ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Pontevedra Sostenible"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.51

  • Título Proxecto "Pontevedra Sostenible"

  • Data(s) 2009 (Creación) 2009-2009 (Produción)

  • Volume e soporte 1 Unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido PONTEVEDRA SOSTIBLE ou Cara a implantación de normativas medioambientais na provincia de Pontevedra. Intégrase dentro do programa EmpleaVerde. O Proxecto pretendía dar os primeiros pasos para a implantación e posta en marcha da Axenda Local 21 nos municipios da provincia e a implantación e posta en marcha da normativa UNE-EN 14000 nas empresas. Para lograr este obxetivo pretendíase crear e consolidar unha rede de técnicos medioambientais nas diversas comarcas da provincia así como implicar aos recursos humanos da Deputación necesarios para adquirir e xestionar a información medioambiental e de infraestruturas necesarias para esta laboura. Esta rede de técnicos centraríase en formación e concienciación ambiental nos municipios e empresas; adquisición e toma de datos nos municipios e empresas en diversos ámbitos (residuos, xestión da auga, eficiencia e aforro enerxético, mobilidade, protección do medio); análise dos datos e presentación aos municipios e empresas. O proxecto constaría de varias fases ordenadas da seguinte maneira: Fase 1, traballos preparativos: planificación, habilitación de lugar de traballo, contratación de persoal, contacto con empresas e asociacións, etc. Duraría aproximadamente tres meses e contempla incrementar a formación aos técnicos contratados en diversos aspectos: creación de empresas, medioambiente, SIG, etc. Fase 2: cursos de formación: iniciaríase cas accións de formación aos destinatarios (tras contratación dos formadores). Así mesmo, poñerán en marcha as accións con maior horizonte temporal: plataforma e-learning, páxina web, etc. Fase 3: desenvolveríanse as accións con longo prazo de desenvolvemento. Fase 4: Asesoría: levarase a cabo en forma paralela ao resto de accións. Os destinatarios do proxecto son os traballadores por conta propia e allea dos subsectores agrícola, pesca e transformados, hortofrutícola. Teríase en conta o índice de risco de impacto para determinar aquelas empresas ou zonas xeográficas sobre as que incidir en grado maior ou menor. Por outra parte algunha das accións pretende dirixirse á totalidade das accións das empresas da provincia para lograr mellorar as prácticas e a xestión dos recursos ambientais. Hai dous tipos de accións: accións formativas destinadas aos sectores citados e o resto das accións tales como plataforma e-learning, campañas de sensibilización, etc. destinadas ao tecido empresarial en xeral. PROXECTO DENEGADO.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición