Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
15991/2. Denuncia urbanística presentada por Ramón Pérez Fernández solicitando peche e muro de contención de finca
Denuncia urbanística presentada por Ramón Pérez Fernández solicitando peche e muro de contención de finca
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695.15991/2
Título Denuncia urbanística presentada por Ramón Pérez Fernández solicitando peche e muro de contención de finca
Data(s) 1977 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente número 4435/77. Tipoloxía: Denuncia interposta a Joaquín Ortigueira Núñez por non ter realizado as obras de peche da finca colindante á do denunciado. Contén: - Repetidas denuncias a instancia de Ramón Pérez Fernández. - Diversas notificacións do Concello instándolle ao peche. - Actas de inspección do Enxeñeiro Técnico de obras públicas. Unido a expediente 11193/72, solicitando autorización para desmonte de terras a nome de Joaquín Ortigueira Ñúñez e expediente número 586/82, de denuncia de Ramón Pérez Fernández por incumprimento do acordado. Situación: Vilafranca (Marcón). Resolución favorable ao denunciante.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Infracción urbanística España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Marcón (San Miguel) Vilafranca (Marcón)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Marcón (San Miguel) Vilafranca (Marcón)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)