Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-05-04_Ordinaria. Acta de sesión 2007/05/04_Ordinaria
Acta de sesión 2007/05/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-05-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/05/04_Ordinaria
Data(s) 2007-05-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día catro de maio do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.15072.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “EXECUCIÓN DA FASE FINAL DO CENTRO SOCIO-CULTURAL E XUVENIL SANTA EULALIA (RIBADUMIA)” Vista a Resolución de data 25/10/2005, ratificada pola Xunta de Goberno de data 28 de dito mes, adxudicouse a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. a obra de “Centro Socio-Cultural e Xuvenil Santa Eulalia (Ribadumia)” na suma de 843.653,70 €, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 13 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra cun orzamento adicional líquido de 168.642,70 €. Visto o escrito de CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. adxudicataria da obra inicial, no que presta conformidade tanto ós prezos como ás unidades de obra do proxecto modificado. Visto o informe favorable, emitido polo Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento proposto para a adxudicación da obra do proxecto modificado. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto e o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, e adxudicar a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de “Execución da fase final do Centro Socio-Cultural e Xuvenil Santa Eulalia (Ribadumia)” na suma de 168.642,70 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/451.451-662.10 do vixente Orzamento provincial. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 2.15073.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E PAVIMENTACIÓN AVDA. PEIRAO BESADA (LOURIDO-SAN SALVADOR) (POIO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 23/09/2005, polo que se adxudicou a CONSTRUCIONES CRESPO, S.A. a obra de “Saneamento, abastecemento e pavimentación Avda. Peirao Besada (Lourido-San Salvador) (Poio)” na suma de 274.714,76 €, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 13 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra cun orzamento adicional líquido de 54.919,85 €, e que foi redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia do incremento no movemento de terras, tanto en escavación como na execución dunha sobreescavación para o saneo, así como no número de muros e peches a retranquear, así como o aumento na reposición de servizos afectados por dita obra. Visto o escrito de CONSTRUCIONES CRESPO, S.A. adxudicataria da obra inicial, no que presta conformidade tanto ós prezos como ás unidades de obra do proxecto modificado. Visto o informe favorable, emitido polo Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento proposto para a adxudicación da obra do proxecto modificado. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto e o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, e adxudicar a CONSTRUCIONES CRESPO, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de “Saneamento, abastecemento e pavimentación Avda. Peirao Besada (Lourido-San Salvador) (Poio)”, na suma de 54.919,85 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/511.511.612.02 do vixente Orzamento provincial. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 3.15074.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e cumprir as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución de garantías definitivas das seguintes empresas: FRATERNIDAD-MUPRESPA, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social (C.I.F. G-82.287.228) A constituída en valores, mediante aval do BBVA, por importe de mil cento noventa e nove euros con vinte céntimos (1.199,20), para responder do “SERVIZO DE VIXILANCIA DA SAÚDE DO PERSOAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ANO 2006”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/04/2006 co número de operación 200600038586, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (NIF B- 36.239.945) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos oito euros con oitenta céntimos (908,80 €), para responder do “ALUGAMENTO DE 640 HORAS DE CORTAMALEZAS HIDRÁULICO, CORRESPONDENTE Ó ANO 2006”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/10/2006 co número de operación 200600085916, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCIONES FONTEFRÍA, S.L. (NIF B- 36.371.227) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil setecentos sesenta euros (1.760,00), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 1”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012102, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSE Mª CARRO POMBO (NIF 35.257.433- C) A constituída en metálico, por importe de mil cincocentos vinte e un euros con noventa e dous céntimos (1.521,92€ ), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 2”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2006 co número de operación 200600011027, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (NIF B- 36133916) A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO E CAUCIÓN, por importe de mil setecentos corenta e catro euros con sesenta e catro céntimos (1.744,64 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 3”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/02/2006 co número de operación 200600017004, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSE RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (NIF B- 36.224.384) A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de seiscentos oitenta e tres euros con setenta e seis céntimos (683,76€), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 4”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/02/2006 co número de operación 200600009118, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (NIF B- 36.239.945) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de seiscentos corenta e oito euros (648,00€), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 5”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012106, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS, S.A. (NIF A- 36.028.082) A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO E CAUCIÓN, por importe de setecentos vinte euros (720,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 6”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/02/2006 co número de operación 200600017176, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MODESTO ABAL VARELA (NIF 35.416.586- J) A constituída en metálico, por importe de seiscentos setenta e cinco euros con doce céntimos (675,12 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 7”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/02/2006 co número de operación 200600008712, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (NIF B- 36123800) A constituída en metálico, por importe de oitocentos sesenta e catro euros (864,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 8”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009835, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EULOGIO PUCEIRO RODIÑO (NIF 76.868.427- N) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos sesenta e catro euros (864,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 9”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/02/2006 co número de operación 200600017791, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOREIRA GOMEZ, S.L. (NIF B-36.267.649) A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de novecentos doce euros (912,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 10”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/02/2006 co número de operación 200600011936, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSE RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (NIF B-36.224.384) A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de novecentos cincuenta e seis euros con corenta e oito céntimos (956,48 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 11”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/02/2006 co número de operación 200600009120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA S.L. (NIF B-36.371.227) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos trinta e dous euros (832,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 12”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012101, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALFONSO MOURIÑO AMEAL (NIF 35.424.927- M) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos sesenta euros (960,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 13”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/02/2006 co número de operación 200600017277, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA S.L. (NIF B-36.371.227) -A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de setecentos oitenta e catro euros (784,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 14”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012100, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DESBROCES DEZA, S.L. (NIF B-36.282.010) A constituída en metálico, por importe de seiscentos euros (600,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 15”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/02/2006 co número de operación 200600011856, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO, S.L. (NIF B-15.739.626) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de seiscentos noventa e seis euros (696,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 16”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2006 co número de operación 200600011608, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DESBROCES DEZA, S.L. (NIF B-36.282.010) A constituída en metálico, por importe de seiscentos dez euros (610,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 17”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/02/2006 co número de operación 200600011857, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO, S.L. (NIF B-15.739.626) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de seiscentos noventa e seis euros (696,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 18”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2006 co número de operación 200600011609, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DEL DEZA (NIF G-36.418.952) A constituída en metálico, por importe de setecentos corenta e dous con corenta céntimos (742,40 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 19”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2006 co número de operación 200600011631, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (NIF B- 36.010.205) A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de novecentos oitenta euros (980,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 20”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2006 co número de operación 200600011409, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (NIF B- 36133916) A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de novecentos trinta e dous euros con sesenta e catro céntimos (932,64 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 21”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/02/2006 co número de operación 200600017003, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (NIF B- 36.239.945) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil cen euros (1.100,00), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 22”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012105, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALFONSO MOURIÑO AMEAL (NIF 35.424.927- M) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de setecentos noventa e dous euros (792,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 23”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/02/2006 co número de operación 200600017354, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L. (NIF B- 36.333.839) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos cincuenta e un euros (851,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 24”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/02/2006 co número de operación 200600011966, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (NIF B- 36006716) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos cincuenta e dous euros (852,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 25”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/03/2006 co número de operación 200600023210, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (NIF B- 36.010.205) A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de oitocentos corenta euros (840,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 26”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2006 co número de operación 200600011048, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (NIF 35.253.197- Q) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos catro euros (804,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 27”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009852, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L. (NIF B- 36.333.839) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos doce euros (812,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 28”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/02/2006 co número de operación 200600011967, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (NIF 35.253.197- Q) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos catro euros (804,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 29”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009851, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (NIF B- 36.010.205) A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de setecentos oitenta e catro euros (784,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 30”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2006 co número de operación 200600011047, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSE RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (NIF B-36.224.384) A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de oitocentos oito euros con sesenta e catro céntimos (808,64 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 31”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/02/2006 co número de operación 200600009121, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JULIO CASTRO CARMUEGA (NIF 35.254.201-P) A constituída en metálico, por importe de oitocentos seis euros con corenta céntimos (806,40 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 32”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/02/2006 co número de operación 200600011353, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSE RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (NIF B-36.224.384) A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de seiscentos noventa e nove euros con sesenta céntimos (699,60 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 33”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/02/2006 co número de operación 200600009119, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (NIF B- 36.239.945) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil oito euros (1.008,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 34”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012104, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANEMAS, S.L. (NIF B- 36.256.071) A constituída en valores, mediante aval de BANCO ECHEVERRÍA, por importe de oitocentos trinta e cinco euros con vinte céntimos (835,20 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 35”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/03/2006 co número de operación 200600019258, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MANUEL PAZ GÜIMIL (NIF 35.445.788- M) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos trinta e seis euros con sesenta céntimos (836,60 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 35”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/02/2006 co número de operación 200600011813, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (NIF 35.445.788-M) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos corenta euros (840,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 35”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2006 co número de operación 200600011363, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (NIF 35.253.197-Q) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos trinta e seis euros (836,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 38”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009853, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO, S.L. (NIF B- 36.248.169) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos sesenta euros (860,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 39”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/02/2006 co número de operación 200600010923, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PEDRÉIRA BATÁN, S.L. (NIF B- 36.439.644) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos sesenta euros (860,00 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 40”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/03/2006 co número de operación 200600025954, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (NIF 53.112.825-Y) A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de oitocentos corenta e seis euros con oitenta céntimos (846,80 €), para responder do “CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA DO ANO 2006, LOTE 41”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012026, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.15075.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE XOGADORES DE AZAR, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ASISTENCIAIS Coa finalidade de prestar atención asistencial ás persoas afectadas polas ludopatías e outras adiccións, ó abeiro da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e da Lei 4/93 de 14 de abril de Servizos Sociais de Galicia, a Deputación de Pontevedra pretende subscribir un Convenio de Colaboración coa Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA) para prevención, información e tratamento de tales persoas, e á vista dos informes de 20/04/07 e 25/04/07 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA) para a realización de actividades asistenciais, cunha achega económica por parte da Deputación de 3.000,00 €, con cargo á Partida 07/313.413.480.02. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE XOGADORES DE AZAR (AGAJA) PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ASISTENCIAIS Na sede da Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA) sita na Avenida Alcalde Gregorio Espino nº38 de Vigo o --- de -------- de 2007, reunidos D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85, de 2 abril, e D. Juan José Lamas Alonso, en calidade de Presidente da Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA), con CIF: G36730059. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMERA.- Obxecto. A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e AGAJA para levar a cabo a prevención e unha atención asistencial con tratamento terapéutico e seguimento das persoas afectadas pola ludopatía e outras adiccións existentes para unha mellora da súa saúde e a colectiva no ámbito da Provincia de Pontevedra, a través dun equipo terapéutico. SEGUNDA.- Obrigas das Partes. De acordo co presente Convenio: AGAJA comprométese a: 1.Realizar as actividades de prevención, información e tratamento mediante terapias individuais (con intervención de psicólogos profesionais) e grupais con persoas afectadas pola ludopatía e as distintas adiccións existentes para unha mellora da súa saúde e a colectiva, no horario semanal establecido, no ámbito da Provincia de Pontevedra. 2.Proporcionar o persoal necesario para o funcionamento e realización de ditas actividades, con persoal voluntario da Asociación e persoal profesional contratado, responsabilizándose, neste último caso, de todas as obrigas que isto carree (impostos, seguridade social, etc.) 3.Contratar os servizos de asistencia psicolóxica profesional para un tratamento integral da actividade asistencial. 4.Executar as actividades nas instalacións do seu local social sito en Vigo, co seguinte horario semanal provisional: de luns a venres de 18:00 a 22:30 horas. 5.Presentar Memoria anual das actividades realizadas. A DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a: 1. Entregar á Asociación a cantidade de 3.000,00 euros para axudar ó pago da contratación de asistencia psicolóxica profesional especialista para a realización da actividade asistencial descrita. TERCEIRA.- Duración. O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro de 2007, podendo prorrogarse expresamente sempre que se acorde con dous meses de antelación. A teor do previsto no artigo 198.1 do R.d.l. 2/2000, a duración total do convenio, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos, e tampouco as prórrogas se poderán concertar de maneira illada ou conxuntamente, por un prazo superior ó fixado orixinariamente. CUARTA. – Financiamento. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 3.000,00 euros consignados na partida 07/313.413.480.02 e contraerase a obrigación de pago ata o 31/12/07 en que se rematará o pago total. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin xunto coa presentación da memoria final das actividades desenvolvidas. QUINTA.- Comisión de Seguimento. Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico - formada por representantes das partes asinantes - consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación das actividades. Esta comisión estará formada por parte da Deputación por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de AGAJA, polo secretario da asociación ou a persoa en quen delegue, e un dos membros do equipo terapéutico. As reunións da comisión de seguimento serán convocadas por calquera das partes asinantes. SEXTA. – Resolución do Convenio. O presente Convenio rematará por expiración do prazo de vixencia, ou por resolución. Neste último caso, as causas poden deberse ó incumprimento dalgunha das partes en relación ó contido do convenio, ou por incumprimento da xustificación da subvención por parte de AGAJA. SÉTIMA. – Réxime Xurídico. Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. E demais lexislación aplicable. oitava.- Publicidade. A Deputación de Pontevedra reservase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio. Cando AGAJA desexe utilizar ditos resultados para a súa publicación deberá obter a autorización previa e escrita por parte da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Calquera que sexa o medio de difusión, ámbalas dúas partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio. En calquera caso AGAJA poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización da actividade. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano na sede da Asociación AGAJA na data arriba indicada. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Presidente de AGAJA, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Juan José Lamas Alonso” ------ Folla: 5.15076.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA – OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A POSTA EN MARCHA DO PROXECTO DE RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA Coa finalidade de evitar o proceso desestruturador que se produce para os nenos/as ingresados no Hospital Provincial, debido a enfermidades de media ou longa duración con abandono das súas casas, da escola, a Deputación de Pontevedra, pretende subscribir con Cruz Vermella (Oficina Provincial), un convenio de colaboración para a posta en marcha do Proxecto de Animación e Respiro Hospitalario, transformando o tempo desocupado dos menores hospitalizados, en tempo creativo, tempo de lecer, e facilitando ós familiares un respiro que lles permita facer xestións ou atender o resto da familia, polo que a vista dos informes emitidos o 24 o 27 de abril de 2007, polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella (Oficina Provincial), para a posta en marcha do Proxecto de Animación e Respiro Hospitalario ano 2007, cunha achega económica da Deputación de 18.000,00 € con cargo a partida orzamentaria 07/313.413.480.02. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA POÑER EN MARCHA O PROXECTO DE RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA ANO 2007 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ---- de ---- de 2007, reunidos D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril, e D. Jorge Araújo Cortegoso, como Presidente Provincial de Cruz Vermella, Oficina Provincial de Pontevedra con CIF: Q-2866001-G. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración, polo que, Manifestan As institucións asinantes do presente convenio, pretenden favorecer o desenvolvemento integral e as relacións persoais do neno e do seu contorno, cando este sofre enfermidades de media ou longa duración hospitalizado, xa que estiman que para calquera menor o feito de permanecer ingresado nun hospital, aínda que por pouco tempo, é un proceso desintegrador, provocando cambios na súa vida cotiá: abandono da casa, escola, contactos reducidos coa familia e os amigos, exceso de protección ... a isto hai que engadir que, debido á súa situación de malestar e ó ambiente do centro, o ou a paciente pode tender ó illamento. Por iso consideran necesario a posta en marcha dun programa de respiro e de animación hospitalaria con nenos e mozas orientado por unha banda a complementar os servizos que ofrecen os centros sanitarios, a transformar o tempo libre e desocupado dos menores nun tempo creativo, potenciar as actitudes de relación e creativas, e doutra banda establécese o servizo de respiro dirixido ós pais, nais ou coidadores destes nenos e mozas de tal forma que as familias poidan atender os seus asuntos persoais sen preocuparse de que o menor quede sen compañía. A animación hospitalaria consiste na realización de actividades lúdicas cos nenos e mozas ingresados no Hospital Provincial de Pontevedra. Asumindo as competencias previstas nos artigos 36 da Lei 7/85 de Bases de Réxime local, e 22 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega e ó amparo do Real Decreto 415/96, de 1 de marzo, coas modificacións introducidas neste polo R.d 2219/96, de 11 de outubro, sobre o ordenamento da Cruz Vermella Española, e en cumprimento da Recomendación R (85) de 9 a 21 de xuño, do Consello de Ministros do Consello de Europa, sobre o traballo voluntario en actividades sociais, as partes asinantes consideran que Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións as dúas partes acordan establecer o presente convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. As institucións asinantes, Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o contido das prestacións especificadas no programa de Respiro e de Animación Hospitalaria, obxecto deste convenio. Obxectivo xeral: Complementar os servizos que ofrece o hospital incidindo principalmente nas relacións persoais e no desenvolvemento integral. Obxectivos específicos: Paliar a ruptura co medio social que padece o/a menor durante o seu ingreso, facilitando a estancia do/a neno/a no centro hospitalario. Desenvolver no hospital un clima rico en relacións humanas entre os/as pacientes evitando situacións de illamento e soidade do/a neno/a. Asegurar unha oferta plural de actividades lúdicas: xogos, actividades manuais, cancións, conta-contos. Desenvolver a creatividade e sensibilidade no/a neno/a sobre temas e actividades realizadas nun espazo lúdico e educativo. Ofrecernos como un recurso estable de apoio ás familias con menores hospitalizados. Accións: As accións principais que se levarán a cabo dende o programa consistirán en: Ludotecas e aula de xogos. Con actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, préstamo de xoguetes, animación á lectura e conta-contos, visualización de películas, apoio escolar... En habitación: acompañamento en habitación, actividades de lecer e tempo libre en habitación, servizo de biblioteca, préstamos de xogos, xoguetes, etc. apoio escolar, servizo de soporte e respiro a familias e acompañantes. As actividades terán sempre unha mesma estrutura, que se poderá variar en función das demandas dos usuarios/as e das avaliacións; agora ben os contidos de devanditas actividades si variarán ó longo das semanas. O desenvolvemento das actividades farase tanto de forma individual coma en grupo. Isto é, sempre que sexa posible involucrará a amigos, familiares, do neno ou nena na dinámica. Formación: ó comezo da tempada realizarase un curso para voluntariado no que se impartirán os fundamentos básicos do programa, intervención no hospital, técnicas de animación e manexo de grupos, planificación de actividades e características da etapa infantil. Ó longo do ano realizaranse monográficos de reciclaxe sobre a temática do programa. Recursos Humanos: 1) Técnico. Monitor de lecer e tempo libre, 20 horas semanais. Funcións: Captación de voluntarios/as. Seguimento das diferentes fases e avaliación do proxecto. Organización da formación e actividades. Facilitar e desenvolver o programa e o ambiente de grupo de traballo entre o equipo de monitores. 2) Equipo de 8 monitores voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Xuventude formados nas áreas de lecer e de tempo libre e vinculados directamente a este programa. Funcións: Participar na formación, información, programación, intervención, seguimento e avaliación. Participar e colaborar na programación das actividades. Traballo en equipo e coordinado co responsable e máis o hospital. Recursos materiais: O programa conta coa infraestrutura de Cruz Vermella Pontevedra, e inclúe: Aulas para formación e reunións. Almacén para o material. Oficina dotada de material diverso, como un ordenador con impresora, máquina de escribir, teléfono... Material bibliográfico. Material de papelería. Material lúdico... Tamén é necesaria a utilización de diverso material funxible para os talleres de manualidades. Na memoria xustificativa (anexo I) descríbense as respectivas constitucións e competencias de cada unha das devanditas institucións, así como a xustificación, os obxectivos para cubrir, as achegas materiais e en recursos humanos dos fins propostos e a avaliación. SEGUNDA. Destinatarios. O perfil dos destinatarios deste proxecto serían: Nenos, nenas e mozos de ata 18 anos de idade con enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria. Os menores poden estar situados na planta de pediatría ou noutra zona do hospital. As patoloxías que poden sufrir estes nenos e nenas poden ser de diversa índole: óseas, musculares, intestinais, respiratorias, renais, politraumatismos, etc. TERCEIRA. Duración. O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro de 2007, podendo prorrogarse expresamente sempre que se acorde con dous meses de antelación. A duración total do convenio, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos. CUARTA. Financiamento. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 18.000,00 € consignados na partida 07/313.413.480.02 e contraerase a obriga de pago ata o 31/12/07 en que se determinará o pago total. A devandita contía aboarase anualmente unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin. QUINTA. Participación de Cruz Vermella. A achega da Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, concrétase nas actividades previstas no programa, captación e emprego de recursos voluntarios, selección e contratación de persoal e xestión do programa. Ademais proporciónaselles un seguro de cobertura de accidentes e de responsabilidade civil ós voluntarios durante o desempeño da actividade. Os menores ingresados no hospital contarán co seguro habitual do complexo hospitalario. Durante o transcurso do programa Cruz Vermella non manexará datos persoais dos menores ingresados, a non ser os meramente identificativos a nivel estatístico como son o número de nenos atendidos, franxa de idade e sexo. SEXTA. Comisión de seguimento. Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico - formada por representantes de ambas institucións - consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación do proceso e a finalización do programa. Esta comisión estará formada por parte da Deputación por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de Cruz Vermella, pola secretaria provincial ou a persoa en quen delegue, e o técnico do programa de Cruz Vermella, e mais por un responsable do Hospital que actúe como enlace entre este e a coordinación do proxecto. As reunións da comisión de seguimento serán bimensuais ou antes se os membros que a forman o consideran necesario. Para a correcta marcha do programa é imprescindible que o Hospital designe a un responsable que actúe como enlace entre a coordinación do proxecto e o Hospital, e que terá que participar nas reunións. SÉTIMA. Ámbito de aplicación. O ámbito de aplicación do presente convenio é o Hospital Provincial de Pontevedra, desenvolvéndose a través da asemblea comarcal de Cruz Vermella Española en Pontevedra. OITAVA. Publicidade. Cruz Vermella Española comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabore sobre o programa. Estando as partes conformes co sentido deste documento, asínano no pazo da Deputación Provincial na data do encabezado. O Presidente da Excma. Deputación O Presidente de Cruz Vermella Provincial de Pontevedra, Española de Pontevedra, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Jorge Araújo Cortegoso” ------ Folla: 6.15077.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA 3ª EDICIÓN DO PREMIO CARMEN FERRO Coa finalidade de potenciar a igualdade de oportunidades e facilitar o desenvolvemento de accións promotoras da conciliación da vida persoal e laboral das mulleres, a Deputación de Pontevedra, convoca neste ano 2007, a terceira edición do Premio Carmen Ferro, para os plans de igualdade dos Concellos ou Mancomunidades que teñan carácter innovador e se baseen en estudos reais das necesidades de cada zona, cunha dotación de 24.000,00 €, polo que á vista do borrador das Bases Reguladoras da citada convocatoria e dos informes emitidos o 12 e 19 de abril de 2007 polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras da Terceira Edición do Premio Carmen Ferro para este ano 2007, cunha dotación orzamentaria de 24.000,00 €, estruturándose en catro categorías cun premio de 6.000,00 € cada unha delas, a saber: Categoría A: Concellos ou Mancomunidades ata 5.000 habitantes. Categoría B: Concellos ou Mancomunidades de 5.000 a 10.000 habitantes. Categoría C: Concellos ou Mancomunidades de 10.000 a 20.000 habitantes. Categoría D: Concellos ou Mancomunidades de máis de 20.000 habitantes. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PREMIO CARMEN FERRO A Deputación convoca o Premio “Carmen Ferro” co propósito de conseguir unha igual participación e representación das mulleres en todos os ámbitos, e preténdese fomentar as accións que faciliten canles para que as mulleres poidan conciliar a vida persoal, familiar e laboral. Dende esta perspectiva, a Deputación de Pontevedra, especialmente sensibilizada coa problemática da muller, convoca o “ Premio Carmen Ferro “, que irá dirixido ós Concellos ou Mancomunidades da provincia que integren Concellos que leven a cabo plans de igualdade de oportunidades. Coa igualdade de oportunidades, preténdense apoiar todas as intervencións dirixidas a paliar situacións de desigualdade entre homes e mulleres e facilitar que ambos poidan optar e participar libremente nos diferentes eidos da sociedade nas mesmas condicións e coas mesmas responsabilidades. Como punto de partida, seleccionaranse nesta convocatoria os Plans de Igualdade, que desenvolvan actuacións de carácter innovador e que respondan ás necesidades reais da zona, onde se pretendan levar a cabo, establecendo catro categorías, que a continuación se sinalan: Categoría A: Concellos ou Mancomunidades ata 5.000 habitantes. Categoría B: Concellos ou Mancomunidades de 5.000 a 10.000 habitantes. Categoría C: Concellos ou Mancomunidades de 10.000 a 20.000 habitantes. Categoría D: Concellos ou Mancomunidades de máis de 20.000 habitantes. BASES PRIMEIRA. Obxecto. O Premio “Carmen Ferro”, ten por obxecto, premiar ós Concellos e Mancomunidades da Provincia de Pontevedra, que leven a cabo e poñan en marcha Plans de Igualdade de Oportunidades, e que cumpran os requisitos esixidos na Convocatoria e nas presentes Bases. SEGUNDA. Orzamento. A contía consignada para este concurso ascende a 24.000,00 euros, con cargo a partida 07/313.313.481.07, do orzamento ordinario da Deputación Provincial. TERCEIRA. Temática. Para o concurso da terceira edición do “Premio Carmen Ferro” seleccionouse como tema “Plans de igualdade de oportunidades”. CUARTA. Destinatarios. Todos os Concellos ou Mancomunidades que estean desenvolvendo ou pretendan levar a cabo plans de igualdade de oportunidades que sexan viables, sendo incompatibles para cada un dos Concellos presentar plans a nivel individual e ó mesmo tempo de forma agrupada. QUINTA. Condicións. Os plans deberán estar baseados nun estudo de necesidades reais e ser viables. Contar cun orzamento municipal para a contribución no financiamento do desenvolvemento do plan. No caso das Mancomunidades, os plans deberán ser presentados e asinados polo Presidente ou representante legal designado a tal efecto. Os plans achegaranse mecanografiados, podendo presentarse tanto en galego coma en castelán. SEXTA: Exclusións. Quedan excluídos de participar nesta edición do Premio, aqueles Concellos ou Mancomunidades cuxos Plans de Igualdade, resultasen premiados nas anteriores convocatorias, ou recibiran mención de honra. SÉTIMA. Documentación. Os Concellos ou mancomunidades, que presenten Plans de Igualdades deberán de achegar a seguinte documentación: 1-Designación do Presidente ou do representante legal, no caso das mancomunidades. 2-Certificación do órgano competente, sobre a existencia de crédito para facer fronte ó financiamento que ten que asumir a entidade local, e indicación do importe solicitado á Deputación para contribuír o seu financiamento. 3-Estudo de necesidades que fundamente a elaboración do Plan. 4-Declaración do conxunto de axudas concedidas e/ou solicitadas para o desenvolvemento do Plan, procedentes das distintas Administracións Públicas, o doutros entes públicos ou privados. OITAVA. Premios. Haberá catro categorías de premios dotadas con 6.000,00 € cada unha delas: Categoría A: Concellos ou Mancomunidades ata 5.000 habitantes. Categoría B: Concellos ou Mancomunidades de 5.000 a 10.000 habitantes. Categoría C: Concellos ou Mancomunidades de 10.000 a 20.000 habitantes. Categoría D: Concellos ou Mancomunidades de máis de 20.000 habitantes. En función do número de habitantes de cada un dos Concellos ou das mancomunidades, e no caso destas últimas, entregaráselle o Presidente ou ó representante legal da mesma, para que repercuta nas accións do Plan que pretendan levar a cabo. NOVENA. Lugar e Prazos de Presentación. Os Plans presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ou por calquera dos medios que se contemplan no artigo 38 da Lei 30/92 de Réxime xurídico das Administracións Públicas e de procedemento administrativo común de 26 de novembro. O prazo de presentación comezará ó día seguinte á publicación da presente convocatoria no BOP, e rematará o 15 de outubro do presente ano. DÉCIMA. Resolución dos Premios. O xurado avaliador dos Plans estará composto polos seguintes membros: Presidente: o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación, ou Deputado en quen delegue. Vogais: tres Deputados/as provinciais representantes de cada un dos grupos políticos. Un técnico especialista en temas da muller, nomeado polo mesmo xurado avaliador para asesorar sobre cuestións técnicas. No xurado actuará como secretario/a o titular da Deputación ou funcionario do Servizo de Acción Social en quen delegue. O xurado queda facultado para resolver calquera incidencia que poida presentarse no transcurso das deliberacións; o seu fallo inapelable, adoptarase pola maioría simple dos seus membros. Os Plans premiados quedarán en poder da Deputación, no Servizo de Acción Social, podendo utilizarse parcial ou integramente. Os outros, poderán retirarse no citado Servizo no prazo dun mes, pasado este tempo destruiranse.” ------ Folla: 7.15078.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN A FAVOR DA ASOCIACIÓN “ACCU VIGO” DE ENFERMOS DE CROHN E COLITE ULCEROSA (SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS) Aprobada pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006 a subvención por importe de 1.200,00 €, a favor da Asociación ACCU VIGO de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa, para as XII Xornadas de Xoves ACCU, e unha vez rematado o prazo de xustificación da subvención sen que a devandita asociación xustificase en debida forma a mesma, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención polo importe de 1.200,00 € que a favor da Asociación ACCU VIGO de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa aprobou a Xunta de Goberno de 23/06/06, dentro da convocatoria 2006 de Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados, debido á falta de xustificación da mesma. ------ Folla: 8.15079.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN ADAPTA DE PONTEAREAS, Á SUBVENCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Aprobada por Resolución Presidencial nº 018709 de 29/12/06, unha subvención por importe de 3.600,00 € a favor da Asociación de Discapacitados, do Condado e Paradanta (“ADAPTA”), para “Asistencia Domiciliaria e terapias de mellora da saúde”, e comunicada o 27/04/07 a renuncia da devandita Asociación, á subvención concedida, debido a imposibilidade de levar a cabo a actividade subvencionada, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “ADAPTA” de Ponteareas, a subvención para “Asistencia Domiciliaria e terapias de mellora da saúde”, que polo importe de 3.600,00 €, aprobou no seu favor a Resolución Presidencial nº 018709 de 29 de decembro de 2006. ------ Folla: 9.15080.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN ASVIDAL DE VIGO, Á SUBVENCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Aprobada pola Xunta de Goberno de 23/06/06, unha subvención de 2.100,00€, a favor da Asociación “ASVIDAL” de Vigo para “Actividades formativas dirixidas a traballadoras sociais” e comunicada a renuncia da devandita Asociación á subvención outorgada, por imposibilidade de xustificala no prazo previsto, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “ASVIDAL” de Vigo, a subvención que por importe de 2.100,00 €, aprobou no seu favor a Xunta de Goberno de 23/06/06, para “Actividades formativas dirixidas a traballadoras sociais”. ------ Folla: 10.15081.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DE “PREMIOS Á INVESTIGACIÓN – 2006” De conformidade co disposto na base 5ª da convocatoria de Premios á Investigación 2006, que se achegarán con cargo á partida 07/451.451.481.01.2006, e despois da reunión mantida polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 26 de abril, a Xunta de Goberno queda enterada e acorda prestar conformidade nos seus propios termos á acta do Xurado, que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2006 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 11,00 horas do 26 de abril de 2007, reúnese o Xurado cualificador de Premios á Investigación 2006 presidido por D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura desta Deputación Provincial e os vogais: D. Luis Ortíz Torres, director da E. U. de Enxeñería Técnica Forestal; D. Gabriel Rosón Porto, decano da Facultade de Ciencias do Mar; D. Alberto Pena Rodríguez, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; D. Gerino Calvo Maquieira, director da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; Dª. Rosa Ana Malvar Pintos, directora da Misión Biolóxica de Galicia; D. Ernesto Viéitez Cortizo, profesor e presidente da Real Academia Galega de Ciencias; D. Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo Provincial de Pontevedra; D. Miguel Pereira Figueroa, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e Dona Mª Del Carmen Crespo Blanco, xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, actuando como Secretario D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes premios: Apelidos e nome DNI Lema Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 € Declarado deserto HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 € Declarado deserto PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 6.000,00 € Declarado deserto TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXIA.- 1.500,00 € Premios Ex Equo Álvarez Iglesias, Paula 76902561-Z El registro sedimentario reciente de la ensenada de San Simón (Ría de Vigo, Noroeste de España): Interacción entre procesos naturales y actividades antropogénicas. Campos Pérez, Francisco 77002126-N Efectos de la anatoxina-A sobre la liberación de Dopamina estriatal. Un estudio in vivo mediante microdiálisis cerebral. TESES DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.500,00 € Premios Ex Equo Torres Romay, Emma 76862131-H Galicia e a guerra do fletán: Información, prensa e propaganda. García Filgueira, Marta 36073125-V Eclecticismo y arquitectura en la Galicia del Siglo XIX. La obra de Domingo Rodríguez Sesmero y Alejandro Rodríguez-Sesmero González. TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.200,00 € Riveiro Rodríguez, Belén 76933992-G Efectos de tratamientos repetidos de fuego prescrito en el crecimiento diametral y parámetros bioeléctricos de Pinus pinaster Ait. en el monte Val de Nocedo (Quiroga) TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.200,00 € Castro Lorenzo, Mª Luisa 46917401-T La vajilla de lujo en Santiago de Compostela en los siglos XVI y XVII: Aportaciones de la arqueología. INVESTIGACION XUVENIL: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.500,00 € Freire Piñeiro, Lorena 36100422-J Utilización del residuo de transformación del granito de la comarca de O Porriño como posible inhibidor de la corrosión del acero al carbono INVESTIGACION XUVENIL: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.500,00 € Martínez Tejero, Cristina 76912157-L Os acontecementos do ano 1968 no “Faro de Vigo” Así mesmo, e en atención ó fallo deserto das modalidades: Premios de Investigación: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e provincia de Pontevedra, este Xurado propón a concesión da totalidade dos premios que se relacionan: Na modalidade de Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía; a cantidade de 1.500,00 € a cada un dos premiados. Na modalidade de Teses de doutoramento: Humanidades e Ciencias Sociais; a cantidade de 1.500,00 € a cada un dos premiados. E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 12,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe.” ------ Folla: 11.15082.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE PORTAS, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006/08, ANUALIDADE 2007, DENOMINADA “ASFALTADO PISTAS NO CONCELLO, 1ª FASE” PARA AS OBRAS “ASFALTADO DE PISTAS NO CONCELLO, CAMIÑO CURRÁS-ROMAI VELLO” E “ASFALTADO DE PISTAS NO CONCELLO, CAMIÑO CRUCEIRO-LIÑAR” Vista a petición do concello de Portas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, anualidade 2007, denominada “Asfaltado pistas no concello, 1ª Fase”, cunha subvención de 61.901,23 €, para as obras “Asfaltado de pistas no concello, camiño Currás-Romai Vello”, cunha subvención de 30.420,51 €, e “Asfaltado de pistas no concello, camiño Cruceiro-Liñar”, cunha subvención de 31.480,72 €, e suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas no concello de Portas con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzamento Subv. Orzamento Subv. Orzamento Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Materiais Escola San Xoán 21.852,00 16.388,22 16.388,22 Materiais auditorio ó aire libre 21.471,31 16.102,68 16.102,68 Asfaltado de pistas no Concello, camiño Currás- Romai Vello 30.420,51 30.420,51 30.420,51 Asfaltado de pistas no Concello, camiño Cruceiro-Liñar 31.480,72 31.480,72 31.480,72 Asfaltado de pista no Concello, 2ª Fase 52.615,60 52.615,60 52.615,60 43.323,31 32.490,90 61.901,23 61.901,23 52.615,60 52.615,60 147.007,73 ------ Folla: 12.15083.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANASTASIO COBO AROCA POR DANOS PERSOAIS PADECIDOS NA RÚA ALFONSO XIII DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 14/11/2006 (Rex. nº 036287) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. ANASTASIO COBO AROCA con enderezo en Estrada de Vigo, 16-3º E de Redondela, por danos persoais padecidos o día 12 de xaneiro de 2006, na rúa Alfonso XIII e que individualiza economicamente en 9.416,99 €. Resultando.- Que con data 15/11/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 29/11/2006 co seguinte contido: “...1.- El convenio de colaboración firmado el día 14 de abril de 2005 entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y el Excmo. Ayuntamiento de Vigo, tenía por objeto la realización y ejecución de una serie de obras, entre las cuales se encontraban las derivadas del proyecto “Humanización de la calle Alfonso XIII en Vigo” 2. Dicho proyecto fue adjudicado, por la Junta de Gobierno de la Diputación, a la empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA) en la suma de 372.195,00 euros, IVA incluido, habiendo incluido la empresa en su oferta un plazo de ejecución de un mes y medio, mejoras valoradas en 27.070,89 euros y un período de mantenimiento de 34 meses. 3. Al ser la citada empresa la encargada de llevar a cabo las obras de referencia y responsable de su señalización, por parte del Servicio de Vías y Obras no se tenía constancia de la existencia de “tres tornillos anclados al suelo para la instalación de una farola, las cuales sobresalían unos 10 centímetros de altura y se hallaban separados entre sí formando un triángulo...sin señalizar”, deficiencia que, de existir, sería inherente a la ejecución de la propia obra. En este sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Redundo de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas “ Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”, en esta caso una vez examinado el pliego de condiciones del proyecto “Humanización de la calle Alfonso XIII”, se puede comprobar que las obras de alumbrado público y consecuentemente la colocación y señalización de los pernos necesarios para la sujeción de las farolas, son operaciones requeridas por la ejecución del contrato. Por otro lado el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor e Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, señala que “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine…” (en el mismo sentido el artículo 139.3 del Real Decreto 1428/2003, de 21 de Noviembre, por el que se aprueba el Reglamento General de Circulación para aplicación y desarrollo del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial). Por ello, al haberse producido el daño a consecuencia de una presunta falta de señalización de “tres tornillos anclados al suelo para la instalación de una farola” (operación inherente a la ejecución de las obras) y no ser consecuencia inmediata y directa de una orden de la Administración, ni tener su origen en cláusulas impuestas por ésta de ineludible cumplimiento, ni tratarse de un daño derivado de vicios de un proyecto de obras elaborado por la misma, este Servicio concluye que, de probarse los hechos denunciados, la responsabilidad por los daños sufridos por D. Anastasio Cobo Aroca correspondería a la empresa COVSA, como contratista encargado de ejecutar las obras derivadas del proyecto denominado “Humanización de la calle Alfonso XIII en Vigo” 4. Por último señalar que por parte de este Servicio no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes, en fechas próximas al que es objeto del presente informe, por la misma causa” Considerando.- Que en datas de 04/12/2006 e 15/02/2007 remitíronse oficios á empresa COVSA, S.A., a fin de que realizara alegacións en relación o informe emitido polo Servizo de Vías e Obras, emitíndose as mesmas en 27/02/2007 co seguinte contido literal: “…manifestamos que COVSA es adjudicataria, por parte de esa Excma. Diputación en convenio con el Excmo. Concello de Vig, de las obras HUMANIZACIÓN DA RUA ALFONSO XIII el 31/08/05, una vez comprobados los hechos que expone en su escrito, manifestamos que las obras consistieron en la realización de aceras de piedra, sin incluir la renovación del alumbrado público. Posteriormente, a petición del Concello, la Diputación accede a incluir únicamente la obra civil, siendo inicialmente el Concello el que debe colocar los báculos de alumbrado, en base a esto COVSA pone los puntos en las aceras debidamente señalizados con cinta y valladas, pero el Concello demora la colocación de los báculos, y transcurridos unos meses nos ordenan a nosotros la colocación de los mismos. Las obras estuvieron señalizadas en todo momento, si bien es cierto que las cintas a veces desaparecían y las vayas las tiraban y se reponían…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de ca
Ãrea de notas
Nota