ATOPO
Registros actuales: 1.635.332
Objetos digitales disponibles: 505.404

Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa

Área de descrición

  • Datas de existencia 1900-

  • Historia O Liceo Casino é o resultado da fusión das tres principais entidades socioculturais que existiron en Vilagarcía de Arousa ó longo do século XX: Liceo Marítimo (antes Recreo Liceo), Casino Vilagarcía e Club de Mar. As fusións prodúcense nos anos 2000 e 2001. O Liceo foi fundado en 1906 por un grupo de persoas que formaban a "Peña Pureza de Antelo", entre os que destacaba o que sería o seu primeiro presidente Ricardo Costa Calvo. Ata 1954 cóñecese por Recreo Liceo; logo Liceo Marítimo. A Sociedade tivo o seu primeiro local na rúa Ramón y Cajal, 4, a ta a compra dunha finca na praza Xoán XXIII onde se construíu un edificio social e un pabellón deportivo. O Liceo tivo unha extaordinaria actividade cultural co denominado Cuadro de Declamación: un grupo de socios cunha gran aficción polo canto, música e teatro, dirixidos por Ricardo Urioste, Juan Buhigas, Luis Gómez Torres e outros, que poñen en escena con aficionados locais un importante número de pezas teatrais, zarzuelas... (Gigantes y Cabezudos, El Conde de Luxemburgo, Los Gavilanes...). Así mesmo a entidade organizaba romerías na illa de Cortegada e Monte Lobeira, bailes de Entroido, ciclos de conferencias, así como un gran número de actividades deportivas (remo, baloncesto, axedrez, halterofilia, atletismo, pesca...). O Club de Mar foi creado por sete socios fundadores no ano 1951, entre os que destacan Guillermo Poyán Vega, Carlos Comendador Peña ou Luis Cordal Carús. O clube non dispuxo de local propio ata a inauguración da súa sede no ano 1967 no peirao de pasaxeiros do Porto de Vilagarcía. As súas actividades orientábanse a deportes náuticos, en especial a vela, que acabou convertíndose nunha sección de éxito do Liceo, trala súa fusión. O Casino foi fundado no ano 1900. Unha importante aportación foi a creación no verán de 1973 do I Certame de Cine Aficionado - Casino de Vilagarcía, que acabará converténdose no festival cinematográfico decano de Galicia.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Salnés - Vilagarcía de Arousa

Área de control da descrición