ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/09/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/2.2007-09-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/09/05_Ordinaria

  • Data(s) 2007-09-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día cinco de setembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes e D. Severino Requera Varela. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. José Fernández López. Non asisten os señores deputados D. José Carlos Silva Mariño nin D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15357.- ACTAS ANTERIORES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 1 e 8 de agosto de 2007. ------ Folla: 2.15358.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA PARA ADQUIRIR SEMENTE DE OSTRA PARA BATEAS A FAVOR DA ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES OSTRÍCOLAS DE GALICIA (OPOGA) Vista a Resolución Presidencial do día 18 de decembro de 2006, con rexistro de saída núm. 18922, no que se concede unha axuda de 9.000,00 € á Organización de Productores Ostrícolas de Galicia (OPOGA), con CIF núm. G 36054922 e domicilio na rúa Michelena, 1, 3º, CP 36002, do concello de Pontevedra, para adquirir semente de ostra para bateas. Vista a documentación xustificativa do gasto; visto o informe emitido pola Intervención, do 26 de xuño de 2007, no que se informa que a axuda por importe de 9.000,00 € concédese sobre un presuposto de 252.000,00 €, o que supón o 3,57%, e que a xustificación ascende a 24.550,00 €, polo que a cantidade máxima a percibir é de 876,45 €. Vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, ambos do 4 de xullo de 2007, no que se apunta que a contía da axuda concedida é o 5,96 % da axuda solicitada e se teñan en conta as consideracións técnicas feitas no informe previo á fiscalización da axuda, no que se apuntan as perdas producidas polo parásito Bonamia, avalado polo Centro de Control do Medio Mariño, informando, así mesmo que xa que se atopa sobradamente xustificado o gasto, aínda que non se acade a inversión total, se lle aboen os 9.000,00 €. Vista a solicitude de OPOGA, do 6 de xullo de 2007 (núm. de rexistro de entrada 25094/07), no que se xustifica a problemática que supón o transporte e inmersión da semente de ostra, e solicitando que se aboe integramente o importe da axuda concedida pola RP núm. 18922/07, na contía de 9.000,00 €. Visto o informe da Intervención, do 12 de xullo de 2007, no que se reitera o exposto no informe de 26 de xuño de 2007, polo que se deberá emendar ou interesar a corrección da xustificación a OPOGA ou, en caso contrario, deberase propor polo Servizo a súa aprobación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo polo procedemento extraxudicial de crédito a obriga derivada da concesión dunha axuda á Organización de Productores Ostrícolas de Galicia (OPOGA), con CIF núm. G 36054922, para adquirir semente de ostra para o seu cultivo en bateas, por un importe de nove mil euros (9.000,00 €) con cargo á partida 07/711.711.479.01.2006. ------ Folla: 3.15359.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA RELATIVA Á CERTIFICACIÓN N º1 - FINAL DO PROXECTO DE “OBRAS COMPLEMENTARIAS EN SAN VICENTE - O GROVE (TELEFONÍA)” Visto o informe de Intervención, de data 10/08/2007, relativo á certificación nº 1-final de Construcións, Obras e Viais, S.A. correspondente ás “Obras complementarias San Vicente-O Grove (Telefonía)”, cuxo importe ascende á suma 281.164,01 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na partida 07/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, e dado que non se seguiu o procedemento de contratación legalmente establecido, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de acordo coa base 17-1 das de execución do Presuposto Provincial de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF A-36008886), con domicilio, a efectos de notificacións, en Pontevedra, r/Herminia Fariña Cobián, baixo, a certificación nº 1-final por importe de 281.164,01 €, correspondente ás “Obras complementarias San Vicente-O Grove (Telefonía)”, cantidade que será librada con cargo á partida 07/511.511-612.02, con arranxo ó seguinte detalle: Euros Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF A-36008886) 281.164,01 Subtotal 281.164,01 Taxa dirección de obra 8.147,32 Control de calidade 1.018,42 Seguridade e saúde 1.018,42 Total descontos 10.184,16 Importe líquido a percibir por la empresa 270.979,85 ------ Folla: 4.15360.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 2 - FINAL RELATIVA ÁS OBRAS DE “REPARACIÓNS NA E.P. SABARÍS-BELESAR (BAIONA), (OBRAS DE EMERXENCIA FASE 1ª)” Vista a certificación núm. 2-final relativa ás obras de “Reparacións na E.P. Sabarís-Belesar (Baiona)”, adxudicadas no seu día á Empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 8 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Euros C.O.V.S.A. (CIF A-36008886) 07/511.511-210.00 (Deputación) 480.228,21 € Subtotal parcial....... 480.228,21 € Taxa dirección de obra 13.915,62 € Control de calidade Seguridade e saúde Importe líquido a percibir pola empresa 466.312,59 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto se trata da prestación dun servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 5.15361.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 RELATIVA ÁS OBRAS DE “INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA A CONSTRUCIÓN DE 15 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA” Vista a certificación núm. 1 relativa ás obras de “Infraestrutura básica para a construción de 15 campos de fútbol de herba sintética”, adxudicada no seu día a Empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 9 de agosto de 2007, e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 07/123.452-662.08 (Deputación) 313.064,48 € SUBTOTAL ………. 313.064.48 € Taxa dirección de obra 9.071,70 € Control de calidade 2.267,93 € Seguridade e Saúde 2.267,93 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……….. 299.456,92 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.15362.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 2 RELATIVA ÁS OBRAS DE “INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA A CONSTRUCIÓN DE 15 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA” Vista a certificación núm. 2 relativa ás obras de “Infraestrutura básica para a construción de 15 campos de fútbol de herba sintética”, adxudicada no seu día a Empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 24 do mes de agosto e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 07/123.452-662.08 (Deputación) 232.029,42 € SUBTOTAL ………. 232.029.42 € Taxa Técnicos Directores 6.723,54 € Control de calidade 1.680,89 € Seguridade e Saúde 1.680,89 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 221.944,10 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.15363.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 4 - FINAL RELATIVAS ÁS OBRAS DO “PROXECTO MODIFICADO EP-8004 CALDAS-VILANOVIÑA (MEIS-PORTAS)” Vista a certificación núm. 4-final relativa ás obras de “Proxecto modificado E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Meis-Portas)”, adxudicada no seu día a Empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 9 do mes de agosto e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 07/511.511-612.02 (Deputación) 185.951,36 € SUBTOTAL PARCIAL 185.951,36 € Taxa dirección de obra 5.388,33 € Control de calidade 673,54 € Seguridade e Saúde 673,54 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 179.215,95 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.15364.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE “AMPLIACIÓN DOS PASOS SOBRE A LIÑA DE FF.CC. SANTIAGO-OURENSE EN EP-6504 NEGREIROS-CARBOEIRO E EP-6506 BREIXA-MANDUAS” (SILLEDA) Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesión de 29/09/2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Ampliación dos pasos sobre a liña de FF.CC. Santiago-Ourense en E.P. 6504 Negreiros-Carboeiro e E.P. 6506 Breixa-Manduás (Silleda)” por importe de 256.130,38 €, e en sesión de 24/11/2006 polo que se adxudicou dita obra a ATESVI, S.L. na suma de 215.000,00€. E, visto o proxecto modificado de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 256.130,38 €, redactado polo Enxeñeiro Director da obra como consecuencia de que, unha vez replanteada a obra e analizadas as prescricións de ADIF no que se refire a traballos en proximidade á vía, fíxose necesario incluír unha serie de modificacións e unidades novas que afectan ós capítulos de estruturas, movemento de terras, pavimentación e drenaxe, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado nº 1 de “Ampliación dos pasos sobre a liña de FF.CC. Santiago-Ourense en E.P. 6504 Negreiros-Carboeiro e E.P. 6506 Breixa-Manduás (Silleda)” por importe de 256.130,38 €, tendo en conta que non se varía o presuposto inicial da obra, e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de ATESVI, S.L. ------ Folla: 9.15365.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE VILAXOÁN A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da provincia. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a instalación de herba artificial no campo de fútbol municipal de Vilaxoán. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL-VILAXOÁN No Concello de Vilagarcía de Arousa, a __________ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Dona Mª Dolores García Giménez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vilagarcía de Arousa, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol municipal de Vilaxoán, no concello de Vilagarcía de Arousa. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. • Bancadas (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros, incluíndo o 25% achegado polo concello, que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo á partida 07/123.452.662.08.2006 do presuposto provincial. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.-O Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese as seguintes obrigas: 1.-Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial a cantidade de 30.000,00 euros na anualidade 2007, antes do comezo das obras, e en todo caso nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. A cantidade restante para completar o 25% do importe total do campo de fútbol, 62.000,00 euros achegarase con cargo á anualidade do ano 2008. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. 2.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en tódolos ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, formalizándose mediante unha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, R.d. 887/2006 de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Vilagarcía de Arousa, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. Dna. Mª Dolores García Giménez” ------ Folla: 10.15366.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA-CLAUDIO SAN MARTÍN PARA O “VII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA 2007” Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, en materia de obra benéfico social, en base ó cal efectuarase unha achega económica por parte de Caixa Galicia, de 80.000,00 €, distribuíndose 60.000,00 € para o “Certame Provincial de Bandas de Música” e 20.000,00 € para a edición das catro obras obrigadas do mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA-CLAUDIO SAN MARTÍN En Pontevedra, a de de 2007 REUNIDOS Dunha parte, D. José Luís MÉNDEZ LÓPEZ, maior de idade, con D.N.I 32.329.781, veciño da Coruña e con domicilio profesional na Rúa Nova, 30. E doutra parte, D. Rafael LOUZÁN ABAL, maior de idade, con D.N.I. Nº 35.451.643, veciño de Pontevedra e con domicilio profesional en Montero Ríos, s/n. Actúa o primeiro en calidade de Vicepresidente da FUNDACIÓN CAIXA GALICIA-CLAUDIO SAN MARTIN (en diante Fundación Caixa Galicia), en nome e representación da mesma, con C.I.F. G-15169188 e domicilio social na Coruña, Rúa Nova, número 30. En tanto que o segundo actúa en calidade de Presidente da Excma. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, nomeado mediante acordo plenario de 27 de xuño de 2007, segundo as competencias que lle outorga o artigo 34 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LBRL), o artigo 61 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais (ROF) e o artigo 105 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, co C.I.F. P-3600000-H e con domicilio social en Pontevedra, Av. Montero Ríos, s/n. Ambos os comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade para o presente outorgamento e, en consecuencia, EXPÓN I.- Que a Fundación Caixa Galicia é unha persoa xurídica privada, de natureza fundacional e de interese galego, que ten o carácter de obra social propia das Caixas de Aforros de Galicia. Foi constituída co obxecto de consagrar as súas actividades á acción cultural en calquera das súas posibles manifestacións, o que leva a efecto na práctica por medio da realización de múltiples e diversas actuacións, na liña das contidas no Decreto Lexislativo 1/2005, de 10 de marzo e no Decreto do Consello da Xunta de Galicia 261/1999, de 17 de setembro, polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico social das Caixas de Aforro de Galicia. II.- Que entre as competencias das Deputacións Provinciais atópase a potenciación da actividade cultural en toda a provincia en coordinación cos programas que deseñan e pon en práctica os concellos. III.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra vén desenvolvendo un intenso labor no ámbito cultural. IV.- Que, para a consecución dos fins referidos no Expositivo II anterior, a Deputación Provincial de Pontevedra desenvolve anualmente, entre outros programas de actividades culturais, o denominado “Certame Provincial de Bandas de Música.” V.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da actividade cultural propia da Fundación Caixa Galicia, considera a esta entidade como axente preferente para a colaboración na realización dos programas culturais que se refiren no expositivo II do presente convenio. Pola súa banda, a Fundación Caixa Galicia, considerando o interese cultural e, xa que logo, a significación e transcendencia de tales actividades, accede a prestar á Deputación Provincial de Pontevedra a colaboración expresada. VI.- Que a Fundación Caixa Galicia decidiu continuar no verán 2007 o programa “As Nosas Músicas”, que mostra un panorama da música folc contemporánea, apoiando a grupos musicais de raíces autóctonas á vez que se promove o turismo e difunde os nosos produtos e cultura. VII.- Que, en virtude de canto queda exposto, e cumprindo coa vontade das entidades ás que respectivamente representan, os comparecentes outorgan neste acto o presente convenio de colaboración, de acordo coas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- A Fundación Caixa Galicia colaborará coa Deputación Provincial de Pontevedra no programa cultural denominado “Certame Provincial de Bandas de Música”, mediante unha achega económica de sesenta mil euros (60.000,00 €), que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. A citada achega económica farase efectiva mediante ingreso en conta número 2091 0545 00 3110000021, da que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra, da seguinte forma: - O 50% de dito importe o día 30 de setembro de 2007. - O 50% restante á finalización de dito programa cultural, previa presentación por parte da Deputación Provincial de Pontevedra á Fundación Caixa Galicia da memoria de actividades correspondente. SEGUNDA.- Así mesmo a Fundación Caixa Galicia colaborará coa Deputación Provincial de Pontevedra na edición de catro publicacións relacionadas coas bandas de música, mediante unha achega económica de vinte mil euros (20.000,00 €), que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. Dita cantidade será aboada no número de conta que a Deputación Provincial de Pontevedra indique para ese efecto unha vez foran entregados á Fundación Caixa Galicia 50 exemplares de cada unha das publicacións referidas. Ós efectos oportunos, a Deputación Provincial de Pontevedra garantiza á Fundación Caixa Galicia que obterá as autorizacións e permisos necesarios, calquera que sexa a súa índole e alcance, para a realización das actividades á que se compromete en virtude desta Estipulación SEGUNDA, e especialmente esixibles, no seu caso, por razón da vixente normativa aplicable ós dereitos de propiedade intelectual, industrial e á propia imaxe que puidese afectar ós distintos elementos integrantes das citadas actividades. En consecuencia, a Fundación Caixa Galicia queda liberada de calquera responsabilidades que puidesen poñerse de manifesto por razón da ausencia ou da deficiencia de tales autorizacións e permisos, cuxa obtención, xestión e mantemento son da exclusiva responsabilidade da Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- A planificación, organización e realización das actividades descritas na estipulación Primeira son responsabilidade exclusiva da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación Provincial de Pontevedra informará á Fundación Caixa Galicia, con antelación suficiente, da planificación, organización e realización das citadas actividades, especialmente daquelas que requiran representación institucional. CUARTA.- O nome e anagrama da Fundación Caixa Galicia figurarán en todas as actividades dos programas culturais descritos, así como en todos os medios, soportes, convocatorias e comunicacións que se utilicen para a súa difusión publicitaria. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a enviar á Fundación Caixa Galicia as probas de imprenta de todo o material divulgativo, así como das catro publicacións referidas na estipulación Segunda, antes da súa edición para a súa aprobación. SEXTA.- Co fin de apoiar a consecución dos obxectivos expresados no expositivo VI, a Fundación Caixa Galicia organizará directamente actividades culturais, para o que contará coa especial colaboración, tanto da propia Deputación Provincial de Pontevedra, como dos Concellos onde se desenvolvan as citadas actividades. SÉTIMA.- A acción cultural mencionada na Estipulación SEXTA anterior, que se compromete a levar a cabo a Fundación Caixa Galicia, concretarase nunha programación de actividades cuxo núcleo fundamental será a organización de sete concertos do programa que a Fundación Caixa Galicia realizará durante os meses de verán do ano 2007, denominado “As Nosas Músicas”. O presuposto total que se destina a este programa de actividades é de noventa mil euros (90.000,00 €). OITAVA.- A planificación, organización e realización do programa de actividades indicado na estipulación anterior, así como o pago dos gastos consecuentes corresponderán á Fundación Caixa Galicia, que solicitará a imprescindible colaboración dos concellos seleccionados en cuxos municipios leven a cabo as actividades, nos termos que se indiquen no oportuno convenio que outorgarán directamente, en cada caso, o propio concello implicado e a Fundación Caixa Galicia. NOVENA.- O nome e anagrama da Deputación de Pontevedra, así como o de cada un dos concellos implicados, figurarán en todos os medios, soportes e comunicacións que se utilicen para a difusión publicitaria das actividades referidas na Estipulación QUINTA que leven a cabo. DÉCIMA.- Coa finalidade de coordinar a posta en marcha e desenvolvemento de todas as actividades ás que fai referencia o presente convenio, así como para resolver as controversias que poidan xurdir na interpretación e execución do mesmo, crearase unha comisión paritaria integrada por dúas persoas nomeadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e outras dúas nomeadas pola Fundación Caixa Galicia. UNDÉCIMA.- Serán causas para a resolución do presente convenio, a instancia de calquera das partes, o incumprimento total ou parcial pola outra parte das obrigas asumidas por ela en virtude do mesmo. En caso de resolución, a Fundación Caixa Galicia terá dereito á devolución do importe dos pagos anticipados cando non se xustifiquen coas facturas correspondentes os respectivos gastos realizados. DUODÉCIMA.- O presente convenio entrará en vigor dende o día da sinatura ata o 31 de decembro de 2007. Os comparecentes, na representación coa que respectivamente comparecen, dan a súa conformidade ó presente convenio, asinando, en proba da mesma, no lugar e na data expresados no encabezamento. Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Pola Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. José Luis Méndez López” ------ Folla: 11.15367.- INFORME EN RELACIÓN COA PETICIÓN DA MANCOMUNIDADE DO BAIXO MIÑO RELATIVA Á EXENCIÓN DA OBRIGA DE MANTER POSTOS DE TRABALLO DE FUNCIONARIOS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL Vista a petición do Presidente da Mancomunidade Intermunicipal “do Baixo Miño”, de 6 de agosto de 2007, sobre exención de contar cun posto propio de funcionario habilitado de carácter nacional, debido a escaseza de recursos e poder realizar a súa función os dos concellos integrados, e de conformidade co disposto nos arts. 4 e 31 do R.d. 1732/1994, de 29 de xullo, de Provisión de Postos de Traballo Reservados a Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, que autorizan a exención ás Mancomunidades de Municipios cando o seu volume de servizos ou recursos sexa insuficiente para manter eses postos e poder exercer as funcións por acumulación, quen ostente tal condición nos concellos agrupados, como ocorre neste caso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade informar favorablemente á mesma, ós efectos procedentes. ------ Folla: 12.15368.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA A “ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS) NO PAM/05, PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº 278/486, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CEMITERIO PÚBLICO LOCAL-FORMACIÓN DE LOUSA E SANEAMENTO”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude de aboo da certificación única, da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa (Caldas de Reis), á vista do informe de Intervención de data 10/08/07, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 16.000,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da devandita Entidade Local Menor e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº. 278/486, denominada “Construción de cemiterio público local-formación de lousa e saneamento”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 13.15369.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA O CONCELLO DE A CAÑIZA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº338/703, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE XIMNASIO E PISTAS DE SQUASH”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude de aboo da certificación dous/liq., do Concello de A Cañiza, á vista do informe de Intervención de data 21 de agosto de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 35.676,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº. 338/703, denominada “Construción de ximnasio e pistas de squash”, incluída no PAM/04. ------ Folla: 14.15370.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO E TÍTULO DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS TRAVESÍA PONTEVEDRA-CAMBADOS E PO-9402 MOSTEIRO-BARRANTES”, DO CONCELLO DE MEIS, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, POR “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA. CAMBADOS ENLACE COA PO-9402 MOSTEIRO-BARRANTES” Vista a petición do concello de Meis, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o título da obra incluída no PAM 2006-08, denominada “Dotación beirarrúas e servizos travesía Pontevedra-Cambados e PO-9402 Mosteiro-Barrantes”, cun presuposto que ascendía a 3.016.370,68, pola de “Mellora da Seguridade Vial e dotación de servizos na Avda. Cambados enlace coa PO-9402 Mosteiro Barrantes” cuxo presuposto fíxase definitivamente en 1.681.024,26 €, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Meis con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 -2008 Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. Cambados enlace coa PO-9402 Mosteiro- Barrantes 1.681.024,46 20.817,17 119.678,42 101.725,81 242.221,40 Aula de usos didácticos en Zacande 42.000,00 21.649,04 21.649,04 1.723.024,46 42.466,21 119.678,42 101.725,81 263.870,44 ------ Folla: 15.15371.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA LORENZO MUÑÍZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA EP-9702. AS SINAS (VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de rexistro 25/06/07 (rex. nº 023680) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Lorenzo Muñiz con enderezo de notificacións en rúa Cristino Álvarez nº 1-3ª planta da Coruña, por danos padecidos o día 25/06/2007, na EP-9702 As Sinas (Vilanova de Arousa) e que individualiza economicamente en 646,48 €. Resultando.- Que con data 28/06/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 4/07/2007 co seguinte contido: “… 1. La que denominan carretera de “As Sinas” es la E.P. 9702 As Sinas-Vilanova de Arousa y pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras se tuvo constancia del accidente de referencia ya que operarios de la brigada de la zona, alertados por el servicio de emergencias 112, procedieron a limpiar el aceite existente en la zona de circulación que provenía del vehículo de Dª Maria Lorenzo Muñiz. 3. Realizada visita de inspección al vial de referencia se ha podido comprobar que en el lugar del accidente existe una señal de prohibición R-301 de limitación de velocidad a 40Km/hora, una señal de advertencia P-15 a indicativa del peligro representado por un perfil irregular, resalto o badén, para franquear los cuales con comodidad y seguridad es preciso reducir la velocidad de aproximación en más de 30Km/hora, y una señal de indicación S-13 paso de peatones con prioridad. Hechas las oportunas comprobaciones, y según las fuentes de la policía local consultadas, dichas señales ya existían en la fecha del accidente, recordemos el 25 de junio de 2006. 4. Todas estas señales -de advertencia de peligro, de prohibición y de indicación- tienen por objeto: a) Advertir a los usuarios de la vía la proximidad y la naturaleza de un peligro difícil de ser percibido a tiempo, con objeto de que se cumplan las normas de comportamiento que, en cada caso, sean procedentes como ocurre en este supuesto respecto al badén existente. b) Establecer la prohibición de circular a velocidad superior, en Km/hora, a la indicada en la señal (en este caso 40 Km/hora) c) facilitar al usuario de la vía ciertas indicaciones que puedan serle de utilidad, como sucede en este supuesto respecto a la existencia de un paso de peatones. 5. Es por ello que las circunstancias que rodearon el accidente ponen de manifiesto que la conductora no adoptó las necesarias precauciones a la hora de circular con su vehículo, teniendo en cuenta la existencia de las señales citadas. En este sentido cabe recordar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9.2 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, “ En particular se deberá conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño, propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor como a los demás ocupantes del vehículo y al resto de los usuarios de la vía. Queda terminantemente prohibido conducir de modo negligente o temerario” Por su parte el artículo 53 del citado cuerpo normativo señala que “Todos los usuarios de las vías objeto de esta Ley están obligados a obedecer las señales de la circulación que establezcan una obligación o una prohibición y a adaptar su comportamiento al mensaje del resto de las señales reglamentarias que se encuentren en las vías por las que circulan”. 6. Por último señalar que no se tiene constancia de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa, “badén sin señalizar”, ocurridos en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, xa que do documentado do informe do Servizo de Vías e Obras dedúcense os seguintes extremos indubitados: 1º.- Existen tres sinais, a saber, prohibición R-301, de limitación de velocidade a 40 Km/h.; sinal de advertencia P-15a de perfil irregular, resalto ou badén para franquear o cal é preciso reducir a 30 Km/h. e, por fin, sinal de indicación S-13 de paso de peóns con prioridade. 2º.- A reclamante non achega atestado da garda civil de tráfico nin informe da policía local, xa que os mesmos, por datos obxectivos terían prexudicado a reclamación. O anterior é bastante para desestimar a reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 16.15372.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA ROSALÍA CASAL RIAL POR DANOS EN VEHÍCULO NA EP-9205 (SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro 29/03/07 (rex. nº 013288) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Rosalía Casal Rial con enderezo de notificacións en Xil-Ganón, 10 de Meaño, por danos padecidos o día 29/11/2006 na EP-9205 (Sanxenxo) e que individualiza economicamente en 3.275,28 €. Resultando.- Que con data 02/04/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 16/05/2007 co seguinte contido: “…1. La EP 9205 está incluída dentro de la red provincial de carreteras. 2. Según información facilitada por el capataz de la zona, hacia las 22:00 horas del día 29 de noviembre de 2006 la brigada intervino a raíz de un accidente provocado por deslizamiento de vehículos a consecuencia de la existencia de barro en la calzada, procediendo en ese mismo instante a colaborar en la limpieza y señalización del tramo de carretera en cuestión. 3. Como pone de manifiesto el informe elaborado por la guardia civil, informe que ha sido contrastado por el técnico que suscribe, el barro procedía de una pista próxima a la carretera en donde Gas Galicia, Sociedad para el Desarrollo del Gas, S.A., estaba realizando unas obras en una parcela de su propiedad, empleando para el destierre a la empresa Excavaciones Losada; el barro generado por dichas obras provocó que el pavimento del vial estuviese deslizante en ese momento (en el mismo sentido vid informe de la guardia civil, apartado superficie), siendo responsabilidad de las citadas empresas la señalización de los posibles peligros que la ejecución de los trabajos podrían generar (artículos 139 y 140 del Reglamento General de Circulación) 4. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior, en este punto se hace necesario analizar las circunstancias que rodearon el accidente de referencia, tales como las características de la vía o la velocidad a la que circulaba el vehículo implicado. En cuanto al primer aspecto (características de la vía) se indica en el informe elaborado por la guardia civil, corroborado por el reportaje fotográfico que se adjunta al presente informe, que el lugar del accidente es un “tramo de vía curvo con trazado a su izquierda” y que “la visibilidad se encontraba restringida por la configuración del terreno”, es decir, que las características de la vía obligaban a la conductora a adoptar las máximas precauciones a la hora de circular de forma que pudiese adecuar la velocidad del vehículo a las mismas y que pudiera detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pudiese presentarse (artículo 19 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo y artículo 45 del Reglamento General de Circulación: “1. Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: g) Al circular por pavimento deslizante o cuando pueda salpicarse o proyectarse agua, gravilla u otras materias a los demás usuarios de la vía. 5. En todo caso cabe resaltar que la brigada de la zona intervino en el lugar del accidente sobre las 22:00 horas del día 29 de noviembre de 2006, es decir, con la mayor celeridad posible teniendo en cuenta que el siniestro ocurrió sobre las 21:40 horas, procediendo en ese instante a la señalización del tramo de carretera en cuestión. 6. Por último señalar que por parte del Servicio de Vías y Obras no se ha tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa, en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe”. Considerando.- Que con data de 11/06/2007 emitiuse por Gas Galicia Sdg, S.A., informe co seguinte contido literal: “Que Gas Galicia Sdg, S.A. ha realizado la instalación de una PLANTA SATÉLITE DE ALMACENAMIENTO Y REGASIFICACION DE GAS NATURAL LICUADO (GNL) en el paraje Fontoira-Padriñán, en el término municipal de Sanxenxo (Pontevedra), proyecto autorizado por la Dirección General de Industria, Energía y Minas. Que Gas Galicia Sdg, S.A. suscribe lo expuesto en el informe emitido por los Servicios Técnicos de la Diputación Provincial de Pontevedra, y señala que no tiene conocimiento de que se hayan producido más accidentes en el tramo en cuestión. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do atestado elaborado pola Garda Civil e do informe do servizo de Vías e Obras colíxense os seguintes extremos indubitados: 1º.- O barro- causa do sinistro- procedía dunha obra próxima promovida por “Gas Galicia” “Excavaciones Losada”. 2º.- O tramo de vía era curvo e en sentido descendente atopándose a visibilidade restrinxida pola configuración do terreo, o que obrigaba a minorar a velocidade e incluso a deter o vehículo, pois o barro era perceptible. 3º.- A velocidade era inadecuada por excesiva, pois o atestado di que o vehículo circulaba a máis de 50 Km/h. 4º.- Incumpríronse os artigos 19 do TACVMSV (R.d. 339/90) 45 e 46 do Regulamento Xeral de Circulación. Nembargantes e a maiores, dicir que a obriga de sinalización do barro é da empresa que obra, artigos 139 e 140 do RXC e que a Deputación cumpriu dilixentemente con sinalizar as 22:00 horas cando o sinistro foi as 21,40 horas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 17.15373.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS RELATIVO Ó PLAN PARCIAL S.U. 4, SITO EN AIOS-NOALLA, DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 17 de xullo de 2007 (rexistro de entrada núm. 26084, de data 18/07/07), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Parcial S.U. 4, sito en Aios-Noalla, do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 8 de agosto de 2007, no que manifesta, entre outros: “...una vez examinado el mismo se constata que no incide directamente sobre ninguna carretera provincial y si tiene una incidencia indirecta sobre la PO-9206 que discurre por sus proximidades y que a través del diario que le circunda va a afectar de alguna manera a la fluidez del tráfico en la mencionada carretera provincial. Figura en el Plan Parcial presentado, un vial recogido en el Plan General que establece una rotonda sobre la PO-9206 a la altura del núcleo de Pontes que puede aliviar de alguna manera la situación anteriormente mencionada.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 18.15374.- COMUNICACIÓNS a) Queda enterada do escrito do Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, rexistro de entrada 28020 de data 08/08/07, que literalmente di: “En relación co seu escrito de 16/07/2007, polo que se comunica o acordo da designación do representante desa Deputación no Comité Provincial de Integración e Coordinación Ambiental desta Delegación, debo manifestarlle que o Decreto 72/1998, do 30 de xaneiro, polo que se crean os Comités de Integración e Coordinación Anbiental (DOG nº48, do 11 de marzo de 1998), quedou derogado polo Decreto 581/2005, do 15 de decembro, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible (DOG nº4, do 5 de xaneiro de 2006), e, en consecuencia, suprimindo os devanditos Comités de Integración e Coordinación Ambientais.” b) Queda enterada do escrito da Secretaria Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, rexistro de entrada 28290 de data 11/08/07, que literalmente di: “En relación a moción aprobada no Pleno da Corporación Provincial da Deputación Provincial de Pontevedra, celebrado o día 12 de xullo do ano 2007, no que se designan como representantes na Comisión Provincial da Vivenda a D. Jesús Vázquez Almuíña, informámoslles que na actualidade non existe tal Comisión Provincial de Vivenda. En virtude do Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública, no seu artigo 13, configúrase a Comisión Provincial de Vivenda, suprimíndose o representante da Deputación Provincial. Na actualidade, segundo a disposición 8ª do Plan de Vivenda 2005-2008 (Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro), modifícase este artigo 13, e a Comisión Provincial de Vivenda pasa a denominarse Xunta Cualificadora, manténdose a supresión do representante da Deputación Provincial.” c) Queda enterada do escrito da Secretaria do Comité Asesor do Camiño de Santiago, da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, rexistro de entrada 029288 de data 27/08/07, que literalmente di: “Recibido escrito no que nos comunican a designación do representante desa Deputación na Comisión do Patrimonio Histórico do Camiño de Santiago, cómpre facer as seguintes aclaracións, para o seu coñecemento: - Coa entrada en vigor do Decreto 46/2007 do 8 de marzo, polo que se regula a composición e funcionamento do Comité Asesor do Camiño de Santiago, queda derrogado o Decreto 63/1992, do 19 de febreiro, que regulaba a composición e funcionamento das Comisións do Patrimonio Histórico Galego, no que se refire á organización e funcionamento da Comisión de Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago, queda derrogado. - En virtude do establecido no devandito decreto o 26 de xuño de 2007 constitúese o Comité Asesor do Camiño de Santiago, polo que a Comisión de Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago deixa de exercer as súas funcións. - O artigo 9.2 do Decreto 46/2007, do 8 de marzo, establece: “Así mesmo serán convocados ás sesións, con voz e sen voto, unha persoa en representación da Deputación Provincial correspondente directamente afectada nos asuntos a tratar en cada sesión”, polo que o representante designado será convocado de conformidade coas precisións do devandito artigo”. d) Queda enterada do escrito do Alcalde do Concello de Mos de data 02/08/07, rexistro de entrada 28261 de 10/08/07, no que manifesta que remite certificado da aprobación definitiva en sesión plenaria de data 26/07/07 do Estudo de Detalle Puxeiros. Polígono de Balaídos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.15375.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE “DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 2007 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 11/05/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Mellora de trazado e pavimentación E.P. 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz)”(PPC 2007), por importe de 150.000,00 €. Vista a R.P. nº 12558/07, pola que se prestou aprobación ós proxectos, incluídos no PPC 2007, “E.P. 0018 Xeve-Amil (Paraños) (Pontevedra-Moraña)” por importe de 140.880,00 €, “E.P. 1002 Magdalena-Aldán, 1ª fase (Cangas)” por importe de 388.118,00 €, “E.P. 6304 Orrea-Val-Brocos (Agolada)” por importe de 94.000,00 €, “E.P. 6403 Cruces-Brocos (Vila de Cruces-Agolada)” por importe de 131.000,00 €, “E.P. 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada)” por importe de 218.583,00 €, “Mellora de trazado e pavimento E.P. Cerquido-Budiño (Porriño)” por importe de 200.000,00 €, e “Mellora de trazado e pavimento E.P. Covelo-Barciademera” por importe de 200.000,00 €. Vistos os escritos dos Enxeñeiros Xefes das Zonas Norte e Sur proponse a contratación das obras por procedemento de urxencia debido ás dificultades técnicas e concreción dos proxectos que orixinaron prolongar o tempo previsto para a súa redacción. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Ratificar a R.P. nº 12558/07, pola que se prestou aprobación a diversos proxectos, incluídos no PPC 2007. 2.- Aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, tendo en conta que as obras terán que estar contratadas con anterioridade ó próximo día 1 de outubro do ano en curso, xa que de non ser así se perderían as subvencións destinadas polo MAP ás obras incluídas no PPC 2007 que a continuación se relacionan: 1. “Mellora de trazado e pavimentación E.P. 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz)”(PPC 2007), por importe de 150.000,00 €. 2. “E.P. 0018 Xeve-Amil (Paraños) (Pontevedra-Moraña)” por importe de 140.880,00 €. 3. “E.P. 1002 Magdalena-Aldán, 1ª fase (Cangas)” por importe de 388.118,00€. 4. “E.P. 6304 Orrea-Val-Brocos (Agolada)” por importe de 94.000,00 €. 5. “E.P. 6403 Cruces-Brocos (Vila de Cruces-Agolada)” por importe de 131.000,00 €. 6. “E.P. 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada)” por importe de 218.583,00 €. 7. “Mellora de trazado e pavimento E.P. Cerquido-Budiño (Porriño)” por importe de 200.000,00 €. 8. “Mellora de trazado e pavimento E.P. Covelo-Barciademera” por importe de 200.000,00 €. As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 07/911.511.611.09 do vixente Presuposto Provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DAS OBRAS CORRESPONDENTES ÓS PLANS PROVINCIAIS DE COOPERACIÓN DO ANO 2007 1.- OBXECTO.- A execución das seguintes obras: Obra nº 1 EP 0018 XEVE-AMIL (PARAÑOS) (PONTEVEDRA-MORAÑA) Obra nº 2 EP 1002 MADALENA-ALDÁN, 1º FASE (CANGAS) Obra nº 3 EP 6304 ORREA-VAL-BROCOS (Agolada) Obra nº 4 EP 6403 CRUCES-BROCOS (VILA DE CRUCES-Agolada) Obra nº 5 EP 7007 COUSO-S. MIGUEL BARCALA (A ESTRADA) Obra nº 6 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. CERQUIDO-BUDIÑO (PORRIÑO) Obra nº 7 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. COVELO-BARCIADEMERA Obra nº 8 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO EP MONDARIZ-MEIROL (MONDARIZ) A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación e integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do TRLCAP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- As obras obxecto deste contrato contan cos presupostos que se relacionan a continuación: OBRA I MPORTE Obra nº1 EP 0018 XEVE-AMIL (PARAÑOS) (PONTEVEDRA-MORAÑA) 140.880€ Obra nº 2 EP 1002 MADALENA-ALDÁN, 1º FASE (CANGAS) 388.118€ Obra nº 3 EP 6304 ORREA-VAL-BROCOS (Agolada) 94.000€ Obra nº 4 EP 6403 CRUCES-BROCOS (VILA DE CRUCES-Agolada) 131.000 Obra nº 5 EP 7007 COUSO-S. MIGUEL BARCALA (A ESTRADA) 218.583€ Obra nº 6 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. CERQUIDO-BUDIÑO (O PORRIÑO) 200.000€ Obra nº 7 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. COVELO-BARCIADEMERA 200.000€ Obra nº 8 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO EP MONDARIZ-MEIROL (MONDARIZ) 150.000€ O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. 3.– FINANCIAMENTO.- O prezo das obras financiaranse con cargo á partida 07/911.511.611.09 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN Os prazos para a execución e terminación das obras serán os que a continuación se relacionan: OBRA PRAZO Obra nº1 EP 0018 XEVE-AMIL (PARAÑOS) (PONTEVEDRA-MORAÑA) SEIS MESES Obra nº 2 EP 1002 MADALENA-ALDÁN, 1º FASE (CANGAS) SEIS MESES Obra nº 3 EP 6304 ORREA-VAL-BROCOS (Agolada) OITO MESES Obra nº 4 EP 6403 CRUCES-BROCOS (VILA DE CRUCES-Agolada) SEIS MESES Obra nº 5 EP 7007 COUSO-S. MIGUEL BARCALA (A ESTRADA) OITO MESES Obra nº 6 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. CERQUIDO-BUDIÑO (PORRIÑO) CATRO MESES Obra nº 7 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO E.P. COVELO-BARCIADEMERA OITO MESES Obra nº 8 MELLORA TRAZADO E PAVIMENTO EP MONDARIZ-MEIROL (MONDARIZ) CATRO MESES O prazo contarase a partir do día seguinte á sinatura da Acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e logo de petición de contratista con informe favorable de director de obra. No caso de prorroga proposta pola d

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición