ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/06/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-06-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/06/03_Ordinaria

  • Data(s) 2005-06-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as oito horas e trinta e cinco minutos do día tres de xuño do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13080.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de maio de 2005. ------ Folla: 2.13081.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TELECIDADE, S.A. (CIF A-36.792.133) - A constituída en metálico, por importe de seiscentos euros (600,00 ¤), para responder do contrato de prestación de servizos de publicidade en Televigo, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07-10-2004, núm. de operación 200400071734, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. LA VOZ DE GALICIA, S.A. ( CIF A-15.000.649) - A constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder do contrato de prestación de servizos de publicidade no periódico "La Voz de Galicia", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14-12-2004, núm. de operación 200400087036, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PLASTIC OMNIUM SISTEMAS URBANOS, S.A. (CIF A-46.480.547) - A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de catro mil oitocentos oito euros con dez céntimos (4.808,10 ¤), para responder do subministro de colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos, adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 6 de abril de 2000, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 26-04-2000, núm. de operación 2000020358, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JUAN VARELA MIRAS (NIF 76.499.896-X) - A constituída en metálico, por importe de oitocentos cinco euros con catorce céntimos (805,14 ¤), para responder do subministro de pensos con destino á Finca Mouriscade, adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 26 de marzo de 1998 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13-04-1998, núm. de operación 1998013990, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JORGE FERNÁNDEZ-CHAO GONZÁLEZ-DOPESO (NIF 32.817.370-G) - A constituída en metálico, por importe de oitocentos setenta e seis euros (876,00 ¤), para responder do servizo de asesoría na xestión de proxectos europeos, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07-07-2004, núm. de operación 200400048011, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF. A36001063) - A constituída en valores,mediante aval do Banco Simeón, por importe de once mil cincocentos oitenta e nove euros con novenda e dous céntimos (11.589,92 ¤), para responder de: "Mellora E.P.4202 Tortoreos-Carrasqueira (As Neves)", pertencentes ós Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-08-2001, segundo núm.de operación 200100038516 (SIC 2001041874), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval do Banco Simeón, por importe de nove mil cento trece euros con setenta e cinco céntimos (9.113,75 ¤), para responder de: "Ensanche e mellora E.P.Calvario-Garrida (Vigo)", pertencentes a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-08-2001, segundo núm.de operación 200100038519 (SIC 2001041877), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de La Caixa, por importe de once mil novecentos setenta e seis euros con corenta céntimos (11.976,40 ¤), para responder de: "Mellora E.P. 2402 Porriño-Torneiros (O Porriño)", pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-12-2002, segundo núm.200200103865 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. (INDEZA), (NIF B36009785) - A constituída en valores,mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil seiscentos corenta e dous euros con trinta e nove céntimos (6.642,39 ¤), para responder de: "Urbanización e mellora Ribadumia-Grenla (Ribadumia)", pertencentes a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-12-2002, segundo núm.200200104769 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Afigal, por importe de nove mil seiscentos setenta e seis euros con dez céntimos (9.676,10 ¤), para responder de: "Urbanización E.P. Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-04-2003, segundo núm.200300028930 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEIBE 2000, S.L. (NIF. B36861714) - A constituída en valores,mediante aval do Crédito e Caución, por importe de mil catrocentos trinta e tres euros con setenta e dous céntimos (1.433,72 ¤), para responder de: "Intersección E.P. Puxeiros-Peinador N-120 Puxeiros-Cuvi (Mos)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-03-2003, segundo núm.200300022610 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) (NIF A36008886) - A constituída en valores,mediante aval de SOGARPO, por importe de mil setecentos doce euros con oitenta e oito céntimos (1.712,88 ¤) ¤, para responder de: "Obras de EP 0101 Postemirón - Acuña (Vilaboa), pertencentes a Fondos Propios de 2001", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-05-2001, segundo núm.de operación 2001026890 (SIC 200100027352), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Cesce, por importe de dous mil trescentos cincuenta e dous euros con novenda e seis céntimos (2.352,96 ¤), para responder de: "Obras de reposición regadíos e servizos EP Coirón-Leiro (Ribadumia)", pertencentes a Fondos Propios de 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-07-2003, segundo núm.200300054709 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor S.A, por importe de catro mil seiscentos setenta e cinco euros con trinta e nove céntimos (4.675,39 ¤), para responder de: "Obras en EP 9209 - C-550 Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)", pertencentes a Fondos Propios de 1999, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-01-2000, segundo núm.2000002785 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil douscentos setenta euros con corenta céntimos (2.270,40 ¤), para responder de: "Terminación EP 2204 Sabarís-Belesar (Baiona), pertencentes a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-11-2001, segundo núm. de operación 200100059767 (SIC 2001064790), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Mapfre, por importe de catro mil cincocentos corenta e catro euros con oitenta céntimos (4.544,80 ¤), para responder de: "Renovación rodadura EP 2602 Peinador - Louredo (Mos)", pertencentes a Fondos Propios de 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2002, segundo núm.200200103061 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval do Banco Espiritu Santo, por importe de mil oitocentos oitenta e un euros con sesenta céntimos (1.881,60 ¤), para responder de: "Mellora de seguridade vial intersección PO-400 EP 4006 Ponteareas-As Neves", pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-10-2003, segundo núm.200300076176 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval do Banco Espiritu Santo, por importe de cinco mil seiscentos seis euros con vintetrés céntimos (5.606,23 ¤), para responder de: "obras complementarias e drenaxe no novo acceso a Donas (Gondomar)", pertencentes a Fondos Propios de 1999, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-12-1999, segundo núm.1999062468 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 3.13082.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE "MELLORA DE RODADURA E.P. 3301 ROSAL-PORTOCELO (ROSAL)" Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 08-05-2003, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a obra "Mellora rodadura EP 3301 Rosal-Portocelo (Rosal)" na suma de 118.870,00 ¤ tendo a obra un orzamento de licitación de 128.999,99 ¤; visto o proxecto modificado nº1 de dita obra, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que iniciada a obra vese a necesidade de reconstruír un muro de mampostería de sostemento da estrada, así como a reconstrución dun muro de pedra, un peche e unhas escaleiras, ademais da execución de salvacunetas e prolongación das táxeas existentes, alcanzando o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, a suma de 142.642,41 ¤, supoñendo un incremento sobre o importe de adxudicación de 23.772,41 ¤; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02 para facer fronte ó gasto, acórdase por unanimidade prestar a probación ó proxecto modificado nº1 de "Mellora rodadura EP 3301 Rosal -Portocelo (Rosal)" por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 142.642,41 ¤, o que supón un incremento sobre o importe de adxudicación de 23.772,41 ¤. ------ Folla: 4.13083.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os proxectos, que mais adiante se detallan, de obras incluídas no convenio subscrito o 14 de abril do ano en curso co concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras, e que foi aprobado pola Xunta de Goberno de data 27-05-2005; e visto o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/911.911.662.00, acórdase por unanimidade prestar a probación ós seguintes proxectos: 1.- "Humanización da rúa Alfonso XIII", por importe de 450.000,00 ¤, IVE incluído. 2.- "Humanización da rúa Velázquez Moreno (tramo Príncipe-Policarpo Sanz", por importe de 341.754,00 ¤, IVE incluído. 3.- "Reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade (Vigo)", por importe de 211.046,00'' ¤, IVE incluído. 4.- "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro", por importe de 218.877,25 ¤, IVE incluído. 5.- "Mellora de beirarrúas da rúa Tui", por importe de 410.625,00 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 5.13084.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE COTOBADE PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO DE RECOLLIDA DE LIXO Vista a necesidade de mellorar un servizo tan esencial como é o da recollida de residuos sólidos, a Deputación de Pontevedra e o concello de Cotobade pretenden asinar un convenio de colaboración para a adquisición dun vehículo que permita realizar tal función, debido a que na actualidade os medios con que conta o concello para realizar este servizo son bastante deficientes. Así mesmo coa mellora deste servizo contribuirase ó mantemento do medio ambiente evitando a proliferación de vertedoiros incontrolados. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Intervención, de datas 31 de maio e 2 de xuño do ano en curso, respectivamente, acórdase por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o concello de Cotobade para a adquisición dun vehículo de recollida de lixo. Así mesmo, facultase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE COTOBADE E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO DE RECOLLIDA DE LIXO En Pontevedra, ....... de........... de 2005 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Manoel Loureiro Adan, Alcalde do concello de Cotobade, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ámbalas dúas partes intervenientes, actúan en nome e representación das súas respectivas institucións, e recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración. EXPOÑEN I.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboracións coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no artigo 6 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, e entre estas está a recollida de residuos. Polo tanto, e para a mellora na prestación dun servizo tan esencial, que neste momento é bastante deficiente, e que ademais contribuirá ó mantemento do medio ambiente evitando a proliferación de vertedoiros incontrolados estímase necesario a compra dun novo vehículo de recollida de residuos sólidos para o concello de Cotobade. III.- Que de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión. IV.- Co fin de cooperar a Excma. Deputación de Pontevedra e o concello de Cotobade, na prestación adecuada do Servizo de recollida de residuos acordan subscribir o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Ámbalas dúas institucións financiarán a compra dun vehículo recolector de residuos sólidos cun importe máximo de cento vente e seis mil euros (126.000,00 ¤), IVE incluído; todo isto de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base á licitación. Segunda.- O financiamento da actuación sinalada na cláusula anterior realizarase polas administracións asinantes, cunha participación do 50 % cada unha, é dicir, cunha achega de sesenta e tres mil euros (63.000,00 ¤) por cada entidade. A achega da Deputación farase con cargo ós fondos de libre designación do Programa de Acción Municipal do ano 2005, e a do concello de Cotobade con cargo a partida orzamentaria do Orzamento municipal. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación segundo o procedemento e forma mais axeitada no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Cuarta.- Unha vez efectuado e recibido o subministro, pasará a ser propiedade do concello de Cotobade, que será responsable e asumirá a súa conservación e mantemento. Quinta.- O convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose o seu estricto cumprimento, recoñecendo así mesmo a xurisdicción contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura, e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005. Sétima.- Serán causas de Resolución: a) o remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. En proba de conformidade as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data arriba sinalados. Pola Deputación Provincial, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Cotobade Asdo. D. Manoel Loureiro Adán" ------ Folla: 6.13085.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA REMATAR AS OBRAS DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO EN BAÑO, E AS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BEIRO Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Valga coa finalidade terminar as obras do Pavillón de Beiro-Cordeiro e as beirarrúas, servizos e alumeado en Baño. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Intervención, de datas 31 de maio e 2 de xuño do ano en curso, respectivamente; Acórdase por unanimidade a aprobación do convenio de colaboración entre la Excma. Deputación de Pontevedra e o concello de Valga para rematar as obras das beirarrúas, servizos e alumeado en baño, e as do pavillón municipal de Beiro. Así mesmo,facultase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA REMATAR AS OBRAS DAS BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO EN BAÑO, E AS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BEIRO No Concello de Valga, a xx de xxxxxx de 2005 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José María Bello Maneiro, Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Valga, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes se recoñecen con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio para o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. concello de Valga, ten por finalidade realizar as seguintes actuacións: · Remate das obras do Pavillón e Ximnasio de Beiro-Cordeiro, cun investimento de 196.312,81 euros, sendo redactado o proxecto polo Arquitecto Técnico Serafín Vigo García. · Remate das beirarrúas, servizos e alumeado en Baño, cun investimento de 101.586,54 euros, sendo redactado o proxecto por Cinopsa-Ingenieros. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos, que serán financiadas con cargo á partida 911.911.662.00. O concello de Valga poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.-O concello de Valga, obrígase de poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a DOUSCENTOS NOvenda E SETE MIL OITOCENTOS NOvenda E NOVE EUROS CON TRINTA E CINCO CÉNTIMOS (297.899,35 ¤) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente Convenio os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das obras obxecto deste convenio, serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga, mediante a achega das cantidades e segundo as anualidades que se establecen de seguido nas diferentes actuacións: A) Remate das obras do Pavillón Polideportivo Municipal de Beiro que conta cun investimento total de CENTO NOvenda E SEIS MIL TRESCENTOS DOCE EUROS CON OITENTA E UN CÉNTIMOS (196.312,81 ¤). -Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida orzamentaria 05/911.911.662.00 do Orzamento provincial: Anualidade 2005 Cantidade 98.156,40 ¤ -O Concello de Valga con cargo ó Programa de Acción Municipal dos anos 2004 e 2005. Anualidade 2004 2005 Cantidade 44.604,17 53.552,24 Investimento Total 98.156,41¤ B) Remate das beirarrúas, servizos e alumeado en Baño, que conta cun investimento total de CENTO UN MIL CINCOCENTOS OITENTA E SEIS EUROS CON CINCUENTA E CATRO CÉNTIMOS (101.586,54 ¤) -Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida orzamentaria 05/911.911.662.00 do Orzamento provincial: Anualidade 2005 Cantidade 50.793,27 ¤ -O Concello de Valga con cargo ó Programa de Acción Municipal dos anos 2004 e 2005: Anualidade 2004 2005 Cantidade 44.604,17 ¤ 6.189,10 ¤ Investimento Total 50.793,27 ¤ A achega do Concello de Valga xerará crédito na partida 911.911.662.00 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial de Pontevedra. Sexta.- O Concello de Valga comprométese á xestión, mantemento e conservación da estrada unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade desde o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Valga Asdo. D. José María Bello Maneiro" ------ Folla: 7.13086.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE 73 EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Xefe do Servizo do Centro Provincial de Asesoramento Municipal para a contratación do subministro e instalación de 73 equipos informáticos para diversos concellos da provincia de Pontevedra incluídos dentro da 2ª fase do Plan de Adquisición de Equipamento Informático para concellos. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación. E vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 2 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro e instalación de 73 equipos informáticos para diversos concellos da provincia de Pontevedra, por un importe máximo de licitación de novenda e dous mil setecentos cincuenta euros (92.750,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo acórdase por unanimidade autorizar dito gasto con cargo á partida 05/551.551.662.00 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do mencionado subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE 73 EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- A adquisición de setenta e tres equipos informáticos cos seus sistemas operativos, e sesenta discos externos de 40 mb para copias de seguridade incluídos dentro da segunda fase do Plan de Equipamento Informático dos concellos da provincia. O subministro dos equipos deberán ter como mínimo as características técnicas establecidas no Prego de Condicións Técnicas que une como anexo a este Prego. O adxudicatario deberá realizar a instalación e configuración dos equipos cos seus sistemas operativos, e cos programas de xestión municipal e paquetes ofimáticos que posúan os concellos. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/551.551.662.00 do vixente Orzamento provincial para 2005. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e instalación e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- deberase realizar a entrega e instalación dos equipos informáticos no prazo máximo de trinta días a contar desde o día seguinte a que a Deputación comunique ó adxudicatario ós concellos beneficiados pola segunda fase do Plan de Equipamento. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima novenda e dous mil setecentos cincuenta euros (92.750,00), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986.804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- A proposición constará de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE 73 EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Breve descrición do producto a subministrar. 3.- Declaración de prazos e forma de entrega e instalación dos productos a subministrar. 4.- Extensión da garantía e asistencia post-venda. 5.- Outras melloras. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR O PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE 73 EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe do Servizo do CPAM. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Asistencia post-venda. Tempo en reparación in-situ, ata 3 puntos. 2) Prazo de instalación e posta en funcionamento, ata 3 puntos. 3) Prazo de entrega, ata 2 puntos. 4) Extensións da garantía, ata 1 punto 5) Número de unidades a maiores dentro do importe máximo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de seiscentos (600,00) euros. Así mesmo, tamén farase cargo dos gastos de transporte, entrega e instalación dos productos subministrados ata os diferentes concellos da provincia de Pontevedra que sinale a Deputación. 15.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía un mínimo de dous anos. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto de entrega, salvo que a Administración houbera incorrido en mora ó recibilos. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 111 e 192 do T.r. da LCAP. 18.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN D...................................................., maior de idade, veciño de .........................................., con enderezo en ................................................., titular do DNI núm ...................................... , expedido na data ............................. , actuando en nome propio ou en representación de ....................................., con enderezo en ........................................., teléfono ......................................................segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó "Subministro e instalación de 73 equipos informáticos para diversos concellos da provincia de Pontevedra", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo máximo de .............. euros, IVE incluído. (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 8.13087.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.13088.- TRANSFERENCIA DA ACHEGA DO FEDER DO SOCIO DEPUTACIÓN DE OURENSE CORRESPONDENTE Á PRIMEIRA CERTIFICACIÓN DE GASTOS PRESENTADA ANTE A AUTORIDADE DE XESTIÓN COMUNITARIA O 01-02-2005 (PROXECTO DEPUTRANS - INTERREG III-A) Dada conta do Proxecto Interreg III-A DEPUTRANS, que ten como obxectivo o frear a degradación do espazo medioambiental contido na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través do tratamento de augas residuais domésticas producidas polos pequenos núcleos de poboación; que conta cun orzamento total de 8.147.501,00 euros, dos cales 6.110.625,00 euros (75%) corresponde á achega comunitaria, e 2.036.876,00 euros (25%) corresponde á cofinanciamento dos socios, que son os seguintes: Deputación de Pontevedra, Deputación de Ourense, Cámara Municipal de Chaves e Cámara Municipal de Paredes de Coura. Visto o informe da Xefa do Servizo de Acción Social relativo ó ingreso realizado pola Autoridade de Pago Comunitaria na conta bancaria da Deputación de Pontevedra dun importe de 562.500,00 euros, correspondente á primeira certificación de gasto deste proxecto, presentada por este Organismo Provincial perante a Autoridade de Xestión Comunitaria o pasado mes de febreiro do ano actual na calidade de Xefe de fila do proxecto DEPUTRANS. Visto o informe de Intervención de data 31 de maio do ano actual relativo á verificación da documentación xustificativa desta primeira certificación de gasto do proxecto DEPUTRANS, e correspondendo na súa totalidade o importe ingresado ó 75% do gasto xustificado por Deputación Provincial de Ourense (achega FEDER do gasto realizado) na calidade de socio deste proxecto. Acórdase por unanimidade transferir: A cantidade de 562.500,00 euros á Deputación Provincial de Ourense, cantidade esta correspondente a achega do FEDER (75%) do gasto xustificado por ese Organismo Provincial na primeira certificación de gastos do Proxecto DEPUTRANS presentada por Deputación de Pontevedra (na calidade de Xefe de Fila deste Proxecto) perante a Autoridade de Xestión Comunitaria, toda vez que foi efectuado o ingreso correspondente por parte da Autoridade de Pago Comunitaria na conta bancaria da Deputación de Pontevedra. ------ Folla: 10.13089.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE FORCAREI E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO DE RECOLLIDA DE LIXO Visto a solicitude do concello de Forcarei efectuada mediante escritos de datas 3 de febreiro e 22 de abril de 2005 relativa á aprobación dun convenio de colaboración entre o concello e a Deputación Provincial de Pontevedra para a adquisición dun vehículo para recollida de lixo, cuxo custo ascende á suma de 120.000,00 euros. Considerando que as Deputacións Provinciais, en base ó disposto no artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das bases de Réxime Local, teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente en aqueles con menor capacidade económica e de xestión. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio elaborouse un proxecto de convenio de colaboración entre ambas entidades para a adquisición dun vehículo para a recollida de lixo, no que se establece unha achega de 60.000,00 euros por cada entidade, figurando a da Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida 05/911.911.662.00 del vixente Orzamento provincial e a do concello de Forcarei con cargo ó Programa Operativo Local, Obxectivo 1 (2000-2006), anualidade de 2005. Vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Interventor Accidental de datas 3 y 25 de maio, respectivamente, Acórdase por unanimidade: -Aprobar o convenio de colaboración entre o concello de Forcarei y la Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a adquisición dun vehículo de recollida de lixo. -Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura deste convenio e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación coas condicións establecidas no mesmo. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE FORCAREI E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO DE RECOLLIDA DE LIXO. En Pontevedra, ........ de ............... de 2005 REUNIDOS D. David Raposeiras Correa, Alcalde do Concello de Forcarei, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Ámbalas dúas partes intervenientes, actúan en nome e representación das súas respectivas Institucións, e recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración. EXPOÑEN I.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, e entre estas está a recollida de residuos. Polo tanto, e para a mellora na prestación dun servizo tan esencial, que neste momento é bastante deficiente, e que ademais contribuirá ó mantemento do medio ambiente evitando a proliferación de vertedoiros incontrolados estímase necesario a compra dun novo vehículo de recollida de residuos sólidos para o Concello de Forcarei. III.- Que de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión. IV.- Co fin de cooperar a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei, na prestación adecuada do Servizo de recollida de residuos acordan subscribir o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Ámbalas dúas institucións financiarán a compra dun vehículo recolector de residuos sólidos cun importe máximo de cento vinte mil euros (120.000,00), IVE incluído; todo isto de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base á licitación. Segunda.- O financiamento da actuación sinalada na cláusula anterior realizarase polas administracións asinantes, cunha participación do 50% cada unha, é dicir, cunha achega de sesenta mil euros (60.000,00) por cada entidade. A achega da Deputación farase con cargo á partida do Orzamento Provincial 05/911.911.662.00, e a do Concello de Forcarei con cargo á subvención concedida con cargo ó Programa Operativo Local, Obxectivo 1 (2000-2006), anualidade 2005. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación segundo o procedemento e forma máis axeitada no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Cuarta.- Unha vez efectuado e recibido o subministro, pasará a ser propiedade do Concello de Forcarei, quen será responsable e asumirá a súa conservación e mantemento. Quinta.- O convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose o seu estricto cumprimento, recoñecendo así mesmo á xurisdicción contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura e rematará o 31 de decembro de 2005. En proba de conformidade as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data arriba sinalados. Pola Deputación Provincial, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Polo Concello Asdo. D. David Raposeiras Correa" ------ Folla: 11.13090.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENTRE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA, PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DE MONTECELO O Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia está a executar as obras do Plan Director do Hospital Montecelo. O Plan contempla varias fases, estando na actualidade próxima a terminación das obras correspondentes á Fase III e unha vez que se terminen vanse a abordar as obras previstas na Fase IV, que van a dotar ó centro hospitalario de 250 camas novas e completar as necesidades de servizos centrais. Resultando que o día 30 de maio de 2005 asinouse o Convenio marco entre o Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Pontevedra para a execución das obras de ampliación do Hospital de Montecelo e dotación de infraestructuras. Resultando que coa sinatura de este convenio preténdese establecer as bases de cooperación para a ampliación do citado centro hospitalario así como para a dotación de infraestructuras e servizos, dado que é un proxecto de vital importancia e que pola súa incidencia no interese público consideran as tres Administracións asinantes que todas elas porán os medios necesarios para levalo a cabo coa maior urxencia posible. Resultando que os compromisos adquiridos pola Deputación quedan reflectidos nas cláusulas sétima e oitava do convenio e que se concretan en que a Deputación Provincial de Pontevedra manterá a disposición dos usuarios do Servizo Galego de Saúde a superficie que ten destinada actualmente a aparcamento ata a posta en funcionamento de novos espazos de aparcamento no entorno do hospital e que executará a solución da circulación viaria prevista no proxecto sectorial, cuxo trazado queda identificado no plano adxunto ó convenio. Acórdase por unanimidade: -Ratificar o convenio marco de cooperación asinado o 30 de maio de 2005 entre o Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Pontevedra, para a execución de obras de ampliación do Hospital de Montecelo . Dito convenio é como sigue: "CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENTRE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA, PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DE MONTECELO E DOTACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS En Pontevedra, 30 de maio de 2005 REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. José Manuel González Álvarez, actuando en representación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) da Xunta de Galicia, en virtude do seu cargo de presidente e no exercicio das facultades que lle veñen atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e no artigo 3 do Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e de conformidade co establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991, publicado por Resolución da consellería de Economía e Facenda de data 8 de abril de 1991 (DOG num. 82, do 30 de abril). Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en nome e representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do seu cargo como presidente da mesma e no exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. Doutra parte o Ilmo. Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, actuanco en nome e representación do Concello de Pontevedra, en virtude da súa condición de Alcalde-Presidente da citada Corporación, segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 abril, Reguladora das bases de réxime local. As partes que interveñen recoñécense capacidade legal para outorgar o presente convenio, e para isto. EXPOÑEN I.- Que o Servizo Galego de Saúde está a executar as obras do Plan Director do Hospital de Montecelo, que responde a un estudo integral das necesidades asistenciais, dos recursos existentes e das melloras que é preciso introducir para acadar un nivel de calidade óptimo no centro hospitalario. É un proxecto de grande envergadura que vai mais alá dunha simple remodelación, buscando unha renovación total dos recursos, ampliando as instalacións, introducindo innovacións tecnolóxicas e mellorando os accesos para garantir unha asistencia máis eficaz e próxima á poboación afectada. O Plan contempla varias fases, estando na actualidade próximo o remate das obras correspondente á Fase III, acadando un investimento acumulado de aproximadamente 57 millóns de euros. Unha vez se execute a totalidade da Fase III, resultará necesario, de acordo coas programacións do organismo, abordar as obras previstas na Fase IV do Plan Director, que vai dotar ó centro hospitalario de 250 camas novas e completar as necesidades de servizos centrais. Ó tempo que se executaban as fases anteriores, SERGAS e concello veñen debatendo acerca da situación e características da edificación, da obtención dos terreos, a dotación complementaria de espazos e das infraestructuras de servizos. O pasado mes de marzo, acadouse un acordo en relación cos aspectos anteriores, o que permite conxugar as necesidades do servizo asistencial coas cuestións urbanísticas nas que o concello é competente. Unha vez consensuadas as condicións urbanísticas e acadados os compromisos de colaboración entre as partes - a Deputación Provincial faise cargo da construción do vial, e o concello asume a expropiación dos terreos e a dotación de servizos- só queda elixir a figura urbanística que permita acadar o obxectivo de execución do proxecto no menor tempo posible. II.- Tendo en conta que tanto as obras do Plan Director, como os viais, terreos e servizos, non están contemplados no planeamento urbanístico do concello de Pontevedra, e que pola súa propia natureza, necesitan ser acometidas con carácter inmediato, cómpre buscar unha solución que posibilite a súa execución, acudindo a outras figuras previstas na normativa vixente en materia de ordenación do territorio, que exceden do eido, puramente urbanístico, xustificándose pola importancia e especiais características da prestación asistencial no ámbito da atención especializada, que transcende do ámbito municipal no que se localiza. A figura elixida é a do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal: ampliación de Montecelo e dotación de infraestructuras e servizos. Esta solución parte sempre do común acordo entre as Administracións, a fin de minimizar os eventuais prexuízos que puideran ocasionarse e aglutinar esforzos para a consecución do fin previsto. III.- Que o Servizo Galego de Saúde, o concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra, consideran de vital importancia este proxecto, pola súa incidencia no interese público, e para isto, todas elas poñerán os medios necesarios para lavalo a cabo coa maior urxencia posible. IV.- Conscientes da dita necesidade as partes que interveñen acordan unir os seus esforzos para acadar o obxectivo sinalado. Por iso, e a fin de levar adiante a execución deste proxecto, é necesario establecer as bases que rexerán a cooperación entre o Servizo Galego de Saúde, o concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra. Á vista do anterior, as partes asinantes acordan outorgar o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Constitúe o obxecto deste convenio establecer as bases de cooperación entre o concello de Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Servizo Galego de Saúde, para a ampliación do hospital de Montecelo e a dotación de infraestructuras e servizos. Segunda.- Unha vez que se aprobe o proxecto sectorial, o concello de Pontevedra comprométese a obter os terreos necesarios para proceder a ampliación do Hospital de Montecelo, comprometéndose a sufragar os custos que se deriven de dita actuación. Así mesmo, comprométese a ceder ditos terreos gratuitamente e libres de cargas e gravames, ó Servizo Galego de Saúde. No plano topográfico e na proposta consensuada polas partes dos que se acompaña copia, sinálanse os terreos necesarios. No caso de que considerara que a obtención dos terreos por expropiación forzosa, se axilizase realizandose a iniciativa do SERGAS, o concello asumirá o importe que exceda da cantidade que correspondería ó organismo autónomo de acordo co estipulado na cláusula décima deste convenio. Terceira.- O concello de Pontevedra incluirá no plan xeral de ordenación municipal, que se está a tramitar, unha reserva de espazo dotacional no entorno do Hospital de Montecelo, en previsión de futuras ampliacións de equipamento que poidan ser necesarias, cunha superficie suficiente para permitir un volume de edificación futura non inferior a 50.000 m2. Cuarta.- O concello de Pontevedra obrígase a completar a dotación de espazo destinado a aparcadoiros segundo as necesidades reais e nunca por debaixo das esixidas na normativa urbanística. A tal fin, o concello adquirirá os terreos precisos que serán incluídos na reserva de espazo dotacional no entorno do hospital, a contemplar no plan xeral de ordenación municipal que se está a tramitar. A execución deste aparcadoiro deberá tramitarse de xeito inmediato a que se aprobe o plan xeral. Quinta.- O concello de Pontevedra levará a cabo a execución das infraestructuras urbanísticas precisas que garantan os servizos necesarios para a ampliación do hospital, en concreto o abastecemento de auga e do saneamento. A execución destas infraestructuras deberá concluír con anterioridade á finalización da ampliación do hospital co obxecto de garantir a súa posta en funcionamento. Sexta.- O concello de Pontevedra levará a cabo as actuacións necesarias para dotar ó hospital de tódolos servizos públicos relacionados co mesmo e porá a disposición do SERGAS a posibilidade de utilizar o circuíto de recollida de lixo municipal co custo establecido para o propio concello. Sétima.- A Deputación Provincial de Pontevedra manterá a disposición dos usuarios do Servizo Galego de Saúde a superficie que ten destinada actualmente a aparcamento ata a posta en funcionamento de novos espazos de aparcamento no entorno do hospital. Oitava.- A Deputación Provincial de Pontevedra executará a solución da circulación viaria prevista no proxecto sectorial. No plano adxunto identifícase o trazado do vial proxectado. Novena.- O Servizo Galego de Saúde comprométese a realizar os trámites necesarios para a aprobación dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de acordo co previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, así com a executar as obras de ampliación da Fase IV do Hospital de Montecelo. No proxecto sectorial, ademais das determinacións propias deste tipo de instrumentos, figurará a relación de bens e dereitos afectados e a súa valoración, para os efectos expropiatorios subsecuentes. Na tramitación do proxecto sectorial, calquera das partes poderá propoñer cantas modificacións estimen oportunas, sempre que cumpran os requisitos para a súa incorporación e non demoren nin paralicen a tramitación do expediente principal. Décima.- As obras non estarán suxeitas a licenza municipal de obras por estar comprendidas nun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de marcado carácter territorial de promoción pública. Non obstante o Servizo Galego de Saúde contribuirá economicamente co concello para facer fronte ó custo da obtención dos terreos, ata o importe equivalente ó que ascendería a taxa municipal da licenza de obras e o Imposto de Construción, Instalacións e Obras das fases do Plan Director que non foron liquidadas. Por outra banda, o concello de Pontevedra comprométese a regular nas ordenanzas fiscais a exención a favor dos centros sanitarios do pago do imposto sobre bens inmobles, de conformidade co previsto no artigo 62.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, así como de calquera tipo de taxas e prezos públicos que non se correspondan con servizos que se prestan de xeito continuado como é a recollida do lixo. Décimo primeira.- Constituirase unha comisión de seguimento que interprete e asegure o bo fin e cumprimento do obxecto deste convenio así como que resolva as controversias xurdidas como consecuencia da execución deste. A comisión estará formada por dous representantes de cada unha das partes, nomeados polos seus máximos responsables. A comisión reunirase por solicitude dunha das partes asinantes, considerándose constituída se asiste polo menos un dos representantes de cada entidade. Décimo segunda.- O presente convenio entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura, e estará vixente ata o estricto cumprimento de tódolos seus termos. Décimo terceira.- O incumprimento de calquera das obrigas establecidas neste documento poderá dar lugar a resolución do mesmo e no seu caso, a indemnización dos danos e prexuízos causados. Décimo cuarta.- Este convenio ten carácter administrativo, quedando as partes que subscriben suxeitas á xurisdición contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na aplicación deste. Así queda redactado o presente convenio que, en proba de conformidade asinan os comparecentes, por cuadriplicado exemplar no lugar e data indicados ó inicio. Polo Servizo Galego de Saúde Asdo. José Manuel González Álvarez Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Pontevedra, Asdo. Miguel Anxo Fernández Lores" ------ Folla: 12.13091.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "REINVERSIÓN DA BAIXA DA OBRA DE CAMPO DE FÚTBOL EN ARBO" Visto o proxecto de "Reinversión da baixa da obra de Campo de Fútbol en Arbo", cuxo importe ascende á suma de 71.256,09 ¤, IVE incluído, redactado polo Arquitecto Director da obra como consecuencia de que, efectuado o replanteo da obra, e a petición do concello de Arbo, trasladouse a ubicación da instalación deportiva para poder deixar unha maior marxe á estrada que discorre pola parte posterior da grada actual, o que obriga a demoer o cerre e a súa reposición no lugar adecuado, ademais do traslado de instalacións de alumeado; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto na partida 05/123.452.662.00, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de · Reinversió

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición