ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

1.6.2. Fiscalización económico-financeira

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36019.AM.FORN.2.GF001.F0006.SF068

  • Título 1.6.2. Fiscalización económico-financeira

  • Data(s) 1992 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación; 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Fornelos de Montes(1870-2015) O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF068
    1.6.2. Fiscalización económico- financieira
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0524SF068Expediente de fiscalización do presuposto
    S0525SF068Auditorías e inspeccións do presuposto (entrada xenérica)
    S0526SF068Auditorías externas de fiscalización das presuposto
    S0527SF068Auditorías internas de fiscalización do presuposto
    S0528SF068Esforzo fiscal
    S0529SF068Informes financeiros e económicos
    S0530SF068Omisión de la función interventora

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición