ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/01/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-01-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/01/02_Ordinaria

  • Data(s) 2008-01-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e corenta minutos do día dous de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15754.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de decembro de 2007. ------ Folla: 2.15755.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: IZASA, S.A. (NIF A- 28.114.742) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE CAUCIÓN Y CRÉDITO, por importe de seiscentos cincuenta e nove euros con sesenta céntimos (659,60 €), para responder do contrato de subministro e instalación de mobles para unha parte do laboratorio da análises de pensos, materias primas e silos na Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2003 con número de operación 200300003135, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IZASA, S.A. (NIF A- 28.114.742) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE CAUCIÓN Y CRÉDITO, por importe de mil cento noventa e nove euros con sesenta céntimos (1.199,60 €), para responder do contrato de subministro e instalación de dúas vitrinas de ácidos concentrados con armarios de ácidos base para o laboratorio de análises de pensos e materias primas da Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2003 con número de operación 200300003134, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IZASA, S.A. (NIF A- 28.114.742) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cincocentos catro euros con oitenta e cinco céntimos (504,85 €), para responder do contrato de subministro dun contador electrónico de esporas Coulter Z1, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/03/1998 con número de operación 1998009434, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IZASA, S.A. (NIF A- 28.114.742) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE CAUCIÓN Y CRÉDITO, por importe de cincocentos corenta e sete euros con vinte e oito céntimos (547,28 €), para responder do contrato de subministro dun equipo extractor de graxas para o laboratorio da Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/05/2003 con número de operación 200300029996, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IZASA, S.A. (NIF A- 28.114.742) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE CAUCIÓN Y CRÉDITO, por importe de mil cento noventa euros (1.190,00 €), para responder do contrato de subministro dun equipo de análises Vapodest 50C Gerhardt con destino ó laboratorio da Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/01/2001 con número de operación 200100001079, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DIAGRAMA INGENIERÍA ORENSE, S.L. (NIF B- 32.129.504) • A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER CENTRAL HISPANO, por importe de mil cento noventa e dous euros (1.192,00 €), para responder do contrato da asistencia técnica para informe sobre o estado da rede provincial na comarca do Morrazo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/10/2006 con número de operación 200600088325, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRADOIRO DE CONFECCIÓN MUNPEL, S.L. (NIF B- 15.789.951) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos trinta e dous euros con seis céntimos (632,06 €), para responder do contrato de subministro de 49 cazadoras de coiro para o persoal do Parque de Maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/07/2007 con número de operación 200700056655, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.15756.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “PARQUE EMPRESARIAL TERCIARIO DE PORTO DE MOLLE (NIGRÁN), CONEXIÓN EXTERIOR ABASTECEMENTO” Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da obra de “Parque Empresarial Terciario de Porto de Molle (Nigrán) (conexión exterior de abastecemento)” formulada pola mesa de contratación; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida obra a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. na suma de 100.783,43 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 8.851,47 € e o 3 % do presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe de 2.080,00 €, na forma que determina o nº 7 do art. 113 do R.d.l. 781/86 e art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 357,20 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: 4.15757.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICOS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 7 de novembro de 2007 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante concurso, procedemento aberto, do subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial, por un tipo máximo de licitación de 241.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número, 221 e no Diario Oficial de Galicia número 222, de datas 15 e 16 de novembro de 2007, respectivamente. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 5 de decembro de 2007, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, LÓGICA EQUIPAMIENTOS SUR, S.L.; ESTANTERIAS EUN, S.A.; PLANITEC, S.L.; TECAM OFICINAS, S.A.; OFITA, S.A. MOBILIARIO METÁLICO; OFICINA FLEXIBLE OFIFLEX, S.L.; KL-1 MOBILIARIO DE OFICINA, S.L. e JOSÉ MANUEL CARREGAL SILVA, S.L. (ATOX GALICIA), as cales foron admitidas ó concurso, pasándose a seguir a informe dos técnicos do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 27 de decembro de 2007 formula proposta para que se lle adxudique o concurso á empresa, ESTANTERÍAS EUN, S.A., por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe emitido polo Director do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, de data 10 de decembro de 2007, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, así como o disposto nos artigos 6, 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no sentido de que ó ser un contrato mixto cualificaranse e aplicarán as normas da prestación que teña máis importancia dende o punto de vista económico e neste caso é o subministro de estantes. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar á empresa, ESTANTERÍAS EUN, S.A. (C.I.F.- A-20046058), o concurso convocado para a contratación do subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial, polo prezo de douscentos vinte e nove mil douscentos un euros con dezanove céntimos (229.201,19 €), IVE incluído e coas melloras ofertadas pola empresa adxudicataria. A adxudicación a favor de ESTANTERÍAS EUN, S.A. (C.I.F.- A-20046058), motívase por resultar a empresa que presenta a oferta máis vantaxosa, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. O pagamento do prezo do subministro de diversos tipos de estantes metálicos e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial efectuarase ó adxudicatario, contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez estean instaladas e recepcionadas os estantes, así como prestado o servizo de traslado de fondos, con cargo á partida, 07/454.451.625.01 ata a suma de 174.040,72 euros e con cargo á partida 07/454.451.223.00, ata a suma de 55.160,47 euros, ambas do Presuposto Provincial correspondente ó exercicio de 2007. O adxudicatario deberá constituír unha garantía definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 9.168,05 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das garantías provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A garantía provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constitúa a garantía definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 139,20 euros e 436,80 euros, (total 576,00 euros) por gastos de anuncios no boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 5.15758. - SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOS PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN “PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MOS”, INCLUÍDA NO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2006 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade deixar este asunto enriba da mesa pendente dun máis detido estudo. ------ Folla: 6.15759.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15760.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA DE “REFORMA E AMPLIACIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMBADOS” A Xunta de Goberno da Deputación, en sesión 23 de marzo de 2007, adxudicou o concurso para a contratación da obra “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados” á empresa Oreco, S.A. pola cantidade de cincocentos sesenta mil novecentos catorce euros con oitenta e oito céntimos (560.914,88 €), IVE incluído, e unhas melloras valoradas en sete mil cincocentos euros. Unha vez iniciados os traballos de demolición da cuberta e eliminación das tabiquerías obsérvase un estado de conservación máis deficiente do previsto na estrutura existente que require dunha intervención non prevista inicialmente no proxecto inicial. Así mesmo, pola Comisión técnica do Patrimonio Histórico Municipal de Cambados requírese que a cuberta do inmoble sexa de tella cerámica. Estas necesidades novas e causas imprevistas requiriron a redacción dun novo proxecto modificado pola empresa Nam Arquitectos, S.L., que foi supervisado de forma favorable polo arquitecto técnico provincial. Considerando que, unha vez perfeccionado o contrato o órgano de contratación poderá introducir modificacións por razóns de interese público como consecuencia de causas imprevistas e necesidades novas, en virtude do previsto no artigo 101 e 146 do TRLCAP. E polo exposto, de conformidade coas bases de execución do presuposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados” por un importe de oitocentos corenta e seis mil seiscentos noventa e un euros con nove céntimos (846.691,09 €), o que supón un incremento de douscentos oitenta e cinco mil setecentos setenta e seis euros con vinte e un céntimos (285.776,21 €).” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15761.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO “ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE” E “SUBMINISTRO DE MATERIAIS” DURANTE O ANO 2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 14 de novembro de 2007, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, con destino a traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2008, cuxo anuncio do concurso foi publicado no B.O.P. número, 227, de data 23 de novembro de 2007 e no Diario Oficial de Galicia número 229 de data 27 de novembro de 2007. Resultando que se efectuou unha tramitación anticipada do expediente de contratación e que no citado acordo da “Xunta de Goberno” especificábase que a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso quedaba condicionada á existencia de crédito e á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2008, para os efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69 apartados 3 e 4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Resultando que o Presuposto Provincial para o exercicio de 2008 quedou definitivamente aprobado por acordo adoptado polo Pleno na sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2007 e tal como consta no informe de Intervención de data 2 de xaneiro de 2008 existe crédito suficiente nas partidas 08/511.511.210.00; 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.02, que se atopan vinculadas entre si, para facer fronte ás obrigas derivadas dos contratos de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais obxecto do concurso. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 17 de decembro de 2007, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas 41 empresas que aparecen relacionadas na acta de dita reunión, as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria. Resultando que o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria con data 27 de decembro de 2007, emite informe sobre as distintas ofertas presentadas ós diversos lotes do concurso para contratación do aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais durante o exercicio de 2008. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión que tivo lugar o día 2 de xaneiro de 2008, para que se lle adxudique a diversas empresas os diferentes lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, así como os de subministro de materiais que forman parte do concurso convocado para o ano 2008. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar os diversos lotes do concurso para o “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministración de materiais”, correspondentes ó ano 2008 ás licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE. ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE. LOTE ADXUDICATARIO NÚMERO PREZO TOTAL HORAS HORA EUROS 1 ESCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 55,68 €/h 44.544,00 € 2 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 57,00 €/h 45.600,00 € 3 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 57,00 €/h 45.600,00 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 29,00 €/h 17.400,00 € 5 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 29,00 €/h 17.400,00 € 6 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 31,48 €/h 18.888,00 € 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Por aluguer de rolovibrador de 10 Tm. 600 31,90 €/h 19.140,00 € 8 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 29,45 €/h 23.560,00 € 9 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 29,50 €/h 23.600,00 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 29,50 €/h 23.600,00 € 11 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 32,18 €/h 25.744,00 € 12 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de retro pala 4 x 4 (con martelo) 650 36,95 €/h 24.017,50 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de retro Exc.(1 m3. cazo) de 100 CV. 600 44,00 €/h 26.400,00 € 14 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por aluguer de retro Exc.(con martelo) 150 CV 400 56,55 €/h 22.620,00 € 15 EMDESFOR 2002, S.L. (C.I.F.- B-36404218) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,00 €/h 21.600,00 € 16 EMDESFOR 2002, S.L. (C.I.F.- B-36404218) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,00 €/h 21.600,00 € 17 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 35,50 €/h 21.300,00 € 18 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 19 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,00 €/h 21.600,00 € 20 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,95 €/h 22.170,00 € 21 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,95 €/h 22.17 0,00 € 22 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 37,12 €/h 22.272,00 € 23 EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DEL DEZA, S.C. (G-36418952) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 39,44 €/h 23.664,00 € 24 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 37,12 €/h 22.272,00 € 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de pala rodas (2 m3.cazo) 130 CV. 700 40,00 €/h 28.000,00 € 26 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Por aluguer de Bulldozer de 150 CV. 500 60,00 €/h 30.000,00 € 27 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,96 €/h 21.576,00 € 28 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,49 €/h 21.294,00 € 29 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 30 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 38,00 €/h 22.800,00 € 31 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 32 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,50 €/h 22.750,00 € 33 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,47 €/h 22.729,00 € 34 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,48 €/h 22.736,00 € 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,48 €/h 22.736,00 € 36 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,00 €/h 22.400,00 €  Declárase deserto o lote número 37correspondente ó aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm., debido a que as empresas que presentaron proposicións económicas ó mesmo, José Rubén Rozados e Hijos, S.L., Áridos de Curro, S.L. (ARICUR) e Transportes Ramón Abal Abal, xa resultaron adxudicatarias de outros lotes e non dispoñen de máis vehículos destas características. 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de cisterna asfáltica de 8 Tm. 500 38,49 €/h 19.245,00 € 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de camión góndola de 40 Tm. 600 46,25 €/h 27.750,00 € 40 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,08 €/h 22.040,00 € 41 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,08 €/h 22.040,00 € 42 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,08 €/h 22.040,00 € 43 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (N.I.F.-.53112825-Y) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,66 €/h 22.330,00 € 44 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,50 €/h 22.250,00 € 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,80 €/h 22.400,00 € 46 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,90 €/h 22.450,00 € 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,80 €/h 22.400,00 € TOTAL ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE................ 1.101.727,50 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS • Declárase deserto o lote número 48 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 49 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 50 correspondente ó subministro de 200 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 51 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 52 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 53 correspondente ó subministro de 250 Tm. de emulsión ECR-2, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. • Declárase deserto o lote número 54 correspondente ó subministro de 100 Tm. de emulsión ECM-1, ó non presentarse licitadores que optasen á adxudicación do mesmo. LOTE ADXUDICATARIO CANTIDADE PREZO TOTAL EUROS 55 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) -Por subministro de emulsión ECM-Especial 500 310,00 €/Tm 155.000,00 € -Por subministro de árido 0/6 en betún quente 2.500 30,00 €/Tm 75.000,00 € 56 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. (A-28279214) Subministro de árido 0/6 1.000 13,90 €/Tm 13.900,00 € 57 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 6.900 15,00 €/Tm 103.500,00 € 58 GRANITOS TRITURADOS, S.L. (C.I.F.-B.-36158665) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 6.900 14,79 €/Tm 102.051,00 € 59 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (B-36023133) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 6.900 15,15 €/Tm 104.535,00 € 60 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. (A-28279214) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 6.900 15,00 €/Tm 103.500,00 € 61 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (C.I.F.- A-36.319.622) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 6.900 15,15 €/Tm 104.535,00 € 62 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (A-36027480) Subministro de árido 40/63 6.750 15,08 €/Tm 101.790,00 € 63 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (C.I.F.- A-36.319.622) Subministro de árido 40/63 6.750 14,35 €/Tm 96.862,50 € 64 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Subministro de árido 40/63 6.750 15,10 €/Tm 101.925,00 € 65 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Subministro de zahorra ZA-0/40 8.000 9,80 €/Tm 78.400,00 € 66 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico 7.500 29,00 €/Tm 217.500,00 € 67 HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (A-36623510) Subministro de formigón H-175 árido 25 500 80,00 €/m3 40.000,00 € 68 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Subministro e instalación de muro de mampostería pedra granítica 100 54,00 €/m2 5.400,00 € 69 PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. (C.I.F.-.B-36118321) Subministro de tubos formigón de 1 m.  100 50 38,00 €/Ud 1.900,00 € Subministro de tubos formigón de 1 m.  60 300 18,00 €/Ud 5.400,00 € Subministro de tubos formigón de 1 m.  50 enteiro ou canaleta 400 18,00 €/Ud 7.200,00 € Subministro de tubos formigón de 1 m.  40 enteiro ou canaleta 800 14,00 €/Ud 11.200,00 € 70 SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA) (C.I.F.- A- 36.617.942) Subministro de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,15 50.000 0,85 €/ml 42.500,00 € Subministro de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,10 25.500 0,76 €/ml 19.380,00 € Subministro de pintura cebreados, simboloxía, stop, etc. 1.000 25,52 €/m2 25.520,00 € TOTAL SUBMINISTRO DE MATERIAIS................... 1.516.998,50 € O gasto para facer fronte a ditas adxudicacións imputarase ás partidas 08/511.511.210.00, 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.02 do Presuposto Provincial correspondente ó exercicio de 2008. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ós adxudicatarios, dará lugar á resolución dos contratos. Os adxudicatarios deberán ingresar na Caixa desta Deputación, por cada un dos lotes, as cantidades de 4,97 euros e 5,20 euros, (total 10,17 euros) en concepto de gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15762.- APROBACIÓN DE BASES DE SUBVENCIÓNS A “ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA O ANO 2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a “Entidades e Clubs Deportivos para o apoio do deporte de competición federado para o ano 2008”, que teñen por obxecto a concesión de axudas económicas a entidades deportivas para as actividades derivadas da participación en ligas ou competicións nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2008” Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: BASES 1. FINALIDADE E OBXECTO 1.1 Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación. 1.2 Estas axudas financiaranse con cargo á partida 08/451.452.489.20 do presuposto da Deputación para 2008, cunha dotación dun millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €). 2. BENEFICIARIOS Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1.- Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante). 2.2.- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 2.3.- A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4.- Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 2.5.- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 3. DOCUMENTACIÓN Deberá formularse unha solicitude por cada modalidade deportiva nos modelos normalizados, que facilitarán no rexistro xeral, na sección de Deportes ou na páxina Web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase ademais a seguinte documentación: 3.1.- Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF. 3.2.- Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante. 3.3.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada. 3.4.- Presuposto asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva para a que se solicita. 3.5.- Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social. 3.6.- Declaración responsable de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias e coa Seguridade Social. 3.7.- Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 3.8.- Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega ou a que no seu caso corresponda, na que se especifique: 3.8.1.- Participación do equipo en competición na temporada 2007-2008. 3.8.2. Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.8.3.- Número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na temporada 2007/2008. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a certificación de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias e coa Seguridade Social. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, o interesado será requirido para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2008. 5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club, ata 15 puntos. b. Número de licenzas federativas, ata 15 puntos. c. Número de equipos participantes por categorías na actual temporada, ata 15 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional, 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes e mais á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 6. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Deportes e Xuventude. Vogais: Dous/dúas técnicos do servizo de Cultura e Deportes. Un/unha Técnico do servizo de Intervención. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura e Deportes. A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan. 7. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO Unha vez notificadas as axudas concedidas os clubs beneficiarios deberán xustificalas no prazo de trinta días e en todo caso antes do 31 de xaneiro de 2009. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25.8ª-2ºf) de execución de presuposto 2008, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club. Conxuntamente deberá presentar declaración de se se recibiron ou non outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade e acreditamento da debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade subvencionada, sendo suficiente a declaración responsable por parte do representante de a ter feito. Ademais, ós clubs que se lle outorguen subvencións por importe de 9.000 € ou superiores, quedan na obriga de insertar o anagrama de Deputación na súa vestimenta, así como nas vallas ou pancartas das súas instalacións deportivas; acreditando mediante fotografías ou recortes de prensa da presentación do equipo tal circunstancia. 8. ÓRGANO COMPETENTE De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para 2008 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O vencemento do prazo máximo sen terse notificada a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar: Neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 9. DEREITO SUPLETORIO Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm.276 de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15763.- APROBACIÓN DE BASES DE SUBVENCIÓNS A “AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E INFRAESTRUTURAS DO ANO 2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a Agrupacións e clubs Deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas e infraestructuras-2008 que ten por obxecto a concesión de axudas económicas a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades e investimentos no ámbito territorial da provincia, e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E INFRAESTRUTURAS ANO 2008 A Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promocionar, fomentar e impulsar as actividades e investimentos deportivos, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A finalidade desta convocatoria é apoiar as entidades e clubs deportivos sen animo de lucro na realización de actividades deportivas e infraestruturas durante o ano 2008. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2008, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Presuposto DEPORTES A/08 Actividades deportivas 08/451.452.489.04 150.000,00 € B/08 Persoas físicas 08/451.452.489.07 21.000,00 € C/08 Infraestruturas 08/451.452.789.04 150.000,00 € O programa A/08 “actividades deportivas” vai dirixido ó financiamento de campionatos e eventos deportivos que desenvolverán os clubs ou entidades deportivas ó longo do ano 2008. O programa B/08 “persoas físicas” vai dirixido ó financiamento de campionatos ou eventos deportivos de relevancia nacional ou internacional nos que participen os deportistas da provincia. O programa C/08 “Infraestruturas”vai dirixido ó financiamento do arranxo de instalacións deportivas non municipais. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas todas as agrupacións e clubs deportivos legalmente constituídos e persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (acreditarao en declaración responsable o solicitante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. b. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. c. Memoria explicativa da actividade concreta ou do investimento asinada polo representante. d. Presuposto detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000 €, para a realización de obras ou superior a 12.000 € para a adquisición de equipamento. e. No caso de realización de obras ou investimentos acreditación da titularidade do ben. f. Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar. g. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. h. Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. i. Declaración do número de licenzas federativas. j. Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar a Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2008. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Categoría da agrupación ou club, ata 15 puntos. 2. Número de licenzas federativas, ata 15 puntos. 3. Antigüidade da agrupación ou club deportivo, ata 10 puntos. 4. Presuposto total do investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó ditame da Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade ou da adquisición ou da mellora a desenvolver polo beneficiario. 6. Resolución da convocatoria.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Deportes e Xuventude. Vogais: Dous/dúas técnicos do servizo de Cultura e Deportes. Un/unha Técnico do servizo de Intervención. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura e Deportes. A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Solicitar a reformulación da solicitude e do proxecto. 3. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. 7. Reformulación de solicitudes.- Unha vez notificado a resolución de concesión, despois de solicitude razoada do beneficiario da subvención, poderá autorizarse a reformulación da solicitude inicial, mediante o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou presuposto da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Esta solicitude de reformulación deberá presentarse no prazo de tres meses dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:  Se o presuposto da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó presuposto subvencionado inicial, manteranse as mesmas condicións da subvención concedida: importe da subvención e presuposto subvencionado.  Se o presuposto da nova actividade ou investimento é inferior ó presuposto subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo presuposto subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 8. Xustificación e pagamento.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2009. Para o cobro da subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitario destas e custo total de cada unidade. b) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontra no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación do seu exame, tal como se establece na base 25.8º.2c das de execución do vixente presuposto provincial. c) Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d) No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000 euros poderase esixir un informe previo do técnico provincial. e) No caso da realización de investimento por administración será necesario achegarlle á certificación a xustificación de todos os gastos relacionados nela informando o técnico provincial que estes se axustan ó presuposto ou proxecto previo. f) Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g) Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. h) A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. i) Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de ter feito esta. Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, gastronómicos e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos gastronómicos non superarán o 50 % da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente. 9. Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 10. Órgano de aprobación.- 1. De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para o 2008, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O vencemento do prazo máximo sen terse notificada a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención. 2. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar: neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 11. Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003),e demais lexislación de desenvolvemento.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15764.- APROBACIÓN DE BASES DE SUBVENCIÓNS DE “APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS DO ANO 2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos ano 2008, que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO-2008 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar o patrimonio provincial: tradicional, histórico, folclórico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2008, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Presuposto CULTURA A/08 Actividades culturais xerais 08/451.451.489.05 350.000,00 € B/08 Persoas físicas 08/451.451.489.07 18.000,00 € C/08 Instrumentos e vestiario 08/451.451.789.00 100.000,00 € D/08 Infraestrutura 08/451.451.789.04 600.000,00 € E/08 Participación cidadá 08/451.463.489.10 100.000,00 € F/08 Universidades 08/451.422.454.02 18.000,00 € O programa A/08 “actividades culturais xerais” vai dirixido ó financiamento de: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc. O programa B/08 “persoas físicas” vai dirixido ó financiamento de estudos artísticos e musicais fóra da Comunidade Autónoma. O programa C/08 “instrumentos e vestiario” vai dirixido a financiar ós grupos e asociacións musicais da nosa provincia instrumental ou vestiario propio dos mesmos, debendo na solicitude figurar un único concepto. O programa D/08 “infraestrutura” vai dirixido ó financiamento de: construción ou rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc. O programa E/08 “participación cidadá” vai dirixido ó financiamento de: congresos, feiras, xornadas de formación, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións. O programa F/08 “universidades” vai dirixido ó financiamento de: congresos, seminarios, etc. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas, que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (Acreditándose en declaración responsable do representante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. - Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento, asinada polo representante. - Presuposto detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento. - No caso de realización de obras ou investimentos acreditación da titularidade do ben para o que se solicita a subvención. - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. - Declaración do número de socios da entidade. - Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 28 de febreiro de 2008. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4. Presuposto total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó ditame da Comisión informativa de Cultura. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que vaia desenvolver o beneficiario. 6. Resolución da convocatoria.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales d

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición