Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-08-23_Extraordinaria. Acta de sesión 2006/08/23_Extraordinaria
Acta de sesión 2006/08/23_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-08-23_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2006/08/23_Extraordinaria
Data(s) 2006-08-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e tres de agosto do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14211.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de agosto de 2006. ------ Folla: 2.14212.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A "ASOCIACIÓN CIDADÁ DE LOITA CONTRA A DROGA" DE VIGO, PARA ADQUISICIÓN DE MOBILIARIO PARA A COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE TOMIÑO Como queira que a Asociación Cidadá de loita contra a droga de Vigo, "Alborada" ven levando a cabo dende o ano 1982 unha importantísima labor no eixo da drogodependencia e dado que o seu centro da Comunidade Terapéutica de Tomiño que leva funcionando máis de 23 anos necesita duna nova dotación de equipamento que permita mellorar o traballo da citada Asociación, sendo intención desta Deputación Provincial apoiar os recursos asistenciais existentes no eixo da loita contra a droga, á vista dos informes do Sr. Secretario Xeral o de Sr. Interventor Accidental do 17 de xullo e 16 de agosto, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a "Asociación Cidadá de Loita contra a Droga" de Vigo "Alborada" para adquisición de mobiliario para a Comunidade Terapéutica de Tomiño, cunha achega económica desta Deputación de 12.000,00 euros con cargo á partida 06/313.313.789.00 do vixente Presuposto provincial (RC nº 200600070513). Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN CIDADÁ DE LOITA CONTRA A DROGA DE VIGO "ALBORADA". ANO 2006 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o do 2006, por un lado o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa calidade de Presidente da Deputación de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e por outra banda, D. Julián San Segundo Vegazo na súa calidade de Presidente da Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga en Vigo "ALBORADA", con CIF: G-36.624.963 As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante o problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda e a escaseza de recursos tanto a nivel material como da realización de programas asistenciais, preventivos e de inserción por outra, consideran de suma importancia o establecemento de accións conxuntas e coordinadas a efectos do desenvolvemento de medidas e accións que permitan unha maior atención ós toxicómanos. Dende o ano 1982 a Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga en Vigo "ALBORADA", cunha intervención de carácter profesional de tipo sanitario, social, psicolóxico, legal, laboral e educativo, desenvolve as súas actividades principalmente no eido da prevención, asistencia e incorporación social das drogodependencias. Estas actividades lévanse a cabo nos seus centros como é o caso da Comunidade Terapéutica de Tomiño que despois de 23 anos de funcionamento, necesitaba urxentemente unha reforma así como tamén a adquisición de novo equipamento para, de esta forma, desenvolver en mellores condicións o seu traballo. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das necesidades xurdidas a raíz das obras realizadas pola Asociación na súa Comunidade Terapéutica de Tomiño así como tamén da necesidade do novo equipamento, ó amparo da Lei 4/1993 de 14 de abril Reguladora dos Servizos Sociais de Galicia e da Lei de 17 de novembro Xeral de Subvencións, pretende colaborar coa Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga en Vigo "ALBORADA" na adquisición do mobiliario necesario para o acondicionamento da Comunidade Terapéutica de Tomiño. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. Colaborar coa Asociación "ALBORADA" para a adquisición do mobiliario necesario para o acondicionamento da Comunidade Terapéutica de Tomiño, consistente en mesas, cadeiras, armarios, mobiliario para a zona da enfermería, etc, e poder así desenvolver as actividades previstas. SEGUNDA. Institucións participantes. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga en Vigo "ALBORADA". TERCERA. Beneficiarios. En termos xerais os beneficiarios serán os usuarios da Comunidade Terapéutica de Tomiño que ten unha capacidade de 30 pacientes. CUARTA. Condicións e financiamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. A fin de acadar os obxectivos previstos a Deputación colabora cunha achega económica de DOCE MIL EUROS (12.000,00 ¤) consignados na partida 06/313.313.789.00. Debido á dificultade económica por parte da Asociación para adiantar o importe dos gastos derivados da adquisición do mobiliario, o que impediría a realización das actividades previstas, o pago da achega económica da Deputación poderá ser aboada, segundo o artigo 34.4 da Lei 38/2003, de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións e da base 25ª.11ª das Bases de Execución da Deputación, anticipando o 50% da subvención despois da sinatura do convenio e o resto conforme se vaian xustificando os gastos mediante facturas que cumpran os requisitos legais. QUINTA. Causas de Resolución del Convenio Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. SEXTA. Causas de Terminación das Actuacións As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo, se non existe prórroga, ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. SÉTIMA. Participación das institucións. As obrigas da Deputación e da Asociación serán as seguintes: DEPUTACIÓN: Achega económica dirixida a cubrir os gastos derivados da adquisición do mobiliario. ASOCIACIÓN: Adquisición do material e xustificación do mesmo. OITAVA. Publicidade. A Deputación conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. A Asociación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que se elabore. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado O ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRAAsdo, D. Rafael Louzán Abal PRESIDENTE DA ASC. CIDADÁ DE LOITACONTRA A DROGA EN VIGO "ALBORADA"Asdo, D. Julián San Segundo Vegazo" ------ Folla: 3.14213.- ANULACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á COOPERATIVA DO CAMPO DE SILLEDA NO ANO 2005 Resultando que a Cooperativa do Campo de Silleda, con CIF F-36257574, solicitou a concesión dunha axuda para a construción dunha nave almacén para maquinaria agrícola con cargo ó programa de "Axudas a cooperativas agrarias 2005". Visto o acordo da Xunta de Goberno de 16/09/2005, no que se concede unha axuda económica á Cooperativa do Campo de Silleda con cargo ó programa de "Axudas económicas a Cooperativas Agrarias da Provincia de Pontevedra do ano 2005" por importe de 18.000,00 ¤ imputable á partida 06/711.711.789.00.2005. Visto o escrito, presentado o día 2 de agosto de 2006, no Rexistro Xeral de esta Excma. Deputación de Pontevedra por D. Marcelino García González, Presidente da Cooperativa do Campo de Silleda, no que solicita a anulación da axuda concedida por imposibilidade de proceder a súa xustificación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a axuda concedida á Cooperativa do Campo de Silleda, CIF: F-36257574, para a construción dunha nave almacén para maquinaria agrícola, dentro do programa de "Axudas ás Cooperativas Agrarias de Pontevedra 2005". ------ Folla: 4.14214.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E APROBACIÓN DE PAGO A FAVOR DA EMPRESA SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, SA., EN RELACIÓN Ó SUBMINISTRO DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO "PROXECTO DEPUTRÁNS 2004-2005" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA) (C.I.F.- A-3688931), o concurso para a contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputráns 2004-2005", por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., en cumprimento da base IV do prego de condicións que rexeu no concurso entregou o día 30 de marzo de 2005, totalmente prefabricadas con todos os elementos e compoñentes xa instalados, 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 número de serie: 9313-241416; 9314-241416; 9315-241416; 9316-241416; 9317-241417; 9318-241417; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418; 9323-241418; 9324-241418; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 números de serie: 9311-241415 e 9312-241415. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra naquel momento tiña pendente de realizar as obras de acondicionamento dos lugares onde había que instalar e poñer en funcionamento as plantas depuradoras obxecto do contrato e ante este feito procedeuse a efectuar a recepción das plantas depuradoras relacionadas no parágrafo anterior que quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figuraba a seguinte cláusula en relación á forma de pago: "Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se solicítase o pago das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, abonándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta". Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA) (C.I.F.: A-3688931), presentou no seu momento a factura número 1580505 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros, que correspondía ó 85% do total do prezo correspondente á entrega das 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, acompañando os correspondentes avales bancarios, tal como se indicaba no prego de condicións. Resultando que por Resolución Presidencial número 7.317 de data 25 de maio de 2005, aprobouse o gasto, o recoñecemento da obriga e declarouse de aboo, a cantidade de 1.440.102,35 euros, en favor da empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA), correspondente ó 75% do importe da factura número 1580505 de data 11/05/05, pola entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 número de serie: 9313-241416; 9314-241416; 9315-241416; 9316-241416; 9317-241417; 9318-241417; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418; 9323-241418; 9324-241418; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 números de serie: 9311-241415 e 9312-241415, que estaban acopiadas, naquel momento, nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento. Resultando que unha vez que se vai realizando a obra civil para instalar as depuradoras, a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA), procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: · A planta 9314-241416 no municipio de Mos, núcleo de Petelos. · A planta 9315-241416 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Viladesuso. · A planta 9319-241417 no municipio de Arbo, núcleo de Arbo. · A planta 9320-241417 no municipio de Salvaterra de Miño, núcleo de Dextros. · A planta 9321-241418 no municipio da Cañiza, núcleo de Valeixe. · A planta 9322-241418 no municipio da Cañiza, núcleo de Achas. · A planta 9311-241415 no municipio de Arbo, núcleo de Rozas-Selas. · A planta 9313-241416 no municipio das Neves, núcleo de Estación. · A planta 9317-241417 no municipio de Mondariz, núcleo de Sabaxáns. · A planta 9323-241418 no municipio das Neves, núcleo de Batalláns. · A planta 9324-241418 no municipio de Crecente, núcleo de Ribeira. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA), presentou no Rexistro Xeral diversos escritos solicitando o pago do 25 % do importe restante ata completar o 85% que figura nos pregos que hai que aboar polas depuradoras instaladas. Considerando o establecido nas Bases de Execución do Presuposto para 2006, concretamente na Base 17ª, onde se establece que a Presidencia delega na Xunta de Goberno o recoñecemento da obriga daqueles gastos que individualmente considerados excedan dos cento cincuenta mil douscentos cincuenta e tres euros. Vistos os informes do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras de datas 24 de marzo e 20 de abril de 2006 onde queda reflectido que as citadas plantas están instaladas nas condicións establecidas nos pregos de condicións, así como o informe de Intervención de data 7 de agosto de 2006 no que consta que pode procederse ó recoñecemento da obriga e á aprobación do pago de 312.627,70 euros, con cargo á partida 06/911.411.662.02.2005, a favor de Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA), empresa adxudicataria do concurso correspondente ó subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto Deputráns 2004-2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o recoñecemento da obriga e declarar de aboo con cargo á partida 06/911.411.662.02.2005, a cantidade de trescentos doce mil seiscentos vinte e sete euros con setenta céntimos (312.627,70 ¤) a favor da empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA) (C.I.F.- A-3688931), en concepto de pago de parte do 25% do importe restante da factura número 1580505 de data 11/05/2005 ata completar o 85% do importe que figura nos pregos de condicións que hai que aboar polas plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto Deputráns 2004-2005 que foron instaladas nos lugares habilitados ó efecto e que a continuación se relacionan: PLANTA DEPURADORA Importe 25% 9311-241415 instalada en Arbo, núcleo de Rozas-Selas. 22.185,00 ¤ 9314-241416 instalada en Mos, núcleo de Petelos. 29.044,27 ¤ 9315-241416 instalada en Santa María de Oia, núcleo de Viladesuso. 29.044,27 ¤ 9319-241417 instalada en Arbo, núcleo de Arbo. 29.044,27 ¤ 9320-241417 instalada en Salvaterra de Miño, núcleo de Dextros. 29.044,27 ¤ 9321-241418 instalada en A Cañiza, núcleo de Valeixe. 29.044,27 ¤ 9322-241418 instalada en A Cañiza, núcleo de Achas. 29.044,27 ¤ 9313-241416 instalada en As Neves, núcleo de Estación. 29.044,27 ¤ 9317-241417 instalada en Mondariz, núcleo de Sabaxáns. 29.044,27 ¤ 9323-241418 instalada en As Neves, núcleo de Batalláns. 29.044,27 ¤ 9324-241418 instalada en Crecente, núcleo de Ribeira. 29.044,27 ¤ Total............ 312.627,70 ¤ ------ Folla: 5.14215.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE "HUMANIZACIÓN DA RÚA VELÁZQUEZ MORENO. TRAMO: PRÍNCIPE A POLICARPO SANZ (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 19/08/05, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. á obra de "Humanización da rúa Velázquez Moreno. Tramo: Príncipe a Policarpo Sanz (Vigo)", na cantidade de 289.397,29 euros, IVE incluído. Visto o proxecto modificado redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que o Concello plantexou respecto do proxecto orixinal, para así dar o tramo obxecto das obras o mesmo tratamento que ós tramos en execución na mesma rúa, comprendidos entre Policarpo Sanz e a Praza de Compostela, cun presuposto de 341.170,04 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 51.772,75 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 28/04/06, polo que se aprobou, con cargo á partida 06/911.911.662.00.2005, o proxecto modificado da citada obra por importe de 51.772,75 euros, importe que non supera o 20% do prezo do contrato primitivo. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial, de data 11 de maio de 2006, no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado. E visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra e o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado nº 1 de "Humanización da rúa Velázquez Moreno. Tramo: Príncipe a Policarpo Sanz (Vigo)" na cantidade de 51.772,75 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe de 2.070,91 euros, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 6.14216.- APROBACIÓN DAS CONDICIÓNS COMPLEMENTARIAS ÁS QUE DEBE SUXEITARSE A OBRA DO CONCELLO DE A ESTRADA, DENOMINADA "CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS NA SAGRADA-CODESEDA", INCLUÍDA NO PAM/06, ANUALIDADES 2006-2008 (CONVENIO) Dado que existe un Convenio asinado entra a Deputación e o Concello de A Estrada aprobado pola Xunta de Goberno de 9 de xullo de 2006, para a execución da obra "Construción de beirarrúas na Sagrada-Codeseda", na que o concello da Estrada comprométese a destinar as cantidades de: 10.583,406 euros do PAM/06, 72.657,90 euros do PAM/07 e 61.758,69 euros do PAM/08, para afrontar os investimentos necesarios para a realización da mencionada obra, correspondéndolle á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a súa licitación, dirección, execución e recepción, e polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as condicións complementarias ás que debe suxeitarse a devandita obra, respectando as mencionadas nos acordos da Xunta de Goberno de 7 de abril e 16 de xuño de 2006, que se adoptaron seguindo o procedemento de concesión anticipada da mesma, e que de seguido relacionamos: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, a realizar pola Deputación Provincial mediante convenio, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pagamento da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 7.14217.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DO "PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas sobre cooperación económica, para o financiamento do "Proxecto e obra da Piscina Cuberta Municipal de Cangas", sendo o seu presuposto total de 1.780.114,90 ¤. O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas, é posibilitar a realización e execución do "Proxecto e obra da Piscina Cuberta Municipal de Cangas". A Deputación comprométese a levar a cabo o financiamento parcial da execución das obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de trescentos mil euros (300.000,00 ¤), con cargo a partida orzamentaria 06/911.911.762.10 do vixente Presuposto Provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE CANGAS SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DO "PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS" En Pontevedra, a 12 de abril de 2006 REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, en exercicio das facultades que ten atribuídas. Sr. D. José Enrique Sotelo Villar, en calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, en nome e representación do mesmo, en exercicio das facultades atribuídas. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3, c) do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas, é posibilitar a realización e execución do "Proxecto e obra da Piscina Cuberta Municipal de Cangas". Segunda.- O presuposto do mencionado Proxecto e obra ascende a cantidade de 1.780.114,90 euros, correspondéndolle á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegar ó Concello de Cangas, en concepto de subvención a fondo perdido, a contía de trescentos mil euros (300.000,00 ¤), que se farán efectivas con cargo á partida 06/911.911.762.10. O Concello de Cangas comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento do proxecto e obras indicadas, sen que poidan ser destinadas para outros fins distintos. Así mesmo, farase cargo das achegas restantes, ben con fondos propios ou mediante subvencións doutras entidades públicas ou privadas. Terceira.- A devandita obra será executada polo Concello de Cangas, a través dos contratistas seleccionados nos correspondentes procedementos de contratación, debendo solicitar como mínimo tres ofertas. Unha vez realizadas as mesmas, poderase proceder a súa comprobación e inspección polos Servizos técnicos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Unha vez rematado ó proxecto e obra realizarase o libramento da cantidade previa xustificación dos gastos coa certificación técnica de obra correspondente, que deberá ser informada polos técnicos provinciais, e aprobada polo órgano competente, debendo acompañarse tamén da acta de recepción. Cuarta.- O Concello de Cangas, como titular da obra, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da mesma, de modo que se encontre en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno Local dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sétima.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigacións contempladas nas cláusulas anteriores, as Entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e prexuízos que causaren. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007, podendo prorrogarse, expresamente, sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas, que así o aconsellen. Novena.- Serán causas de Resolución: O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio, podendo o órgano concesionario esixir ó beneficiario da subvención, o Concello de Cangas, o reintegro da mesma. Décima.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa reguladora: - Bases reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Undécima.- Difusión da subvención: O Concello de Cangas deberá dar difusión da financiamento obtida, mediante a axeitada, publicidade de carácter público. Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos se llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas no Concello de Cangas. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un so efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraAsdo.: D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de CangasAsdo.: D. José Enrique Sotelo Villar" ------ Folla: 8.14218.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS (DE ENXEÑEIRO AGRÓNOMO E DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA), PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NAS COOPERATIVAS HORSAL E HORTUMIA De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo Agrario, así como do artigo 35.2 b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas bolsas: unha de enxeñeiro agrónomo e outra de enxeñeiro técnico agrícola para a realización de tarefas de investigación e traballos de fomento do cooperativismo e creación de cooperativas de segundo grado, a desenvolver nas Cooperativas Horsal e Hortumia de Cambados. O custo destas bolsas, para o exercicio 2006, ascende a un total mensual de 841,41 € cada unha e imputaranse á partida 06/711.711.481.02 do vixente Presuposto provincial. Dita convocatoria e bases son como seguen: "CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS, UNHA DE ENXEÑEIRO AGRÓNOMO E OUTRA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA, PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NA COOPERATIVA HORSAL E NA COOPERATIVA HORTUMIA PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, de dúas bolsas, unha de enxeñeiro agrónomo e outra de enxeñeiro técnico agrícola, para a realización de tarefas de investigación e traballos de fomento do cooperativismo e de creación de cooperativas de segundo grao, a desenvolver nas Cooperativas HORSAL e HORTUMIA de Cambados. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de licenciado en Enxeñería Agrónoma ou Enxeñería Técnica Agrícola, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir desenvolver a actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 ¤/mes por beneficiario, que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do presuposto provincial. O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. Vogais: - O deputado delegado do Servizo Agrario desta Deputación ou o deputado en quen delegue. - O enxeñeiro director do Servizo Agrario desta Deputación. - Un funcionario técnico superior do Servizo Agrario pertenecente á Deputación de Pontevedra. Secretario: O da Deputación de Pontevedra ou un funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO A selección dos bolseiros efectuarase segundo o seguinte baremo: a) Polo expediente académico, ata un máximo de tres (3) puntos. b) Por ter asistido a cursos de doutoramento, de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados coa actividade obxecto desta convocatoria, ata un máximo de 2 (dous) puntos, computándose por curso: 1) De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos / curso 2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos / curso 3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos / curso 4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos / curso 5) De 10 ou máis créditos 0,25 puntos / curso 6) De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos / curso 7) De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos / curso 8) De entre 1 e 2 créditos 0,10 puntos/ curso c) Por acreditar experiencia en traballos relacionados co obxecto da convocatoria: 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis (6) meses, ata un máximo dun (1) punto. Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN: A Comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere máis idóneos para realizaren as tarefas obxecto desta convocatoria nas Cooperativas HORSAL e HORTUMIA de Cambados. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis (6) meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño nas Cooperativas HORSAL e HORTUMIA de Cambados. Poderán ser prorrogadas ata outros seis (6) meses, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e co acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e mais a disciplina fixada polos responsables do Servizo Agrario, quedando suxeitos ó regulamento deste Servizo, cooperando cos técnicos nos traballos que o enxeñeiro-director deste Servizo estime oportunos. d) A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) Os bolseiros non poderán renunciar á bolsa da que sexan beneficiarios deica o transcurso, cando menos, de tres meses dende a data da súa adxudicación. f) A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículo. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación resérvase o dereito a destruír dita documentación DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases. UNDÉCIMA.- A convocatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e, ademais, ó previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común." ------ Folla: 9.14219.- COMUNICACIÓNS Non houbo. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota