ATOPO
Registros actuales: 1.627.435
Objetos digitales disponibles: 504.860

Xunta Provincial de Pontevedra. Padroádego de Protección á Muller

Área de descrición

  • Datas de existencia 1943-1986

  • Historia O Padrádego Real para a represión da trata de brancas, chamado posteriormente Padroádego de Protección á Muller, créase en 1902, organizándose despois polo Decreto do 6 de novembro de 1941, mediante xuntas locais e provinciais e dependendo do Ministerio de Xustiza. A súa finalidade era a de dignificar moralmente a muller, impedir a súa explotación, apartándoas do vicio e educalas seguindo as ensinanzas da relixión católica. A Xunta Provincial de Pontevedra constitúese o 19 de febreiro de 1943, sendo o seu presidente o gobernador civil e os seus membros designados polo Ministerio de Xustiza. Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas nos anos oitenta pola Consellaría de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas a defensa, a protección e o desenvolvemento da muller pola Consellaría de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado.

  • Lugares Galicia - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)