Fondos
ES.GA.36060.AM.VILGAR.2. FONDO LICEO CASINO
FONDO LICEO CASINO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.2
Título FONDO LICEO CASINO
Data(s) 1906-2009 (Creación) 1909 - (Produción) - 1911 (Produción)
Volume e soporte 2.247 fotografías en b/n e cor; 730 follas en papel aprox.; 1 albúm con 68 fotografías.
Área de contexto
Nome do produtor Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa(1900-) O Liceo Casino é o resultado da fusión das tres principais entidades socioculturais que existiron en Vilagarcía de Arousa ó longo do século XX: Liceo Marítimo (antes Recreo Liceo), Casino Vilagarcía e Club de Mar. As fusións prodúcense nos anos 2000 e 2001. O Liceo foi fundado en 1906 por un grupo de persoas que formaban a "Peña Pureza de Antelo", entre os que destacaba o que sería o seu primeiro presidente Ricardo Costa Calvo. Ata 1954 cóñecese por Recreo Liceo; logo Liceo Marítimo. A Sociedade tivo o seu primeiro local na rúa Ramón y Cajal, 4, a ta a compra dunha finca na praza Xoán XXIII onde se construíu un edificio social e un pabellón deportivo. O Liceo tivo unha extaordinaria actividade cultural co denominado Cuadro de Declamación: un grupo de socios cunha gran aficción polo canto, música e teatro, dirixidos por Ricardo Urioste, Juan Buhigas, Luis Gómez Torres e outros, que poñen en escena con aficionados locais un importante número de pezas teatrais, zarzuelas... (Gigantes y Cabezudos, El Conde de Luxemburgo, Los Gavilanes...). Así mesmo a entidade organizaba romerías na illa de Cortegada e Monte Lobeira, bailes de Entroido, ciclos de conferencias, así como un gran número de actividades deportivas (remo, baloncesto, axedrez, halterofilia, atletismo, pesca...). O Club de Mar foi creado por sete socios fundadores no ano 1951, entre os que destacan Guillermo Poyán Vega, Carlos Comendador Peña ou Luis Cordal Carús. O clube non dispuxo de local propio ata a inauguración da súa sede no ano 1967 no peirao de pasaxeiros do Porto de Vilagarcía. As súas actividades orientábanse a deportes náuticos, en especial a vela, que acabou convertíndose nunha sección de éxito do Liceo, trala súa fusión. O Casino foi fundado no ano 1900. Unha importante aportación foi a creación no verán de 1973 do I Certame de Cine Aficionado - Casino de Vilagarcía, que acabará converténdose no festival cinematográfico decano de Galicia.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Forma do ingreso cesíón en depósito (acordo de 11/02/2022)
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A maior parte do material cedido está composto de fotografías de diferentes épocas, reflexando as actividades que desenrolaban as institucións. A documentación producida e recibida polas institución no exercicio das súas funcións diarias (libros de actas, libros de socios, libros de contas...) non foi cedida ou non se conserva.
Organizació
Establécese un cadro de clasificación fundamentado nas tres entidades que finalmente se fusionaron no Liceo Casino: Liceo Marítimo (Recreo Liceo) - Casino Vilagarcía- Club de Mar.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Alta posibilidade da existencia de orixinais en mans particulares
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa
Nome dos puntos de acceso Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)