Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-10-22_Ordinaria. Acta de sesión 2008/10/22_Ordinaria
Acta de sesión 2008/10/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-10-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/10/22_Ordinaria
Data(s) 2008-10-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e dous de outubro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Julio Alén Montes. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1. 16489.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 15 de outubro de 2008. ------ Folla: 2.16490.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O CONCELLO DE PONTEAREAS E A FUNDACIÓN GULÁNS, PARA AS “OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO CULTURAL DE GULÁNS, 2ª FASE” Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de Colaboración co Concello de Ponteareas e a Fundación Guláns de Ponteareas, para as “obras de construción do Centro Cultural de Guláns, 2ª fase”, mediante achega de cento vinte mil euros (120.000,00 €), e con cargo á partida 08/451.452.789.04 do vixente orzamento a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando o Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEAREAS E A FUNDACIÓN GULÁNS Pontevedra, de outubro de 2008 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente de conformidade co establecido no art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local D. Salvador González Solla, actuando en representación do Concello de Ponteareas, en virtude do seu cargo de Alcalde de conformidade co establecido no art. 21.1.b) da Lei 7/85, 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. D. Juan A. Rodríguez Varela, actuando en representación da Fundación Guláns, en virtude do seu cargo de presidente, con CIF: G-36.511.004 e domicilio social en Lg. Outeiro do Foxo - Guláns, do Concello de Ponteareas (36861). Ambas as partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio, e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra apoia todas aquelas iniciativas conducentes ó desenvolvemento de accións que impliquen a promoción e potenciación da cultura así como a conservación do patrimonio da provincia de Pontevedra. Que a Fundación Guláns ten por obxecto, de acordo co art. 6 dos Estatutos da súa fundación, a promoción e a realización de toda clase de actividades culturais, sociais e deportivas para os veciños de Guláns e a consecución das instalacións necesarias para a realización destas actividades, que se conseguirán a iniciativa da Fundación coa construción das mesmas no lugar de Outeiro do Foxo – Guláns (Ponteareas). En base ó anteriormente exposto, ACORDAN PRIMEIRA.- O presente convenio ten por obxecto financiar as obras de construción do Centro Cultural de Guláns (2ª Fase) para dispoñer dun centro coa finalidade de levar a cabo diversas actividades de tipo cultural así como para a prestación de servizos á comunidade veciñal o que favorecerá, entre outras cousas, a convivencia do vecindario. SEGUNDA.- A Deputación de Pontevedra achegará á FUNDACIÓN GULÁNS a cantidade de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 €), con cargo á partida 08/451.452.789.04 do vixente orzamento provincial. TERCEIRA.- Será de responsabilidade e competencia exclusiva da Fundación a adxudicación, contratación e execución das referidas obras así como a obtención da correspondente licenza municipal e de tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. CUARTA.- Nas obras colocaranse carteis anunciadores onde figure a colaboración financeira das obras por parte da Deputación Provincial. QUINTA.- A Deputación de Pontevedra comprométese a librar a favor da FUNDACIÓN GULÁNS, a cantidade de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 €), unha vez rematadas as obras e previa xustificación dos gastos coas correspondentes facturas antes do 31 de outubro de 2009. Así mesmo, a Fundación deberá presentar xunto coa xustificación a seguinte documentación: o Memoria do investimento que se realizou e dos resultados obtidos. o Xustificación da publicidade dada da axuda concedida e dos demais compromisos asumidos no convenio. o Declaración responsable de que os gastos e ingresos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á realización das obras obxecto deste convenio. o Xustificación dos ingresos: con declaración responsable dos ingresos obtidos e de que as subvencións ou axudas obtidas non superan o custo da obra. SEXTA.- A Fundación Guláns porá a disposición do Concello de Ponteareas, salas e espazos dispoñibles para a realización de diversas actividades sociais, lúdicos, culturais, deportivas e outras organizadas polo propio Concello, sempre que exista un preacordo entre as partes e ditas actividades non interrompan as funcións propias do centro. SÉTIMA.- Este convenio terá vixencia ata o 31 de outubro de 2009. OITAVA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a FUNDACIÓN GULÁNS e a Deputación de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. NOVENA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. DÉCIMA.- Para o non disposto no presente convenio contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e na Lei 30/2007, de 30 de outubro e demais lexislación aplicable. En proba de conformidade, asínase o presente Convenio no lugar e data antes citados. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O ALCALDE DE PONTEAREAS Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo. Salvador González Solla O REPRESENTANTE DA FUNDACIÓN GULÁNS Asdo.- Juan A. Rodríguez Varela” ------ Folla: 3.16491.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE ALUMNOS DO MÁSTER OFICIAL DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL E INTEGRACIÓN ECONÓMICA Ó amparo do establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a formalización do seguinte convenio de colaboración entre a Universidade de Compostela e a Deputación Provincial de Pontevedra, para que os alumnos do Master oficial de Desenvolvemento Rexional e Integración Económica poidan realizar prácticas formativas no Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. Dito convenio é como segue: “CONVENIO ENTRE A USC E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE ALUMNOS DO MÁSTER OFICIAL EN DESENVOLVEMENTO REXIONAL E INTEGRACIÓN ECONÓMICA Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2008. REÚNENSE: Dunha parte, don Senén Barro Ameneiro, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (CIF Q1518001A), que actúa en nome e representación da mesma en virtude do Decreto 93/2006, de 8 de xuño, do seu nomeamento e polas facultades conferidas pola lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e o Decreto 28/2004, de 22 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. E no seu nome, don Máximo Pló Casasús, Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do Reitor en virtude de Resolución Reitoral do 31 de xullo de 2007 (DOG do 19 de setembro de 2007). Da outra, don Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Ámbas as dúas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para outorgar o presente convenio e, para os efectos, MANIFESTAN 1.- Que a USC, como prestadora do servizo público da educación superior, realiza actividades de docencia, investigación e desenvolvemento científico e técnico. 2.- Que por iso, ten a vontade de potenciar a realización de actividades de formación, especialización e prácticas en EMPRESAS E INSTITUCIÓNS coa finalidade de contribuír a unha mellor e máis completa formación e cualificación do estudantado. 3.- Que a Deputación de Pontevedra, ten interese en colaborar no sistema de formación do alumnado da USC. De acordo co anterior, a USC e a Deputación de Pontevedra acordan asinar o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes: CLÁUSULAS: 1.-Obxecto do convenio: O presente convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre as partes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento de prácticas tuteladas do alumnado do Máster oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica nas dependencias do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. 2.-Obxecto das prácticas: O obxecto das prácticas é o desenvolvemento de tarefas adecuadas ó seu nivel de formación que lle sirvan para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizado o seu período de estudos, poida dispoñer dunha perspectiva que lle permita o seu engarce co mundo laboral. 3.-Número de prazas: A Deputación de Pontevedra acollerá de 1 a 2 alumnos da Universidade de Santiago de Compostela en calidade de estadía de prácticas, de acordo coas convocatorias que faga a USC. Ningún alumno terá a posibilidade de prorrogar ou repetir as prácticas realizadas ó abeiro deste convenio. 4.-Período de realización das prácticas: As prácticas que son obxecto deste convenio realizaranse no período que determine a Comisión de Seguimento e concretaranse nas convocatorias que faga a USC. 5.-Número de horas e créditos que se recoñecerán: As prácticas que realicen os alumnos constarán de 135 horas. Computarase un crédito por cada 27 horas de prácticas realizadas ó abeiro deste convenio, sen poder superar os límites que, para estes efectos, establecen os planos de estudo. Estes créditos recoñeceranse segundo establezan o programa de estudo. 6.-Titores/as responsables e órgano universitario responsable: A Comisión de Seguimento nomeará, para cada un dos períodos e prazos das prácticas que se convoquen, as persoas, por parte da USC e da institución, que actuarán como coordinadores-responsables. 7.-Selección dos alumnos: A USC seleccionará as persoas que van realizar as prácticas consonte unha convocatoria que respectará os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito. Ademais das normas xerais de valoración de expedientes, teranse en conta os seguintes criterios: Titulación que deben cursar os alumnos: POP Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. Materias que deben ter superadas: Outros elementos de valoración: (Tanto a Comisión Académica do POP como a Institución receptora poden indicar aquí algúns requisitos que consideren necesarios que os alumnos cumpran para o adecuado desenvolvemento das prácticas,) Entrevista. 8.-Memoria das prácticas: Ó remate de cada período de prácticas cada un dos alumnos deberá realizar unha memoria final sobre o traballo realizado. 9.-Procedemento de avaliación: A avaliación das prácticas realizará a USC a través do titor/a, á vista da devandita memoria e do informe do titor/a, de prácticas da empresa ou entidade colaboradora. Soamente poderán ser avaliadas favorablemente se a ausencia non excede do 15% das horas programadas, ou que determine a guía docente do programa de estudos. 10.-Certificación de empresa: Se a avaliación da memoria é positiva e o informe da actuación favorable, a empresa ou entidade colaboradora emitiralle a cada un dos alumnos que participaran con regularidade nas prácticas unha certificación na que debe constar o tempo de colaboración e as actividades, traballos de investigación ou avaliación, etc., realizados. A certificación deberá especificar que, para os efectos académicos, queda supeditada á avaliación que das prácticas realice a USC. 11.-Relación coa empresa: O feito de que o alumnado realice prácticas nunha entidade colaboradora non suporá ningún tipo de relación laboral con ela nin determinará a existencia de ningunha responsabilidade pola súa parte. Aqueles que teñan menos de vinte e oito anos seguen baixo a protección do seguro escolar. 12.-Obrigas da USC: A sinatura do presente convenio non supón ningún compromiso económico para a USC. 13.-Comisión Mixta de Seguimento: Para o seguimento do convenio establecerase unha comisión mixta na que participarán pola USC, o Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior ou persoa que designe e por parte da entidade colaboradora o xefe do servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. Esta Comisión Mixta comprométese a cumprir os obxectivos que xustifican o asinamento deste convenio, cumprindo de modo específico as seguintes funcións: Formular as propostas sobre o número de prazas de cada convocatoria para a realización de prácticas formativas correspondentes a cada curso académico, de acordo cos criterios e normas que se han de establecer oportunamente. Propoñer ó reitor o nomeamento tanto do titor responsable da empresa, como por parte da Universidade, para cada un dos prazos ou períodos nos que se convoquen as prácticas. Establecer os criterios de avaliación e control das prácticas tuteladas. Interpretar e aplicar, con carácter xeral, as estipulacións deste convenio, así como controlar o seu cumprimento e resolver os conflitos entre as partes. Propoñer addendas ou modificacións a este convenio para que sexan aprobadas polos órganos competentes. 14.-Entrada en vigor e vixencia do convenio: Este convenio entrará en vigor ó día seguinte do seu asinamento e estará vixente ata o remate do curso académico correspondente. Prorrogarase automaticamente por cursos académicos sucesivos se ningunha das dúas partes denuncia de xeito expreso, avisando con tres meses de antelación. En calquera caso, o convenio non poderá rescindirse no caso de haxa alumnos seleccionados parra realizar un período de prácticas, namentres non rematen estas. 15.- Normas de aplicación: Ás prácticas realizadas ó abeiro deste convenio seranlles de aplicación a seguinte lexislación: Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais. Decreto 13/2007 (DOG 8/2/2007), polo que se autoriza a implantación de estudos oficiais de posgrao en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. Programa de Estudos da titulación. 16.- Xurisdición: A Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial de Pontevedra comprométense a resolver de maneira amigable calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente acordo. As cuestións litixiosas que puideran xurdir na execución do Convenio corresponden á Xurisdición Contenciosa-Administrativa. E en proba de conformidade, asinan por duplicado o presente acordo no lugar e data indicados. Disposición transitoria: Mentres non se realice unha convocatoria única para todas as titulacións na USC, facúltase á Comisión Mixta para facer as convocatorias que considere oportunas derivadas deste convenio. En proba de conformidade, asinan por duplicado o presente acordo no lugar e data indicados. POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE COMPOSTELA Asdo.: Máximo Pló Casasús Asdo.: Rafael Louzán Abal” ------ Folla: 4.16492.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: JOSÉ MARÍA CARRO POMBO, S.L. (CIF 35.257.433 - C) • A constituída en metálico, por importe de mil douscentos oitenta euros con sesenta e catro céntimos (1.280,64 €), para responder do “Aluguer de motoniveladora de 125 CV- Lote 2 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/05/2007 con número de operación 200700044504. JOSÉ MARÍA CARRO POMBO, S.L. (CIF 35.257.433- C) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos doce euros con corenta e oito céntimos (612,48 €), para responder da “Aluguer de rolo vibrador de 10 Tm.- Lote 5 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/05/2007 con número de operación 200700044507. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil catrocentos sesenta e catro euros (2.464,00 €), para responder do “Aluguer de motoniveladora de 125 CV- Lote 3 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047713, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil vinte e seis euros (1.026,00 €), para responder do “Aluguer de bulldozer de 150 CV.- Lote 23 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047716, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil noventa e dous euros (1.092,00 €), para responder do “Aluguer de camión góndola de 40 Tm.- Lote 35 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047717, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. MODESTO ABAL VARELA, S.L. (CIF 35.416.586- J) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos dezaoito euros con oitenta e seis céntimos (618,86 €), para responder do “Aluguer de rolo vibrador de 10 Tm.- Lote 4 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/05/2007 con número de operación 200700042114. JOSÉ RUBÉN ROZADOS TABOADA E HIJOS, S.L. (CIF B- 36.224.384) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de seiscentos cincuenta e sete euros con cincuenta e oito céntimos (657,58 €), para responder do “Aluguer de rolo vibrador de 10 Tm.- Lote 6 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/05/2007 con número de operación 200700042449, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSÉ RUBÉN ROZADOS TABOADA E HIJOS, S.L. (CIF B- 36.224.384) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de novecentos oitenta e catro euros con noventa e seis céntimos (984,96 €), para responder do “Aluguer de retro- pala 4x4 de 70 CV.- Lote 11 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/05/2007 con número de operación 200700042453, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSÉ RUBÉN ROZADOS TABOADA E HIJOS, S.L. (CIF B- 36.224.384) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de oitocentos trinta e seis euros con sesenta e catro céntimos (836,64 €), para responder do “Aluguer de camión 2x1/ 2x2 PMA 18/20 Tm.- Lote 33 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/05/2007 con número de operación 200700042450, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSÉ RUBÉN ROZADOS TABOADA E HIJOS, S.L. (CIF B- 36.224.384) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de mil cento oitenta e dous euros con oito céntimos (1.182,08 €), para responder do “Aluguer de cisterna asfáltica de 8 Tm.- Lote 34 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/05/2007 con número de operación 200700042451, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (CIF B- 36.371.227) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de setecentos vinte euros (720,00 €), para responder do “Aluguer de rolo vibrador de 10 Tm.- Lote 7 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047714, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (CIF B- 36.371.227) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento dez euros (1.110,00 €), para responder do “Aluguer de retro- pa 4x4 (con martelo)- Lote 12 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700047715, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (CIF B- 36.123.800) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos setenta euros con oitenta céntimos (670,80 €), para responder do “Aluguer de retro- pa 4x4 de 70 CV.- Lote 8 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2007 con número de operación 200700043367. EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (CIF B- 36.123.800) • A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 €), para responder do “Subministro e instalación de muro de sostemento de granito - Lote 63 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2007 con número de operación 200700043385. EULOGIO PUCEIRO RODIÑO (CIF 76.868.427- N) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos vinte e seis euros (826,00 €), para responder do “Aluguer de retro- pala 4x4 de 70 CV.- Lote 9 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/06/2007 con número de operación 200700047104, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOREIRA GÓMEZ, S.L. (CIF B- 36.267.649) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de seiscentos oitenta e catro euros (684,00 €), para responder do “Aluguer de retro- pa 4x4 de 70 CV.- Lote 10 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045802, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. ALFONSO MOURIÑO AMEAL (CIF 35.424.927- M) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil seiscentos setenta e sete euros (1.677,00 €), para responder do “Aluguer de retro Exc. (1 m3. cazo) de 100 CV.- Lote 13 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/06/2007 con número de operación 200700049813, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. ALFONSO MOURIÑO AMEAL (CIF 35.424.927- M) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa euros (1.190,00 €), para responder do “Aluguer de camión 3x2/ 3x3 PMA 24/26 Tm.- Lote 26 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/06/2007 con número de operación 200700049811, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO, S.L. (CIF B- 15.739.626) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de mil oitocentos doce euros con cincuenta céntimos (1.812,50 €), para responder do “Aluguer de tractor corta- malezas hidráulico de 110 CV. (Brazo de 5m.) - Lote 19 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2007 con número de operación 200700043372, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (CIF B- 36.010.205) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento oitenta e sete euros con oitenta e catro céntimos (1.187,84 €), para responder do “Aluguer de pala de rodas (2 m3. cazo) de 130 CV.- Lote 21 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/06/2007 con número de operación 200700047945, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (CIF B- 36.010.205) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de setecentos euros (700,00 €), para responder do “Aluguer de camión 3x2/ 3x3 PMA 24/26 Tm.- Lote 24 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/06/2007 con número de operación 200700047946, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (CIF B- 36.010.205) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos cincuenta e tres euros con sesenta céntimos (953,60 €), para responder do “Aluguer de camión 2x1/ 2x2 PMA 18/20 Tm.- Lote 31 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/06/2007 con número de operación 200700047947, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (CIF B- 36.006.716) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil douscentos sete euros (1.207,00 €), para responder do “Aluguer de camión 3x2/ 3x3 PMA 24/26 Tm.- Lote 25 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045769, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (CIF B- 36.006.716) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil setecentos catro euros (1.704,00 €), para responder do “Subministro de árido 40/63- Lote 59 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045770, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. (CIF B- 36.329.910) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cincuenta euros (1.050,00 €), para responder do “Aluguer de camión 3x2/ 3x3 PMA 24/26 Tm.- Lote 27 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045832, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MARCO, OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. (CIF B- 36.329.910) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de oitocentos euros (800,00 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 36 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/06/2007 con número de operación 200700046788, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L. (CIF B- 36.333.839) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos corenta euros (840,00 €), para responder do “Aluguer de camión 2x1/ 2x2 PMA 18/20 Tm.- Lote 28 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/06/2007 con número de operación 200700047916, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (CIF B- 35.253.197) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos corenta e sete euros (947,00 €), para responder do “Aluguer de camión 2x1/ 2x2 PMA 18/20 Tm.- Lote 29 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700046022, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (CIF 35.253.197- Q) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos corenta e sete euros (947,00 €), para responder do “Aluguer de camión 2x1/ 2x2 PMA 18/20 Tm.- Lote 30 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700046023, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (CIF 35.253.197- Q) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cincocentos corenta e seis euros (1.546,00 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 38 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700046024, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. MANUEL PAZ GÜIMIL (CIF 35.445.788- M) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cincocentos corenta e cinco euros con doce céntimos (1.545,12 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 37 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700044158, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BALVALÉN, S.L. (CIF B- 36.265.924) • A constituída en metálico, por importe de mil cento dezasete euros con setenta e catro céntimos (1.117,74 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 39 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700044218. MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (CIF 53.112.825- Y) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de mil cento quince euros con noventa e dous céntimos (1.115,92 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 40 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/05/2007 con número de operación 200700043153, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (CIF B- 36.439.404) • A constituída en metálico, por importe de oitocentos sesenta euros (860,00 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 41 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/06/2007 con número de operación 200700048155. PEDREIRA BATÁN, S.L. (CIF B- 36.439.644) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil trescentos noventa e dous euros (1.392,00 €), para responder do “Aluguer de camión Art. PMA 36/40 Tm.- Lote 43 (1ª Ampliación Aluguer de Maquinaria)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2007 con número de operación 200700045771, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A.- CEPSA (CIF A- 28.072.809) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SANTANDER, por importe de catrocentos cincuenta e un euros con oito céntimos (451,08 €), para responder do “Subministración de emulsión ECM-1.- Lote 44 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/05/2007 con número de operación 200700044510, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A.- CEPSA (CIF A- 28.072.809) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SANTANDER, por importe de oitocentos trinta e oito euros con cincuenta e dous céntimos (838,52 €), para responder do “Subministración de emulsión ECR-2.- Lote 48 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/05/2007 con número de operación 200700044511, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE SABADELL, por importe de dous mil trescentos cinco euros (2.305,00 €), para responder do “Subministración de emulsión ECM-1.- Lote 45 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700043995, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE SABADELL, por importe de seis mil novecentos sesenta euros (6.960,00 €), para responder do “Subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12.- Lote 61 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700043996, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (CIF A- 28.105.210) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil douscentos setenta euros con oitenta céntimos (1.270,80 €), para responder do “Subministración de emulsión ECR-2.- Lote 49 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700046028, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PROBISA TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (CIF A- 28.105.210) • A constituída en valores, mediante aval de CREDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil vinte euros con oitenta céntimos (1.020,80 €), para responder do “Subministración de emulsión ECM-1.- Lote 50 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2007 con número de operación 200700046030, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS TRITURADOS, S.L. (CIF B- 36.158.665) • A constituída en metálico, por importe de mil catrocentos euros (1.400,00 €), para responder do “Subministro de árido 2/6 ó 6/12- Lote 54 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700044179. GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (CIF B- 36.023.133) • A constituída en metálico, por importe de cento setenta e un euros con sesenta céntimos (171,60 €), para responder do “Subministro de árido 2/6 ó 2/12- Lote 55 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2007 con número de operación 200700043322. CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (CIF A- 36.027.480) • A constituída en metálico, por importe de mil novecentos sesenta euros (1.960,00 €), para responder do “Subministro árido 40/63- Lote 57 (1ª Ampliación Subministro de materiais)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2007 con número de operación 200700044186. ------ Folla: 5.16493.- DAR CONTA DO CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CURSO OBXECTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/08, A FAVOR DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE MINUSVÁLIDOS FÍSICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (COGAMI) Aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/2008 unha subvención por importe de 5.920,00 €, a favor da Federación de Asociacións de Minusválidos Físicos da Provincia de Pontevedra (COGAMI), para “Curso de Informática Básica” de 300 h. de duración, e solicitado o 19/09/2008 pola devandita Federación o cambio de denominación do curso, toda vez que o Sistema de Calidade na Formación que está a implantar lles obriga a identificalo correctamente, a Xunta de Goberno queda enterada do cambio de denominación do curso obxecto da subvención, que polo importe de 5.920,00 € aprobou a Xunta de Goberno do 25/06/08, a favor da Federación de Asociacións de Minusválidos Físicos da Provincia de Pontevedra (COGAMI), que pasará a denominarse “Curso de Ofimática Básica”, en lugar de “Curso de Informática Básica”. ------ Folla: 6.16494.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ MANUEL OLIVARES MOZO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE SEGUROS GROUPAMA E DON NAZARIO CORREA SESTELO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA ESTRADA DE SAN PEDRO (PRAIA DE CESANTES) REDONDELA Dada conta que con data de rexistro 20/12/07 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Manuel Olivares Mozo, en nome e representación da entidade aseguradora GROUPAMA e de DON NAZARIO CORREA SESTELO con enderezo de notificacións en rúa Nicaragua, nº 33 – 1º, por danos en accidente de circulación padecidos o día 03/03/07, na Praia de Cesantes – San Pedro (Redondela) e que individualiza economicamente en 596,07 €. Resultando.- Que con data 15/01/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 28/04/08 co seguinte contido: 1.- La que denominan carretera de San Pedro, en Cesantes, es la E.P. 2903 Redondela - Catapeixe que está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de un socavón en la calzada”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3.- En este punto es preciso resaltar que en la fecha del accidente la carretera provincial Redondela - Catapeixe estaba siendo objeto de obras de mejora y ensanche -tal y como pone de manifiesto el atestado levantado por la policía local- siendo la empresa ELSAMEX la adjudicataria del proyecto “Mejora de pavimento y dotación de servicios en la E.P. Redondela - Catapeixe” en la suma de 543.000,00 euros. Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contrato de las Administraciones Públicas “Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”. Por su parte el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 marzo, señala que “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine…” (en el mismo sentido el artículo 139.3 del Real Decreto 1428/2003, de 21 de Noviembre, por el que se aprueba el Reglamento General de Circulación para aplicación y desarrollo del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial), de forma que la responsabilidad de las posibles deficiencias existentes en la señalización correspondería a la empresa en cuestión. 4.- Sin perjuicio de lo señalado en el párrafo anterior es preciso llamar la atención sobre las siguientes circunstancias que rodearon el accidente: - El siniestro tiene lugar en un tramo curvo de carretera, con pavimento deslizante por lluvia y deficiente por obras. - Existencia de limitación de velocidad genérica a 50 Km/hora. - Presencia de una señal de peligro indefinido tumbada junto al socavón existente -tal y como pone de manifiesto en el atestado levantado por la policía local- y que alertaba de la presencia del mismo. - La ausencia de señales de frenada del vehículo. - La existencia en el tramo de carretera en cuestión de señalización horizontal y vertical de peligro indefinido por la presencia de obras en el vial. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que os reiterados requirimentos á empresa para evacuación de alegacións impediron a resolución do expediente no prazo legalmente establecido. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do argumentado informe de Vías e Obras tírase que se trataba dun tramo en obras, chovendo, con limitación de velocidade e sinalizado con perigo indefinido, o que suxire unha clara responsabilidade do condutor. Considerando.- Que o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas vixente no momento da ocorrencia dos feitos atribúe a obriga de indemnizar todos os danos e prexuízos causados a terceiros coma consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, e que xa anteriormente, en concreto o 31 de xullo de 1989 o TS ditou unha sentenza paradigmática que podería resumirse nas súas liñas argumentais básicas no senso de que cando entre a Administración e os particulares se interpón unha organización empresarial privada é a esta a quen lle son imputables os prexuízos derivados da xestión do servizo público vía concesión ou de execución de obra. Considerando.- Que a marxe da desestimación de fondo da reclamación, a Deputación, en cumprimento do artigo 97 da Lei de Contratos, desenvolvida polo D.C.E. 3.425/2001, exercita expresamente neste acordo o pronunciamento respecto á responsabilidade que lle correspondería á empresa “Elsamex” pois coma dunha simple lectura dos antecedentes expedientais se deduce, non cumprimentou a obriga de evacuar as alegacións, e que tal feito supoñía, seguindo o texto do derradeiro requirimento, a asunción da responsabilidade. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b) da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación, podendo o interesado dirixir a súa reclamación á empresa “ELSAMEX”. ------ Folla: 7.16495.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16496 APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO, PARA A REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE CURSOS EN PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de Colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, para a realización dun programa de cursos en Pontevedra, mediante achega de sesenta e dous mil euros (62.000,00 €), e con cargo á partida 08/451.422.454.02 do vixente orzamento a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando o Ilmo. Sr. Presidente da Excma Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO Pontevedra, de setembro de 2008 R E U N I D O S Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. E da outra o Excmo. Sr. D. Salvador Ordóñez Delgado, reitor magnífico da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (no sucesivo U.I.M.P.), CIF: Q-2818022-B, que actúa facultado polo seu nomeamento realizado por R.d. 1342/2006, de 21 de novembro (B.O.E. de 22 de novembro) e facendo uso das atribucións que ten conferidas no art. 12 dos Estatutos da Universidade, aprobados por R.d. 331/2002, de 5 de abril (B.O.E. de 12 de abril) Ambas as partes, na representación que teñen, recoñécense capacidade legal para subscribiren o presente documento, e para o efecto, E X P O Ñ E N A U.I.M.P. realiza no ano 2008, no seu Centro de Pontevedra, un programa de cursos, relacionados no Anexo I. Por considerar que estes cursos revisten un alto interese científico e académico, a Deputación Provincial de Pontevedra desexa colaborar na súa realización. En consecuencia, A C O R D A N Primeiro.- O presente convenio ten por obxecto financiar a realización dos cursos de verán organizados pola U.I.M.P., en Pontevedra, por consideralos de alto interese científico e académico. Segundo.- A Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de SESENTA E DOUS MIL (62.000,00) EUROS, con cargo á partida 08/451.422.454.02, en concepto de colaboración económica para a realización dos devanditos cursos. Terceiro.- A U.I.M.P. pon a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra no conxunto dos cursos un total de 25 prazas con matrícula de balde para as persoas que ela designe. A Deputación Provincial de Pontevedra deberá comunicar, formalmente e coa suficiente antelación, os nomes das persoas que vaian ocupar as devanditas prazas. A gratuidade inclúe soamente a inscrición académica; a U.I.M.P. non se fará cargo da viaxe, aloxamento nin manutención das persoas que ocupen estas prazas. O resto das prazas serán cubertas polos procedementos habituais da U.I.M.P. Cuarto.- A U.I.M.P. comprométese a facer constar nos programas dos cursos e seminarios, e na difusión que destes se faga nos medios de comunicación social, a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. Quinto.- A Deputación Provincial de Pontevedra poderá incluír na documentación dos cursos ou seminarios preparada pola Universidade de Vigo e a U.I.M.P. para lles entregar ós alumnos aqueloutros documentos que considere de interese para eles. Sexto.- Unha vez rematado o programa de actividades en Pontevedra, farase constar a colaboración da Deputación de Pontevedra na memoria anual de actividades da universidade, e entregaráselle a xustificación dos gastos ós que foi aplicada a achega da Deputación, mediante a presentación dunha conta xustificativa que deberá conter a totalidade dos gastos da actividade e achegando unicamente as facturas polo importe subvencionado, ben orixinais, ben fotocopias cotexadas. Dita xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2009. Sétimo.- Correspóndelle exclusivamente á U.I.M.P. aprobar os programas das súas actividades e as normas consonte ás que se deben desenvolver, vixiando en todo intre o máis escrupuloso respecto á independencia da propia institución e das persoas que participan nas súas actividades. Oitavo.- A difusión que se faga dos cursos e seminarios nos medios de comunicación social, como se indica na cláusula cuarta do presente convenio, terá que se emitir ou redactar en lingua galega no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Noveno.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. Décimo.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. Undécimo.- Para o non disposto no presente convenio contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación aplicable. E, en proba de conformidade, asinan o presente documento por duplicado, no lugar e data indicados. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O REITOR DA UNIVERSIDADE INTERNACIONAL DE PONTEVEDRA MENÉNDEZ PELAYO D. Rafael Louzán Abal D. Salvador Ordóñez Delgado” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16497.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN “MAN COMÚN” – ANO 2008 Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Montes Veciñais en Man Común “Man Común, CIF núm. G15677487, para deseñar e editar ferramentas didácticas e informáticas para a cubicación e valoración dos produtos madeireiros que sirvan de apoio ás comunidades de montes da provincia de Pontevedra. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario do 22/10/2008 que xustifica a existencia de razóns de interese público e social; visto o informe favorable da Secretaría Xeral do 22/10/2008; visto o informe da Intervención do 22/10/2008; e vistos o documento R.C. núm. 200800092405 e a restante documentación que obra no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Montes Veciñais en Man Común “Man Común”, CIF núm. G15677487, para deseñar e editar ferramentas didácticas e informáticas para a cubicación e valoración dos produtos madeireiros que sirvan de apoio ás comunidades de montes da provincia de Pontevedra, por importe de cento dez mil douscentos euros (110.200,00 €), que se librarán no seu día con cargo á partida orzamentaria 08/711.442.489.01, núm. de Operación 200800092405, do vixente orzamento provincial. Así mesmo, facúltase ó presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E “MÁN COMÚN” -ASOCIACIÓN DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN- Ano 2008 ESTUDO TÉCNICO E DESEÑO DE FERRAMENTAS DIDÁCTICAS E INFORMÁTICAS PARA A CUBICACIÓN E VALORACIÓN DE PRODUTOS MADEIREIROS QUE SIRVAN DE APOIO ÁS COMUNIDADES DE MONTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a ……. de ……….……. de 2008 REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Rafael Louzan Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación segundo dispón o art. 34.1.b) da Lei 7/85 de 2 de abril das Bases de Réxime Local. E doutra, D. Manuel Míguez Rosendo, con NIF 36064769-X, Presidente da Asociación de Montes Veciñais en Man Común “MAN COMÚN” (C.I.F. Nº G-15677487), de carácter provincial. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que para convir en nome das Entidades que representan teñen conferidas e, EXPOÑEN 1º.- Que a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA considera accións necesarias: a.- O fomento e divulgación dos coñecementos forestais entre os propietarios de montes da provincia e sobre todo entre as tan abondosas e activas Comunidades de Montes en Man Común. b.- A contribución á valorización dos produtos forestais da provincia e sobre todo da madeira para facilitar a cubicación dos produtos e facilitar a súa venda. c.- A dotación as Comunidades de Montes de ferramentas de apoio, sobre todo informáticas, que posibiliten dun xeito sinxelo a valoración acertada dos produtos madeireiros por parte dos propietarios para que poidan acudir con garantías a un mercado que está suxeito a grandes variacións. d.- O estudo sobre as ferramentas existentes para a valoración e cubicación de produtos forestais madeiros e o deseño de ferramentas didácticas baseadas nas novas tecnoloxías (técnicas informáticas e en formatos dixitais) para a cubicación e taxación de madeira das principais especies forestais da provincia; e a elaboración dunha guía instrutiva xeral sobre valoración e taxación de montes, que permita ademais o manexo fácil polos propietarios de montes, veciños comuneiros e directivos das Xuntas Reitoras das Comunidades. 2º.- Que MAN COMÚN –Asociación de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común- é unha asociación sen ánimo de lucro con implantación provincial; que agrupa a Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Os fins principais de Man Común son: o A formación dos veciños comuneiros en todos os ámbitos que afecten á súa actividade: Técnica, económica, fiscal e medioambiental para modernizar e tecnificar a xestión das súas explotacións forestais. o Estender e favorecer entre as Comunidades de Montes instrumentos de planificación, aproveitamento e xestión de montes. o Mellorar as rendabilidades das Comunidades de Montes. ANTECEDENTES A importancia do sector forestal madeireiro e das Comunidades de Montes en Pontevedra: Na provincia de Pontevedra existen 220.817 hectáreas de montes arborizados dos cales o 99 % son de propiedade particular, pertencendo o 34 % a Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e o 65 % a propietarios individuais. A superficie veciñal supón o 60 % da superficie forestal. O número de Comunidades de Montes da provincia de Pontevedra é de 669 aproximadamente, das cales o 55 % son de xestión privada o e 47 % están conveniadas ou consorciadas coa Administración pública. O número de propietarios de montes da provincia é de aproximadamente 172.216 con superficies medias por titular de 0,90 ha. A cabida media por Monte Veciñal, en cambio, é de 195 ha. e supoñen unidades de xestión viables. A provincia de Pontevedra ten unha produción anual en madeira de aproximadamente 2,9 millóns de metros cúbicos e se cortan anualmente preto de 1,5 millóns de toneladas. Son moitas as Comunidades de Montes (e propietarios privados) que se autoxestionan e precisan coñecer o volume de madeira dos lotes que sacan á venda e tamén o valor económico destes. Tamén as Comunidades de Montes con acordos coa Administración precisan coñecer o valor e contía dos lotes que saen a poxa pública. Na provincia de Pontevedra existen arredor de 700 Comunidades de Montes. A importancia de que os propietarios coñezan ben a cantidade e valor da súa madeira: O prezo da madeira en pé é un valor “residual”, e dicir, que se conforma deducindo ó prezo que se paga na fábrica de destino, os gastos de explotación e de transporte. As modalidades de venda da madeira poden ser varias (por unidade de peso –tonelada-, por unidade de volume –estéreo ou metro cúbico- ou por lote). En calquera dos casos, os propietarios de montes descoñecen a cubicación exacta da madeira e a súa transformación fiable a peso. Os prezos da madeira son variables segundo a clasificación, categoría ou destino dos produtos elaborados. As Comunidades de Montes tamén acostuman a descoñecer o valor da madeira segundo o destino ou calibre. Os custes de explotación da madeira, e dicir, da corta, desrame, tronzado, saca e transporte; tamén son descoñecidos polo propietario e dependen de factores técnicos de nivel técnico descoñecido para estes. Polo tanto, é imprescindible crear e dotar ós propietarios forestais da provincia (e sobre todo as Comunidades de Montes) dunha ferramenta técnica, baseada nas novas tecnoloxías, que lles permita cubicar e taxar a súa madeira para colocar axeitadamente os seus produtos no mercado e valorizar en rendabilizar a xestión que fan do monte, así como dotar ás Comunidades de Montes dunha guía sobre inventariación de madeira. OBXECTIVOS DO CONVENIO O obxectivo xeral é o estudo técnico e deseño de ferramentas didácticas e informáticas para a cubicación e valoración de produtos madeireiros que sirvan de apoio ás comunidades de montes da provincia de Pontevedra. Os obxectivos concretos son: 1º.- Realizar un ESTUDO TÉCNICO (acompañado das ferramentas didácticas oportunas) SOBRE OS XEITOS DE CUBICACIÓN E TAXACIÓN DE MADEIRA EN PÉ DAS DISTINTAS ESPECIES FORESTAIS de interese na provincia de Pontevedra, que sirva de apoio para as Comunidades de Montes e outros propietarios forestais e axentes do sector. O estudo inclúe un traballo de campo detallado para a determinación das características das especies forestais a cubicar, un estudo prospectivo das ferramentas e estudos existentes que poidan servir, o tratamento estatístico dos datos e a programación/deseño informático do programa de aplicación. 2º.- Deseñar e elaborar unha GUÍA DIDÁCTICA DE INVENTARIACIÓN, TAXACIÓN DE MONTES E APROVEITAMENTO FORESTAL MADEIREIRO –Interpretación e manexo do programa informático- 3º.- Realizar unha CAMPAÑA FORMATIVA E DIVULGATIVA ENTRE AS COMUNIDADES DE MONTES DA PROVINCIA sobre aproveitamento forestal, cubicación e taxación de madeira e información sobre o programa informático creado. PRODUTO FINAL • Estudo técnico para a cubicación e taxación de madeira das principais especies forestais. CD máster (ferramentas didácticas) para a realización de copias e copias suficientes para o reparto entre as Comunidades de Montes activas da provincia. Edición de 750 copias. • Guía didáctica e de manexo para inventariación, taxación de montes e aproveitamento forestal madeireiro. Edición de 750 exemplares. • Realización de 32 accións formativas-divulgativas nas 8 cabeceiras de comarca provinciais (catro por comarca). ESTIPULACIÓNS Primeira: As actividades a desenvolver pola Asociación MAN COMÚN no marco do presente Convenio son: 1.- Realizar un estudo técnico coa elaboración de ferramentas didácticas (modelo informático) para a cubicación e taxación de madeira das principais especies forestais da provincia que sirva de apoio para as Comunidades de Montes da Provincia e outros propietarios forestais e axentes relacionados. 2.- Elaborar unha guía didáctica e de manexo para inventariación, cubicación e taxación de madeira. 3.- Impartir 32 accións divulgativas nas 8 cabeceiras de comarca da Provincia de Pontevedra. Segunda: O traballo e actividades do presente convenio realizaranse na provincia de Pontevedra. Terceira: Para a realización das actividades, MAN COMÚN disporá do persoal técnico, equipamentos e instalacións, de tal xeito que dende a súa Central e os puntos de atención que estime oportunos na Provincia, se preste a atención que estas actuacións requiren. Do mesmo xeito, MAN COMÚN poderá pedir ou contratar o asesoramento específico que se precise naqueles temas que requiran unha especialidade tecnolóxica determinada. Cuarta: A duración do presente Convenio será de seis meses. O Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura. Quinta: A achega da Deputación de Pontevedra a este Convenio ascende á cantidade de cento dez mil douscentos euros (110.200,00 €); que será financiada con cargo á partida orzamentaria 08/711.442.489.01: ESTUDO TÉCNICO PARA A CUBICACIÓN E TAXACIÓN DE MADEIRA EN PÉ DAS DISTINTAS ESPECIES FORESTAIS de interese na provincia de Pontevedra, que sirva de apoio para as Comunidades de Montes e outros propietarios forestais e axentes do sector. Inclúe as seguintes fases: • Prospección do sector e diagnóstico das ferramentas existentes. Estudos técnicos forestais (tarifas de cubicación e cálculo) e toma de datos de campo, análise de especies forestais (incluída dietas e quilometraxe). Custo 19.000 €. • Elaboración de contidos do estudo técnico. Custo: 11.500 € • Elaboración de ferramentas informáticas: deseño software, enxeñería de sistemas, elaboración CD, etc. Custo 6.300 €. • Deseño e maquetación de soporte dixital: pegatinas, estuchado, carátulas, CDs./DVDs. Custo: 5.500 €. • Edición de produto final (gravación e edición de 750 uds. de DVD/CD) 750 ud. X 12 €/ud.= 9.000 € 51.300 GUÍA DIDÁCTICA DE INVENTARIO E CUBICACIÓN DE MONTES E DE INTERPRETACIÓN E MANEXO DO PROGRAMA INFORMÁTICO • Elaboración e creación de contidos de tipo técnico, deseño de gráficos e fotografía. Custo: 14.100 € • Elaboración de contidos de tipo informático sobre instrucións de uso das ferramentas didácticas. Custo: 3.650 € • Maquetación e deseño da guía didáctica. Custo: 3.000 € • Impresión ofsset en papel a toda cor de 750 exemplares. Custo: 10.500 €. 31.250 ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS Realización de 32 accións formativas para divulgación dos resultados do estudo, formación sobre a utilización das ferramentas didácticas, prácticas e formación sobre cubicación e taxación de madeira. Se fará entrega de material do alumno, incluídos gastos de preparación, honorarios de profesorado, gastos xerais, desprazamentos e aluguer de material audiovisual. As accións terán unha duración de 3 horas con alomenos 25 asistentes. Cada acción contará con dous docentes (1 técnico forestal e 1 técnico informático). 32 accións x 864 € c/acción = 27.650 € 27.650 TOTAL 110.200 Sexta: O pagamento das cantidades efectuaranse da seguinte maneira: Un 40 % da cantidade sinalada na cláusula anterior no momento da sinatura do Convenio. O 60 % restante á entrega da documentación xustificativa final e dos produtos rematados. Estas cantidades que se veñen de referir anteriormente efectuaranse previo cumprimento do sinalado na cláusula sétima. Sétima: Para o trámite dos pagamentos, MAN COMÚN remitirá á Deputación de Pontevedra a seguinte documentación: a) Un informe acumulativo das actuacións realizadas ó abeiro do Convenio, dende o seu comezo ata ó remate das accións, que deberá ser aprobado polo órgano competente. b) Exemplares dos estudos, traballos, diagnósticos, conclusións ou programas informáticos correspondentes. c) As facturas, xustificantes ou recibos dos gastos necesarios para o desenvolvemento do Convenio. A Deputación de Pontevedra procederá ós devanditos
Ãrea de notas
Nota