Fondos
-
SF0015. 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
5.434/26. Expedientes de nomeamento de D. Fernando de la Rúa como Fillo Adoptivo de Bueu
Expedientes de nomeamento de D. Fernando de la Rúa como Fillo Adoptivo de Bueu
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0174.5.434/26
Título Expedientes de nomeamento de D. Fernando de la Rúa como Fillo Adoptivo de Bueu
Data(s) 1998 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2024) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de nomeamento como Fillo Adoptivo de Bueu a favor de don Fernando de la Rúa Bruno, Alcalde Intendente de Buenos Aires e Presidente da República de Argentina. Descendente da familia De la Rúa fundadora do Pazo de Santa Cruz ou Quitapesares de Bueu
Ãrea de notas
Nota É copia. Vid. sig. 27/3 Observación: hai quen quere ver neste acordo o nomeamento de Fiilo Predilecto de Bueu, cremos desacertadamente. Primeiro porque a literalidade do acordo no di isto e tampouco porque sería Fillo Adoptivo e non Predilecto, algo que non se menciona, como tampouco se menciona Bueu por ningún lado. Tampouco existía na época ningún regulamento municipal de honras e distincións aprobado a tal efecto. Así pois, é unha adhesión a unha proposta que chega de fóra
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Protocolo Distinción honorífica Pleno España Galicia Pontevedra Bueu Bueu (San Martiño)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Bueu Bueu (San Martiño)
Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema) (Creador)