Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.58.. RAMÓN DIOS VIDAL
RAMÓN DIOS VIDAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.58.
Título RAMÓN DIOS VIDAL
Data(s) 1916-00-00 - 1999-00-00 (Produción)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Ramón Dios Vidal(1916-1999) Naceu o 19 de xaneiro de 1916 en Pontevedra, estivo casado con María dos Ángeles Casqueiro Martínez e licenciouse en ciencias químicas e físico-químicas pola Universidade Central en 1940. Conseguiu o doutoramento en ambas as disciplinas en 1949. Obtivo o posto de Catedrático numerario de física e química dos Institutos Nacionais de Ensino Medio en 1942, que desenvolveu nos Institutos de Avilés, Tánxer e Pontevedra como profesor de física, química, historia natural, matemáticas e inglés. Ademais tamén foi director dos institutos de Avilés e Pontevedra. Ao longo da súa vida recibiu numerosas bolsas de investigación: foi bolseiro polo Servicio de Recuperación de Automobilismo para estudar as aliaxes de antifricción; bolseiro e colaborador honorario do Instituto de Edafología (1948-1949); bolseiro e máis tarde profesor agregado polo Padroado Alonso de Herrera do CSIC para realizar estudos sobre solos galegos (1949); pensionado polo CSIC durante un ano en Inglaterra, nas Universidades de Aberdeen e Bristol (1950); profesor agregado á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (1951), onde ascendeu a xefe de subsección en 1954 e a xefe de sección (1955-1964); proposto polo Padroado Alonso de Herrera como membro da Societé International da Science du Sol (1951), e da American Chemical Society entre outras asociacións de prestixio internacional; bolseiro como relator na Universidade Menéndez Pelayo (1952); pensioado pola Fundación Juan March para realizar estudos de deficiencias minerais nas Universidades de Cornell e California (1957), tras o que posteriormente obtivo tres bolsas na Universidade de California para continuar as investigacións xa iniciadas neste campo (1957-1959); Ademais foi colaborador do instituto matemático Durán Loriga da Universidade de Santiago de Compostela e axudante de clases prácticas de química experimental para farmacia na mesma universidade (1940-1941) Foi políglota, dominando o inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Non se teñen datos exactos da súa data de morte, que debeu ocorrer cara aos anos 90.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística A descrición do fondo correu a cargo do persoal do Museo, sin especificar concretamente este área. Foi a partir de mediados dos anos 80 cando a organización do traballo dentro da institución foi definindo a especialización dos traballos arquivísticos, diferenciándoos claramente das áreas de Biblioteca, Arquivo Gráfico, Arqueoloxía e Fondos Xerais.
Forma do ingreso Doazóns, depósitos e compras.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación persoal e de función de Ramón Dios Vidal
Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de material.
Novos ingresos Poden producirse en calquera momento
Organizació
1. DOCUMENTACIÓN PERSOAL 2. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN 3. COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1. Manuscritos 3.1.1. Traballos de investigación e artigos 3.1.1.1. Traballos de investigación propios 3.1.1.2. Traballos de investigación doutros autores 3.1.2. Apuntamentos e prácticas 3.2. Impresos
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Previa solicitude por escrito e condicionado ao estado de conservación e características físicas especiais.
Instrumentos de descrición Inventario en papel
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ramón Dios Vidal (Tema) (Creador)