ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

1.5.1. Administración de bens e dereitos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF001.F0005.SF047

  • Título 1.5.1. Administración de bens e dereitos

  • Data(s) 1854-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 37 unidades de instalación; 61 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0005
    Subfunción SF047.
    1.5.1.Administración de bens e dereitos
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0370SF047Inventario xeral de bens
    S0371SF047Rendas de bens municipais
    S0372SF047Censo de bens municipais
    S0373SF047Xuro de bens municipais
    S0374SF047Libro de regalos e distincións recibidas
    S0375SF047Expediente de bens municipais
    S0376SF047Escritura de propiedade de bens municipais
    S0378SF047Patrimonio municipal do solo
    S0379SF047Bens de interese cultural
    S0380SF047Aportación de bens e transferencias de capital a outras entidades

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cotobade (Tema) (Creador)

Área de control da descrición