Fondos
4. Expedientes de asistencia social
-
1.978/2. Expediente da Xunta de Reformas Sociais (1900-1921)
Expedientes de asistencia social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..3.7.4
Título Expedientes de asistencia social
Data(s) 1900-2008 (Creación) 1900 - (Produción) - 1921 (Produción)
Volume e soporte 17 unidades de instalación con 126 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo. Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan. Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social. En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares. O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)