ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

Fondos

Expedientes de solicitudes presentadas no concurso para cubrir as prazas da garda municipal reorganizada

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.4.4.1.759/3

  • Título Expedientes de solicitudes presentadas no concurso para cubrir as prazas da garda municipal reorganizada

  • Data(s) 1936 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 110 páxinas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expedientes de solicitudes presentadas no concurso para cubrir as prazas da garda municipal reorganizada. Solicitantes: Rogelio Torres Carneiro, Serafín Reirís Agrelo, Manuel López Fandino, Manuel Cores Rego, Manuel Romero Torres, Juan Manuel Fernández, Mariano Casas Lema, Jesús Castro Mosquera, José Castro Castaño, Luis Caneda Sanluis, Gerardo Ordas Coello, Jesús Rodríguez Bouzas, Joaquín Durán y Durán, José Santiago García Abella, Manuel Ramas Romero, Manuel Vázquez Ponte, Alfonso Camiño Crespo, Ramón Vieites Padín, Manuel Encisa Miranda, Elisardo iglesias, Ramón Vila Álvarez, Ramón López Torres, Juan Aguiar Prado, jesús Maneiro Coira, Pedro Suárez Soto, Manuel Fontenla Novo e Jesús Otero Lois. Contén: - Certificacións nacemento, boa conduta, cartilla militar.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición