ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/11/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-11-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/11/05_Ordinaria

  • Data(s) 2008-11-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día cinco de novembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin o señor deputado D. Julio Alén Montes. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16550.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 22 de outubro de 2008. ------ Folla: 2.16551.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE DNA. INÉS PAZOS SANGIAO, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, do 23/07/2008 unha subvención de arranxo de vivenda polo importe de 2.500,00 €, a favor de Dona Inés Pazos Sangiao, veciña do concello da Estrada, e solicitada pola devandita beneficiaria da subvención unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto por causas alleas a súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, respecto á subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 2.500,00 € aprobou a Xunta de Goberno do 23 de xullo do presente ano, a favor de Dona Inés Pazos Sangiao, veciña do concello da Estrada. ------ Folla: 3.16552.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE DNA. MILAGROS CONCHEIRO CAMINO, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, do 23/07/2008 unha subvención para arranxo de vivenda polo importe de 8.320,59 €, a favor de Dona Milagros Concheiro Camino, veciña do concello da Estrada, e solicitada o 27/10/08 pola citada beneficiaria da subvención unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, respecto á subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 8.320,59 € aprobou a Xunta de Goberno do 23/07/08, a favor de Dona Milagros Concheiro Camino, veciña do concello da Estrada. ------ Folla: 4.16553.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE DNA. LAUDELINA COTO RIBADULLA, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno do 23/07/2008 unha subvención para arranxo de vivenda polo importe de 2.029,41€, a favor de Dona Laudelina Coto Ribadulla, veciña do concello da Estrada, para reformas interiores no seu domicilio, e solicitada o 27/10/08 pola devandita beneficiaria da subvención unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, respecto á subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 2.029,41 € aprobou a Xunta de Goberno do 23/07/08, a favor de Dona Laudelina Coto Ribadulla, veciña do concello da Estrada. ------ Folla: 5.16554.- CONCESIÓN DE PRORROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE D. JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ DURO, VECIÑO DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno do 23/07/2008 unha subvención de arranxo de vivenda de 4.747,06 €, a favor de D. José Ramón Martínez Duro, veciño do concello da Estrada, e solicitada o 27/10/08 polo citado beneficiario da subvención unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, respecto á subvención de 4.747,06 € para arranxo de vivenda, que aprobou a Xunta de Goberno do 23/07/08, a favor de D. José Ramón Martínez Duro, veciño do concello da Estrada. ------ Folla: 6.16555.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, POLO QUE SE TEN POR DESISTIDO A D. JOSÉ CAMPO BARRO NO RECURSO NÚM 135/2008 PROMOVIDO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR DANOS E LESIÓNS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE ACCESO A PEINADOR (VIGO) Dada conta que con data 22 de xullo de 2008 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, polo que se ten por desistido a D. José Campo Barro no recurso núm. 135/08 promovido contra esta Deputación por danos e lesións padecidas pola súa filla María Soledad Campo Romalde en accidente de tráfico na estrada de acceso a Peinador o día 3 de xullo de 1999, valorados en 868.726,94 €, declarando terminado o procedemento e acordando o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do devandito Auto. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición