Fondos
2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AMANC.SAL.3.2
Título SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
Data(s) 1991-2004 (Creación) 1991-2004 (Produción)
Volume e soporte 5 unidades de instalación con 36 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a función dos concellos no referido á promoción e potenciación económica do seu territorio, dividida en varias agrupacións documentais relacionadas cos diversos eidos, actividades ou radios de acción nos que se concreta a mesma: agricultura, gandería e montes; caza; pesca; industria, turismo e traballo. 3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa dos intereses agrícolas, gandeiros e forestais dos municipios. Deste xeito, podemos destacar os expedientes de extinción de pragas, os expedientes de repoboacións, as cales soen ser políticas estatais ou autonómicas nas que colaboraban, en ocasións, os concellos; os expedientes de concentración parcelaria, os censos agropecuarios, cotos de caza, vedas de pesca etc. 3.2.2.- Expedientes de actividades industriais Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa da actividade industrial e mineira entendida en sentido amplo de estudos, informes, memorias, plans de actuación e desenvolvemento etc. 3.2.3.- Expedientes de fomento turístico Agrupación de series con expedientes de actividades turísticas, edición de folletos, subvencións etc.
Organizació
Esta 1ª división de sección, SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS 3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias 3.2.2.- Expedientes de actividades industriais 3.2.3.- Expedientes de fomento turístico
Ãrea de notas
Nota