Fondos
35.779/42. Escrituras de arrendamento dadas pola Casa de Quintáns das fincas que arrendara Esteban de Cores
Escrituras de arrendamento dadas pola Casa de Quintáns das fincas que arrendara Esteban de Cores
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.5.35.779/42
Título Escrituras de arrendamento dadas pola Casa de Quintáns das fincas que arrendara Esteban de Cores
Data(s)
Volume e soporte 18 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de varias copias de escrituras de arrendamento: -Arrendamento a José Mª Fandiño, Antonio Noya e José Antonio Señoráns, veciños todos de San Xoán de Leiro, de tódolos bens que foron de Esteban Cores en pago da débeda de 5 anos en cánon anual de 50 ferrados de millo, que este lle debía a Sr. Marqués de Bóveda, señor de Quintáns. Data: 1858 outubro, 17. Vilanova de Arousa. Ante: José Cándido Gimenez. -Arrendamento a viuva de José Mª Fandiño, Rosa Estevez, dada en Fefiñáns o 19 de setembro de 1863. -Arrendamento dado por Don Joaquín Pimentel en nome da súa muller Dona Rosa Losada y Miranda, propietaria da Casa de Quintáns, a Antonio Noya Doval, Rosa Estevez Rodriguez ,viuva, Manuel Castro Chaves e Juan Paz Afonsín, de varias fincas que pertencían a Esteban Cores.Dada en Cambados o 25 de setembro de 1873. Ante: Pedro Sánchez López. -Arrendamento dado pola sra. Marquesa viuva de Bóveda a Juan Paz, Manuel Castro Chaves, Ramón Fandiño e Rita Señoráns Cardalda, de tódolos bens que foron de Esteban Cores, veciño de San Xoán de Leiro. Dada en Quintáns o 17 de novembro de 1878.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)