Fondos
26/G/4. Documentación relativa a temas de pesca (1580-1890)
Documentación relativa a temas de pesca (1580-1890)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..3.2.2.5.26/G/4
Título Documentación relativa a temas de pesca (1580-1890)
Data(s) 1580-1890 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [1580-1890] Documentación diversa sobre a pesca. Inclúe: -Copia do Oficio para o establecemento en Galicia do Monte Pío para fomentar a pesca e a salazón (1735) -Escrito sobre a solicitude de reforma do art. 1º do Real Decreto do 19 de marzo de 1890 - Varias cartas relativas ao establecemento do Monte Pío Sinatura: Gremio de Mareantes, G-4
Ãrea de notas
Nota Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, G-170
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)