ATOPO
Registros actuales: 1.618.906
Objetos digitales disponibles: 504.649

Expedientes de instalación de puntos de luz en diversas zonas de Pontevedra

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0657.18897/2

  • Título Expedientes de instalación de puntos de luz en diversas zonas de Pontevedra

  • Data(s) 1969 (Produción)

  • Volume e soporte 13 expedientes, papel.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: - Reforma no iluminación pública na zona monumetal: Rúa do Barón, San Telmo e Praza do Peirao. 1969 - Importe certificación por obras de reforma no alumeamento público nas rúas do Barón, San Telmo e Praza do Peirao. 1969. - Reforma no iluminación pública na zona monumental: Praza da Leña, Pasantería e as Flores. 1969 - Importe certificación por obras de mellora do alumeamento na Avenida Montero Ríos e Palmeiras. 1969. - Proxecto de instalación de alumeamento público en Avenida de Buenos Aires, desde a Ponte do Burgo até a ponte do ferrocarril. 1969. - Importe certificación única por obras de instalación de alumeamento público na Avenida de Santa María e o Campiño. 1970. Unido a expediente de instalación. - Importe certificación por obras de alumeamento público en Rúa San Martiño. 1970. Unido a expediente de instalación. - Instalación de seis puntos de luz no acceso da Rúa Joaquín Costa, lugar de Salgueiriños de Abaixo. 1970. - Instalación de alumeamento público nos xardíns da Avenida de Santa María. 1970. - Instalación de novo alumeamento na Rúa do Arco e mellora na Praza Mugartegui. 1970. - Iluminación da estrada de Vigo, desde a entrada en Pontevedra até a curva de O pino. 1970. - Adquisición de material para alumeamento público na Praza da Ferrería, Praza de Roxelio Lois, Praza da Leña, Monumento aos Heroes de Fontesampaio, Cruz dos caídos e Santa María. 1970. - Contrato de adxudicación directa pola instalación de alumeamento nos xardíns da Avenida de Santa María a nome de Tomás Garrido Lage. 1971.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición