Fondos
1. Boletín Oficial da Provincia de Vigo
Boletín Oficial da Provincia de Vigo
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG..1.1
Título Boletín Oficial da Provincia de Vigo
Data(s) 1840 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Deputación Provincial de Vigo(1822-1823) Mediante a aprobación do Decreto LIX das Cortes, do 27 de xaneiro de 1822, créanse catro novas provincias dentro do territorio galego e anteriormente incluídos na Deputación Única de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Esta última terá problemas referentes ao deslindamento coa Provincia da Coruña ao establecer a liña divisoria no Río Ulla e provocar a división do Partido de Padrón. Tamén existirán dificultades no deslindamento coa Provincia de Ourense. Sexa como for, a Deputación Provincial de Vigo reuniríase por vez primeira o 24 de maio de 1822. Non obstante, a existencia da Deputación Provincial de Vigo será efémera xa que tras a reinstauración do Antigo Réxime, Felipe VII dará aprobación ao Decreto do 1 de outubro de 1823 polo que se suprimían os concellos e deputacións instauradas un ano antes. Posteriormente, co reestablecemento do Estado liberal e a división provincial de Javier de Burgos, a capitalidade da Provincia pasaría a ser detentada pola cidade de Pontevedra suscitando un longo preito entre ambas cidades.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Nesta serie documental intégranse os boletíns oficiais editados pola Deputación Provincial de Vigo durante o mes de outubro de 1840.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para acceder ás imaxes dixitalizadas do Boletín Oficial da Provincia de Vigo
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación Provincial de Vigo (Tema) (Creador)