ATOPO
Registros actuales: 1.625.417
Objetos digitales disponibles: 504.762

Expediente de solicitude de prórroga para o inicio da licitación das obras autorizadas polo Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.6.304/27

  • Título Expediente de solicitude de prórroga para o inicio da licitación das obras autorizadas polo Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local"

  • Data(s) 2010 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitude de prórroga para o inicio da licitación das obras que foron autorizadas polo "Fondo Estatal para o emprego e a sostenibiliade local 2010" (FEESL). Solicitante: Concello de Tomiño. Obras: - Mellora paisaxística e do patrimonio histórico no entorno da igrexa de Barrantes. - Colector de saneamento entre Vilachán e o Río Pego. - Reforma da escola infantil de Carregal. - Reparación de cuberta de escola infantil de Forcadela. - Mellora da escola infantil do Seixo. - Rehabilitación e ampliación de inmoble para centro cultural en Tomiño. - Ampliación da rede de saneamento en Bacelo - Forcadela. - Mellora de eficiencia enerxética da iluminación pública na rúa A Guarda e Camiño. - Programa integral de formación e difusión das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). - Mellora da eficiencia enerxética de iluminación pública e servizos públicos urbanos na Avenida Ordóñez - Goián. - Reforma e ampliación da Casa da Cultura de Salgosa - Tomiño.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición