Fondos
SF039. 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0004.SF039
Título 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
Data(s) 1924-1999 (Creación)
Volume e soporte 2 unidades de instalación; 24 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0004 Subfunción SF0039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo Desenvólvese nas seguintes series : S0326SF039Expediente de xubilación do persoal S0327SF039Expediente de cese do persoal S0328SF039 Expediente de excedencias do persoal S0329SF039Recoñecemento de servizos do persoal S0330SF039Expediente de sanitarios locais S0331SF039Expediente de presentación de sanitarios locais S0332SF039Expediente de saídas de sanitarios locais S0334SF039Expediente de permanencia no servizo activo
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)