ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.880
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes de expropiacións

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.1.2.3.7

  • Título Expedientes de expropiacións

  • Data(s) 1859-2004 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos. Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición