Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-04-13_Ordinaria. Acta de sesión 2007/04/13_Ordinaria
Acta de sesión 2007/04/13_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-04-13_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/04/13_Ordinaria
Data(s) 2007-04-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cinco minutos do día trece de abril do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14990.- ACTAS ANTERIORES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 30 de marzo e 4 de abril de 2007. ------ Folla: 2.14991.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28/07/06, A FAVOR DE DONA PASTORA SALGUEIRO TORRES, VECIÑA DO CONCELLO DE SANXENXO Aprobada pola Xunta de Goberno de 28/07/06 unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 2.622,88 euros, a favor de Dª Pastora Salgueiro Torres, veciña do Concello de Sanxenxo, e solicitada o 30/03/07 pola Sra. Alcaldesa do citado concello, unha prórroga para tal subvención dado que non puideron rematarse as obras obxecto da mesma para causas alleas á beneficiaria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de maio de 2007, respecto á subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.622,88 euros, aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Pastora Salgueiro Torres, veciña do concello de Sanxenxo. ------ Folla: 3.14992.- INFORME EN RELACIÓN COA EXENCIÓN DA OBRIGA DA MANCOMUNIDADE DE TERRAS DE PONTEVEDRA DE MANTER POSTOS PROPIOS RESERVADOS A FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL Vista a petición do Presidente da Mancomunidade de Terras de Pontevedra para a dinamización de produto turístico dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro, na que solicita a emisión, por parte da Deputación, dun informe previo á tramitación do expediente de exención da obriga de manter postos propios reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional do Consorcio e unha vez emitido o mesmo polo Secretario Xeral, que literalmente di: Dada conta da petición formulada polo Presidente da Mancomunidade Terras de Pontevedra para a dinamización de produto turístico dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro, de data 22 de marzo de 2007, relativa á dispensa dos postos de traballo de habilitados de carácter nacional e vista, así mesmo, a memoria xustificativa dos motivos en que se basea a solicitude, enténdese motivo suficiente ó amparo do art. 4 R.d. 1732/94, de 29 de xullo, e por conseguinte infórmase favorablemente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó mesmo e polo tanto informa favorablemente a petición do Presidente da Mancomunidade, acordando, así mesmo remitirlle o presente acordo. ------ Folla: 4.14993.- MODIFICACIÓN DA DENOMINACIÓN DA OBRA “SANEAMENTO BARRIO DE CERNADELA (PARROQUIA DE RIOFRIO)”, DO CONCELLO DE MODARIZ, SUBVENCIONADAS CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADES 2007/08, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006, ACORDO NÚMERO 17.13887 A petición do concello de Mondariz, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación da denominación da obra incluída no PAM 2006-08 “Saneamento Barrio de Cernadela (Parroquia de Riofrío), anualidade 2007-08 cun presuposto de 307.356,57 €, e cunha subvención de 166.139,32 € no PAM/07, e 141.217,25 € no PAM/08, por “Saneamento Barrio de Cernadela, fase I” cunha subvención no PAM/07 de 166.139,32 €, e un presuposto pola mesma cantidade, “Saneamento Barrio de Cernadela, fase II”, cunha subvención no PAM/08 de 141.217,25 € e un presuposto pola mesma cantidade, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de Mondariz con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 TOTAL Subv. TOTAL Subv TOTAL Subv -2008 Total Subvención Adquisición de terreos para Parques Públicos 61.344,00 61.344,00 61.344,00 Sinalización vertical 23 paneis 15.183,07 15.183,07 15.183,07 Vaia con pasamáns en Paseo Laredo 10.676,64 10.676,64 10.676,64 Saneamento barrio de Cernadela, fase I 166.139,32 166.139,32 166.139,32 Saneamento barrio de Cernadela fase II 141.217,25 141.217,25 141.217,25 87.203,71 87.203,71 166.139,32 166.139,32 141.217,25 141.217,25 394.560,28 ------ Folla: 5.14994.- MODIFICACIÓN DO IMPORTE DO ORZAMENTO DA OBRA “RUTA SENDERISMO RÍOS MIÑO E DEVA”, DO CONCELLO DE ARBO, INCLUÍDA NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2006, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006, ACORDO Nº 17.13887 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación do presuposto da obra “Ruta senderismo ríos Miño e Deva”, do concello de Arbo, incluída no PAM/2006-08, anualidade 2006, cun presuposto de 56.355,98 €, sendo o importe do novo presuposto de 56.641,55 €, quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de Arbo con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 TOTAL Subv. TOTAL Subv TOTAL Subv -2008 Total Subvención Planta de Bombeo en Puente Romano 17.671,44 17.671,44 17.671,44 Ruta senderismo ríos Miño e Deva 56.355,98 14.089,00 14.089,00 Reparación mercado de abastos 27.369,26 3.873,30 3.873,30 Pavimentación rocha e cunetas 30.000,00 7.702,39 7.702,39 Alumeado público en Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mourentán e Cequeliños 30.000,00 7.702,39 7.702,39 Pavimentación vial de Vila- A Paradela- Arbo 97.237,89 97.237,89 97.237,89 Pavimentación Cº. Santa María, Abelenda, Eidos Abaixo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Cunetas revestidas en Brearriba 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Ampliación ETAP e coloración P.E. e Barcela 22.651,51 22.651,51 22.651,51 161.682,25 51.038,52 97.237,89 97.237,89 82.651,51 82.651,51 230.927,92 ------ Folla: 6.14995.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coa proposta de data 29 de marzo de 2007, pola que a Xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que os contratados laborais D. Joaquín Lede Martínez, Técnico encargado da xestión do Proxecto “Aquelando”, Dona Iria Gorgoso Villamarín, Técnica de Inserción, e Dona Carmen Iribarren Fernández Rogina, Orientadora, poidan asistir, en representación deste Organismo Provincial, a unha reunión técnica do referido proxecto, e que se celebrou o día 12 de abril de 2007 en León, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade convalidar o acto e conceder a D. Joaquín Lede Martínez, Dona Iria Gorgoso Villamarín e Dona Carmen Iribarren Fernández Rogina, o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 555,81 euros estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída día 11 despois das 14:00 e regreso o día 12 despois das 22:00) Desprazamento: (coche propio a pagar a D. Joaquín Lede Martínez Pontev.-León-Pontevedra: (840 Km.) 159,60 € Peaxe autoestrada: 10,00 € Aparcamento: 20,00 € Total Desprazamentos: 189,60 € Dietas: Día 11: (½ manutención + aloxamento) x 3 persoas 254,01 € Día 12: (1 manutención) x 3 persoas 112,20 € Total Dietas: 366,21 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.327.230.01 de dietas por importe de 366,21 € e á 07/313.327.231.01 de locomoción por importe de 189,60 € do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 7.14996.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14997.- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á CONSELLERÍA DE TRABALLO DA XUNTA DE GALICIA PARA REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN É BUSCA DE EMPREGO - 2007 O pasado 13 de marzo de 2007 no DOG nº 51, publicouse a Orde 8 de marzo de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego. Para a consecución deste obxectivo, a Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Traballo, prevé a colaboración de entidades especializadas para incrementar a capacidade e a calidade das accións, o seu acercamento ó usuario e a atención ós colectivos específicos. A Deputación Provincial de Pontevedra a través do seu Servizo de Promoción de Emprego, pertencente ó Servizo de Acción Social, conta con catro Técnicos Locais de Emprego que están traballando dende o ano 1999 en medidas que inclúen accións tanto de creación de emprego por conta allea como a través de autoemprego. Ademais, e con Iniciativas Comunitarias como Equal ou Interreg, conxuntamente con outros programas de emprego como Subvención Global, e unha Unidade de Promoción de Desenvolvemento financiada tamén pola Xunta de Galicia (finalizada recentemente), traballou en diferentes ámbitos do emprego: formación, orientación e inserción tendo sempre en conta diferentes colectivos de difícil inserción e sen esquecer a evolución social e os cambios sociolóxicos e organizativos da nosa sociedade para unha efectiva integración no mercado laboral. Como consecuencia de todas estas circunstancias, o que se suscita con este informe proposta é a idoneidade de presentar un novo proxecto a esta convocatoria. Este proxecto, suporía a necesidade de contar cos seguintes recursos técnicos, humanos e materiais: Recursos humanos. Para a realización destas actividades, necesitaranse 2 orientadores/as, un con titulación superior e outro con titulación media. A contratación anual deste persoal a xornada completa suporía segundo os cálculos realizados en base á Orde da Xunta de Galicia, un total de 71.698,41€. Segundo o disposto no art.12º 1 a) e b), a subvención cubriría as retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos de persoal necesario para a execución das accións. Nº Custo/ año Técnico/a orientación (licenciado/a) 1 38.493,19 € Técnico/a orientación (diplomado/a) 1 33.205,22 € TOTAL 3 71.698,41 € A contratación faríase conforme ó convenio regulador do persoal Laboral da Deputación Provincial, polo que dita subvención non cubriría a totalidade dos custos que serían os seguintes, desagregados por técnicos, conceptos e tendo en conta que sería una contratación de 9 meses aproximadamente. Perfil nº Retribución 9 meses Custo S.S Indemnización Custo total Subvención 9 meses 9 meses Orientador/a (lic.) 1 21.493,01 € 6.899,26 € 477,62 € 28.870,89 € 21.590,19€ Orientador/a (dip.) 1 18.540,43 € 5.951,48 € 412,01 € 24.904,92 € 21.590,19€ 53.775,81 €v43.180,38 € De acordo coa anterior táboa calcúlanse os gastos de administración segundo o art. 12.2 da orde; un 15% de 43.180,38 € que son un total de 6.477,057 €. Polo tanto, a subvención que se solicita tendo en conta os parámetros da orde é de 49.657,437 € correndo esta Deputación cos custos a maiores de 10.595,43€. Recursos técnicos e materiais. Para a realización destas actividades e, necesitaranse polo menos: 2 despachos adecuados para a atención individual. 2 ordenadores con protocolo de TCP/IP con dispositivos de conexión a internet. Temporalización: As accións comezarán a partir da Resolución aprobatoria da subvención por parte da Xunta de Galicia e ata o 31 de marzo de 2008. A contratación de persoal terá unha duración aproximada de 9 meses. Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Solicitar á Consellería de Traballo, unha subvención para a realización dun programa de orientación e busca de emprego de 49.657,43 €, en base ó estipulado na mencionada orde de 8 de marzo de 2007. - No caso de ser aprobada a subvención, dotar unha partida orzamentaria para cofinanciar a parte correspondente á Deputación, que para a realización deste programa en 9 meses supón 10.595,43 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14998.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PORRIÑO PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DO CENTRO DEPORTIVO NOVAS- PUMARIÑO EN ATIOS A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da provincia. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Porriño de Arousa para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Porriño para a instalación de herba artificial no campo de fútbol do centro deportivo Novas-Pumariño en Atios. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PORRIÑO PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DO CENTRO DEPORTIVO NOVAS-PUMARIÑO EN ATIOS. No Concello de Porriño, a __________ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Raúl Frances Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de O Porriño, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPONEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol do Centro Deportivo Novas-Pumariños en Atios. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). Bancos de suplentes (2 unidades). Un marcador. Bancadas (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 €, incluíndo o 25% achegado polo concello, que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo á partida 07/123.452.662.08.2006 do presuposto provincial. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de O Porriño comprométese as seguintes obrigas: Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros, antes do comezo das obras, e en todo caso nos prazos de pago que establece o art. 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do concello que houbese na entidade provincial. 1.Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 2.Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.Dar adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, formalizándose mediante unha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, Real decreto 887/2003, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de O Porriño, Rafael Louzán Abal Raúl Frances Rodríguez” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14999.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 24 de febreiro de 2007, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 40, 26/02/2007) e no DOGA (nº 41, 27/02/2007). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 19 de marzo de 2007, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de 29 de marzo de 2007, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria á empresa Cepsa Comercial Galicia, S.A. (A-36.154.789) polo prezo do parámetro Delta de 0,04698 €/l, que se aplicará á seguinte fórmula CIxCDxD+DELTA+I.I.E.E.+I.V.M.H+IVE ata chegar a unha cantidade máxima de douscentos trece mil seiscentos euros (213.600,00€). Sendo: CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válida a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza o subministro. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza o subministro. D: Densidade do tipo de carburante correspondente. DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. I.I.E.E.: Impostos especiais. I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. I.V.E: Valor en cada momento. O pago dos contratos efectuaranse no seu día ós adxudicatarios, con cargo á partida 07/511.511.221.03 do vixente Presuposto Provincial. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva, cada un, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 8.544,00 €, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberán ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 324,22 € por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15000.- ADXUDICACIÓN DA OBRA DE “HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA PRAZA DE GALICIA (TUI)” Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas Obras a executar mediante convenio co Concello de Tui”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar a CONSTRUCIONES EIRIÑA, S.L. a obra de “Humanización do entorno da Praza de Galicia” na suma de 187.445,74 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 3.988,21 €, un período de mantemento de trinta e seis meses, e o 3,5% do presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 214,15 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 428,30 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15001.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas Obras a executar mediante convenio co Concello de Vigo”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Pavimentación rúa Policarpo Sanz e Avda. García Barbón ata Glorieta de Isaac Peral” na suma de 315.569,09 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de quince días, melloras valoradas en 33.599,55 €, un período de mantemento de trinta e oito meses, e o 3,05 % do presuposto de execución material para control de calidade. 2.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Pavimentación rúa Pizarro” na suma de 129.720,00 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de once días, melloras valoradas en 25.760,00 €, un período de mantemento de trinta e oito meses, e o 3,12 % do presuposto de execución material para control de calidade. 3.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Pavimentación Travesía de Vigo entre Bailén e Numancia” na suma de 188.942,00€, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de cinco días, melloras valoradas en 32.395,97 €, un período de mantemento de trinta e oito meses, e o 3,05 % do presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 20 % do prezo de adxudicación de cada obra, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., toda vez que, segundo o referido informe técnico, aínda que as ofertas da adxudicataria alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións que rexeu no concurso, incorren en baixa temeraria. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 430,04 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15002.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON CONCELLO DE PONTEAREAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 do actual mes de abril, polo que se prestou aprobación ó Convenio de Colaboración co Concello de Ponteareas para a execución de obras en diversas rúas. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos das obras obxecto do convenio, e que máis adiante se relacionan: Visto o escrito do Enxeñeiro Director de Vías e Obras no que se recomenda dar ó expediente de contratación carácter de urxencia, co obxecto de evitar as dificultades xeradas con este tipo de obras debido ó aumento de tráfico que se produce na época estival, o que provoca inconvenientes e riscos para os peóns. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, para a contratación das obras a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas que a continuación se detallan: 1.- Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Ciclista Emilio Rodríguez, Pombas, Virxe Remedios e Reveriano Soutullo).....58.137,27 € 2.-Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Braña, Azorín e Morales Hidalgo).....57.731,72 € 3.-Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Vidales Tome, Mestres Alfonso Vázquez Fraile, Alcalde D. Ojea e Estrada).....59.807,91 € O expediente financiarase con cargo á partida 07/911.911.662.09 do vixente Presuposto Provincial, achegando a Deputación Provincial o 90 % do presuposto das obras, e o Concello de Ponteareas o 10 % restante. A adxudicación e execución das obras queda condicionada a que polo Pleno do Concello de Ponteareas se preste aprobación ó correspondente convenio. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e Diario oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta do adxudicatario. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE PONTEAREAS” 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª do presente prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento: A obra obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 07/911.911.662.09. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra: 1.- Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Ciclista Emilio Rodríguez, Pombas, Virxe Remedios e Reveriano Soutullo).....58.137,27 € 2.- Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Braña, Azorín e Morales Hidalgo).....57.731,72 € 3.- Pavimentación centro urbano de Ponteareas (rúas Vidales Tome, Mestres Alfonso Vázquez Fraile, Alcalde D. Ojea e Estrada).....59.807,91 € 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de cada obra será dun mes, contado a partir da comprobación do replanteo da obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedida polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. Quedan exentos de presentar a documentación aqueles contratistas que a achegaron durante o presente ano 2007. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración da cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5.Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos e previa audiencia ós licitadores, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 500,00 €, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 15ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 16ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., decatado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Control de calidade: % sobre o presuposto de execución material. Data e sinatura do propoñente, 17ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 18ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15003.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 16 de marzo pasado, polo que se prestou aprobación ó proxecto de Terminación EP 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro), por importe de 481.347,06 €, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión do día 4 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto de Dotación de beirarrúas e servizos EP 0506 Curro-Portela (Barro) por importe de 733.117,88 €, IVE incluído, a executar mediante convenio, aprobado pola Xunta de Goberno de 23/03/2007, co Concello de Barro. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 4 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Dotación de beirarrúas en O Castro EP 6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda)” por importe de 138.413,15 €, IVE incluído, así como ós proxectos de “Beirarrúas en Tomiño, segunda fase” por importe de 490.403,43 €, IVE incluído, e “Mellora da seguridade vial na C-550 en Xesteira-Castrelo (Cambados)” por importe de 595.045,47 €, IVE incluído, executándose estas dúas últimas obras mediante convenio cos Concellos de Tomiño e Cambados, respectivamente, que foron aprobados pola Xunta de Goberno da mesma data. Vistos os escritos do Enxeñeiro Director de Vías e Obras nos que se recomenda dar ó expediente de contratación carácter de urxencia, co obxecto de evitar as dificultades xeradas con este tipo de obras debido ó aumento de tráfico que se produce na época estival, o que provoca inconvenientes e riscos para os peóns. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, para a contratación das seguintes obras: 1. Terminación EP 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro).....481.347,06 € 2. Dotación beirarrúas e servizos EP 0506 Curro-Portela (Barro) .....733.117,88 € 3. Dotación beirarrúas en O Castro EP 6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda) .....138.413,15 € 4. Beirarrúas en Tomiño, segunda fase .....490.403,43 € 5. Mellora seguridade vial na C-550 en Xesteira-Castrelo (Cambados) .....595.045,47 € A obra nº 1 financiarase nas anualidades de 2007, por importe de 209.281,33 €, 2008, por importe de 146.496,93 €, e 2009 por importe de 125.568,80 €, existindo consignación na partida 07/511.511.612.02 para a Anualidade de 2007. As Anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nos correspondentes presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. A obra nº 2, a executar mediante convenio co Concello de Barro con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 2009 Total Deputación 223.122,84 156.185,99 133.873,69 513.182,52 Concello 95.624,09 66.936,84 57.374,43 219.935,36 Total 318.746,93 223.122,83 191.248,12 733.117,88 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/511.511.612.02. A Anualidade de 2008 contabilizarase no correspondente presuposto quedando condicionada á súa aprobación. As achegas do Concello de Barro xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. A obra nº 3 finánciase con cargo á partida 07/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. A obra nº 4, a executar mediante convenio co Concello de Tomiño con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 Total Deputación 201.930,82 141.351,58 343.282,40 Concello 147.121,03 147.121,03 Total 201.930,82 288.472,61 490.403,43 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/511.511.612.02. A Anualidade de 2008 contabilizarase no correspondente presuposto quedando condicionada á súa aprobación. As achegas do Concello de Tomiño xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. A obra nº 5, a executar mediante convenio co Concello de Cambados con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 2009 2010 Total Deputación 181.100,81 126.770,55 108.660,47 416.531,83 Concello 64.285,71 45.000,00 38.571,50 30.656,43 178.513,64 Total 245.386,52 171.770,55 147.231,97 30.656,43 595.045,47 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/911.911.662.09. As Anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nos correspondentes presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Cambados xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. A adxudicación e execución das obras nº 2, 4 e 5, queda condicionada a que polo Pleno dos Concellos de Barro, Tomiño e Cambados se preste aprobación ós correspondentes convenios. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e Diario oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta do adxudicatario. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª do presente prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento: A obra nº 1 financiarase nas Anualidades de 2007, por importe de 209.281,33 €, 2008, por importe de 146.496,93 €, e 2009 por importe de 125.568,80 €, existindo consignación na partida 07/511.511.612.02 para a Anualidade de 2007. As Anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nos correspondentes presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. A obra nº 2, a executar mediante convenio co Concello de Barro con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 2009 Total Deputación 223.122,84 156.185,99 133.873,69 513.182,52 Concello 95.624,09 66.936,84 57.374,43 219.935,36 Total 318.746,93 223.122,83 191.248,12 733.117,88 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/511.511.612.02. A Anualidade de 2008 contabilizarase no correspondente presuposto quedando condicionada á súa aprobación. As achegas do Concello de Barro xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. A obra nº 3 finánciase con cargo á partida 07/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. A obra nº 4, a executar mediante convenio co Concello de Tomiño con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 Total Deputación 201.930,82 141.351,58 343.282,40 Concello 147.121,03 147.121,03 Total 201.930,82 288.472,61 490.403,43 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/511.511.612.02. A Anualidade de 2008 contabilizarase no correspondente presuposto quedando condicionada á súa aprobación. As achegas do Concello de Tomiño xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. A obra nº 5, a executar mediante convenio co Concello de Cambados con arranxo á seguinte distribución por Anualidades: Anualidade 2007 2008 2009 2010 Total Deputación 181.100,81 126.770,55 108.660,47 416.531,83 Concello 64.285,71 45.000,00 38.571,50 30.656,43 178.513,64 Total 245.386,52 171.770,55 147.231,97 30.656,43 595.045,47 Para a achega da Deputación correspondente a 2007 existe crédito dispoñible na partida 07/911.911.662.09. As Anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nos correspondentes presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Cambados xerarán crédito na partida correspondente unha vez que se realice o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra: 1. Terminación E.P. 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro).....481.347,06 € 2. Dotación beirarrúas e servizos E.P. 0506 Curro-Portela (Barro) .....733.117,88 € 3. Dotación beirarrúas en O Castro E.P. 6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda) .....138.413,15 € 4. Beirarrúas en Tomiño, segunda fase ..... 490.403,43 € 5. Mellora seguridade vial na C-550 en Xesteira-Castrelo (Cambados) ..... 595.045,47 € 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de cada obra será de doce meses para as obras nº 1 e 5, catro meses para a obra nº 2, e seis meses para as obras nº 3 e 4, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo G, Subgrupo 4, categoría d. Obra nº 2: Grupo E, subgrupo 1, categoría d. Obra nº 3: Grupo A, subgrupo 2, categoría c-Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obra nº 4: Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Obra nº 5: Grupo G, subgrupo 6, categoría d. Quedan exentos de presentar a documentación aqueles contratistas que a achegaron durante o presente ano 2007, incluíndo unicamente a certificación acreditativa da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5.Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos e previa audiencia ós licitadores, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do
Ãrea de notas
Nota