Fondos
54. Proxecto "Ecoredesaneasol"
-
18.812/2. Xustificación de gastos do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/4. Asistencia técnica da empresa SIGNO, S.L. para o proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/5. Contratación do persoal do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/7. Expediente de modificación sustancial do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/8. Expediente de modificación sustancial do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/9. Expediente de contratación a EOSA, S.A. no proxecto Ecoredesaneasol
-
18.825/2. Expediente da primeira validación de gastos do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.826/1. Expediente de contratación de equipamento hardware e software do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.826/4. Expediente de segunda validación de gastos do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.826/5. Expediente da terceira e última validación de gastos do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.826/6. Borrador de informe do Plan de Controis 2015 do proxecto Ecoredesaneasol
-
18.812/10. Expediente xeral do proxecto Ecoredesaneasol (2012)
Proxecto "Ecoredesaneasol"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.54
Título Proxecto "Ecoredesaneasol"
Data(s) 2008-2015 (Creación)
Volume e soporte 6 unidades de instalación
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido ECOREDESANEASOL: Bacia Hidrografico do Minho. Requalificaçao Ambiental, Recuperação de Agua Depurada e Boas Practicas na Gestão dos Recursos Hídricos. Programa POCTEP. Eixo 2 – Cooperación e xestión conxunta do medio ambiente, patrimonio e prevención de riscos. Deputación de Pontevedra participa como socio. Os obxectivos do proxecto foron promover formar de formación/información sobre a problemática da xestión dos recursos hídricos; recalificar espazos con obras de saneamento básico; depuración de aguas residuais con aproveitamento de enerxía solar fotovoltaica e reutilización de auga depurada na luita contra incendios e elaborar un proxecto piloto de planificación e xestión coordinada dos sistemas de saneamento transfronteirizo. Os obxetivos concretos da Deputación foron a depuración de augas residuais en núcleos de población menor de 1000 na conca hidrográfica do río Miño e sub-concas dos ríos Umia, Ulla, Lérez e Verdugo, con aproveitamento de enerxía solar fotovoltaica e reutilización de auga depurada na luita contra incendios. O proxecto incluía tres actividades, ademais das transversais. A Atividade 1 estaba dedicada ás boas prácticas para a correcta xestión dos recursos hídricos. A Actividade 2 dedícase á Recualificación ambiental e infraestruturas de saneamento básico na marxe portuguesa do río Minho e nas subconcas hidrográficas. A Actividade 3 a marxe galega. Dentro desta a Deputación participou executando a Acción 3.2. Conca Hidrográfica do Miño e concas hidrográficas dos ríos Ulla, Umia, Lerez e Verdugo Incluiu: 3.2.1. Planificación e redacción de proxectos técnicos dos equipamentos de depuración e enerxía solar fotovoltaica 1) Elaboración de estudos previos de enxeñería. 2) Elaboración dos proxectos tipo de enxeñaría para cada unha das plantas depuradoras que se instalaron así como para os paneis soares fotovoltaicos. Preténdese tamén nesta acción elaborar fichas técnicas dos núcleos de actuación prioritaria, sendo recollidas informaciones sobre as especificacións técnicas e normas legais en materia de tratamento de augas residuais domésticas e de enerxía solar fotovoltaica. 3.2.2. Tramitación das adxudicacións para a instalación dos equipamentos de depuración e enerxía solar fotovoltaica. Nsta acción se realizaron os estudos de enxeñaría e a resolución do proceso de subvención en especie aos concellos da provincia que solicitaron a instalación destes equipos de depuración, sendo adxudicatarios de dita subvención os concellos da Lama, Ponte Caldelas, Covelo, Mondariz, Mos e Cuntis. 3.2.3. Adquisición e instalación dos equipamentos de depuración e enerxía solar fotovoltaica Nsta actividade foron adquiridas as plantas depuradoras e as respectivas infraestruturas necesarias para a captación de enerxía fotovoltaica, así como a instalación e colocación en modo de produción das mismas nos lugares establecidos previamente. Previo a este proceso, realizouse un concurso público para a adxudicación dos equipamentos, os cales contemplaban tamén a realización da obra civil de acondicionamento dos terreos nos que se instalarían. O proxecto tiña como obxectivo principal contribuír a frear a degradación do espazo medioambiental contido na Eurorregión Galicia- Norte de Portugal a través do tratamento das aguas residuais domésticas producidas polos pequenos núcleos de población do rural na provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal que afectan ás concas fluviais transfronteirizas. Para iso, o Proxecto articulouse en torno a catro fases: a primeira delas denominada "preparación" consistiu en levar a cabo a redacción dos proxectos tipo de cada unha das plantas depuradoras compactas que se ían a instalar, ademais da elaboración das bases que rexerían a instalación das infraestruturas medioambientais como subvención en especie aos concellos solicitantes, o estudo e a valoración de cada un dos proxectos persentados por estes e concesión definitiva da subvención en forma de equipamentos (infraestrutura medioambiental composta pola EDAR, placas fotovoltaicas e alxibe). Unha segunda fase, denominada "Adquisión de materiais e equipamentos" que consistiu, primeiro administrativamente na elaboración dos expedientes de contratación mediante concurso público, e posteriormente, no acondicionamento dos soares cedidos polos concellos e obras menores das plataformas para a instalación posterior nelas das plantas depuradoras e a subministración dos equipamentos que compoñen cada unha das infraestruturas medioambientais que incluía todas as tarefas necesarias para a adquisión das plantas depuradoras, as placas soares fotovoltaicas e o alxibe, así como a súa instalación e posta en funcionamento. Por último, deseñouse unha cuarta fase denominada seguemento e divulgación que se compón das actividades de promoción e difusión do proxecto, así como as de seguemento e control.
Ãrea de notas
Nota