ATOPO
Registros actuales: 1.625.133
Objetos digitales disponibles: 504.759

2.3.1. Abasto alimenticio

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF002.F0009.SF099

  • Título 2.3.1. Abasto alimenticio

  • Data(s) 1847-1987 (Creación)

  • Volume e soporte 20 unidades de instalación; 73 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0009
    Subfunción SF099
    2.3.1.Abasto alimenticio
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0779SF099Expediente da policía de abastos
    S0780SF099Expediente de declaración de colleita e de existencias
    S0781SF099Expediente de cotas forzosas de semente
    S0782SF099Cartillas de racionamento
    S0783SF099Censos de racionamento
    S0784SF099Tarxetas de racionamento
    S0785SF099Libro rexistro de aranceis
    S0786SF099Libro rexistro de denuncias de abastecementos e consumos
    S0787SF099Rexistro de declaracións de colleita e de existencias
    S0788SF099Expediente de matadoiros
    S0789SF099Rexistro de matadoiros

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición