Fondos
18.448/4. Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/01/2017
Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/01/2017
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.448/4
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/01/2017
Data(s) 2017 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 150 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/01/2017 Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 29 de decembro de 2016. 2. Toma de coñecemento dos decretos da alcaldía emitidos no mes de decembro de 2016. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, proposta da Alcaldía sobre a substitución de D. Tomás Fole Díaz no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. 5. Aprobación, se procede, proposta da Alcaldía, en relación coa concesión de honores e distincións a favor de D. Luis Pando Rivero e D. Laureano Gómez-Paractcha, así como para dar o seu nome a dúas rúas do Concello. 6. Aprobación, se procede, moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a imposición dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos. 7. Aprobación, se procede, moción presentada polo gurpo municipal do BNG contra a exclusión sanitaria imposta polo Real Decreto Lei 16/2012, petición da súa derogación e restitución do acceso universal ao sistema sanitario. 8. Aprobación se procede, moción presentada polo grupo municipal do PP sobre a posta en marcha das cafetarías/bares dos Centros Socioculturais de Vilagarcía. 9. Aprobación se procede, moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE sobre desenvolvemento da Lei de Dependencia. 10. Aprobación, se procede, moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE sobre desenvolvemento da Lei de Integración Social de Galicia. 11. Interpelacións ou control das decisións do Grupo de Goberno. 12. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 13. Rogos e preguntas. 14. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota