Fondos
SECRETARÍA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.2..2.1
Título SECRETARÍA
Data(s) 1839-1902 (Creación)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 15 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A función fundamental desenvolta pola secretaría dende o século XIII é a de asegurar a fe pública, vixiando a legalidade dos actos e dos documentos administrativos producidos. Así en relación con elo dende sempre aparece a figura do secretario como principal responsable da produción e conservación documental e como figura preeminente dentro da estrutura administrativa.
Ao longo do século XIX e XX foise consolidando a figura do secretario con estas funcións anteditas e reforzouse a súa presenza na tramitación dos expedientes xerados polos diversos servizos da administración local; esta xefatura virtual de tódolos servizos xerais desaparecerá a partires de 1985.
Documentalmente esta 1ª División de sección contén documentos da secretaría xerada para deixar constancia e comunicación das actividades levadas a cabo pola secretario municipal no exercicio das súas funcións: informes, libro de rexistro de entrada, correspondencia, certificacións, memoria e outros asuntos derivados da organización administrativa da Institución.
2.1.1.- Memorias. Informes
Estudios e informes realizados pola Secretaría con diversos fins e con valor informativo e xurídico respectivamente.
2.1.2.- Certificacións
Documentos que acreditan actos o situacións de carácter administrativo cuxo destinatario é unha persoa, órgano ou entidade e que pretende a produción de efectos nun procedemento administrativo ou no marco das relación xurídicas privadas. O termo certificación utilizase para as acreditacións emitidas polo secretario dun órgano colexiado sobre acordos adoptados por este.
2.1.3.- Correspondencia
Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración municipal no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado.
2.1.4.- Instancias
Documento que emana dun particular e que se dirixe á autoridade administrativa solicitando licenza, dereito ou graza. Como norma supoñen o inicio dun expediente ou trámite administrativo. Integran esta serie aquelas que por diversas causas non chegaron a formar parte de ningún expediente, ás veces por ser copia das mesmas.
2.1.5.- Expedientes de acción veciñal
Documentación relativa a actividade e relación coas asociacións veciñais, tanto no relativo á súa constitución e formalización, como as vías de participación reguladas para a súa participación na actividade municipal.
2.1.6.- Libro copiador de correspondencia
Rexistro con información básica da correspondencia recibida
2.1.7.- Libro rexistro de certificacións
Rexistro que recolle resumo e datos básicos das certificación expedidas pola secretaría municipal.
2.1.8.- Libro rexistro de instancias
Rexistro que recolle resumo e datos básicos das instancias expedidas pola secretaría municipal.Organizació
Esta 1ª división de sección, SECRETARÍA, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.1.- SECRETARÍA: 2.1.1.- Memorias. Informes 2.1.2.- Certificacións 2.1.3.- Correspondencia 2.1.4.- Instancias 2.1.5.- Expedientes de acción veciñal 2.1.6.- Libro copiador de correspondencia 2.1.7.- Libro rexistro de certificacións 2.1.8.- Libro rexistro de instancias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Bouzas (Tema)