ATOPO
Registros actuales: 1.572.991
Objetos digitales disponibles: 504.128

Día das Bibliotecas e Boletín de novidades


17 de octubre de 2024 Biblioteca
Día da Biblioteca

Con motivo do Día da Biblioteca, que como cada ano desde 1997 celébrase o 24 de outubro, o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico obsequiará cun pequeno lote de libros as persoas usuarias que durante o último ano fixeran uso dos fondos da biblioteca para as súas tarefas de investigación.

Unha vez recibido o correspondente mail informativo as publicacións, todas facilitadas pola editorial da propia Deputación, pódense recoller nas instalacións da biblioteca (Padre Amoedo, n.º 1, edificio Arquivo, 2.º andar) desde o xoves 24 ata o xoves 31 de outubro, en horario de atención ao público (09.00-14.00 h).

Por outra banda, o departamento de biblioteca publicou na súa correspondente sección da web o boletín de novidades en que se recollen as últimas incorporacións. Este será remitido tamén vía correo electrónico a todas aquelas persoas que realizaran a correspondente solicitude a través da subscrición.

En total están dispoñibles 73 novos títulos na modalidade de préstamo ou consulta en sala relacionados na súa práctica totalidade, desde o punto de vista da súa autoría, edición ou temática, co ámbito galego e, nunha alta porcentaxe, coa provincia de Pontevedra.