ATOPO
Registros actuales: 1.635.103
Objetos digitales disponibles: 505.404

Fondos

Plano do emprazamento da fábrica de Celulosas entre os núcleos de Pontevedra e Marín (1966)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.2..3.2.4.2/T3

  • Título Plano do emprazamento da fábrica de Celulosas entre os núcleos de Pontevedra e Marín (1966)

  • Data(s) 1966 (Creación)

  • Volume e soporte 1 plano

Área de contexto

  • Nome do produtor Arquivo Museo de Pontevedra() A formación do Arquivo Documental do Museo remóntase á mesma data de apertura desta institución. A partir de 1927 foise nutrindo cada vez con máis regularidade de legados testamentarios, depósitos, doazóns e compras de conxuntos documentais de moi diversa natureza e volume e de datas comprendidas entre os séculos XII e XX, e orixinadas en diversas institucións, tanto civís como eclesiásticas, predominantemente galegas. É importante a colección medieval, con máis dun millar de documentos, entre os que destacan magníficos exemplares de privilexios reais. Son numerosos tamén os fondos procedentes de familias que en gran parte decidiron que se custodiasen os seus papeis no Museo de Pontevedra para evitar a súa perda. Outros, procedentes de actividades profesionais tamén chegaron ata nós de xeito parecido. Cabe destacar, ademais, o fondo musical, conformado por cantorais, partituras impresas e manuscritas e mesmo discos, desde os pesados discos de gramófono ata os actuais cds. Todos aportan datos importantísimos ós que diversos investigadores se puideron achegar nesta institución para levar a cabo os seus proxectos que, en moitos dos casos rematan coa súa publicación. Se ben é certo que moitas coleccións están xa pechadas, o Arquivo Documental está en constante desenvolvemento, ata el seguen a chegar documentos diversos, fondos filatélicos, curiosidades varias... que están a disposición daqueles que se acheguen ata o Museo e soliciten a súa consulta respectando, claro está, as normas establecidas para o seu uso, que teñen como finalidade a mellor conservación dos mesmos.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1966, outubro, 17. Pontevedra Plano de emprazamento da fábrica de celulosas entre os núcleos de Pontevedra e Marín. 1 folla, impreso papel. Escala 1: 5.000 Rº18.484 Sinatura: 2/T3

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Arquivo Museo de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición