Fondos
ES.GA.36041.AXP.POI.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE POIO
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE POIO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AXP.POI.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE POIO
Data(s) 1847-2002 (Creación) 1847-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 276 libros do rexistro civil e 252 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.692 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Poio(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Poio no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Pontevedra no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Poio
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 40 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 47 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Mario Gómez Penide e Manuel Pena Pájaro.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1847, criminal dende 1859 e gobernativa dende 1868, ou de eleccións dende 1907. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1944-2000 16 1.2. NACEMENTOS 1871-2002 133 1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 158 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2002 136 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1888-2000 16 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1932-1958 1 1.7. NACIONALIDADE 1888-2000 17 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1856-2001 29 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1847-2001 63 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1859-2000 36 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1868-2000 49 2.5. ELECCIÓNS 1907-2001 7 2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1982-1998 2
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Poio, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Poio
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Poio
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Poio (Tema) (Creador)