ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Internet Rural- Telecentros"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.46

  • Título Proxecto "Internet Rural- Telecentros"

  • Data(s) 2004-2011 (Creación)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Goberno de España aprobou en decembro de 2000 a iniciativa eEurope, un conxunto de medidas para a realización de accións e proxectos dirixidos ó desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e as comunicacións e o avance da sociedade da información. Entre tales medidas destacaban unha serie de programas encamiñados a introducir e xeneralizar o uso de internet na sociedade española. Internet Rural e Puntos de acceso público a Internet II (Telecentros) foron dúas das iniciativas contempladas . As mesmas tiñan por finalidade introducir plenamente a sociedade da información no mundo rural e dotar a todos os concellos españois de acceso a internet a través de banda ancha. Para desenvolver este programa aprobouse un acordo de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a entidade pública empresarial RED.es onde se establece que as deputacións provinciais poderían participar no desenvolvemento das accións previstas no mesmo asumindo os dereitos e obrigacións que lles corresponden mediante a suscripción dos anexos do devandito acordo. O obxectivo principal do programa INTERNET RURAL-TELECENTROS foi proporcionar acceso público e gratuito a internet de banda ancha en zonas rurais e urbanas desfavorecidas. Isto concretouse na instalación de telecentros (centros de acceso público a internet) nos concellos que foron seleccionadas pola Deputación de Pontevedra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición