ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36040.AM.PORT.2.GF001

  • Título 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1680-2020 (Creación) 1840 - (Produción) - 1840 (Produción)

  • Volume e soporte 1098 unidades de instalación, 5189 agrupacións documentais; 11988 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Portas(1836-2016) O territorio do concello de Portas sitúase na zona centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós vinte e tres quilómetros cadrados, con cincuenta e nove entidades de poboación dispersas nas súas catro parroquias: Portas, Lantaño, Briallos e Romai, nas que residen algo máis de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Portas e Romai dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor, con señorío do conde de Graxal, e as de Briallos e Lantaño da xurisdicción de Vilanova, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, formaba parte do concello de Trasumia, xunto co actual concello de Barro. No ano 1836 créase como concello independente, coa configuración actual que se mantén sen modificacións reseñables agás certos cambios de capitalidade e de instalación da casa do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Portas

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    
    Densenvólvese nas seguintes funcións:
    
    F0001 1.1.ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    F0002 1.2.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    F0003 1.3.CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    F0004 1.4.RECURSOS HUMANOS
    F0005 1.5.PATRIMONIO
    F0006 1.6.RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Portas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición