Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-01-18_Ordinaria. Acta de sesión 2010/01/18_Ordinaria
Acta de sesión 2010/01/18_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-01-18_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/01/18_Ordinaria
Data(s) 2010-01-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dezaoito de xaneiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asisten o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17617.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de xaneiro de 2010. 2.17618.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002569, DENOMINADA “PECHAMENTO PERIMETRAL E ACONDICIONAMENTO DO TERREO E VARIAS PARCELAS POLÍGONO INDUSTRIAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002569, denominado “Pechamento perimetral e acondicionamento do terreo e varias parcelas Polígono Industrial”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada a cantidade de 81.330,33 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002569, denominado “Pechamento perimetral e acondicionamento do terreo e varias parcelas Polígono Industrial”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 61.330,33 euros. Exercicio 2011: 20.000,00 euros Esta subvención será financiada, no exercicio 2010, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. A anualidade do 2011 contabilizarase na aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.17619.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002404, DENOMINADA “MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN CAMIÑOS MUNICIPAIS EN BAREDO E BAIONA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002404, denominado “Mellora da accesibilidade en camiños municipais en Baredo e Baiona”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Baiona a cantidade de 137.006,14 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002404, denominado “Mellora da accesibilidade en camiños municipais en Baredo e Baiona”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 45.668,71 euros Exercicio 2010: 45.668,71 euros Exercicio 2011: 45.668,72 euros A presente subvención, no exercicio 2009, contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.6524.5.2009 unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade correspondente ó exercicio 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte ó gasto, e a anualidade 2011 contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria correspondente quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.17620.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002405, DENOMINADA “MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN CAMIÑOS MUNICIPAIS EN BAHÍÑA, STA. CRISTINA E BELESAR”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002405, denominado “Mellora da accesibilidade en camiños municipais en Bahiña, Sta. Cristina e Belesar”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Baiona a cantidade de 180.473,50 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002405, denominado “Mellora da accesibilidade en camiños municipais en Bahiña, Sta. Cristina e Belesar”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 30.126,56 euros Exercicio 2010: 33.833,75 euros Exercicio 2011: 116.513,19 euros A presente subvención, no exercicio 2009, contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade correspondente ó exercicio 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, e a anualidade do 2011 contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria correspondente quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.17621.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE COVELO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002788, DENOMINADA “CAMIÓN DE RECOLLIDA DE LIXO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002788, denominado “Camión de recollida de lixo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Covelo a cantidade de 135.554,12 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002788, denominado “Camión de recollida de lixo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 135.554,12 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 0 euros A presente subvención contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.17622.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE COVELO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002795, DENOMINADA “DOTACIÓN DE SERVIZOS E MELLORA DE RODADURA EN MACEIRA-CAMPELO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Retírase da orde do día expte. relativo á “Concesión de subvención ó Concello de Covelo para a realización da obra nº2009002795, denominada “Dotación de servizos e mellora de rodadura en Maceira-Campelo”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011”. 7.17623.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002263, DENOMINADA “GRADAS E VESTIARIOS EN PISTA POLIDEPORTIVA DE PEREIRAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002263, denominado “Gradas e vestiarios en pista polideportiva de Pereiras”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mos a cantidade de 219.477,82 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002263, denominado “Gradas e vestiarios en pista polideportiva de Pereiras”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 198.081,95 euros Exercicio 2010: 21.395,87 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. A anualidade do 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.17624.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002269, DENOMINADA “OBRAS COMPLEMENTARIAS NA MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE COTANEXO, COLEXIO CASTRO-MOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002269, denominado “Obras complementarias na mellora e pavimentación do camiño de Cotanexo, Colexio Castro-Mos”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Mos a cantidade de 231.919,75 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002269, denominado “Obras complementarias na mellora e pavimentación do camiño de Cotanexo, Colexio Castro-Mos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 231.919,75 euros Exercicio 2010: 0 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Iniciar o expediente de contratación do investimento anteriormente, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.17625.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SANXENXO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002323, DENOMINADA “HUMANIZACIÓN DAS RÚAS VIÑA DA FONTE, MARIÑEIROS E SOL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002323, denominado “Humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade Conceder ó Concello de Sanxenxo a cantidade de 426.896,45 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002323, denominado “Humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 154.299,72 euros Exercicio 2011: 272.596,73 euros A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade do 2011 contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.17626.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002581, DENOMINADA “PECHAMENTO EXTERIOR DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MACOCA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002581, denominado “Pechamento exterior das instalacións deportivas Macoca”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tui a cantidade de 197.865,43 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002581, denominado “Pechamento exterior das instalación deportivas Macoca”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 98.932,72 euros Exercicio 2010: 98.932,71 euros Exercicio 2011: 0 euros A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade correspondente o exercicio 2009 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.17627.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002585, DENOMINADA “SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E MELLORA DE VIAIS EN PAZOS DE REIS-TUI”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002585, denominado “Saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis-Tui”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tui a cantidade de 64.906,28 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002585, denominado “Saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis-Tui”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 32.453,14 euros Exercicio 2010: 32.453,14 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento. A anualidade do 2010 contabilizarase na aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.17628.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.17629.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010” Nesta anualidade 2010 a Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do Programa Diúrno de Balnearios cunha dotación económica de 240.000,00€, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, que tendo plena autonomía persoal e non padecendo ningunha enfermidade incompatible coas actividades do programa, desexe pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres) nun talaso ou balneario da nosa provincia, achegando a Deputación unha subvención de 52,00 € praza, os Concello que se adhiran ó programa 32,00 € praza e a contía restante os usuarios, dependendo do prezo ofertado pola empresa adxudicataria; polo que á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor respectivamente, con datas 23/12/2009 e 14/01/2010; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases Reguladoras do programa Diúrno de Carácter Lúdico de Balnearios 2010, cunha dotación económica de 240.000,00 €, con cargo á partida 10/230.232.227.07, e unha oferta de 4.600 prazas. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIÚRNO DE CARÁCTER LÚDICO DE BALNEARIOS ANO 2010 A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Acción Social, convoca unha nova edición do Programa Diúrno de Carácter Lúdico de Balnearios, contribuíndo desta maneira ó fomento do envellecemento activo e a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. PRIMEIRA. Obxecto.- O programa diúrno de Balnearios, ten por obxecto o proporcionar ás persoas a partir de 50 anos , pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer, a uns prezos reducidos. O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nos balnearios e talasos da nosa provincia, con capacidade para albergar a un volume de persoas entre 50 e 100, establecéndose para a súa desenvolvemento dúas campañas. A) Campaña de Primavera-Verán. B) Campaña de Outono-Inverno. As quendas de mañá dependerán da dispoñibilidade dos Balnearios. SEGUNDA. Características do Programa e Servizos Ofertados.- Cada semana de ambas campañas, sairá un autobús con cartel identificativo, que recollerá ós beneficiarios, trasladándoos ós balnearios ou talasos elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas, gozando das instalacións e dos servizos contemplados neste Programa. O guía repartirá o primeiro día un bono viaxe con data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar, por cada participante. En cada balneario ou talaso facilitaranse unhas chanclas e un gorro, para utilizar nas súas instalacións. A Axencia de viaxes adxudicataria para a organización do programa, comunicará a cada Concello, a semana asignada e os Concellos serán os que determinen as paradas (como máximo dúas, que deberán dispor de espazos amplos, onde os autobuses poidan entrar e manobrar ) e comunicarano á axencia de viaxes: TERCEIRA. Orzamento e Financiamento.- A contía consignada para este Programa ascende no ano 2010 a 240.000,00 €, con cargo á partida 10/230.232.227.07, do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado dito crédito. O Programa será cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, os Concellos e o usuario. A Deputación partindo dun prezo máximo de licitación de 140 euros/persoa (IVE incluído) realizará unha achega de 52 euros/ praza. O Concello fará unha achega de 32 euros/ praza e o usuario, aboará unha contía que dependerá do prezo ofertado, pola Empresa adxudicataria. No caso de que o Concello non se adhira , o solicitante deberá custear a parte proporcional de subvención do mesmo. Se na contratación para a organización deste programa, producísese algunha baixa de adxudicación, respecto ó prezo de licitación, a mesma aplicarase a incrementar a oferta de prazas para os participantes. CUARTA. Destinatarios e requisitos dos mesmos.- Poderán acceder ó programa todas as persoas que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan, independentemente de que o concello de procedencia adhírase ó non. a) Persoas a partir de 50 anos. b) Os pensionistas. c) Aquelas persoas que mediante un informe da Traballadora Social do Concello, se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar. d) No caso das persoas que procedan de asilos ou residencias, os voluntarios acompañantes deberán ser accreditados, mediante informe da traballadora social. É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía. QUINTA. Prazo de Adhesión dos Concellos, inscrición dos participantes e documentación a presentar: - O prazo de presentación das adhesións dos Concellos para a Campaña de Primavera, así como, para aqueles interesados cuxos concellos que non se adhiran ó programa, será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas bases no B.O.P. - Os Concellos adheridos deberán remitir á Deputación, os seguintes documentos: a) Certificado do acordo de adhesión ó Programa, para unha ou as dúas campañas, facendo constar o número de prazas que están dispostos a subvencionar en cada campaña. b) Listados nominais dos participantes por orde de puntuación de maior a menor. (O Concello deberá remitir ademais, unha copia destas listaxes á empresa adxudicataria, no momento que se lle comunique). c) Impreso de solicitude asinado polos/as solicitantes, debidamente cumprimentado e acompañado do D.N.I. - Os interesados cuxos concellos non se adhiran ó programa deberán presentar: a) Impreso de solicitude, debidamente cuberto. b) Fotocopia do D.N.I. - Campaña de Outono-Inverno. O Segundo prazo de presentación de solicitudes, para a Campaña de Outono, será do 2 ó 20 de xuño, ambos inclusive, e si o último día de tales prazos fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte. SÉXTA. Lugar de presentación das solicitudes. No caso de que os Concellos estean adheridos a este Programa Diúrno de Balnearios, as instancias dos participantes, deberán presentarse nos Rexistros de tales Concellos. Para o caso de que non se adhiran os Concellos, as instancias dos participantes, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, ou no Rexistro da Delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres ), ou ben por correo ou por calquera outro procedemento sinalado no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. SÉTIMA. Procedemento de concesión. A concesión destas subvencións rexerase polo procedemento de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas, do Programa Diúrno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 4.600 prazas, que en principio serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos e envíen a documentación debidamente cuberta. Unha vez aberto o prazo para a presentación de solicitudes, unicamente poderase cubrir unha instancia por persoa, escollendo unha das dúas campañas. Non se admitirán a trámite, solicitudes dos usuarios para a segunda campaña, que participen na primeira, salvo que quedasen prazas libres, nese caso abriríase un prazo, para cubrir as mesmas. As baixas dos usuarios deberán estar debidamente xustificadas, e só nese caso xestionarase pola Empresa adxudicataria da Asistencia Técnica, a devolución correspondente. No caso de que o número de solicitudes exceda ó de prazas ofertadas, aplicarase un baremo de selección, que realizará a traballadora Social do Concello considerando os seguintes criterios. 1º) Gozar do Programa en anos anteriores. Nesta variable, tense en consideración a circunstancia de non gozar do programa, con obxecto de favorecer o acceso ó mesmo do maior número de persoas. Estableceranse as seguintes puntuacións: a) Participar no programa o ano anterior: 0 Puntos. b) Non participar:10 puntos. 2º) Idade do Solicitante: Nesta variable valorarase a idade do solicitante, en coherencia coas políticas de actuación das persoas maiores. A valoración desta variable será de dous puntos, por cada cinco anos que se superen ós 50 anos de idade. 50 anos. 5 Puntos. 55 anos. 7 Puntos. 60 anos. 9 Puntos. 65 anos. 11 Puntos. 70 anos, 13 Puntos. A partir de 75 anos: 15 puntos. No caso de solicitudes de parella, os expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas puntuacións. Se unha vez valoradas todas as solicitudes existe empate, terase en conta a orde de rexistro de entrada e si persiste o empate efectuarase un sorteo. No caso de que os Concellos non se adhiran ó Programa, será a Deputación Provincial a que aplique o baremo de selección OITAVA. Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento.- A instrución do procedemento corresponde ó Servizo de Acción Social, e a resolución do mesmo á Xunta de Goberno. NOVENA. Publicidade.- En toda a publicidade que se elabore farase constar a organización e colaboración da Deputación, mediante a inclusión da súa imaxe institucional en conformidade co Art. 31 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. DÉCIMO. Xustificación e Pagamento da Subvención.- Para proceder ó pagamento, a empresa adxudicataria, presentará xunto coas facturas, os listados das persoas participantes no programa, por quendas e campañas, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pagamento, realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria. No caso do usuario farase directamente o primeiro día no lugar de saída. DÉCIMO PRIMEIRA. Prazo de Vixencia.- Estas Bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2010 DÉCIMO SEGUNDA. Lexislación Aplicable.- • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, aprobando o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. • Lei 4/1993, de 14 de abril, de Servizos Sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. • R.d. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. ? Bases de execución do vixente orzamento provincial.” 14.17630.- APROBACIÓN DAS BASES DOS TERCEIROS CONCURSOS ZONAIS DE “BANDAS DE MÚSICA-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” A Deputación de Pontevedra ten previsto realizar na nosa provincia, ó longo dos meses de marzo e abril, os “3os Concursos Zonais de Bandas de Música Deputación de Pontevedra” e fiscalizadas as bases pola Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 126.750,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.481.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán os citados concursos zonais e que son do seguinte teor: “BASES DOS 3os CONCURSOS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” PRIMEIRA.- A Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música desta provincia, convoca os 3os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terán lugar os días 28 de marzo, 11 e 17 de abril, nas seguintes zonas: Zona 1: Deza, Tabeirós-Terra de Montes (Bandas de música pertencentes ós Concellos de: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces, Cerdedo, A Estrada e Forcarei): - Día (por determinar). Zona 2: Salnés, Ulla, Umia (Bandas de música pertencentes ós Concellos de: Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira, Portas, Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas de Reis e Moraña). - Día 28 de marzo. Zona 3: Vigo (Bandas de música pertencentes ó concello de Vigo): - Día (Por determinar). Zona 4: Pontevedra (Bandas de música pertencentes ós Concellos de: Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior): - Día 11 de abril. Zona 5: Zona sur (Bandas de música pertencentes ós Concellos de: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas): - Día 17 de abril. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretenden estes concursos, poderán optar a participar todas as bandas de música federadas, na Federación Galega de Bandas de Música Populares, da provincia de Pontevedra que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes en cada zona e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías: * Sección primeira: 3 bandas participantes de 61 músicos en adiante. * Sección segunda: 5 bandas participantes de 46 a 60 músicos. * Sección terceira: 6 bandas participantes ata 45 músicos. Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda e seis para a sección primeira. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. Para que unha sección poida constituírse será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou na posterior de ser o caso. CUARTA.- Unha vez superado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes, así como a orde da súa actuación, realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ó que asistirá o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar nos distintos concursos zonais por un período de dous anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. QUINTA.- Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección, unha delas será obrigatoriamente dun compositor galego. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras a interpretar). A duración de cada unha das obras e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección primeira: 15 ± 5 minutos Sección segunda: 10 ± 5 minutos Sección terceira: 10 ± 5minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. SEXTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva cada un dos concursos zonais serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. Dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe dito comité. SÉTIMA.- O xurado, que poderá ser diferente en cada unha das zonas, estará composto polo Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue, cinco personalidades do mundo da música que actuarán como vogais e o secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no concurso tendo en conta os seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica en cada unha das dúas obras a interpretar. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e substituíranse pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección mediante unha acta que, asinada polos membros de dito xurado, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. OITAVA.- As bandas de música percibirán en concepto de participación, con cargo á aplicación 10/330.334.481.06, as seguintes cantidades: Sección primeira: 1.800,00 € Sección segunda: 1.500,00 € Sección terceira: 1.200,00 € No caso de que participase o número máximo de bandas permitidas en cada sección segundo se establece na base terceira, o importe máximo a percibir sería de 100.500 €. NOVENA.- A Deputación de Pontevedra concederá en cada sección e por cada zona, de acordo co criterio do xurado, un primeiro premio en metálico e un segundo e terceiro premio con diploma acreditativo ás bandas que acaden a maior puntuación: 1º Premio Sección primeira: 2.000,00 € Sección segunda: 1.750,00 € Sección terceira: 1.500,00 € As bandas que obteñan o primeiro premio en cada unha das distintas seccións nas zonas onde se realizan os concursos terán unha praza reservada (se así o desexan) na mesma sección para participar no “X Certame Provincial de Bandas de Música” que terá lugar no mes de outubro. O importe destes premios imputarase con cargo á aplicación 10/330.334.481.06, sendo o importe máximo dos premios de 26.250,00 €. DÉCIMA.- O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. DÉCIMO PRIMEIRA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte: 1.- Constitúese unha comisión de control, que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial e un delegado observador de cada unha das bandas participantes na sección na que actúan. Esta comisión poderá delegar o control de sinaturas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. 2.- A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularse ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 3.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán: DNI ou pasaporte. 4.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o concurso quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEGUNDA.- O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no concurso. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 15 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música e máis o currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como CINCO exemplares das partituras das obras a interpretar, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no concurso. DÉCIMO TERCEIRA.- O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do concurso. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do concurso. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. A inscrición no concurso implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité. A sede oficial do comité organizador do concurso será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o concurso, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO CUARTA.- O comité organizador dos 3os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira: Presidente: - O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: - Dous representantes da Deputación de Pontevedra. - Un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. - Un representante da empresa adxudicataria da organización do evento. - O director técnico do certame. Secretario: - O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMO QUINTA.- Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.” 15.17631.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación dentro do seu ámbito competencial e en colaboración cos Concellos da provincia está permanentemente mellorando e creando novas infraestruturas de comunicación que requiren, de conformidade coa lexislación vixente, o cumprimento das condicións de seguridade e saúde na execución das obras. Na actualidade, a área Técnica de Infraestruturas da Deputación non dispón dos medios persoais nin materiais suficientes e axeitados para levar a cabo os traballos sinalados para os que se require persoal moi especializado e coa experiencia suficiente na materia. As razóns expostas xustifican a necesidade de contratar os servizos dunha asistencia externa que achegue profesionais cualificados e experimentados para asegurar o cumprimento eficaz do obxecto do contrato. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, no que certifica a existencia de consignación orzamentaria. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRFL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. O tipo de licitación que se establece é o 1,25% do Orzamento de Execución Material de cada proxecto aplicado a baixa de adxudicación. Estímase que as obras de construción contratadas pola Deputación terán un orzamento aproximado de execución de 30.000.000 euros/anuais. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - O contrato financiarase con cargo á conta non orzamentaria 419.10 (099.143) - -Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o procedemento como Lei fundamental. - Iniciar o prazo de quince días naturais, contado dende o día seguinte á publicación do anuncio, para presentación de proposicións no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. 1.-OBXECTO.- O obxecto do presente contrato é a prestación de asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e o R.d. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de Seguridade e Saúde nas obras de construción, canda as súas modificacións posteriores, e demais lexislación vixente. Tamén se inclúen funcións de asesoramento en relación coas medidas necesarias para facer efectiva a normativa vixente sobre Prevención de Riscos Laborais e todas as demais prestacións que sexan esixibles sobre Seguridade e Saúde, segundo o previsto na Lei 31/1995 e o R.d. 1627/1997, canto ás obrigas e funcións establecidas para o promotor e para o Coordinador de Seguridade e Saúde. O contido mínimo deste contrato desenvólvese no prego de Prescricións Técnicas Particulares que se une como anexo. Cando as especiais circunstancias dunha obra o determine, a Deputación poderá designar a outro coordinador de seguridade e saúde seguindo o procedemento establecido pola Lei de Contratos do Sector Publico. 2.-FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias de cada obra no respectivo exercicio. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo realizarase mediante presentación da factura pola empresa adxudicataria, e unha vez aprobada polo órgano competente, pagarase con cargo ó crédito retido na certificación do contratista adxudicatario da obra. A retención na certificación de obra efectuarase antes de aplicar os gastos xerais e o IVE. 4.-DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración inicial de tres anos contado dende a data de formalización do contrato, podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes antes da finalización daquel, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda de seis anos, de conformidade co previsto no artigo 279 da Lei de contratos do sector publico. 5.-TIPO DE LICITACIÓN.- A oferta económica que presentarán os licitadores será unha porcentaxe do orzamento de execución material, polo que se comprometen a realizar o servizo. A devandita porcentaxe non poderá superar o 1,25% do Orzamento de Execución Material de cada proxecto aplicado a baixa de adxudicación. Denominarase orzamento de execución material o resultado obtido pola suma dos produtos do número de cada unidade de obra polo seu prezo unitario e das partidas alzadas, sen incluír os gastos xerais e o IVE. Estímase que as obras de construción contratadas pola Deputación terán un orzamento aproximado de execución de 30.000.000 euros/anuais. Na porcentaxe ofertada pola empresa licitadora entenderase incluído o IVE. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. 7.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que constitúana e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Deberase acreditar un volume de contratos en materia de seguridade e saúde, igual ou superior a 200.000,00 €, conforme ó modelo do anexo II. c) Unha descrición do equipo técnico mínimo esixido no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, que estará composto por un Xefe de equipo e tres coordinadores do servizo. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non han experimentada variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria e programa de traballo. O licitador presentará unha Memoria técnica dos traballos a realizar na que, de forma clara e concisa, expóñase a súa proposta sobre o contido e desenvolvemento dos mesmos, especificando entre outros os seguintes aspectos: - Enumeración e descrición dos trámites a realizar antes do inicio dos traballos. - Contido e desenvolvemento dos traballos a realizar, a xustificación da metodoloxía indicada para a execución dos traballos, a súa coherencia, o bo coñecemento que denoten da problemática a resolver e de calquera outro condicionante externo. - Realización e tramitación do informe do plan de seguridade e saúde no traballo ou a planificación de medidas preventivas elaborado pola empresa contratista. - Medidas de vixilancia do grao de cumprimento das medidas preventivas especificadas na planificación de cada unha das obras, e da forma de dar constancia dos incumprimentos. - Sistemas e mecanismos de seguimento e xestión das obras, así como os medios e mecanismos para transmitir ou documentar dito seguimento ante a Deputación de Pontevedra. - Establecemento dun diagrama tipo de traballo con prazos medios. - A memoria deberá conter ademais un organigrama que desenvolva as funcións dos técnicos nas distintas actividades obxecto do contrato. 3.- Melloras ó prego de condicións: Descrición das mesmas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 20 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A devandita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderaran seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.-CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: A) Memoria e Programa de traballo, ata un máximo de 30 puntos. B) Outras melloras, ata un máximo de 10 puntos. Os puntos asignaranse tendo en conta as seguintes circunstancias: a) Memoria técnica. Puntuarase entre outros: - Enumeración e descrición dos trámites a realizar antes do inicio dos traballos. - Contido e desenvolvemento dos traballos a realizar, a xustificación da metodoloxía indicada para a execución dos traballos, a súa coherencia, o bo coñecemento que denoten da problemática a resolver e de calquera outro condicionante externo. - Realización e tramitación do informe do plan de seguridade e saúde no traballo ou a planificación de medidas preventivas elaborado pola empresa contratista. - Medidas de vixilancia do grao de cumprimento das medidas preventivas especificadas na planificación de cada unha das obras, e da forma de dar constancia dos incumprimentos. - Sistemas e mecanismos de seguimento e xestión das obras, así como os medios e mecanismos para transmitir ou documentar o devandito seguimento ante a Deputación de Pontevedra. b) Melloras ó prego de condicións: Incremento adicional de persoal con respecto ó mínimo esixido, outras melloras… Nota importante: A extensión máxima do documento será de 100 caras dun folio en formato A-4. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 60 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 60 puntos. A valoración do prezo realizarase seguindo a fórmula establecida no anexo I. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.-RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ............................., maior de idade, veciño de ....................., con domicilio en ............................ titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ..................... con domicilio en ...................., teléfono .................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA______ comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e pola porcentaxe de________ (letra e número) de execución material de cada proxecto. (Data e sinatura do propoñente)” Os anexos son os que seguen: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. ANEXO II MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á RELACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS NOS ÚLTIMOS TRES ANOS TÍTULO DO CONTRATO: CLAVE DO EXPEDIENTE: D./Dna. ....................................................., con DNI nº........................................, en nome propio ou en representación da empresa............................................, co NIF/CIF nº…………….......... DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do contrato realizados nos últimos tres anos, xunto cos seus importes certificados e demais datos, son os que se recollen na táboa seguinte: Título do Contrato Obxecto Data de Contratación Importe Total (Sen Ive) Importe certificado dende xx/xx/20xx- a xx/xx/20xx- Importe certificado dende xx/xx-/0xx- a xx/xx/20xx- Importe certificado dende xx/xx/20xx- a xx/xx/20xx* Importe total certificado nos tres últimos Anos Destinatario Tipo Destinatario (Público/Privado) Inicio Remate Totais € € € € € Á presente relación de servizos ou traballos xúntanse os correspondentes certificados ou declaracións aos que se refire o presente prego de conformidade co previsto na normativa de contratación pública. * XX/XX/20XX: último día do prazo para a presentación de ofertas ...............................,...... de........................ de........ (Lugar, data, sinatura e selo do licitador) 16.17632.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 9 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar”,. O número máximo de prazas ofertadas no devandito programa establécese en 1.730, sendo o tipo de licitación por persoa participante de douscentos catorce euros con noventa e cinco céntimos sen IVE (214,95 €). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 243 de data 18 de decembro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 4 de xaneiro de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Halcon Viajes S.A. e Viajes Marsans S.A.. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto”, procedendo á apertura os sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que pola Xefa do Servizo de Acción Social emítese informe sobre as empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 15 de xaneiro de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: Empresas Puntuación do Sobre “B” Puntuación do Sobre “C” Totoal Halcon Viajes S.A. 50 19,39 69,39 Viajes Marsans S.A. 42 19,04 61,04 Á vista das puntuacións globais acadadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar”, á empresa Halcon Viajes S.A., ó obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa Halcon Viajes S.A.(CIF A-10005510) o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar”, nos hoteis que se indican e polos seguintes prezos: HOTEL Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa (IVE incluído) Spa Oca Galatea 4 * SUP 206,54 € 221,00 € Talaso Atlantico 4* SUP 206,54 € 221,00 € Bienestar Moaña 4* SUP 200,93 € 215,00 € Oca Katiuska 4* 188,78 € 202,00 € Norat Marina Spa 4* 188,78 € 202,00 € O número máximo de prazas ofertadas é de 1.730, non obstante a Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de prazas xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- Conceder á empresa, Halcon Viajes S.A., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 4.205,61 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 111,60 euros en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). O prezo do programa financiarase pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52 euros por participante. As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante, que variará en función do hotel ou spa que elixan: -Spa Oca Galatea 4* sup 169,00 € -Talaso Atlántico 4*sup 169,00 € -Benestar Moaña 4* sup 163,00 € -Oca Katiuska 4* 150,00 € -Norat Marina Spa 4* 150,00 € A parte correspondente á Deputación, por importe de noventa mil euros (90.000,00€), será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. 17.17633.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA DOTADO DE DESBROZADORA E PA CARGADORA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 28 de outubro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora para o Concello de das Neves, por un importe global de 85.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 216 de data 9 de novembro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 25 de novembro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Comercial Vazpe, S.L.; Talleres F.C. Trigo, S.L. e Auto Avión, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2009, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a Mesa de Contratación, na citada reunión do día 30 de novembro de 2009, acorda excluír á empresa Talleres F.C. Trigo, S.L., por reflectir no sobre “B” o importe ofertado pola subministración do tractor equipado con pa e desbrozadora. Resultando que polo Xefe do Parque de Maquinaria emítese informe en onde se deixa constancia de que a empresa Auto Avión, S.A., non cumpre co estipulado no prego de prescricións técnicas no referente á a cabina abatible e ó chasis integral, e informa sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas da oferta presentada pola empresa, Comercial Vazpe, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de decembro de 2009, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada pola empresa Comercial Vazpe, S.L., procedeu á apertura do sobre “C”, presentada pola mesma, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: Empresa Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Prazo Comercial Vazpe, S.L. 30,00 7,167 10,00 47,167 Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F. B-36.020.196), o contrato para efectuar a subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 24 de decembro de 2009 e que a empresa Comercial Vazpe, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 3.532,50 euros depositados na Tesourería desta Deputación con data 12/01/2010 e número de operación 201000001793, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa, Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F. B-36.020.196), o contrato para efectuar a subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, polo prezo global de oitenta e un mil novecentos cincuenta e catro euros (81.954,00€), IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregación: A) Prezo do contrato 70.650,00 €. B) IVE (16%) 11.304,00 €. C) Total (A +B) 81.954,00 €. 2. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez recibido o tractor agrícola, dotado coa desbrozadora e a pa cargadora, con cargo á partida 09/911.911.662.09.2008, do orzamento provincial do exercicio de 2009. 18.17634.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 17553 DA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE DECEMBRO DE 2009 Visto o erro producido no aspecto orzamentario ó informarse por Intervención a certificación núm. 12 relativa á obra da “Proxecto de Execución Complementario restos Muralla Ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día a Empresa Dragados, S.A. E resultando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo isto segundo a disposición no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o erro do texto do acordo nº 17553 do día 23 de decembro de 2009, xa que o importe bruto da certificación debería ter a seguinte aplicación orzamentaria: 135.417,73 € á partida 09/432-451-622.01 101.022,63 € á partida 10/432-451-622.01 Permanecendo invariable o resto do texto de cada un dos acordos da Xunta de Goberno citada anteriormente. 19.17635.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota