Fondos
3. COMISIÓN PERMANENENTE/COMISIÓN DE GOBERNO
COMISIÓN PERMANENENTE/COMISIÓN DE GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.2.1.3
Título COMISIÓN PERMANENENTE/COMISIÓN DE GOBERNO
Data(s) 1926-1943 (Creación) 1926 - 1943 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación; 2 agrupacións documentais e 3 libros de actas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A 1ª División de sección 1.3. COMISIÓNs DE GOBERNO recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan. .- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións.
Organizació
A 1ª División de Sección 1.3 COMISIÓNS DE GOBERNO está organizada cun criterio orgánico-funcional nas agrupacións de series e series documentais que se detallan: 1.3.1 Expedientes de sesións das Comisións de goberno 1.3.1.2 Expedientes de sesións da Comisión Permanente 1.3.2 Rexistros de actas de sesións das Comisións de goberno 1.3.2.2 Libro de actas de sesións da Comisión Permanente
Ãrea de notas
Nota