ATOPO
Registros actuales: 1.618.278
Objetos digitales disponibles: 504.649

1.1.5. Xunta de goberno local

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0001.SF005

  • Título 1.1.5. Xunta de goberno local

  • Data(s) 1924-2016 (Creación)

  • Volume e soporte 41 unidades de instalación; 446 agrupacións documentais; 2943 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan e os seus antecedentes (Comisión de Goberno e Comisión Permanente). .- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Comisión de Goberno Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Xunta de Goberno Local A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Comisión de Goberno. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF005.
    1.1.5.Xunta de goberno local
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0069SF005Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0070SF005Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0071SF005Expediente de sesións da Comisión de Goberno
    S0072SF005Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno
    S0073SF005Expediente de sesións da Comisión Permanente
    S0074SF005Libro de actas de sesións da Comisión Permanente

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)

Área de control da descrición