ATOPO
Registros actuales: 1.625.404
Objetos digitales disponibles: 504.762

Documentos sobre o pleito pola posesión da barca de pasaxe de Poio (1765-1804)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.7.1.26/G/25

  • Título Documentos sobre o pleito pola posesión da barca de pasaxe de Poio (1765-1804)

  • Data(s) 1765 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido [1765-1804] Reclamación sostida polo Abade e monxes do Mosteiro de Poio contra os Mareantes sobre "que se les mantenga en la posesión de la barca del pasage", ante as autoridades da Mariña do Ferrol. 33 folios. Imcompleta. Contén transcripcións dos privilexios reais nos que o Mosteiro fundaba o seu dereito. Sinatura: Gremio de Mareantes, G-25

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 6, 78 E06 - Texto oculto: 53, 63, 65, 67, 69

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición