ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/12/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-12-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/12/17_Ordinaria

  • Data(s) 2004-12-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 17 de decembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vintecinco minutos do día dezasete de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12650.- ACTAS ANTERIORES Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 3 e 10 de decembro de 2004. ------ Folla: 2.12651.- AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS AGRARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Retírase da orde do día expediente relativo a "Axudas económicas a Cooperativas Agrarias da Provincia de Pontevedra". ------ Folla: 3.12652.- AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2004 Vistas as solicitudes presentadas polos patróns maiores das Confrarías de Pescadores de Portonovo e Arcade. Visto así mesmo os informes da bióloga da Sección de Pesca e cultivos mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade aprobar as axudas económicas ás Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra, en base ó "Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Deputación de Pontevedra para coordinar acciones de inversión derivadas dos Plans de Portos, en equipamentos portuarios e outros equipamentos na provincia de Pontevedra", aprobado en Xunta de Goberno de 1 de outubro de 2004, e sumando as axudas un importe total de quince mil cincocentos oitenta euros (15.580,00 ¤), nas contías que se citan na táboa que se adxunta e con cargo ó RC nº 200400066578 de data 20 de setembro de 2004 onde existe crédito e á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. CONFRARÍA OBXECTO ORZAMENTO AXUDA CP SAN ROQUE DE PORTONOVO Instalación 11 trenes 18.326,00 13.740,00 (CIF: G-36.012.839) de fondeo 13.740,00 CP VIRGEN DEL CARMENDE Equipamento informático 2.458,04 1.840,00 ARCADE (CIF: G-36.012.821) TOTAL 15.580,00 ------ Folla: 4.12653.- AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES "LA ANUNCIADA" DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE REXENERACIÓN DE HÁBITATS DE BANCOS MARISQUEIROS MEDIANTE A RETIRADA DE SARGAZO (SARGASSUM MUTICUM) DE BANCOS INTERMAREAIS E SUBLITORAIS SOMEROS DE BIVALVOS DA ENSENADA DE BAIONA Vista a solicitude formulada por don Jesús López Méndez, patrón maior da Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona, os informes do enxeñeiro director e a técnica do Servizo Agrario, e o informe económico favorable da Intervención de data 09-12-04, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (CIF: G-36.618.510), para a realización do proxecto de rexeneración de hábitats de bancos marisqueiros mediante a retirada de sargazo (Sargassum Muticum) de bancos intermareais e sublitorais someros de bivalvos da ensenada de Baiona, por importe de trece mil cincocentos euros (13.500,00 ¤), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 5.12654.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDIO INFORMATIVO E DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO DE VARIANTE DE REDONDELA. N-550 (PONTEVEDRA) Dada conta da comunicación por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, de data 18 de outubro de 2004, recibida nesta Deputación o día 22 de novembro seguinte (nº rexistro de entrada 034995), remitindo estudio de impacto ambiental do proxecto de Variante de Redondela. N-550 (Pontevedra), ós efectos de emisión de informe, e, Resultando que o enxeñeiro director de Vías e Obras, emite informe con data 1 de decembro de 2004, no que textualmente di: "...Analizado el documento remitido y vistos los impactos que en el se consideran, y a fin de minimizar los mismos se hace recomendable hacer hincapié, en tratar de encajar el posible trazado para su materialización dentro de la zona de corredores propuestos, con una tendencia hacia el este, es decir la parte medio-alta de la zona de estudio, con la intención de liberar el mayor número de propiedades, con posibles afecciones a viviendas por lo que tomando en consideración este punto, el informe es positivo". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e na súa consecuencia remitilo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. ------ Folla: 6.12655.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 7.12656.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dada conta da sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en autos de recurso núm. 02/000 4529/ 2001, promovidos por Don José Benjamín Camiña Martínez contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, na que se estima a demanda formulada, anulando, en consecuencia, o acordo da Comisión de Goberno de 22 de marzo de 2001, polo que se desestimaba a reclamación presentada de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Nespereira (Redondela), o día 16 de novembro de 2000, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Proceder ó cumprimento da sentenza nos seus propios termos cuxo fallo condena á Deputación ó aboo a D. José Benjamín Camiña Martínez da cantidade de 2.342,30 ¤ máis os xuros legais computados desde o día 9 de febreiro de 2001 ata o día 7 de decembro de 2004, data de notificación da citada sentenza. Segundo.- Da referida cantidade, e en virtude da póliza subscrita coa aseguradora Axa Aurora Ibérica, S.A., a Deputación só deberá facerse cargo do aboo de 601,01 ¤, importe da franquía estipulada na devandita póliza de seguros, sendo de conta da devandita aseguradora o importe restante, é dicir, 1.741,29 ¤ incrementado cos xuros legais computados desde o día 9 de febreiro de 2001 ata o día 7 de decembro de 2004, data de notificación da sentenza. Terceiro.- Dar traslado do presente acordo á entidade Axa Aurora Ibérica, S.A. e á Intervención, ós efectos do seu cumprimento, así como ó Tribunal e ó demandante, para o seu coñecemento. Cuarto.- Comunicar á Intervención que o importe de 601,01 ¤ que corresponde aboar a esta Deputación deberá transferirse á conta de consignacións que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de xustiza ten aberta na entidade Banesto, número 00306349, titular Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, número 1517, facendo referencia ó número de autos, isto é, 02/0004529/2001. A defensa da Deputación nos referidos autos foi levada a cabo polos servizos xurídicos da aseguradora Axa Aurora Ibérica, S.A., en virtude da póliza subscrita, anteriormente citada. ------ Folla: 8.12657.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA A ATENCIÓN DE MENORES De conformidade coa documentación presentada pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e o informe do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade acceder á prórroga de convenio de colaboración entre dita Consellería e esta Deputación para "Atención de Menores" na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", autorizando o Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. O acordo de prórroga para o ano 2005 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Deputación de Pontevedra para a "Atención de Menores", é como segue: Con data do 23 de decembro de 2002 a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude asinou un convenio de colaboración coa entidade Deputación de Pontevedra. Dito convenio entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2003. A entidade dispón do seguinte Centro dedicado a atención de menores: PRÍNCIPE FELIPE (DEPUTACIÓN). Avda. Montero Ríos, S/N. Pontevedra. Na cláusula décimo sexta do convenio establécese a posibilidade de prorrogarse o mesmo por anos naturais sucesivos, sendo revisada a contía convida conforme ó Índice de Prezos do Consumo da Comunidade Autónoma Galega do ano anterior e con efectos desde o transcurso dun ano desde a data da sinatura do convenio. A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral da Familia, ten asumido entre as súas competencias, segundo o artigo 5º do Decreto 195/2003, do 20 de marzo, a protección e tutela do menores en situación de risco ou desamparo e a execución das medidas dictadas polos xulgados de menores nos termos establecidos na lexislación específica. Na súa virtude, e tendo en conta o importante labor que está a desenvolver esta institución no eido da atención de menores ámbalas dúas partes, no nome e representación en que concorren e coa capacidade legal para este acto, ACORDAN Primeiro.- Prórroga-lo convenio asinado o 23-12-02, por un ano e con efectos desde o 1 de xaneiro do 2005 ata o 31 de decembro do mesmo ano, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado ou as súas modificacións. Enténdese que esta prórroga queda condicionada á existencia de crédito orzamentario suficiente nos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2005. Segundo.- O importe do convenio previsto para o ano 2005, é de 525.880,80 ¤, ó que haberá que engadir unha vez coñecido, o importe do IPC galego do ano 2004. Este gasto financiarase con cargo á partida orzamentaria 14.02.212B.260. Terceiro.- Tódolos actos de trámite dictados no desenvolvemento desta prórroga do convenio de colaboración, entenderánse condiciondos a que, unha vez aprobados os Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2005, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no intre no que se produciron aqueles. E, en proba de conformidade, ámbalas dúas partes asinan este acordo de prórroga para o ano 2005, por cuadriplicado exemplar, no lugar e data abaixo indicados. Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2004 POLA XUNTA DE GALICIA POLA ENTIDADE A CONSELLERÍA DE FAMILIA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO Asdo. Pilar Rojo Noguera Asdo. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 9.12658.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "AMPLIACIÓN E MELLORA DO AUDITORIO MUNICIPAL", DO CONCELLO DE LALÍN, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Lalín unha subvención por importe de noventa mil euros (90.000,00 ¤), con cargo ó programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Ampliación e Mellora do Auditorio Municipal" (libre disposición), co núm. 327/760 e con suxeción ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 10.12659.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ESTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE "REFORMA E AMPLIACIÓN DA CASA CONSISTORIAL" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Ponte Caldelas para a execución de obras "Reforma e ampliación da Casa Consistorial", aportando a Deputación en concepto de subvención durante o exercicio 2004 a cantidade de 50.000,00 ¤. As obras executaranse polo Concello de Ponte Caldelas, con cargo á partida 04/911.911.662.09 do vixente presuposto ordinario da Deputación Provincial. Dito convenio e como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA AS OBRAS DE "REFORMA E AMPLIACION DO EDIFICIO DO CONCELLO" En Pontevedra, .................................. REUNIDOS Dunha parte, O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Doutra parte, O Sr. D. Perfecto Rodríguez Muiños, Alcalde-Presidente do Concello de Ponte Caldelas. INTERVEÑEN O primeiro actuando en norme e representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 34.1, b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 105.1 a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. O segundo, na súa condición de Alcalde do Concello de Ponte Caldelas, en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local; e 61.1ª da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidi-las actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN PRIMEIRO.- As Administracións Públicas poden celebrar Convenios de Colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de Dereito Público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, art. 3 c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, art. 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e art. 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. SEGUNDO.- Os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos segundo dispoñen os artigos 25 a 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local e os artigos 80 a 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. TERCEIRO.- Entre as competencias de colaboración e cooperación que, no relativo ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Deputación de Pontevedra, de conformidade cos artigos 194 a 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, están a axuda financeira e a subscrición de convenios. Por todo isto, as partes acordaron subscribi-lo presente convenio de colaboración con suxeición a canto se estable nas seguintes cláusulas. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra co Concello de Ponte Caldelas para as obras de "Reforma e ampliación do edificio do Concello" SEGUNDA.- A estes efectos, a Deputación Provincial de Pontevedra, por acordo plenario de data 29 de setembro que andamos, aprobou o protocolo e addenda de colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local para a construción e rehabilitación de Casas Consistoriais da Provincia de Pontevedra. Por iso ó abeiro do disposto nos mesmos, así como do acordo da reunión da Comisión Técnica constituída a tal fin, no Pazo Provincial o día 19.11.04, a Deputación de Pontevedra destina en concepto de subvención durante o exercicio 2004 a cantidade de cincuenta mil (50.000,00) euros ó Concello de Ponte Caldelas. TERCEIRA.- Esta aportación farase efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 04/911.911.762.09 do presuposto provincial. CUARTA.- O Concello de Ponte Caldelas, levará a cabo a execución das obras, ben directamente ou a través de procesos selectivos de contratación, comprometéndose como titular das mesmas a adopta-las medidas oportunas para a súa vixiancia, mantemento e conservación, de modo que se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar a favor do Concello de Ponte Caldelas a citada cantidade, unha vez xustificados os gastos, admitíndose a posibilidade de pagos parciais, conforme se vaian xustificando as obras realizadas. SEXTA.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Concello de Ponte Caldelas no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SÉTIMA.- Para velar polo cumprimento das obrigas do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse os asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. OITAVA.- O concello de Ponte Caldelas comprométese ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas e ó sometemento ás actuacións de supervisión e control previstas no presente convenio, así como ás xerais derivadas da aplicación da normativa de axudas e subvencións. NOVENA.- A vixencia do presente convenio estenderase dende a sinatura ata o cumprimento polas partes, das obrigas asumidas, non podendo exceder do 31 de decembro de 2007. DECIMA.- Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo. b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Polo Concello de Ponte Caldelas Pontevedra Asdo. D. Rafael Louzán Abal.- Asdo. D. Perfecto Rodríguez Muiños.- ------ Folla: 11.12660.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE "ADAPTACIÓN E MELLORA DA CASA CONSISTORIAL" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para a execución de obras de "Adaptación e Mellora da Casa Consistorial", aportando a Deputación en concepto de subvención durante o exercicio 2004 a cantidade de 50.000,00 ¤. As obras executaranse polo Concello de Cambados con cargo á partida 04/911.911.662.09 do vixente presuposto ordinario da Deputación Provincial. Dito convenio e como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA AS OBRAS DE "ADAPTACION E MELLORA DA CASA CONSISTORIAL" En Pontevedra, .................................. REUNIDOS Dunha parte, O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Doutra parte, O Sr. D. José Manuel Cores Tourís, Alcalde-Presidente do Concello de Cambados. INTERVEÑEN O primeiro actuando en nome e representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 105.1,a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. O segundo, na súa condición de Alcalde do Concello de Cambados, en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local; e 61.1ª da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidi-las actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN PRIMEIRO.- As Administracións Públicas poden celebrar Convenios de Colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de Dereito Público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, art. 3 c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, art. 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e art. 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. SEGUNDO.- Os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos segundo dispoñen os artigos 25 a 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 a 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. TERCEIRO.- Entre as competencias de colaboración e cooperación que, no relativo ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Deputación de Pontevedra, de conformidade cos artigos 194 a 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, están a axuda financeira e a subscrición de convenios. Por todo isto, as partes acordaron subscribi-lo presente convenio de colaboración con suxeición a canto se estable nas seguintes cláusulas. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra co Concello de Cambados para as obras de "Adaptación e mellora da Casa Consistorial". SEGUNDA.- A estes efectos, a Deputación Provincial de Pontevedra, por acordo plenario de data 29 de setembro que andamos, aprobou o protocolo e addenda de colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local para a construción e rehabilitación de Casas Consistoriais da Provincia de Pontevedra. Por iso ó abeiro do disposto nos mesmos, así como do acordo da reunión da Comisión Técnica constituída a tal fin, no Pazo Provincial o día 19.11.04, a Deputación de Pontevedra destina en concepto de subvención durante o exercicio 2004 a cantidade de cincuenta mil (50.000,00) euros ó Concello de Cambados. TERCEIRA.- Esta aportación farase efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 04/911.911.762.09 do presuposto provincial. CUARTA.- O Concello de Cambados, levará a cabo a execución das obras, ben directamente ou a través de procesos selectivos de contratación, comprometéndose como titular das mesmas a adopta-las medidas oportunas para a súa vixiancia, mantemento e conservación, de modo que se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar a favor do Concello de Cambados a citada cantidade, unha vez xustificados os gastos, admitíndose a posibilidade de pagos parciais, conforme se vaian xustificando as obras realizadas. SEXTA.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Concello de Cambados no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SÉTIMA.- Para velar polo cumprimento das obrigas do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. OITAVA.- O concello de Cambados comprométese ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas e ó sometemento ás actuacións de supervisión e control previstas no presente convenio, así como ás xerais derivadas da aplicación da normativa de axudas e subvencións. NOVENA.- A vixencia do presente convenio estenderase dende a sinatura ata o cumprimento polas partes, das obrigas asumidas, non podendo exceder do 31 de decembro de 2007. DÉCIMA.- Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo. b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Polo Concello de Cambados Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal.- Asdo.: D. José Manuel Cores Tourís ------ Folla: 12.12661.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A CONSTRUCIÓN DUN "PAVILLÓN POLIDEPORTIVO" Acórdase por unanimidade prestar aprobación ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño para a construción dun "Pavillón Polideportivo", cun presuposto total de 639.125,20¤. De conformidade co establecido na cláusula 3ª o financimento efectuarase da seguinte forma: ENTIDADE EXERCICIOS 2004 2005 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 3.000,00 147.000,00 DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 60.000,00 300.000,00 CONCELLO DE MEAÑO 3.000,00 126.125,20 Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A CONSTRUCIÓN DUN "PAVILLÓN POLIDEPORTIVO". En Santiago de Compostela, a de de 2004 REUNIDOS · Excmo. Sr. D. Celso Currás Fernández, Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, segundo o establecido no Decreto 18/2003, do 18 de xaneiro, polo que foi nomeado titular da Consellería e no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. · Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e 61.1.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia. · D. Jorge Domínguez Rosal, alcalde-presidente do Ilmo. Concello de Meaño (Pontevedra), en virtude do nomeamento efectuado polo Pleno da corporación na sesión constitutiva de data 14 de xuño de 2003 e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Goberno Local e o artigo 105.1.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia. As partes, en nome e representación con que concorren e con capacidade legal para este acto, EXPONEN Primeiro.- Que o artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o 80.2.ñ) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia, establece a competencia das entidades locais na participación e cooperación coa Administración educativa na creación, construción e sostemento dos centros docentes públicos. Por outra parte a Lei 5/1997, do 22 de xullo de administración local de Galicia, establece que os concellos exercerán, entre outras, competencias en materia de actividades e instalaicións culturais e deportivas, podendo establecer coa Xunta de Galicia convenios de colaboración para unha xestión mais eficaz das súas competencias. Encomendándolle o artigo 36.1.a) e b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa redacción dada pola Lei 53/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, ás Deputacións Provinciais a coordinación dos servizos municipais entre si para garantir a súa prestación integral e adecuada e a asistencia e cooperación económica aos concellos. Segundo. Que a Consellería de Edudación e Ordenación Universitaria, en harmonía co artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia, ten as atribucións que veñen reflectidas no artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades. Terceiro.- Que co obxecto de acadar un máis asustado desenvolvemento do sistema educativo galego, en especial no que atinxe á comunidade escolar da zona, faise precisa a construción dun pavillón polideportivo para o desenvolvemento da propia actividade, complementando así as instalacións existentes nos centros. Así mesmo, preténdese que, fóra da actividade escolar, o pavillón teña outros usos e que se poña ao servizo dos diversos colectivos deportivos municipais. Con base no exposto anteriormente e coa finalidade de coordinar as competencias e xestionar en forma conxunta os recursos existentes, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño, acordan subscribir o presente Convenio de colaboración en base as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten como obxecto establecer as bases de colaboración ente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño, na construción dun pavillón polideportivo no centro de ensinanza infantil e primaria de Coirón en Dena. Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio é de 639.125,20 euros e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.- Os investimentos necesarios para construción do pavillón polideportivo no centro de ensinanza infantil e primaria de Coirón en Dena, serán financiados coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Meaño, medicante as achegas das cantidades e segundo as anualidades que se establecen deseguido: - Consellería de Educación e ordenación Universitaria, con cargo á aplicación orzamentaria 07.01.322A.760.0 Anualidade 2004: 3.000,00 ¤ Anualidade 2005: 147.000,00 ¤ - Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo á partida orzamentaria do Estado de gastos do presuposto provincial. Anualidade 2004: 60.000,00 ¤ Anualidade 2005: 300.000,00 ¤ - Concello de Meaño, con cargo á partida orzamentaria do Estado de gasto do presuposto municipal número 452.632. Anualidade 2004: 3.000,00 ¤ Anualidade 2005: 126.125,20 ¤ O libramento de fondos por parte das administracións participantes no financiamento realizarase en forma parcial contra a presentación pola administración contratante das correspondentes certificacións de obra realmente executada, expedida polo facultativo director da obra e aprobada polo órgano competente. O pagamento realizarase en función da porcentaxe anual de participación de cada institución no presente convenio. A remisión pola administración contratante de certificación de obras por importe superior a cada anualidade comprometida non xerará obriga ningunha para as outras administracións participantes no financiamento. A presente cláusula establécese sen prexuízo do establecido no art. 69 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administración públicas. Cuarta.- Correspóndelle á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a licitación, dirección e execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá nomear un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Quinta.- A construción do pavillón polideportivo realizarase no terreos nos que se sitúa o centro docente mencionado, existindo por tanto, a súa plena disposición, para os efectos do disposto no artigo 129 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administración públicas, tanto por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como do Concello de Meaño. Sexta.- O Concello de Meaño comprométese á sextión, mantemento e conservación da instalación deportiva a constriír, asumido esta responsabilidade en exclusiva, sendo de conta desde a totalidade dos gastos que estas xeren, sen que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra posúan responsabilidade ningunha. A asunción de tal responsabilidade producirase dende o día seguinte ao da realización da acta de recepción das obras. A xestión da instalación deberá atender, en primeiro lugar, as necesidades educativas que presente a comunidade escolar do centro de ensinanza infantil e primaria de Coirón-Dena, durante todos os días lectivos do calendario escolar e en tanto se prolonguen ou leven a cabo actividades programadas polo centro. Despois do horario lectivo o Concello poderá programar e levar a cabo as actividades deportivas que estime oportunas, de acordo coa normativa vixente. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005. A vixencia prorrogarase plo período dun ano coa conformidade expresa das partes intervenientes. Oitava-.- Para o seguimento da execución deste convenio poderá crearse, de común acordo, unha comisión paritaria entre os membros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño, correspondendo a súa presidencia ao titular da Consellería ou persoa en que delegue. Novena.- Será causa de resolución do presente convenio o incumprimento de calquera das súas cláusulas. Para a denuncia do convenio, bastará comunicación escrita cunha antelación de tres meses. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel quedando excluído do ámbito de aplicación do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administración públicas. Tendo en conta a natureza xurídico-administrativa desde convenio, as cuestións litixiosas que pudieran derivarse da súa execución serán sometidas a xurisdición contencioso-administrativa. E, en proba de conformidade, asínase o presente convenio por cuadriplicado e para un só efecto, no lugar e data arriba indicados. O conselleiro de O presidente da O alcalde-presidente do Educación e Ordenación Deputación Provincial de Concello de Meaño Universitaria Pontevedra Celso Currás Fernández Rafael Louzán Abal Jorge Domínguez Rosal ------ Folla: 13.12662.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO TÉCNICO DE "LIQUIDACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL E GRADAS NO GROVE" Habéndose redactado polo enxeñeiro director de Vías e Obras o presuposto técnico de "Liquidación do Campo de Fútbol e Gradas no Grove", cuxo importe asciende á suma de 96.383,83 ¤, IVE incluído, como consecuencia de aumentos na superficie pavimentada e en medicións de gradas por axuste de estrutura, así como instalación de rede separativa de fecais e pluviais; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/123.452.622.01, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido presuposto técnico. ------ Folla: 14.12663.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formuladon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición