visita a la misma que la señalización era la reglamentaria". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por catro elementos fundamentais expresados no prolixo informe de Vías e Obras, a saber: a) Que a estrada tiña , ó principio e ó final do tallo da obra a sinalización regulamentaria e complementaria. b) No rego, sinal concreta de gravilla solta. c) Recoñecemento expreso do reclamante da existencia dos sinais. d) No cuestionamento, por parte da Garda Civil en momento algún da inexistencia de sinalización. e) Verificación "in visu" e "in situ" do Enxeñeiro Técnico Xefe de Zona da permanencia de sinalización todo o cal obriga a esta Xunta de Goberno á desestimación da reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 16.12585.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL VILLAR PÉREZ POR DANOS NA ESTRADA DE BEMBRIVE- A PEDRA- (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de Rexistro de 6 de setembro de 2004 tivo entrada nesta Deputación (nº rex. 028290) instancia subscrita por Don Manuel Villar Pérez, con enderezo no Camiño das Cortiñas-Vilar nº 12 (Vigo) sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por caída padecida na estrada de Bembrive (A Pedra), Concello de Vigo, debido, segundo alega, ó mal estado dos bordes das beirrarúas da citada estrada, con resultado de hematomas e contusións, e rotura dunha camisa e dun reloxo, segundo describe na referida instancia, sen efectuar valoración económica dos devanditos danos. Resultando que con data 9 de setembro seguinte ten entrada no Rexistro (nº 028613) escrito do Sr. Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive-Vigo, remitindo, a súa vez, copia do escrito do Sr. Villar Pérez, presentado perante aquela entidade. Resultando que con data 14 de setembro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 21 de setembro de 2004, co seguinte contido: "En relación con la reclamación formulada por D. Manuel Villar Pérez por daños padecidos como consecuencia de una caída sufrida en la carretera de Bembrive, a la altura del nº 124, se informa que en esa zona se estaba procediendo a la urbanización de la c.p. Calvario-La Garrida, en un tramo de unos 800 mts. entre la antigua y la nueva carretera a Madrid. Dicha urbanización contemplaba entre otras unidades, la construcción de aceras con sus correspondientes bordillos de delimitación. Estos trabajos fueron desarrollándose sin incidencias notables en un 65-70%, precisamente hasta que se llegó al lugar de La Piedra. En la semana del 9 al 12 de agosto se procedió, por la empresa adjudicataria Const. Carro , S.L., a la instalación del bordillo en esa zona concreta, que fueron levantados y abandonados anárquicamente a lo largo del tramo, por personas que se desconocen, y que fueron retirados y acopiados al margen de la carretera por la citada empresa (se adjunta fotocopia de la denuncia del caso). Pero reiteradamente, desde entonces, se vienen produciendo cortes del tráfico en el vial utilizando para ello tales bordillos, contenedores, etc., hasta el punto de que, diariamente, la Brigada de la Zona hace una pasada por el lugar a primera hora de la mañana. Por ello es posible que, en el día y hora indicada por el denunciante, hubiera algún bordillo roto al lado de la salida del Bar a que hace referencia, pero, en todo caso, ni cita qué objetos fueron dañados, ni presenta testigos. Realmente más me parece una queja fruto del malhumor por lo que califica de "injusticia para con el vecindario", pero que no es otra cosa que intransigencia e incomprensión. En el proyecto aprobado figuran, además de los dos carriles de circulación, un aparcamiento y dos aceras de 1,80 mts., mínima anchura recomendada por la Ley de Accesibilidad de la Xunta de Galicia. Un reducido grupo de vecinos, según el Presidente de la Entidad Local Menor, que intentó, en vano, convencerles de la obligación de ejecutar lo que contemplaba el proyecto, exigen que se hagan los aparcamientos, uno a cada lado, en detrimento, lógicamente de la anchura de las aceras, que quedarían en 90 cms. En fin, absurdo. Como no se puede ni se debe aceptar su imposición, los trabajos están suspendidos, pero al Sr. Villar Pérez le parece una "flagrante dejadez". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcurrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do teor literal do informe de Vías e Obras se deduce claramente unha causa de forza maior, concretada nun elemento externo e, en principio, non evitable por esta Deputación, pois non pode esta establecer un servizo de garda permanente que evite as sabotaxes dos veciños que, segundo informa o Presidente da Entidade Local Menor de Bembrive, se dedican a levantar e abandoar anarquicamente os elementos do bordillo das beirarrúas que se pretenden construír, polo que a obra se atopa suspendida. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 17.12586.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO VÁZQUEZ REOCAMONDE, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 8702 CATOIRA-A TORRE (CONCELLO DE CATOIRA) Dada conta de que con data de Rexistro de 24 de novembro de 2003 tivo entrada nesta nesta Deputación escrito asinado por Don Antonio Vázquez Rocamonde, con enderezo a efectos de notificacións na entidade aseguradora MAPFRE, sita na rúa Cristino Álvarez 1-3ª pranta da Coruña, sobre reclamación por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, matrícula 5523-AH, na estrada provincial 8702 Catoira-A Torre, termo municipal de Catoira, valorados economicamente en 281,74 ¤, segundo facturas orixinais de reparación do automóbil que acompaña ó referido escrito de reclamación. Resultando que con data 26 de febreiro de 2004 comparece nas dependencias da Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica o reclamante, Don Antonio Vázquez Rocamonde, para autorizar á devandita aseguradora MAPFRE a que efectúe os trámites precisos para a reclamación, no seu nome, se ben o aboo do importe da reclamación efectuarase, no seu caso, directamente ó reclamante. Resultando que con data 12 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitíu en data 5 de abril seguinte co seguinte contido: "a) Sí, la Carretera Provincial 8702, es Vía Provincial. b) Se remite copia a la empresa COVSA por estar en obras en ese tramo". Resultando que con data 5 de xullo pola Asesoría Xurídica se remite escrito ó Servizo de Vías e Obras urxíndolle reitere á empresa COVSA a petición de informe sobre o accidente en cuestión, a fin de continuar o trámite do expediente. Resultando que con data 20 de setembro de 2004 se require de novo ó Servizo de Vías e Obras para que cumprimente as peticións de 12 de marzo e 5 de xullo de 2004, toda vez que por parte do reclamante se solicita información telefónica do estado do expediente. Resultando que con data 1 de outubro de 2004 polo Servizo de Vías e Obras se emite informe co seguinte contido: "En relación con su escrito relativo a D. Antonio Vázquez Rocamonde, por daños en accidente de tráfico en la C.P. 8702 Catoira-A Torre, en el Término Municipal de Catoira, por parte del Ingeniero Técnico de la Zona, se informa: - Que sí existía un bache según manifestan los interesados y el capataz se produjo de forma no previsible. No tiene nada que ver COVSA, asumir cargo". Resultando que con data 8 de outubro de 2004 por parte da Asesoría Xurídica se solicita informe complementario e aclaratorio do Servizo de Vías e Obras, pregando se aclare se a expresión "asumir cargo" implica a aceptación da responsabilidade da Administración, emítindo dito informe con data 11 de outubro seguinte, no que literalmente se di: "La expresión "asumir cargo" implica la aceptación de la responsabilidad de la Administración". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcurrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o consignado nos informes do Servizo de Vías e Obras resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación, e cabe, polo tanto, ter por probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/982 e 13.2 do RD 429/93. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que neste caso se cumprimentan os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do RD 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. Vistos os informes da Asesoría Xurídica e da Intervención, de datas 8 e 11 de novembro de 2004, respectivamente, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Don Antonio Vázquez Rocamonde por danos en automóbil da súa propiedade na estrada provincial 8702 Catoira-A Torre (termo municipal de Catoira), por importe de 281,74 ¤ (douscentos oitenta e un euros con setenta e catro céntimos). 2º.- En consecuencia, aprobar o gasto e, no seu caso, sometido á condición suspensiva de presentación polo interesado de copia autenticada do NIF, así como número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria), toda vez que as facturas orixinais da reparación do automóbil xa figuran no expediente, e declarar de aboo ó seu favor a citada cantidade, con cargo á partida 04/511.511.210.00 do Presuposto Provincial. 3º.- A anterior documentación, xunto co expediente tramitado, trasladarase posteriormente á Intervención, ós efectos oportunos. ------ Folla: 18.12587.- INFORME EN RELACIÓN COS ESTATUTOS DO "CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO" Dada conta da comunicación da Sra. Alcaldesa do Concello de Vigo de data 4 de novembro de 2004, (rexistro de entrada nº 033688, de data 08/11/04), pola que se remite copia do acordo do Pleno de dito Concello referente a aprobación provisional do "Convenio Fundacional entre o Concello de Vigo, Cosorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a constitución do Consorcio Casco Vello de Vigo", a efectos de informe por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 140.1, en relación co 151.1 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Visto o informe emitido pola Intervención, de data 15 de novembro de 2004, no que textualmente di: "... A. Al Convenio Fundacional. En el punto V de la exposición que comienza "Que por acordo do Conselleiro...", al tratarse de un órgano unipersonal, la palabra "acordo" no parece la más adecuada. B. Al Proyecto de Estatutos. En el artículo 4-3 llama la atención la unanimidad de los miembros del "Consello de Administración", que se reitera en el artículo 26-2, para determinadas cuestiones. En el artítulo 11-1 "A Presidencia do Consorcio terá carácter rotativo e terá unha periodicidade bianual", no parece operativo y tal vez se trate de un error y quiere decir "bienal". En el artículo 14-5 la palabra "dieta" por asistencia a las sesiones de los órganos colegiados no parece adecuada ni siquiera en gallego y lo mismo cuando se repite en el artículo 15-1-p). En el artículo 15-1-m), "Autorizar e dispoñer gastos e pagos, no parece acertado reservar en ningún caso a un órgano colegiado la "ordenación de pagos". En el apartado g) parece que la palabra "obxectos" no es correcta más bien parece querer decir "obxectivos". En el artículo 26-2-d) se exige la unanimidad de los miembros del "Consello de Administración" para aprobar los Presupuestos anuales, pero no para concertar operaciones de crédito a medio y largo plazo según el artículo 28-3, también reservado al "Consello", y que la normativa general regula con mayores exigencias de "quórum" que los Presupuestos." E así mesmo o emitido polo Secretario Xeral Accidental,de data 17 de novembro de 2004, no que textualmente di: "..." Artigo 7º.- A denominación definitiva do enderezo que estableza o Consello de Administración requirirá, cando se produza, unha modificación de Estatutos (artigo 142.1,c) da Lei 5/97, de 22 de xullo). .- Artigo 15.1,i).- Corresponde ó Presidente aprobar a oferta de emprego público, as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo (artigo 21.1,g) da Lei 7/85). .- Artigo 16.- Conviría establecer o número de membros. .- Artigo 20.- O artigo 25 da Lei 30/92 ó que se fai mención expresa, non é de aplicación ás entidades locais (Disposición Adicional Primeira da Lei 30/92). .- Artigo 22.3.- As sesións extraordinarias poden selo a solicitude dunha cuarta parte alomenos do número legal de membros (artigo 46.2,a) da Lei 7/85). .- Artigo 24.1.- O Consello constitúese validamente coa asistencia dun tercio do número legal de membros (artigo 46,c) da Lei 7/85). .- Artigo 26.2.- Non existe a votación unánime, senón por maioría absoluta (artigo 47 da Lei 7/85). .- Artigo 28.2.- Xa que se fai mención expresa á lexislación, hai que ter en conta o Regulamento de Bens das Entidades Locais." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ós anteriores informes e acorda remitilos ó Concello deVigo. ------ Folla: 19.12588.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE SU-12 EN NOALLA DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Sra. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 21 de outubro de 2004 (rexistro de entrada núm. 032442, de data 25/10/04), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Plan Parcial do solo urbanizable SU-12 en Noalla, do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do señor enxeñeiro director de Vías e Obras, de data 23 de novembro de 2004, que literalmente dí: "...El Plan afecta en un pequeño frente a la C.P. 4503 que, a través de la figura del Planeamiento remitido va a pasar a convertirse en suelo urbano. Ante tal circunstancia y manteniendo el criterio establecido en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales en cuanto a la ubicación del volumen y determinación de la línea de edificación que afecta al mencionado frente, se estará a lo que determine el Plan General, manteniendo la línea consolidada que presenta la mencionada ubicación". A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Ilmo. Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 20.12589.- COMUNICACIÓNS Non houbo FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 21.12590.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes resolucións xudiciais: 1.- "A Xunta de Goberno queda enterada de Auto do Xulgado de 1ª Instancia nº 1 da Estrada, dictado en Xuízo Verbal núm. 262/ 2004, sobre suspensión obra nova, promovidos por D. Manuel Antonio Lorenzo Míguez, no que o Xuíz de 1ª Instancia da Estrada abstense de coñecer na vía civil e considera como axeitada a contencioso-administrativa, tal e como se mantivo na vista polos Servizos Xurídicos desta Deputación no sentido de que a vía procedente é a contencioso-administrativa e non a civil, tal e como mantiña o demandante". 2.- "A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 dos de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 185/ 2004 promovidos contra esta Deputación por D. Rogelio Celestino Cores Barreiro, e na que se desestima a reclamación de responsabilidade patrimonial formulada, por danos en accidente de tráfico, concretada en 795´70 ¤ máis os xuros de demora e costas. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos íntegramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación". 3.- Dada conta da Sentenza do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado nº 157/ 2004 promovidos por D. Fernando Lorenzo Carrera contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, e na que se estima a citada reclamación, concretada en 578,40 ¤, importe que se actualizará de acordo ó índice de prezos ó consumo, desde o 9 de setembro de 2003, data do accidente que deu orixe á reclamación, ata o 4 de xuño de 2004, data da sesión da Xunta de Goberno en que foi desestimada a reclamación na vía administrativa, segundo se dispón da devandita sentenza, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Ordenar o cumprimento da devandita Sentenza nos seus propios termos. Segundo.- Que se faga efectivo o aboo do principal, concretado en 578,40 ¤, incrementados no xuro legal citado, mediante ingreso na conta nº 3597 0000 8501572004 na entidade de crédito BANESTO, a nome do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, Ref. Proced. 157/04, para o cal deberá darse traslado á Intervención. ------ Folla: 22.12591.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PAZO DE MOS PARA "A REHABILITACIÓN DO PAZO DE MOS" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio a subscribir pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a "Fundación Pazo de Mos" para a Rehabilitación do Pazo de Mos, sendo a subvención da Deputación de 72.121,45 ¤, con cargo á partida 04/911.911.789.06 do vixente orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PAZO DE MOS PARA A "REHABILITACIÓN DO PAZO DE MOS" En ................, a ........ de ..................... de 2004 REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno de 14 de maio de 2004. Ilmo. Sr. D. Manuel Castro Abalo, en calidade de Presidente da Fundación "Pazo de Mos", e facultado para este acto polo acordo do Padroado da Fundación. Interveñen en razón dos seus cargos representando as súas respectivas entidades, o primeiro, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 34.1, b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e, o segundo, de acordo co artigo 15 dos Estatutos da Fundación de 24 de xullo de 2002. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade xurídica e legal suficiente para a formalización do presente convenio de colaboración, en base o cal EXPOÑEN I. Que de conformidade co artigo 88 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as Administracións Públicas poderán celebrar convenios con persoas tanto de dereito público como privado que teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomendado. Pola súa banda a Fundación "Pazo de Mos", en base ós Estatutos da Fundación, ten por obxecto a rehabilitación do inmoble denominado "Pazo dos Marqueses de Mos", así como poderá celebrar todos aqueles actos que sexan precisos para o cumprimento da finalidade para a que foi creada. II. Que o Pazo de Mos, propiedade desta Fundación, necesita unha reconstrucción, pois só no seu momento acometeuse esta en parte. III. Que o Pazo de Mos está sito no camiño portugués a Santiago que a Excma. Deputación Provincial intenta promocionar e divulgar. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da colaboración coas Entidades públicas e privadas, así como da protección do patrimonio, é a rehabilitación do Pazo de Mos. Segunda.- A Excma. Deputación Provincial de Ponteveda aportará á Fundación "Pazo de Mos", en concepto de subvención a fondo perdido o financiamento das obras a cantidade de setenta e dous mil cento vinte e un euros con corenta e cinco céntimos (72.121,45 ¤), con cargo á partida 04/911.911.789.06. Terceira.- A Fundación "Pazo de Mos" comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento da obra indicada, sen que poida ser destinada para outros fins distintos. Así mesmo, deberá autorizar que no devandito inmoble se desenvolvan as actividades culturais que esta Deputación organice, facilitando a colaboración e cooperación precisa. Cuarta.- A Fundación "Pazo de Mos", levará a cabo a execución das obras, ben directamente ou a través de procesos selectivos de contratación, comprometéndose como titular das mesmas a adoptar as medidas oportunas para a súa vixilancia, mantemento e conservación, de modo que se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Ademais deberá respecta-la normativa do patrimonio histórico na súa realización. Quinta.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar a favor da Fundación "Pazo de Mos" a citada cantidade, unha vez xustificados os gastos, admitíndose a posibilidade de pagos parciais, conforme se vaian xustificando as obras realizadas. Sexta.- Calquera medida que se adopte en relación ó presente convenio será aprobada polo Padroado da Fundación "Pazo de Mos" dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo doutros dez días poidan interpoñerse as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. As medidas adoptadas no poderán modifica-lo convenio subscrito. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse os asinantes do presente convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. A resolución de posibles controversias que puideran suscita-lo incumprimento ou interpretacion do convenio serán resoltas, a falta de entendemento das dúas partes afectadas, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdicción contencioso-administrativa. Oitava.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse, expresamente, sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas, que así o aconselllen. Novena.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia que supón a realización da devandita obra para os intereses sociais e culturais dos cidadáns, así como para a conservación do patrimonio histórico, mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus orzamentos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garanti-la correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas. En proba de canto antecede as partes intevenientes asinan o presente convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputacion Provincial de Pontevedra Pola Fundación "Pazo de Mos" Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Manuel Castro Abalo ------ Folla: 23.12592.- APROBACIÓN DE CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE "O GROVE" NO PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello do Grove unha subvención por importe de 119.677,40 ¤, con cargo á partida 04/911.453.762.24.2003, para financiar a obra: "EP Subida a Campos de San Martín - Concello de "O Grove" (Cambio de aplicación por dita cantidade da actuación "Terreos e xacementos arqueolóxicos "Adro Vello" -Concello O Grove). (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº rexistro entrada 015098 de 17-11-04), e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de no facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 24.12593.- ACORDO SOBRE RESPONSABILIDADE TRIBUTARIA SUBSIDIARIA SEGUNDO O ARTIGO 43-1-f) DA LEI 58/2003, DE 17 DE DECEMBRO, XERAL TRIBUTARIA O referido artigo 43-1-f) da citada Lei, con vixencia dende o 1 de xullo de 2004, establece: "As persoas ou entidades que contraten ou subcontraten a execución de obras ou a prestación de servizos correspondentes a súa actividade económica principal, polas obrigas tributarias relativas a tributos que deban repercutirse ou cantidades que deban reterse a traballadores, profesionais ou outros empresarios, na parte que corresponda ás obras ou servizos obxecto da contratación ou subcontratacion. A responsabilidade prevista no parágrafo anterior non será esixible cando o contratista ou subcontratista aportara ó pagador un certificado específico de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias emitido a estes efectos pola Administración tributaria durante os 12 meses anteriores ó pago de cada factura correspondente á contratación ou subcontratación. A responsabilidade quedará limitada ó importe dos pagos que se realizan sen ter aportado o contratista ou subcontratista ó pagador o certificado de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias, ou tendo transcorrido o período de doce meses dende o anterior certificado sen ser renovado. A Administración tributaria emitirá o certificado a que se refire este parágrafo f), ou denegarao, no prazo de tres días dende a súa solicitude polo contratista ou subcontratista, debendo facilitar as copias do certificado que lle sexan solicitadas. A solicitude do certificado poderá realizarse polo contratista ou subcontratista con ocasión da presentación da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas ou do Imposto sobre Sociedades a que estea obrigado. Neste caso, a Administración tributaria emitirá o certificado ou denegarao con arreglo ó procedemento e nos prazos que se determinen regulamentariamente". Da súa interpretación literal, este precepto afecta soamente a contratación ou subcontratación de obras ou servizos, non afectando á contratación de subministros. A responsabilidade subsidiaria quedará limitada á incidencia tributaria sobre os pagos realizados por obras ou servizos. Como o procedemento previsto para eludir plenamente tal responsabilidade consiste en esixir que o contratista ou prestador do servizo aporte unha certificación de non ter débedas con Facenda, certificación que ten validez para doce meses, isto require dunha parte, que se aporten as certificacións, e, de outra, controlar a súa validez durante doce meses. En canto ó primeiro, o número de certificacións é elevadísimo, sobre todo para pago de facturas por servizos, algunhas de contía moi reducida e, polo tanto, de nula ou escasa incidencia tributaria, ocasionando un traballo suplementario importante ó ter que validar, vía Internet, as certificacións que, pola mesma vía, aportan os afectados, ademais do custo e o considerable retraso que están provocando estes trámites adicionais. Aínda que a empresa subministradora do programa informático, no que afecta ó rexistro de facturas, parece estar estudando algunha modificación que permita o control automático da duración dos certificados de Facenda, ata tanto esta situación non se resolva e, no seu caso, deanse instruccións concretas por Facenda ante as dificultades que se están orixinando, parece oportuno que aquelas facturas de importe reducido e, en consecuencia, de escasa incidencia tributaria, se tramiten sen a esixencia de presentar previamente o certificado de Facenda, o que axilizaría considerablemente a tramitación e pago das facturas, tan necesarias a punto de terminar o exercicio. Considérase que o límite cuantitativo que puidera tomarse como referencia sería o dos contratos menores (30.000,00 ¤ para obras e 12.000,00 ¤ para servizos), se ben as obras plantexan menos problemas por ser moito menor o volume de documentos. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade que, ó menos transitoriamente e ata que se actualice o programa informático para control da vixencia dos certificados e, no seu caso, Facenda dicte instruccións ó respecto, tramitar as certificacións de obras e facturas por servizos que non superen a contía dos contratos menores (30.000,00 ¤ para obras e 12.000,00 ¤ para servizos), para axilizar os pagos, dada a reducida incidencia tributaria que puidera ter en algún caso concreto, evitando con iso tamen a carga de traballo e custo adicional que supón o constante acceso a Internet para validar os certificados. ------ Folla: 25.12594.- PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE DETERMINA A COMPOSICIÓN DO CONSELLO GALEGO DE SAÚDE, Dada conta da comunicación do Sr. Secretario Xeral da Consellería de Sanidade de data 12 de novembro de 2004, (rexistro de entrada nº 034738, de data 18/11/04), pola que se achega un exemplar do "proxecto de decreto polo que se determina a composición do Consello Galego de Saúde", a efectos de que se formulen as observacións convenientes o texto por parte desta Deputación, e Vistos os informes emitidos pola Intervención e pola Secretaria Xeral, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade non formular observacións ó citado proxecto e na súa consecuencia remitilo á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade. ------ Folla: 26.12595.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS PARA O FOMENTO DO "VIÑO" ENCADRADO NA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS Visto o informe favorable da Asesoría Xurídica, así como o de Intervención no que se da conta da existencia de consignación orzamentaria suficiente por importe de 300.000,00 ¤ na partida 04/711.711.489.02 do vixente orzamento, segundo RC nº 200400082999, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do mesmo. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRA A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS PARA O FOMENTO DO "VIÑO" ENCADRADO NA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS En Pontevedra, a 29 de novembro de 2004 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. Don Rafael Louzán Abal, en nome da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na súa calidade de presidente de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 34.1b da Lei 7/85 de 2 de abril de bases de réxime local. Doutra Dona María Soledad Bueno Barrio-Ategortúa en nome do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas na súa calidade de presidenta e de conformidade co disposto no artigo 31 en relación co 26 do Regulamento da Denominación Rías Baixas e o seu Consello Regulador aprobado por Orde de 23 de outubro de 1996. Ambas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente Convenio de Colaboración. EXPOÑEN 1.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra representa á totalidade dos municipios da Provincia, tendo presente entre os seus obxectivos a promoción e o desenvolvemento económico de forma global e de diversas comarcas en particular, en especial as zonas vitivinícolas da provincia de Pontevedra, dada a importante actividade social e económica que representan estas na mellora do benestar e da calidade de vida das persoas que residan en ditas zonas e ó mesmo tempo incidir de forma especial na modernización do tecido produtivo e o fomento da agroindustria. A Excma. Deputación vén contribuíndo desde fai anos a potenciar na medida das súas posibilidades o desenvolvemento da viticultura provincial mediante axudas a feiras como a do Albariño de Cambados, a de viño de autor, etc. ... Igualmente ten subscrito un Convenio coa Consellería de Agricultura e Política Agroalimentaria para o desenvolvemento de traballos técnicos e científicos na Subestación enolóxica de Ribadumia. Con anterioridade realizáronse convenios coas Universidades de Santiago e Vigo na selección de levadura para a mellora enolóxica da produción de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. 2.- Que o Consello Regulador se constitúe o 4 de xullo de 1998 como un organismo sen ánimo de lucro, e de conformidade co disposto no artigo 3 do Regulamento da Denominación de Orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador as súas competencias serán "A defensa da Denominación de Orixe, a aplicación do seu Regulamento, a vixilancia do cumprimento do mesmo, así como o fomento e control da calidade dos viños amparados ...", dispoñendo para iso de atribucións decisorias, segundo o artigo 26 do citado Regulamento. A Denominación de Orixe Rías Baixas aséntase maioritariamente na Provincia de Pontevedra, nas zonas tradicionais de produción de viño de calidade desta demarcación. Na actualidade ocupa unha extensión de 2.824 Ha., que se reparten entre 5 subzonas ó longo e acho desta. En setembro de 2004, esta Denominación estaba integrada por 5.975 viticultores e 186 empresas agroalimentarias, conformándose como a denominación de orixe vitivinícola máis grande de Galicia, e unha das maiores de España no que ó número de viticultores inscritos se refire. Na presente campaña de vendimia 2004, a Denominación de Orixe Rías Baixas colleitou 22.754.758 Kg. de uva, que, segundo os rendementos de transformación permitidos polo seu regulamento, fan prever unha produción de máis de 15 millóns de litros de viño, na súa maioría varietal de albariño, a súa variedade principal. Pasando a ocupar o primeiro posto dentro das denominacións de orixe vitivinícolas galegas, tamén no que a produción se refire. Dada a grande atomización da viticultura na Denomin
Ãrea de notas
Nota