ATOPO
Registros actuales: 1.626.370
Objetos digitales disponibles: 504.804

Subdelegación do Goberno de Pontevedra

Área de descrición

  • Datas de existencia 1996-

  • Historia A institución de gobernador civil, unidade político administrativa provincial da organización territorial da Administración do Estado, xorde coa Constitución de 1812 a través da figura do xefe superior, que dirixirá o goberno das distintas provincias. Polo Real decreto do 30 de novembro de 1833 establécese a actual organización provincial e dáselle a autorización administrativa a un delegado de fomento que en 1834 pasou a denominarse gobernador civil como máxima autoridade e representación do goberno na provincia. Pola Lei de réxime foral de 1955 regulaméntanse as súas funcións e fortalécense en 1958 co Estatuto persoal dos gobernadores civís.Co regulamento de 1961 organízanse como unidades político-administrativas provinciais, dependentes do Ministerio da Gobernación. Ó longo dos séculos XIX e XX é a máxima autoridade político-administrativa, representante do goberno, coordinador da administración provincial, xefe dos servizos públicos provinciais, de orde pública e de policía. Desde 1977 depederán organicamente do Ministerio do Interior e, co desenvolvemento das autonomías, perderán competencias (regulamento de 1980) e convertiranse en delegados de goberno provinciais. En 1996 pasan a ser subdelegados de Goberno.

  • Lugares Galicia - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)