ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Arquivo municipal do Grove

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36022.AM.GRO.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal do Grove

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal do Grove

Área de contacto

Arquivo municipal de O Grove

  • Enderezo Enderezo (rúa) Casa da Cultura Monte da Vila,11 Casa do Concello Praza do Corgo s/n Localidade O Grove Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36980

Marina Olga Aguin Núñez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Casa da Cultura Monte da Vila,11 Casa do Concello Praza do Corgo s/n Localidade O Grove Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36980

Área de descrición

  • Historia Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago. Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello a carón do salón de sesións, nun espacio rectangular con algo máis de 30 metros cadrados que se amosaba claramente insuficiente para a instalación da documentación que se producía; estaba dotado de estanterías metálicas e mesa de consulta. Con posterioridade a corporación municipal acorda o traslado á casa de cultura dos fondos documentais custodiados no arquivo, acondicionando a tal fin unha das súas salas, na parte dereita da planta baixa, anexo ó salón de actos. Este local actual ten unha superficie total aproximada de sesenta metros cadrados, con dez metros de longo e seis metros de ancho. Nel instalouse un sistema de estantería compactada que xa resultou insuficiente para o almacenamento da totalidade da documentación transferida ó arquivo. No último proceso de incorporación documental habilitouse unha sala na primeira planta da casa de cultura para o seu uso como depósito documental, instalándose nela estantería metálica. Dispoñen estos locais dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, con aparato deshumidificador, mesa de consulta, ordenador e ficheiro. O proceso de organización dos fondos documentais deste concello levado a cabo polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental desenvolveuse inicialmente no ano 1990, partindo dunha situación moi favorable, tendo en conta que esta documentación xa fora parcialmente organizada polo propio persoal municipal. Dende a primeira actuación téñense producido sucesivas actualizacións e reincorporacións documentais nos anos 1992, 1995, 1996, 1998 e 2002, incluíndose entre elas o proceso de readaptación ó novo cadro de clasificación coincidindo co traslado documental á casa de cultura. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín José Luis Castro Carpintero Marina Díaz Paredes Josefa Fernández Ayuso Esther Fernández Pérez Manuela González Rey Guadalupe Maxide Lantero José Luis Méndez Pérez Daniel Menéndez Rodríguez Jaime Moiño Vaamonde Francisco José oRGE vENTÍN María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Leonor Rey Rey Montserrat Romero Alonso Francisco Valiñas Torres

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal do Grove. Casa da Cultura -Monte da Vila,11. 36980 O Grove

  • Fondos Arquivo municipal do Grove

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario Archivo Municipal do Grove” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 13 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Marina Olga Aguín Núñez

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos