Fondos
34.371/5. Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca
Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..4.2.34.371/5
Título Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca
Data(s) 2012-2013 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 72 follas
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico(1836-) O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura. O Arquivo da Deputación é, loxicamente, un Servizo que nace parellamente á propia Institución Provincial, polo que, case sempre, se tivo un especial coidado, como ben o amasaba a Corporación na sesión de 19 de xullo de 1836, poucos meses despois da súa instalación, na que se pide ao Secretario que " ... alugue por canto da Deputación, un galeón preparado para poñer a salvo de calquera continxencia os papeis da secretaría.. . " . A continxencia á que se alude refírese, naturalmente, ao perigo das gavillas carlistas. Son innumerables as referencias ao Arquivo de que dispoñemos, referíndose á súa organización, fondos, materiais, locais e ao persoal profesional que o atendeu ininterrumpidamente, desde a primeira aparición no cadro de persoal da praza de Arquiveiro en 1853 até o cese de Enrique Villamil no ano 1955, a partir do cal, a praza, permanecería sen cubrir, até o ano 1977 en que comenzou os seus traballos o Arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. Instalado ata 1890 nos locais do exconvento dos Padres Franciscanos, e trasladándose nese mesmo ano, conxuntamente coa Deputación, ao actual Palacio da Alameda, onde permanecería ata o ano 1983, no que o Arquivo se dividiu en dúas seccións diferenciadas, ocupando, cada unha delas, un local distante entre si. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsouse o traballo de instrumentos descriptivos, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente xeral do fondo do Pazo da Buzaca. Contén: -- Informe urxente dos fondos documentais do Pazo da Buzaca (Moraña). Data, 2013, xaneiro, 15. Pontevedra. 42 follas -- Cadro de Clasificación do fondo documental. S/D [ca. 2013]. 1 folla. -- Acordo para a dixitalización do fondo. Data: 2013, marzo. Moraña. 2 follas -- Folla de remisión en calidade de depósito dos fondos documentais do Pazo da Buzaca. Data: 2012, novembro, 28. 1 folla. -- Inventario do material fotográfico do fondo documental. S/D [ca. 2012] 6 follas. -- Información relativa ao Pazo da Buzaca. Tirado de http://www.pazolabuzaca.com. Data: 2012, novembro, 27. 5 follas -- Artigo: PEÑA VIDAL, Carlos de la: "Os Varela de Casalnovo e Buzaca" en El Museo de Pontevedra, LVII, Pontevedra: 2003, páx 55-68. 15 follas. --Correspondencia de Enrique Varela Paz co arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. 2013, xaneiro, 18 --Cesión de novos documentos, sen inventario, feito por Vicente Gil Varela. Sen asinar. 2021, febreiro, 11 --Documento de doazón de fondos bibliográficos asinado por Vicente Gil Varela, con folla anexa de inventario. 2021, marzo, 5. -Transcripción de folla de libro.Ano 1709 -Borradores de árbores xenealóxicos
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Bo estado de conservación Documentación impresa
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Tema) (Creador)