ATOPO
Registros actuales: 1.625.404
Objetos digitales disponibles: 504.762

Expediente de recurso contencioso-administrativo nº 261/03 pola construción dun muro en A Aldea da Fonte, Lamas (2002-2008)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF001.F0002.SF025.S0228.2.606/2

  • Título Expediente de recurso contencioso-administrativo nº 261/03 pola construción dun muro en A Aldea da Fonte, Lamas (2002-2008)

  • Data(s) 2002-2008 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de recurso contencioso-administrativo nº 261/03 pola construción dun muro en A Aldea da Fonte, Lamas. Demandante: Arturo García Sanmartín. Demandado: Concello de Moraña. Contén: - Expediente de denuncia de Ramón Piñeiro Durán, Miguel A. Fraga Castro, José Villaverde Ameal e Fernando Garrido contra Elpidio Torres e María Dolores Caldas pola construción dun muro. - Sentenza 160/04 do recurso 261/03 estimando o recurso contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de incoación dun expediente de reposición da legalidade. - Expediente de recurso contencioso-administrativo nº 104/06 para a demolición das obras do muro e inicio de novo expediente de reposición de legalidade. Sentenza 124/07 estimando o recurso. - Expediente de inicio de procedemento ordinario nº 428/07 de Arturo García Sanmartín contra o Concello de Moraña. Sentenza 176/08 estimando o recurso.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición