Fondos
35.768/55. Expediente de arrendamento dos muíños de Ponte Arnelas
Expediente de arrendamento dos muíños de Ponte Arnelas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.5.35.768/55
Título Expediente de arrendamento dos muíños de Ponte Arnelas
Data(s) 1860-08-12 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 2 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Arrendamento que fixo o apoderado e administrador da casa de Quintáns ,a favor de Juan de Romay, veciño de Paradela, dos muíños de Ponte Arnelas en San Xoan de Leiro, por tempo de 2 anos. Ante José Cándido Jiménez
Ãrea de notas
Nota Os expedientes 35.768/55, 56, 57,58 e 59 van xuntos
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Arrendamento Muíño España Galicia Pontevedra Ribadumia Leiro (San Xoán) Ponte Arnelas (Leiro)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Ribadumia Leiro (San Xoán) Ponte Arnelas (Leiro)
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)